Entrevista a Miguel Ángel Santos Rego

Entrevista realizada por Juan A. Granados Loureda, director da Revista galega do ensino

 

 

Con motivo do XVII Congreso Nacional e IX Iberoamericano de Pedagoxía (7-9 de xullo de 2021) que se vai levar a cabo en Santiago de Compostela, entrevistamos o profesor Miguel A. Santos Rego.

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (1978), onde se doutorou en 1985. Desde 2002 é catedrático de universidadeno Departamento de Pedagoxía e Didáctica. As súas liñas de investigación son educación e pedagoxía intercultural, escola e inmigración, política e investigación educativa, e aprendizaxe-servizo e competencias na educación superior. Ampliou estudos na Universidade de Cambridge (UK). Investigador eprofesorvisitantena Florida International University, University of Illinoisat Urbana-Champaign, JohnsHopkinsUniversity, University of Southern Mississippi eUniversity of TexasatBrownsville.

De longa traxectoria docente e científica, o profesor Santos Rego foi director do Centro Asociado da UNED na Coruña (1990-1992), subdirector xeral de Universidades e Investigación da Xunta de Galicia (1992-1994), vicerreitor de Profesorado (1994-1998), director do Instituto de Ciencias da Educación da USC (1998-2006) e presidente da redecientífica SITE (2017-2019). Formou parte do Programa Alfa da UE para a mellora das relacións universitarias entre Europa e América Latina. Foi membro do Consello Escolar de Galicia (1995-2010). Na actualidade é presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA-ACSUG), e director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Ao longo da entrevista, foinos debullando as expectativas deste prestixioso congreso internacional que xirarán arredor do ensino en rede e as súas múltiples implicacións en canto a progreso científico, equidade e igualdade de oportunidades. Tamén nos quixo deixar a súa opinión sobre a nova proposta curricular, centrada na arquitectura competencial, que de aquí a uns meses experimentará o sistema educativo español. Desde a dirección da Revista Galega do Ensino queremos agradecer vivamente o xeneroso tempo que nos dedicou e as ricas contribucións que foi vertendo a través desta longa conversa.

 

 

 

 

 

Sección: