Fronte á covid 19...Radio escolar desde moitas casas

Como aproveitar ferramentas varias para artellar iniciativas pedagóxicas diversas
Cando o 13 de marzo de 2020 cambiaron as nosas vidas, tamén se cambiou o programa semanal de Radio Xograr, emisora escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. Desde a casa, mellor dito desde varias casas, seguiuse facendo un tempo de radio, que pasaba a periodicidade mensual. Así foi no curso pasado...e así segue sendo no presente período 2020/21.

Miguel Cumbraos Álvarez. Profesor de Francés, Coordinador da biblioteca escolar e da radio escolar
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria-Lugo)
miguelcumbraos@edu.xunta.gal

 

Aquel venres 13 de marzo

Radio Xograr, a emisora escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Sarria-Lugo) arrincou no pasado curso escolar o seu terceiro curso de vida. O tempo de lecer dos venres, entre as 11:15 e as 11:40, volvía a servir de espazo radiofónico en rigoroso directo.

Terceira singradura que viña acompañada de cambios, todos eles significativos. Tres novos alumnos —un cuarto posteriormente— incorporábanse a un equipo no que repetían estudantes habituais. Mellorábanse e aumentábanse os elementos técnicos, buscando calidade de son e gravación, así como outras cousas que facilitasen o traballo de locutores e técnicos. Incidíase igualmente nunha decoración máis atractiva do espazo radiofónico. No eido de contidos, seccións, escadas, novas achegas que buscaban refrescar, dar un aire máis de radio e, por suposto, manterse na liña dunha radio escolar. Tamén se apostaba por cambiar de plataforma onde «subir» os programas, que pasaban agora ao espazo gratuíto Ivoox . E así, axustes humanos e técnicos listos, a primeira emisión do período escolar 2019/20 foi realidade o venres 11 de outubro.

 

Primeiro programa de Radio Xograr no curso 2019/20

 

Pero chegou, entón, un día no que todos os plans, no eido educativo e na vida en xeral por suposto, se viron radicalmente transformados. Curiosamente, esa data (venres, e 13) Radio Xograr realizou o seu último programa desde o propio instituto, con menos efectivos pola ausencia —o día 16 comezaba a suspensión das clases, o 13 podíase asistir— dalgúns dos seus membros. Un programa que seguiu os contidos pautados, pero adaptando as voces aos estudantes presentes no centro escolar.

Último programa de Radio Xograr no seu estudio

 

Se os «grandes» si, por que nós non?

Había que deixar pasar os primeiros días, ver como evolucionaba o sistema educativo ante unha situación de alarma, confinamento, reclusión nas casas e sen clase. Analizar como se artellaba todo o sistema de ensino/aprendizaxe na educación galega e, de forma máis concreta, no noso centro escolar.

Pasado ese tempo prudencial, no que docentes, alumnado, persoal de servizos e familias foron coñecendo a nova forma de estudar, corrixir, avaliar, Radio Xogrardecidiutamén que podía estar «na singular onda»que empezaba a darse. E se as grandes cadeas radiofónicas apostaban por facer radio desde as casas dos seus principais locutores ou se compoñían temas musicais cortando e pegando sons desde diversos fogares, por que unha pequena emisora escolar non podía facer o mesmo? Tiñamos toda a tecnoloxía ao noso alcance, así que cumpría tan só axustar unha serie de parámetros, como eran os seguintes:

  • Consentimento da dirección do centro no novo enfoque do proxecto.
  • Permiso dos pais e nais para que o alumnado que formaba parte da emisora escolar ocupase tempo na locución desde a casa, así como que gastase datos telefónicos para gravar as súas achegas.
  • Proposta ao alumnado para a realización deste xeito dos programas, con total liberdade para seguir participando ou non.
  • Modificación da periodicidade, agora mensual.
  • Reforzo do grupo deWhatsApp, para poder deste xeito artellar mellor a realización de cada emisión.
  • Ampliación do abano de colaboradores, con achegas de profesorado, pais, nais, outro alumnado, persoal de servizos, incluso persoas de fóra da comunidade educativa.

 

Como se fixo...e se fai tamén no curso actual

A imposibilidade de asistir ás clases, de verse no centro escolar, de planificar e realizar en directo o programa de cada semana variou a filosofía das emisións, pero non impediu que fose adiante. E con este novo enfoque precisábanse cambios de roles en todos os seus protagonistas.

  • Alumnado que producía e locutaba. Pasaba a ter a principal función de ler, gravar os textos e envialos para a montaxe final. Ocasionalmente algúns deles, estudantes igualmente de música, interpretaron os respectivos concertos en directo, unha das seccións fixas que era abordada mes a mes por estudantes alleos ao equipo da radio. E tamén cantaron temas de moda, pero adaptándolles as súas letras á temática actual da covid-19 e todas as súas consecuencias.
  • Alumnado encargado da parte técnica, gravación audio e posterior subida de cada podcastá plataforma web. Agora encargábase, con ordenadores e programas propios, de recibir os diversos cortes de audio e proceder á montaxe do produto final. Incluso axudaba cos axustes musicaisdas cancións interpretadaspolos membros da propia emisora.

Alumno montando na súa casa un dos programas

 

O que si cambiou foi o rol do profesor/coordinador en todo este proceso. Se cada vez lle deixaba máis minutos, espazos e funcións ao alumnado nas emisións en directo, agora tiña que «cargar»na súa singular «alforxa»moito máis peso para poder levar a bo porto este proxecto. Así, pasaba a tomar as rendas de:

  • Continuar co calendario, adaptado agora a unha emisión mensual, eliminando as seccións de realización complexa.
  • Encargarse dos labores de produción, habilitando contidos, formatos e achegas, buscando a información vencellada ao centro educativo, pero tamén ás circunstancias de confinamento.
  • Interlocutarcos membros da propia radio, no fondo alumnos e alumnas do centro. Saber as dificultades que ían xurdindo — puíndose a medida que se facían programas— interesándose polo seu estado de ánimo, os niveis de datos e Internet, o tempo libre que lles quedaba para afrontar este novo reto etc. Estacomunicación fíxose tamén, nalgúns casos particulares, cos pais e nais de todos eles e elas.
  • Escoitar posibles suxestións, tanto dos membros da comunidade educativa do centro escolar como de familias ou terceiras persoas, que propoñían ideas ou colaboracións.
  • Redactar os guións de cada programa, as pautas, entradiñas, despedidas etc. Esta tarefa decidiu asumila para permitir que o alumnado participante neste proxecto se centrase canto máis tempo mellor notraballo/estudo das súas materias e, sobre todo, no proceso de adaptación ao sistema de «teletraballo», co que iso supuxo.
  • Contactar con docentes, alumnos, exmembros da propia radio, persoal de servizos, nais, pais etc. para ir obtendo de todos eles testemuños, suxestións, vivencias que compuxesen cada un dos catro programas realizados entre o 25 de marzo e o 15 de xuño.
  • Aproveitar ofrecementos de persoas alleas ao centro educativo coas que enriquecer os contidos dalgunha emisión.
  • Liderar outros eidos necesarios para lograr, cos axustes pertinentes e o traballo de dous alumnos —os técnicos da radio—,un único documento sonoro de duración variable.
  • Facilitarllesa difusión (textos, fotos, ligazóns) ás persoas encargadas de lles dar saídas ás accións do centro escolar na web, redes etc.

 

Cartel anunciando o segundo programa feito desde a casa

 

Dimensión educativa do proxecto

Facer a radio escolar do noso centro escolar desde a casaou desde moitas casas tiña, ante todo, uns fins educativos que pasamos a explicar con detalle:

  • Apostar por un método pedagóxico que consideramos innovador. Que o alumnado captase o que se facía noutro eido non escolar e o adaptase. Participar lendo, falando, gravando desde cada fogar, dun xeito individual para, coa suma de todos e todas, acadar un produto común, nun minucioso traballo de cooperación onde todos necesitan de todos. Como os mosqueteiros de Alexandre Dumas: «Un pourtous, , touspour un».
  • Involucrar alumnos e alumnas de procedencias diversas, de cursos dispares (primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO e primeiro de bacharelato) e da zona urbana e rural.
  • Recalcar a correcta educación medioambiental, non imprimindo os guións do programa e percorrendo a papel reciclado e a lapis e bolígrafo para a redacción dos guións.
  • Potenciar o uso das TIC. Dunha banda, a lectura en soporte informático dos guións de cada programa (pantalla do teléfono móbil, tableta, ordenador); doutra, a gravación destes textos cos teléfonos, micrófonos internos, microcascos externos etc. Logo o envío deses cortes sonoros. E, por suposto, que en plataformas web, redes sociais, correos electrónicos se vise «colgado» ou difundido o resultado final.
  • Participar nun proxecto que buscaba colaborar da forma máis cívica, real, educativa e social coa situación que se está a vivir en España e facelo desde o prisma de estudantes informando, aconsellando, animando, dando o mellor exemplo posibledesde unha emisora de radio escolar.
  • Implicar as propias familias dos participantes, axudando pais e nais no proceso de gravación, na lectura con dobre pantalla ou na composición e canto de certas cancións. Unha forma máis de axudar na convivencia familiar neste tempo de reclusión e tamén de manter ocupado o alumnado que forma o equipo radiofónico cunha actividade de tanta paixón.
  • Potenciar as habilidades lingüísticas. Os programas fixéronse en lingua galega, traballando sempre con dicionarios, correctores, enciclopedias. Igualmente a lectura de suxestións de libros en inglés e francés permitiu matizar a correcta fonética destas dúas linguas estranxeiras que se estudan no noso centro escolar.
  • E, por suposto, afianzar as competencias básicas:

 

 

Difusión

Un proxecto deste tipo sinxelo, traballado e cheo de ilusión debía ter unha correcta saída. Buscábase, sobre todo, difundir o esforzo e empeño do alumnado que continuou «radiando» desde as súas casas. Por iso, as emisións feitas desde a casa difundíronse nos seguintes espazos:

  • Plataforma www.ivoox-com, onde están aloxados todos os podcasts de Radio Xograr, cun pequeno texto introdutorio e unha fotografía alusiva.
  • Páxina da rede social Facebook do IES Xograr, onde se inclúe unha pequena introdución, a ligazón que leva ao programa e unha foto do cartel alusivo.
  • Blog da biblioteca do centro escolar, así como foro do Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia.
  • Correos electrónicos de todo o profesorado do centro escolar.
  • Grupos de WhatsApp diversos (interno da propia radio,de alumnos, pais, nais, centros educativos onde cursan outros estudos membros do equipo, equipos deportivos onde compiten etc.).

 

Reflexións, avaliación e situación actual

Que as novas tecnoloxías nos facilitan moitas cousas na vidanon o dubida ninguén. Que son unha ferramenta indispensable no sistema educativo quedou claro neste tempo de confinamento. E que poden transformar os medios de comunicación está claro tamén. Incluso cando, neste caso, a radioé escolarcomo Radio Xograr.

Cando decidimos lanzarnos a facer a radio desde unhas cantas casas, deixando nun segundo plano que saíse todo perfecto ou que os sons e as voces non soasen «de cine», alguén nos dixo: «Estades tolos!». Outros afirmaron: «Hoxe en día, cos medios que hai fanse marabillas». Pero esquecían algo moi importante: era «radiar» con cativos e cativas metidos entre paredes, cada un, cada unha no seu mundo, as súas circunstancias, os seus medos, as súas preocupacións.

Na vida, desafíos e retos só se sabe como saen se son afrontados. O único que se perdía era o tempo e os cartos dos datos telefónicos para mandar os sons. O esforzo, a ilusión, as ganas estaban vixentes. E o resultado —modestia a un lado— quedou claro.

Como todo na vida, a capacidade de mellora existe e os erros forman parte da aprendizaxe. Deste xeito afrontouse o curso actual, onde Radio Xograr segue coa mesma dinámica para a realizacións dos seus programas, que seguen coa frecuencia mensual. O alumnado dispón dos seus textos, grava os seus audios e mándaos por mensaxería vocal, e móntase todo na casa do alumno que se ocupa da técnica e de subir cada emisión ao mesmo espazo de podcast . Non hai reunións de grupo, salvo pequenos encontros individuais co profesor nos tempos de lecer para axustar aspectos ou introducir novidades, sempre baixo as medidas covid-19 (distancias, mascariñas, xeles etc.). O grupo de WhatsApp serve de lazo de unión, lugar de dúbidas, espazo de recepción e envío. E o profesor coordina voces invitadas, temas, contidos etc. que forman parte do guión mensualouguión mensual van xurdindo na vida do centro.

Cartel sobre o retorno de Radio Xograr no curso 2020/21

 

Alumnado que formou parte de Radio Xograr no curso 2019/20.

No presente curso 2020/21 deixaron a radio Tomás Cumbraos Díaz e Daniel Rodríguez Cabada. Outro tanto aconteceu con Pablo López García, que se foi no mes de marzo, entrando nese intre Carmen Souto Quiroga (1.º bacharelato). Os restantes membros seguen no proxecto, todos agora cursando un nivel educativo máis.

Cartel anunciando o Día Mundial da Radio 2021

 

Esta iniciativa, tanto no curso pasado, cando arrincou, como no presente que segue do mesmo xeito, é posible grazas:

  • Aos pais e nais de todos os membros de Radio Xograr, que consentiron e apoiaron (humana e economicamente) a realización deste proxecto radiofónico desde uns cantos fogares.
  • A todos os docentes e ao persoal de servizos do IES Xograr, que dun xeito ou doutro fixeron posible todo isto.
  • Ao equipo directivo do IES Xograr, sempre animando, apoiando e colaborando para que a radio seguise para adiante coas particularidades que se están a vivir.
  • A outros pais e nais que colaboraron coas súas vivencias persoais e profesionais neste singular tempo de pandemia.
  • Ao alumnado que non forma parte da radio, pero que colabora con entrevistas, reflexións e concertos.
  • Ás persoas non vencelladas ao noso centro escolar e que tamén axudaron dun xeito ou outro.

E, por suposto,

  • Ao magnífico equipo humano de Radio Xograr formado por Aitana, Andrés, Carla, Carmen, Daniel, Emanuel, Mateo, Pablo, Tomás, Widad, Xabier e Yago.

Foto oficial de Radio Xograr 2019/20

 

Sección: