Entrevista a Gonzalo Martín

Neste número 78 de EDUGA, Juan Granados entrevista a Gonzalo Martín Alcrudo (Madrid, 1965). Economista, especialista en socioloxía económica, dirección de empresas audiovisuais e en tecnoloxías big-data, Gonzalo Martín desenvolve unha intensa actividade profesional en diferentes campos do coñecemento, desde a dirección de empresas audiovisuais (foi director xeral de Telson e da Asociación de Industrias Técnicas do Audiovisual Español), á implantación de diversas estratexias de desenvolvemento de negocio en España e América no ámbito de startups de tecnoloxía e Internet e márketing dixital.

Na actualidade é vicepresidente de Arenas Entertaiment (Os Ánxeles, CA), empresa líder na conceptualización e execución do márketing cinematográfico e consultor de estratexia dixital no programa da Universidade de Santiago de Compostela Inverbis, dedicado, entre outras consideracións, ao desenvolvemento de algoritmos de minería de datos para a análise de procesos vinculados a estratexias comerciais.

Así, este experto recoñecido internacionalmente proporcionounos ao longo da entrevista claves verdadeiramente relevantes para analizar futuros próximos sobre a vinculación entre a escola e o mundo laboral, a tecnoloxía que virá e as ferramentas que de verdade necesitamos para aproveitar o reto das chamadas TIC.

Sección: