Cómo introducir la educación ambiental en la escuela y la sociedad

Título: Cómo introducir la educación ambiental en la escuela y la sociedad

Autor/a: Federico Velázquez de Castro González

Editorial: Ediciones del Serbal

Ano: 2016

Páxinas: 258


Contido:

Federico Velázquez de Castro propón que para garantir unha educación ambiental de calidade requírense persoas formadas e comprometidas, que non só informen, senón que interesen, sensibilicen e impliquen os cidadáns de todas as idades na protección do medio. A este obxectivo responde este libro. Os seus contidos están baseados na experiencia de decenas de edicións do Curso de formación de educadores ambientais que a Asociación Española de Educación Ambiental, constituída en 1995,  vén impartindo a través de diferentes institucións e formatos co obxectivo de contribuír á preparación de profesionais competentes.
O libro está dividido en tres partes: a primeira trata do marco actual de crise ambiental para, coñecido o contexto, saber aplicar as respostas axeitadas; a segunda oriéntase á súa aplicación tanto en contextos formais como non formais; e termina cunha terceira parte onde se citan as técnicas de traballo, requisitos humanos e recursos de diferente índole nos que o educador ambiental pode apoiarse.
 

Sección: