Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1 Datos básicos do centro

A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa é un centro de ensinanzas de réxime especial de idiomas dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no que se imparten ensinanzas de réxime especial, concretamente os idiomas alemán, francés, inglés, italiano e portugués. O centro conta coa páxina web corporativa www.eoivga.org, correo de contacto corporativo eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal.

A comunidade educativa está integrada no curso escolar 2021-2022 por:
--- Alumnado oficial e libre – aproximadamente 900 matrículas o curso pasado – que inclúe, ademais do
alumnado oficial dos cursos ordinarios, alumnado dos cursos CALC e dos cursos That's English! que
se imparten no centro.
--- Claustro integrado por 22 docentes se ben o número de persoas que exercen a docencia pode variar
caso de existiren reducións de xornada.
--- Persoal non docente: integrado por 5 persoas. Dúas de persoal de limpeza, dúas de persoal
subalterno e unha persoa administrativa.


1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A realidade do noso centro, Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, conta con variables propias que ter en conta á hora de orientar a contextualización do Plan Dixital. Desde o noso entender, o obxectivo principal debe ser mellorar a competencia dixital docente para darlle unha mellor atención ao alumnado. Os resultados do Test CDD para o noso centro nos mostran que, de media en Galicia a EOI de Vilagarcía conta cun nivel B1 (Integrador/a). Isto son boas noticias pero tamén supón que a marxe de mellora existe para poder acadar osobxectivos marcados no plan de acción para o centro.
A nosa experiencia dos últimos anos mostra que a realidade do ensino de linguas cara o que se están a mover as EEOOII pasa pola creación e consolidación de novos procesos híbridos de ensino-aprendizaxe. O noso centro leva dous anos participando no Consorcio do CAFI con outras dez EEOOII de Galicia Erasmus+ Sblendid que versa sobre ensino semipresencial e desde o 2021-2022 integra na súa oferta educativa cursos semipresenciais de nivel B2.1, ampliados no curso 2022-2023 ao B2.2 en inglés e B1.1 en alemán. A previsión é que esta tendencia se consolide e se amplíe no futuro, debido á cada vez maior competencia dixital da cidadanía e do profesorado en conxunto.
A maiores destes procesos híbridos de ensino-aprendizaxe nas aulas, o noso centro vén desenvolvendo unha internacionalización e creación de redes de colaboración, que se consolidou desde o curso 2018-2019, cando iniciamos o proxecto Erasmus+ Observamos: Inclusión contra o abandono. Cabe destacar que cada vez máis, estas sinerxías de colaboración, ademais de ser físicas e presenciais no caso das mobilidades e estadías de aprendizaxe, en moitos casos están mudando cara á aprendizaxe deslocalizada en espazos virtuais, o que fai necesario unha competencia dixital consolidada por parte dos claustros docentes.
Para lograr a devandita competencia dixital docente, o noso centro prevé ofrecer liñas de formación integradas no PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) sostidas no tempo e que integren, idealmente, a totalidade do claustro. Liñas nas que crear, desenvolver e ampliar a capacitación, autonomía e seguridade dos e das docentes en materia de dixitalización. Liñas, en todo caso, abertas aos cambios que poida deparar o futuro da realidade nas EEOOII.


1.3. Breve xustificación do mesmo

O marco normativo que nos rexe neste Plan Dixital contempla as seguintes:
--- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

--- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI,
EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
---Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos
de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
--- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros
docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022


1.4. Proceso de elaboración

O proceso de elaboración do plan dixital no curso 2021-2022 veu rexido polas indicacións e directrices do propio programa. No mes de novembro se inclúe unha liña de traballo no PFPP do centro, titulada “Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital” e do itinerario asociado Ano 1: Deseño e elaboración do Plan dixital de centro, xunto co grupo de traballo creado para tal fin P2105159 PFPP P2131129 Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital. A partir de aí, selecciónase á persoa coordinadora á que se matrícula no espazo virtual do Plan Dixital, onde se obtén a mentorización directa da ADIX asignada ao centro, quen foi marcando os tempos e dando as directrices para poder ir elaborando as diferentes fases solicitadas polo programa de implantación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregáronse dúas fontes de análise para utilizar no DAFO, o informe SELFIE e o TEST CDD. As táboas atópanse no anexo xeral.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencias dixitais do alumnado: 42% nunca ou case nunca usa a tecnoloxía no centro. Alumnado Non
Debilidade Gsuite dividido 25% equipo directivo. Xestión directiva menos eficaz 25% equipo directivo Organización de centro Non
Debilidade Liderado - 50% do equipo directivo que empeza a usar a tecnoloxía ao mesmo tempo que o resto do profesorado Outras Non
Debilidade Escasa reflexión e autoformación por parte do profesorado deriva en pouco uso da tecnoloxía nova/emerxente, escasa capacidade de desenvolvemento AMI (Alfabetización mediática e informacional) no alumnado. Prácticas de avaliación: Avaliación dixital (tódolos descriptores por debaixo de 3) Un 56% do profesorado empeza a usar a tecnoloxía ao mesmo tempo que o resto do profesorado Persoal non docente Non
Fortaleza Infrastrutura; Dispositivos dixitais para o ensinno; Acceso a internet; Protección de datos; Espazos físicos Infraestruturas Non
Fortaleza - Gsuite 67% profesorado síntese cómodo - GCalendar 100% equipo directivo mellora labor - Server deslocalizado 100% equipo directivo positivo - Server deslocalizado 72% docentes positivo - Correo edu.xunta + eoivga 100% equipo directivo positivo - Correo edu.xunta + eoivga 83% docentes positivo - Conta eoivga profesorado 87% lembra mellor - preg 5 GSuite, GCalendar, server EOI 87% docentes positivo - 78% alumnado usa e coñece centrosNET Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino Normas sobre dereitos de autor e protección de datos Outras Non
Fortaleza Puntuación media to TEST CDD de 102.5 sobre 192, nivel Experto/a (B2) / Nivel integrador (B1) en Galicia Alta participación no DPC Pedagoxía: implementación na aula: Factores positivos, aprendizaxe mixto; O centro ten experiencia 41.7%; Profesorado participa en redes 33.3% Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Tempo para explorar o ensino dixital Fuga de coñecemento: máis do 50% das respostas proceden de profesorado non estable no centro - o coñecemento non permanece na organización. A fotografía non é fiable Administración educativa Non
Ameaza Competencias dixitais do alumnado: 26% Nunca ou case nunca us a tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe Outras Non
Ameaza PEDAGOXÍA Implementación na aula - LIMITACIÓN USO DA TECNOLOXÍA: Alumnado con competencias dixitais insuficientes (66.7%), Falta de tempo do profesorado (41.7%), profesorado con competecias dixitais insuficientes (41.7%) - LIMITACIÓN APRENDIZAXE MIXTO: Dificultades para implicar ao alumnado (66.7%), falta de tempo do profesorado (41.7%) Outras Non
Ameaza ORGANIZACIÓN DO CENTRO O 33% docentes non promove CENTROSNET Outras Non
Oportunidade Colaboración e redes: Avaliación do progreso, sinerxias para a aprendizaxe mixta Administración educativa Non
Oportunidade PROFESORADO Desenvolvemento profesional continuo 90% de docentes que dedican máis do 30% do seu tempo a ensino dixital Outras Non
Oportunidade ORGANIZACIÓN DO CENTRO Formación en avaliación con medios dixitais / Portfolio dixital - Puntuación baixa 4.8/10 na subcompetencia de avaliación con medios dixitais Outras Non
Oportunidade Competencias dixitais do alumnado: - 79% ten acceso a dispositivos dixitais fóra das aulas - plan de dixitalización do alumnado (acción concreta: Manual alumnado aula virtual en aberto) - 75% sabe como usar o software/aplicacións sen axuda (atención: un 66.7% do profesorado cre que o alumnado ten competencias dixitais insuficientes) Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O informe de centro SELFIE reúne as opinións do equipo directivo, profesorado e alumnado, e fai unha comparativa. Nesta ferramenta, a información recollida ofrece ao centro unha imaxe de en que punto se atopa na actualidade en relación coa estratexia e práctica no uso das tecnoloxías dixitais de ensino e aprendizaxe. Os resultados so SELFIE para a Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía poden observarse na páxina 4 do anexo xeral. (PÁXINA 4)

O informe do Test CDD ofrece os resultados agrupados da autorreflexión do profesorado participante no seu centro. O nivel de competencia dixital é orientativo e sirve para orientar e planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital

-  Participación segundo perfil do profesorado (Páxina 5 do anexo xeral)

- Puntuación e nivel de competencia do centro (Páxina 5 do anexo xeral)

- Puntuación e nivel de competencia por etapas / Distribución do profesorado por niveis (Páxina 5 do anexo xeral)

Análise DAFO

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñécemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver (páxina 6 do anexo xeral).

 

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Usar consistentemente o server interno do centro
O02PD Reforzar a política de protección de datos do centro
O03PD Mellorar o uso de dispositivos dixitais para alumnado
O04PD Actualizar o inventario do equipamento informático no centro
O05PD Mellorar a formación do profesorado en avaliación dixital
O06PD Apoiar ao profesorado no uso das ferramentas dixitais do centro
O07PD Aumentar o número de profesorado que participa en redes
O08PD Extender o uso da app CentrosNET como medio de comunicación alumnado-centro
O09PD Aumentar o número de alumnado que consulta o curso de axuda TIC en aberto da aula virtual
O10PD Reforzar a política de protección de datos do centro
O11PD Mellorar o uso de dispositivos dixitais para alumnado
O12PD Mellorar a formación do profesorado en avaliación dixital
O13PD Apoiar ao profesorado no uso das ferramentas dixitais do centro
O14PD Aumentar o número de profesorado que participa en redes
O15PD Aumentar o número de alumnado que consulta o curso de axuda TIC en aberto da aula virtual
O16PD Mellorar os recursos de aula para acadar a mellora metodolóxica en liña coa nova arquitectura pedagóxica

Seguimento

Procedemento

Para facilitar a consulta do seguemento de obxectivos, realizamos unha serie de táboas que se poden atopar a partir da páxina 19 do anexo xeral.

Nestas táboas, divididas por obxectivos, pódese atopar a descrición, responsables, data prevista, valoración da acción e estado ou seguimento (esta última categoría contén tres opcións diferentes R) Realizado - A) Aplazado - P) Pendente)

1º Trimestre

AO1.1: Instalar e configurar un servidor propio no centro - Realizada

AO1.2: Configuración de usuarios e recursos compartidos - Realizada

AO1.3: Publicación da política de protección de datos - Pendente

AO1.4: Fase de proba de acceso ao servidor propio do centro - Realizada

 

AO2.1: Revisión da instalación e configuración do servidor propio no centro - Realizada

AO2.2: Revisión da configuración de usuarios e recursos compartidos - Realizada

AO2.3: Revisión da política de protección de datos - Pendente

AO2.4: Uso consistente ao 100% do server interno - Realizada

 

AO3.1: Revisión do estado dos dispositivos actuais - Pendente

AO3.2: Revisión da configuración dos dispositivos actuais - Pendente

AO3.3: Posta a disposición de titoriais de uso das tablets no curso aberto a alumnado - Pendente

 

AO4.1: Revisión do estado dos dispositivos actuais - Realizada

AO4.2: Revisión do inventario actual - Realizada

A04.3: Desinventariar o material obsoleto - Realizada

A04.4: Difusión ao profesorado - Realizada

 

AO5.1: Lanzar enquisas de necesidades formativas ao claustro ao final e inicio - Realizada

AO5.2: Repetir a enquisa de necesidades formativas ao profesorado novo no centro - Realizada

A05.3:  Retomar a liña TIC no PFPP do centro cun grupo de traballo - Realizada

A05.4:  Crear un espazo específico na AV para documentar a aprendizaxe - Pendente

 

AO6.1: Dar de alta ao profesorado de novo acceso no centro na AV - Realizada

AO6.2: Breve enquisa de necesidades detectadas na materia - Realizada

AO6.3:  Mini-formacións nas ferramentas dixitais do centro no plan de acollida - Pendente

AO6.4:  Celebración de sesións abertas a demanda das necesidades - Realizada

AO6.5:  Seguimento das necesidades detectadas - Realizada

 

AO7.1: Dar de alta ao profesorado de novo acceso no centro na AV - Realizada

AO7.2: Matrícula no curso-espazo de colaboración da aula virtual do centro - Realizada

AO7.3:  Creación dun foro de colaboración no curso - Realizada

AO7.4:  Dinamización e seguimento do foro - Realizada

AO7.5:  Avaliación do funcionamento e necesidades detectadas - Realizada

 

AO8.1: Lanzar campaña informativa desde as aulas

AO8.2: Ampliar os videotitoriais de axuda á descarga para alumnado na aula virtual en aberto - Realizada

AO8.3:  Seguimento dos logs do curso en aberto - Realizada

AO8.4:  Revisión da estatística de descargas da App de CentrosNET - Realizada

 

AO9.1: Lanzar campaña informativa desde as aulas - Realizada

AO9.2: Ampliar os videotitoriais de axuda á descarga para alumnado na aula virtual en aberto - Realizada

AO9.3: Seguimento dos logs do curso en aberto - Realizada

AO9.4: Revisión da estatística de descargas dos logs do curso en aberto - Realizada

 

AO10.1 Revisión da instalación e configuración do servidor propio do centro

AO10.2 Revisión da configuración de usuarios e recursos compartidos

AO10.3 Revisión da política de protección de datos. Documento de protección de imaxe. Novo protocolo xunta

AO10.4 Uso consistente ao 100% do server interno

 

AO11.1: Revisión do estado dos dispositivos actuais

AO11.2: Revisión da configuración dos dispositivos actuais

AO11.3: Posta a disposición de titoriais de uso das tablets no curso aberto a alumnado

 

AO12.1: Lanzar enquisas de necesidades formativas ao claustro ao final e inicio

AO12.2: Repetir a enquisa de necesidades formativas ao profesorado novo no centro

AO12.3:  Retomar a liña TIC no PFPP do centro cun grupo de traballo

AO12.4:  Crear un espazo específico na AV para documentar a aprendizaxe

 

AO13.1: Dar de alta ao profesorado de novo acceso no centro na AV

AO13.2: Breve enquisa de necesidades detectadas na materia

AO13.3:  Mini-formacións nas ferramentas dixitais do centro no plan de acollida

AO13.4:  Celebración de sesións abertas a demanda de necesidades

AO13.5:  Seguimento das necesidades detectadas

 

AO14.1: Dar de alta ao profesorado de novo acceso no centro na AV

AO14.2: Matrícula no curso-espazo de colaboración da aula virtual do centro

AO14.3:  Creación dun foro de colaboración no curso

AO14.4:  Dinamización e seguimento do foro

AO14.5:  Avaliación do funcionamento e necesidades detectadas

 

AO15.1: Lanzar campaña informativa desde as aulas

AO15.2: Ampliar os videotitoriais de axuda á descarga para alumnado na aula virtual en aberto

AO15.3: Seguimento dos logs do curso en aberto

AO15.4: Revisión da estatística de descargas dos logs do curso en aberto

 

AO16.1: Rotar as mesas do profesorado das aulas para non dar ás costas ao alumnado cando a persoa docente traballa ou consulta o ordenador. 

AO16.2: Monitorizar a instalación dos paneis dixitais de aula e asegurar a formación técnica na súa instalación para o profesorado.

AO16.3:  Intentar integrar unha nova organización de aula, mesas, dispositivos...para unha mellora na metodoloxía (plan de arquitectura pedagóxica)

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento de avaliación do grao de desenvolvemento do plan dixital e da consecución de obxectivos, farase conforme ás seguintes indicacións:
- Avaliación procesual, que terá unha frecuencia de mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A pesar das dificultades de implementación da liña de elaboración do Plan Dixital durante o curso 2021/2022, no caso da EOI de Vilagarcía conseguiuse elaborar un plan que tiña como obxectivo dar resposta as necesidades do centro en materia de dixitalización, no conxunto total da comunidade educativa. Deste modo, realizouse unha temporalización durante os dous primeiros cuatrimestres, cos principais obxectivos a acadar. En canto as metas a conseguir durante o primeiro, segundo, e incluso terceiro cuatrimestre, puídose conseguir en practicamente a súa totalidade, tamén en parte por ser procesos xa interiorizados no propio centro. Tan só quedaron uns poucos procesos que, porque levarían a cabo una preparación moito máis exhaustiva, foron relegados para o terceiro trimestre ou comezo do curso 2023/2024.

Esta metodoloxía ideouse por tanto, idealmente, para rematar o curso 2022/2023 coa maioría dos obxectivos acadados, tal como é o caso.

Proposta de mellora

As propostas de mellora céntranse en:

 

-         Acadar os obxectivos do Plan Dixital que non puideron ser levados a cabo este ano. 

-         Mellorar as instalacións e dispositivos do centro no relativo á:

o   A actualización dos PC que usa o alumnado na sala de Obradoiro,

o   A inclusión de ordenadores na Biblioteca, tralas achegas do alumnado na enquisa de funcionamento enviada en abril de 2023.

o   Incorporar a catalogación de fondos do departamento de inglés ás funcións da persoa Xefa do Servizo de Recursos TIC, xa que debido A0 grande volume de exemplares a súa axuda é necesaria, especialmente no departamento de inglés.

o   Rotar as mesas do profesorado das aulas para non dar ás costas A0 alumnado cando a persoa docente traballa ou consulta algo no ordenador.

o   Intentar integrar unha nova organización de aula, mesas, dispositivos... para unha mellora na metodoloxía (plan de nova arquitectura pedagóxica).

o   Monitorizar a inminente instalación dos paneis dixitais de aula e asegurar a formación técnica na súa utilización para o profesorado (integrala no plan de acollida A0 novo profesorado).

o   Que a impresora que se atopa na conserxería posibilite o envío do documento escanado por email, mediante conexión dixital a todos os docentes, xa que polo de agora só poden extraerse os arquivos escanados mediante un dispositivo de memoria ou USB.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

De cara ao curso 2023-2024, e segundo se indica no apartado 1 deste documento, as directrices se integrarán na Programación Xeral Anual (PXA) e contribuirán a definir o Proxecto Educativo do centro. O plan dixital integrarase nos documentos de centro e a súa difusión se realizará entre toda a comunidade educativa, a nivel claustro e alumnado segundo o foro e o momento do ano. Presentarase ao Consello Escolar para a súa aprobación e tamén ao claustro.