Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Proxecto Dixital como parte do Proxecto Educativo artéllase nun proxecto unificado no que a relación co Proxecto Lingüístico- Plurinfantil, o Plan de Convivencia, o de Igualdade e o Plan Xeral de Atención á Diversidade son fundamentais. Hoxe en día vivimos na sociedade da comunicación e da información. O sistema educativo non pode quedar á marxe dos novos cambios sociais, económicos e tecnolóxicos. Debe atender á formación dos novos cidadáns, e a incorporación das novas tecnoloxías ha de facerse coa perspectiva de favorecer as aprendizaxes e facilitar os medios que sustenten o desenvolvemento dos coñecementos e das competencias necesarias para a inserción social e profesional. Debe tamén evitar que xurda unha fenda dixital dada polo resultado da falta de alfabetización dixital. A LOE (Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación modificada parcialmente pola LOMLOE)e o Real Decreto 95/2022, de 1 de febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da  Educación Infantil, pretenden dar resposta aos novos retos aos que se enfronta a escola. Neles e no futuro currículo da Educación Infantil na CCAA de Galicia recóllense as competencias como un elemento enriquecedor do currículo.  Dúas destas competencias son a “Competencia dixital” e a “Competencia Matemática e básica en ciencia e tecnoloxía”, ambas ligadas intimamente ao Plan Dixital.

No curso 2012-13 o CRA entrou a formar parte do proxecto “Rede de escuelas na Nube” xunto con outros centros rurais das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra. O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a empresa galega Balidea Consulting and Programming colaboraron no deseño, desenvolvemento e implementación dunha "Rede de Escolas na Nube" baseada nas tecnoloxías e formas de traballo na nube (computación cloud) ao longo dos cursos 2012-13 e 2013-14. O proxecto de innovación educativa conta co apoio da Xunta de Galicia, que desde o curso escolar 2015-2016 alberga a través de AMTEGA nos seus servidores a NUBE, e na actualidade estase a implementar unha mellora na mesma.

A partir do proxecto xurdiron novas inquietudes ás que se lle deu resposta a través de Proxectos de Formación sobre tecnoloxías da aprendizaje e STEAM -emprego de tablets, creación e edición de vídeo, creación de recursos interactivos, robótica.

COMPETENCIA DIXITAL: Na etapa infantil iníciase o proceso de alfabetización dixital, que implica, entre outras cousas, o acceso á información, a comunicación e a creación de contidos a través dos medios dixitais, así como o uso saudable e responsable das ferramentas dixitais. Ademais, o uso e a integración destas ferramentas nas actividades, experiencias e materiais da aula pode contribuír a aumentar a motivación, a comprensión e o progreso na adquisición da aprendizaxe dos nenos e nenas.

COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA,TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA: Os nenos e nenas aprenden habilidades lóxico-matemáticas e dan os primeiros pasos cara ao pensamento científico a través do xogo, a manipulación e a realización de experimentos sinxelos. O proceso de ensino-aprendizaxe en Educación Infantil preséntase nun contexto suxestivo e divertido no que, desde un enfoque coeducativo, se estimula a curiosidade dos nenos e das nenas por comprender o que conforma a súa realidade, especialmente o que está ao seu alcance. a súa percepción e experiencia, respectando os seus ritmos de aprendizaxe. Para iso, convídase a observar, clasificar, cuantificar, construír, facerse preguntas, probar e verificar, comprender e explicar algúns fenómenos do medio natural próximo, comezar a apreciar o medio e adquirir hábitos saudables. Para o desenvolvemento desta competencia clave préstase especial atención á iniciación temperá das habilidades numéricas básicas, á manipulación de obxectos e á verificación de fenómenos.

O centro leva anos introducindo experiencias tecnolóxicas nas aulas como os obradoiros ROBOTICRA desde o curso 2017-18. A separación física dos colexios supón un gran reto en relación á coa organización e uso dos espazos dedicados ás experiencias STEAM, dado que teñen que xestionar seis espazos diferentes, cinco escolas e unha biblioteca central         que conta con espazos creativos e diversas tecnoloxías (Incorporación ao programa POLOS CREATIVOS no curso 2022-2023).

Normativa:

  • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación artigos 121 e 132. (Consolidada pola Lei 3/2020)
  • Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño)
  • Resolución  do 3 de setembro de 2021 establece as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida d einformación previa se empregaron os seguintes instrumentos:

  • Autoavaliación selfie
  • Test CDD
  • Análise Dafo
  • Acreditacións Competencia Dixital Docente. (Fprofe).
Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende no centro a navegar responsable, segura e autonomamente en internet. Idades 3-6 anos Alumnado Si
Debilidade O alumnado non acada os coñecementos suficientes para programar. Idades 3-6 anos Alumnado Si
Debilidade O alumnado non aprende no centro a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. Idades 3-6 anos Alumnado Si
Debilidade Fenda dixital: Falta de medios e/ou formación para empregalos. Familias Si
Debilidade O equipamento dixital é maioritariamente insuficiente, lento e anticuado. Infraestruturas Si
Debilidade Os espazos das escolas non son os máis adoitados para traballar con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade A infraestructura dixital non é suficiente para apoiar o ensino con tecnoloxías. non todas as aulas están cableadas, a wifi falla habitualmente... Infraestruturas Si
Debilidade A asistencia técnica telefónica é rápida, pero a aorganización do CRA, coas escolas espalladas, dificulta a operatividade na xestión das incidencias e a atención simultánea ao alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai suficientes dispositivos dixitais para o aprendizaxe do alumando. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade O alumnado con NEAE non ten acceso a tecnoloxías asistencias específicas. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non conta con dispositivos portátiles de empréstito para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado non ten tempo suficiente lectivo e non lectivo no centro para explorar como mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade O centro hai anos que non colabora con outros centros educativos e/ou organizacións no traballo conxunto con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade A estratexia dixital do centro non está claramente definida. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non acostuma facilitar que o alumnado de educación infantil empregue as tecnoloxías para buscar información autonomamente. Organización de centro Non
Debilidade Non existe un estudo fiable no centro sobre a dispoñibilidade de recursos dixitais nas casas do noso alumnado nin un plan para compensar as posibles carencias. Organización de centro Non
Debilidade Non se debate o suficiente sobre as necesidades de formación e actualización do profesorado no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade . Non todo profesorado adoita crear contidos dixitais nin dispón dos coñecementos e ferramentas para facelo. Persoal docente Non
Debilidade Non todo o profesorado síntese cómodo empregando tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educatiova nin é auónomo no seu emprego. Persoal docente Si
Debilidade O centro non ten unha liña formativa sobre tecnoloxías dixitais actualmente no seu PFPP. Persoal docente Non
Debilidade No pasado empregábanse máis as tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións (video conferencia, recursos na nube..). Persoal docente Non
Debilidade Non todo o profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade . O equipo directivo non axuda ao profesorado a empregar tecnoloxías dixitais con fins de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade O noso profesorado non valora as habiliades dixitais que o alumnado desenrola fóra do centro educativo. Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumando. Persoal docente Non
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais en todas as aulas para uso do profesorado e alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Todos os espazos do centro contan con acceso a internet cablaeado e /ou wifi. Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo involucra e anima ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Contamos con repositorios en liña de actividades e recursos. (NUBE, SYMBALOO, BLOGS¿) Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado realiza actividades de aprendizaxe habitualmente. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado conta co apoio do equipo directivo para explorar novas formas de ensino con tecnoloxía dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado adoita buscar contidos dixitais en liña adecuados para o seu o alumando e a materia de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza O centro conta cunha liña formativa de internacionalización en tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A dirección anima ao profesorado a través do equipo de dinamización das TICs, as xuntanzas de equipo docente, os blogs e as RRSS ao intercambio de experiencias sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado non domina a normativa específica sobre licenzas de uso e dereitos de autor. Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado ten acceso a unha ampla oferta formativa relacionada co uso de dispositivos e ferramentas dixitais para o ensino. Administración educativa Non
Oportunidade A existencia dunha ANPA consolidada e a súa disposición e colaboración. ANPA Non
Oportunidade Temos experiencia de colaboración con entidades como o CESGA e universidadea (USC) no desenvolvemento e apliccaión de tecnoloxías dixitais. (Rede de Escolas na Nube e Rural School Cloud). Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do selfie e o  test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ambas as dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do equipo de dinamización do plan dixital, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e a nivel externo a parecen recollidas unhas oportunidades e ameazas que aparecerán na presente análise DAFO.

A partir delas establecéronse os obxectivos e acciópns a acometer do presente PLAN DIXITAL

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar, sustituir ou mellorar o funcionamento dos equipos dixitais máis antigos do centro.
O02PD Mellorar a competencia dixital docente do claustro.
O03PD Concienciar ao alumnado do uso responsable e educativo dos recursos dixitais e tecnolóxicos.
O04PD Promover a comunicación entre o profesorado e as familias mediante o uso das ferramentas AbalarPro-Abalar Mó-bil.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do plan dixital reunirase con caracter xeral unha vez ao trimestre para facer un seguimento do proceso de implementación do plan.

1º Trimestre

Reunido o equipo de dinamización do PLAN DIXITAL ao final do primeiro trimestre consideramos que as accións foron parcialmente acadadas, dadas as necesidades de adiar algúnhas para máis adiante, así como a aparición denovas accións relacionadas con proxectos como POLOS CREATIVOS que foron prioritarias.

2º Trimestre
  • En proceso /acadados parcialmente o obxectivo 1
  • En proceso /acadados parcialmente o obxectivo 2
  • En proceso /acadados parcialmente o obxectivo 3
  • Acadado o obxectivo 4 plenamente.
3º Trimestre

Reunido o Equipo de dinamización do PD no terceiro trimestre, podemos afirmar que os obxectivos e accións foron plenamente acadados e desenvoltas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Avanzar na concienciación no uso razonable das tecnoloxías e formarse no uso práctico na EI das novas pantallas dixitais.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En canto a comunicación e difusión do plan, podemos atopar o mesmo publicado na páxina web do centro : http://www.edu.xunta.gal/centros/cravilaboa/

Na seguinte ligazón:  https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36024495     //    https://www.calameo.com/read/00529949812a9e691de97?authid=caIaHnFnl2CQ