Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da L.O. 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (L.O.M.L.O.E.).

Obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

 

Desde hai uns anos, o centro fixo un esforzo por aumentar a dotación tecnolóxica e iniciar unha vía que fomentase o incremento no uso das TIC na aula e redundase nunha mellora académica así como na competencia dixital do alumnado.

Somos centro Edixgal dende fai seis cursos en 1º e 2º ESO, e desde o presente curso ampliamos o proxecto ata os cursos de 3º e 4º ESO. A implicación directa é que todo o alumnado dispón dun ordenador cedido pola Consellería.

 

Por outra banda, a Lomloe recolle a competencia dixital como unha das competencias clave que contribúe a acadar o perfil de saída do alumnado unha vez rematada a ESO.

Proceso de elaboración

Unha vez realizada a enquisa SELFIE e o test CDD fíxose unha análise dos resultados de cara á elaboración da matriz DAFO, datos que supuxeron o punto de partida para a elaboración dos distintos apartados do Plan Dixital por parte do Equipo de Dinamización.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A elaboración do Plan Dixital do centro realizose polos membros do Grupo de Traballo creado dentro da liñaPlan Dixital do PFPP, seguindo as directrices dos equipos ADIX habilitados pola Xunta de Galicia para o apoio dos centros de ensino. Utilizáronse as ferramentas postas ao dispor dos centros educativos como a plataforma SELFIE e o test CDD para analizar o punto de partida do plan dixital. Unha vez recollida toda a información dispoñible pasouse a detallar os obxectivos e accións xunto á súa secuenciación. A secuencia de traballo foi a seguinte:

1.Formación  do Grupo de Traballo para a liña  Plan Dixital do PFPP en outubro de 2021 e nomeamento da persoa coordinadora.

2. . Creación dun curso na AV do centro con toda a información, normativa e tarefas a realizar , así como proceder ao rexistro en Selfie

3. Comezo do deseño do test selfie co apoio do equipo ADIX e realización do mesmo pola nosa comunidade educativa. 1. INFORME SELFIE
    (decembro 2021)

 4. Organización e información ao claustro para a realización do test CDD en Fprofe. TEST CDD (febreiro 2022)

 5. Análise dos resultados partindo dos informes selfie e CDD para a elaboración do noso informe DAFO. INFORME DAFO (febreiro 2022)

6. . Redacción do Plan de Acción, formulando os nosos obxectivos con base no recollido no DAFO. PLAN DE ACCIÓN (octubre 2023)

 7. Elaboración do Plan Dixital.PLAN DIXITAL ((octubre 2023)

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1 Baixa accesibilidade a recursos dixitais para o alumnado con NEE 2 Baixo uso das tecnoloxías dixitais para abordar as MAD 3 Pouco uso das tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado 4 Pouco uso das tecnoloxías dixitais para buscar, avaliar e xestionar información e datos en contornos dixitais e resolver problemas. 5 Baixo emprego das tecnoloxías dixitais como ferramentas de comunicación e colaboración 6 Alumnado pouco concienciado no uso das tecnoloxías dixitais de forma segura e responsable Alumnado Non
Debilidade 1. Escasa participación das familias na vida do centro, incluídas as contornas dixitais 2. Pouco interese por formarse e informarse sobre as plataformas virtuais de aprendizaxe do alumnado, o que leva á baixa implicación no proceso de ensino - aprendizaxe 2 Inexistencia dunha ANPA que canalice iniciativas de formación dixital. Familias Non
Debilidade 1. Baixa utilización de materiais dixitais que respecten as licenzas de propiedade intelectual. 2. Organización e difusión dos contidos dixitais da páxina web 3. Ausencia de repositorios compartidos con recursos educativos de creación propia. 4. Ausencia de conexión a Internet nos espazos do pavillón de EF e nas aulas de nova creación (vivendas habilitadas para a docencia) Infraestruturas Non
Debilidade 1. Equipo directivo sen proxecto 2 . Falta de enquisas/ferramentas que permitan detectar deficiencias. Organización de centro Non
Debilidade 1. Baixa autoavaliación da práctica individual docente 2. Baixa participación en actividades de formación sobre competencia dixital docente. 3. Baixo uso das tecnoloxías dixitais na práctica docente 4. Insuficiente formación sobre a propiedade intelectual e licencias de autor dos recursos educativos dixitais e descoñecemento dos REA Persoal docente Non
Fortaleza 1. Dispoñibilidade de equipo individual (edixgal) 2. Acceso a formación práctica dende a chegada ao centro 3. Motivación para a aprendizaxe con medios dixitais Alumnado Non
Fortaleza 1. Accesibilidade a abalarmóbil 2. Predisposición do centro a facilitar orientación e formación no uso das tecnoloxías Familias Non
Fortaleza 1. Boa dotación de equipos informáticos e dispoñibilidade de plataformas virtuais (centro edixgal) 2. Conectividade do centro boa en xeral 3. Apoio técnico - Soporte Premium (para incidencias edixgal) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Importancia das tecnoloxías reflexada nos documentos do centro 2. Organización de actividades de sensibilización uso seguro de internet 3. Materia de libre configuración en 1ºESO 4. Uso de medios dixitais en xestión, administración e comunicación con toda a comunidade educativa 5. Coordinación e equipo TIC 6. Dispoñibilidade para atender á renovación e actualización do equipamento dixital 7. Atención as necesidades de actualización e formación do equipo docente 9. Interese en detectar necesidades do alumnado para reducir a fenda dixital Organización de centro Non
Fortaleza 1. Predisposición da maioría para participar en actividades de formación e actualización do PFPP Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Exceso de Burocracia Administración educativa Non
Ameaza Inexistente ANPA Non
Ameaza 1. Problemas puntuais coa conectividade 2. Limitacións impostas polas características xeográficas da contorna e dos buses escolares Contorna Non
Ameaza 1. Fenda dixital das familias co centro 2. Fenda dixital dentro das familias 3. Dixitalofobia dalgunhas familias que interfire coa aprendizaxe Outras Non
Oportunidade 1. O sinal Wifi do Concello pode presentar unha oportunidade para a inclusión dixital Contorna Non
Oportunidade 1. O marco europeo da competencia dixital docente (DigComp) Lexislación Non
Oportunidade 1.A importancia das TIC no mundo laboral 2.A aparición continua de novos sistemas de coñecemento 3.O uso de novos medios dixitais como a ensinanza con realidade virtual. 4.Institucións como o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia ou Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Esta análise DAFO está resumida entre as páxinas 11-14 do Plan Dixital recollido nos Anexos. Tendo en conta especialmente as debilidades e ameazas que detectamos no informe DAFO eleboramos o noso plan de acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Formar ao profesorado sobre a propiedade intelectual no eido da educación para a súa aplicación na aula.
02PD Deseñar proxectos interdisciplinares que fomenten a competencia dixital do alumnado (Pedagoxía: Implementación na aula)
03PD Afondar na formación do profesorado no uso de ferramentas dixitais corporativas de avaliación (Desenvolvemento profesional continuo)
04PD Empregar as tecnoloxías dixitais para a avaliación do alumnado (Prácticas de avaliación)

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan a través da valoración do estado da execución das accións.
O seguimento trimestral quedará reflectido na aplicación Educalidade a que ten acceso a persoa coordinadora do PD de forma que queden rexistrados os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora. 
A persoa mentora Adix realizará, como mínimo, unha visita por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do devandito plan Dixital.

1º Trimestre

No 1º trimestre ralizase unha única reunión co mentor ADIX o día 21/11/2023 (10:40 h). Nesta reunión faise o seguimento da implantación do PD e se resolven dudas da aplicación Educalidade.

As accións do PD que se completan neste trimestre son:

-         AO3.1: Solicitar no PFPP un itinerario de afondamento nas ferramentas dixitais que permitan e faciliten a aprendizaxe colaborativa en proxectos interdisciplinarios.

-         AO3.2: Lograr a participación do 50% do profesorado.

-         AO4.1: Configurar un caderno dixital de avaliación nas aulas virtuais (moodle ou edixgal) - EN PROCESO.

 

- Accións relativas ao Polo creativo:

- 20/10/23 asistencia as xornadas de formación avanzada para persoas coordinadoras de Polos creativos.

- 04/12/2023 realízase reaunión á reunión da COMISIÓN PEDAGÓXICA na que uns dos puntos da orde do día a tratar é o traballo do proxecto de polos creativos a levar a cabo por cada Departamento didáctico.

Esta información atópase tamén recollida nos anexos.

2º Trimestre

No segundo trimestre realízase una única reunión co mentor ADIX o día 12/03/24 ás 10:40 horas da mañá. Nesta reunión concretanse a consecución de dúas accións máis ( en total 5 accións completadas ata o momento e tres en proceso).

As accións do PD que se completan neste trimestre son:

-         AO1.1: Incluir no PFPP unha docencia ao profesorado sobre a propiedade intelectual no eido da educación

-         AO1.3: Realizar enquisas ou cuestionarios entre o profesorado e o alumnado para determinar o indicador de logro acadado.

 

- Accións relativas ao Polo creativo:

- 18/01/24 reunión da CCP na un dos puntos da orde do día é o “POLO CREATIVO” e na que se solicitan as concreción das actividades a levar a cabo por cada departamento e a súa temporalización.

- Semana do 22 de xaneiro: presentación dos kits singulares pertencentes ao programa de Polos Creativos e entrega aos centros dos kits singulares (posposto por encontrarse a profesora de Baixa por enfermidade).

- 29/02/24 asistencia a primeira xornada de formación avanzada para persoas coordinadoras de Polos creativos no CFR de Pontevedra.

- 14/03/24 reunión da CCP na que un punto da orde do día e o seguimento das actividades realizadas por cada departamento didáctico.

O xoves 21 de marzo infórmase a todos os membros do equipo do Plan dixital sobre os puntos tratados na reunión do 12/03/2024 co mentor ADIX.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada ano, ao longo do mes de xuño e setembro, a persoa directora e a persoa coordinadora do plan, xunto co equipo dinamizador do plan dixital, manterán diferentes reunións nas que acordarán as datas nas que se revisarán o estado de execución das accións e as mesmas serán recollidas nun calendario compartido.
Na medida do posible elaboraranse enquisas que nos proporcionen a información requirida para a análise.
- Avaliación procesual:
Seguimento: en xeral, trimestral.
Para accións cuxo intervalo de tempo previsto de consecución sexa inferior a un trimestre, levarase a cabo una revisión ao vencemento da data prevista de finalización.
A análise e valoración dos resultados acadados na execución das distintas accións, farase en base ao seu tipo e segundo os indicadores sinalados en cada un dos obxectivos. Para iso elaboraranse unhas rúbricas de valoración para os sectores da comunidade educativa implicados nos distintos obxectivos.
- Avaliación final:
• Seguimento: Anual ( na última semana do mes de xuño). Tomando como referencia os resultados das valoracións procesuais, cubriranse nas táboas do Plan de Acción o grao de consecución de cada unha das accións que integran os distintos obxectivos.
• Toma de decisións: Dirección e responsable do Plan, en función do grao de cumprimento dos obxectivos, valorarán a necesidade de ampliar o prazo de implementación do plan ou de marcarse novos obxectivos, de modificar ou mellorar as accións.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan presentarase ao claustro e o consello escolar para a súa aprobación.
A difusión do Plan Dixital faise a través da aplicación Educalidade e a través da páxina Web do centro..