Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Ver Anexo I Introdución.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ver Anexo II Instrumentos de recollida de información previa.

 

 

 

 

Interno
77 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C14 OP Os espazos físicos non facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxía dixitais. Non hai cobertura WiFi en varias localizacións do Centro. Alumnado Si
Debilidade C13 OP O alumnado non pode levar os seus dispositivos portátiles ao centro. Alumnado Non
Debilidade Non existe unha materia de libre configuración de centro en 1º ESO na que o alumnado ten unha educación dixital básica que lle serva para aproveita os recursos do centro e mellorar a súa competencia dixital. Alumnado Si
Debilidade Carencia de oferta dixital de recursos e medios de educación. Técnicas de estudo e aprender a aprender. Familias Si
Debilidade Carencia de sede electrónica no IES para tramitación de documentación. Familias Si
Debilidade Dificultade para establecer titorías telemáticas cos titores legais do alumnado. Familias Si
Debilidade Carencia de espazo dixital de información e participación no centro para as familias. Familias Si
Debilidade Carencia de oferta de orientación académica, con medios dixitais, para os seus fillos e fillas. Familias Si
Debilidade C8 No centro só hai tres ordenadores para uso do alumnado (biblioteca), agás dos empregados para a aprendizaxe nas aulas de informática. Infraestruturas Si
Debilidade C14 OP Os espazos físicos non facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxía dixitais, varias aulas sen dispositivo de son. Non existe cobertura WiFi no centro. Infraestruturas Si
Debilidade C1 A infraestrutura dixital non respalda o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Non se poden retransmitir as clases online. A conexión a rede non permite traballar con velocidade en todos os postos de traballo á vez. Infraestruturas Si
Debilidade C2 No centro hai dispositivos dixitais para o seu uso no ensino pero non en número e calidade suficiente. Os ordenadores están obsoletos na meirande parte. Infraestruturas Si
Debilidade C3 No centro facilítase Internet para o ensino e o aprendizaxe pero de xeito cableado. Non existe cobertura WiFi na maior parte do centro e non se lle facilita ao alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade C15 OP O alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Só existe un ordenador de alumando na aula de Pedagoxía Terapéutica. Infraestruturas Si
Debilidade C5. A asistencia técnica limítase á asistencia interna do Coordinador TIC do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de revista dixital (dixitalizar as de anos anteriores). Oferta Non
Debilidade Ausencia de coordinación cos proxectos TIC dos centros adscritos. Oferta Non
Debilidade Ausencia de radio escolar enlazada a Web do IES (podcast). Oferta Si
Debilidade Ausencia de TV escolar (vídeo flash streaming). Oferta Si
Debilidade B4 OP Non colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o emprego das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade A4 OP O equipo directivo considera que o persoal docente non ten tempo no centro para explorar como mellorar o método de ensino tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade C12 OP O profesorado considera que o centro non existe un plan para axudalos a enfrontarse aos retos que xorden coa aprendizaxe mixto Organización de centro Si
Debilidade C13 OP O alumnado non pode levar os seus dispositivos portátiles ao centro. Organización de centro Non
Debilidade B1 O equipo directivo considera que no centro non se avalían os progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade H12 OP Non nos aseguramos de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. Organización de centro Si
Debilidade C11 OP Medidas non sistematizadas. Dependentes do actual persoal do Departamento de Orientación e do profesorado. Poden renovarse a corto prazo e perderse a iniciativa. Organización de centro Si
Debilidade C5. A asistencia técnica limítase á asistencia interna do Coordinador TIC do centro. Organización de centro Si
Debilidade Centro pequeno, con pouco persoal que ten que absorber todas as tarefas. Implementar novas medidas supón sobrecargar aínda máis as mesmas persoas. Organización de centro Si
Debilidade H12 OP Non está establecida unha materia optativa en 1º da ESO para asegurarnos de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. Organización de centro Si
Debilidade C8 No centro só hai tres ordenadores para uso do alumnado (biblioteca), agás dos empregados para a aprendizaxe nas aulas de informática. O centro non dispón de ordenadores de préstamo para o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza C10 OP Hai 22 dispositivos portátiles propiedade do centro que o alumnado pode levar a casa. Alumnado Si
Fortaleza H1 O alumnado aprende a actuar de maneira segura en Internet. Alumnado Si
Fortaleza H3 O alumnado aprende a actuar de maneira responsable e a respectar aos demais cando emprega Internet. Alumnado Si
Fortaleza H5 O alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en Internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza H7 O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopa en Internet. Alumnado Si
Fortaleza H9 O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H12 O alumnado emprega a tecnoloxía en diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza H10 O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza B2 O alumnado considera que no centro fálase co profesorado sobre as vantaxes e desvantaxes de empregar a tecnoloxía para a aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación coas familias polos medios corporativos (páxina web e Abalar). Familias Si
Fortaleza C10 OP Hai 22 dispositivos portátiles propiedade do centro que o alumnado pode levar a casa. Infraestruturas Si
Fortaleza C16 OP Existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C1 Totalidade das aulas dixitalizadas. Infraestruturas Si
Fortaleza C5 Asistencia técnica inmediata, por parte do Dinamizador TIC, cando xorden problemas coas tecnoloxías. Infraestruturas Si
Fortaleza C8 O centro dispón de 22 ordenadores de préstamo para o alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza A3 Apoio total do equipo directivo ao profesorado para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza Existe un espazo de centralización de recursos para o profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza A1, A2 O centro conta cunha estratexia dixital definida, establecida e planificada. Organización de centro Si
Fortaleza C7 Existe regulación interna, e protocolos, sobre protección de datos. Organización de centro Si
Fortaleza Existen protocolos para: divulgar os recursos en novas tecnoloxías entre a comunidade educativa, manter actualizado o equipamento dixital ou detectar casos de fenda dixital entre o alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza A3 Apoio total do equipo directivo ao profesorado para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza C5 O equipo directivo, profesorado e alumando consideran que o centro dispón de boa asistencia técnica interna, por parte do Dinamizador TIC, cando xorden problemas coas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza A5 OP Respecto dos dereitos de autor e as licenzas de uso ao empregar tecnoloxías dixitais para o ensino e o aprendizaxe por parte do equipo directivo. Organización de centro Si
Fortaleza B2 O equipo directivo considera que no centro debátese sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Bos antecedentes coa experiencia anterior na elaboración dos Plan TIC. Organización de centro Si
Fortaleza Moita colaboración, acordo e apoio entre profesorado, equipo directivo e PAS. Organización de centro Si
Fortaleza C11 OP Actual Departamento de Orientación interesado en detectar necesidades de aprendizaxe e analizar contextos socioeconómicos. Profesorado participe. Organización de centro Si
Fortaleza G8 OP Equipo directivo interesado e disposto a empregar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación. Organización de centro Si
Fortaleza Centro pequeno e pouco complexo, áxil na toma de decisións internas. Organización de centro Si
Fortaleza Equipo directivo pouco xerárquico, moi próximo ao profesorado, facilidade de entendemento. Organización de centro Si
Fortaleza E4 A maioría do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza E5 OP A maioría do profesorado emprega recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza F5 A maioría do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado (ferramentas colaborativas). Persoal docente Si
Fortaleza Profesorado moi colaborativo e participativo e disposto a aprender. Persoal docente Si
Fortaleza A3 O profesorado conta co apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza A5 OP O profesorado respecta os dereitos de autor e as licenzas de uso ao empregar tecnoloxías dixitais para o ensino e o aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza B2 O profesorado considera que no centro debátese sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D2 O profesorado ten aceso a posibilidades de formación permanente no relativo ao ensino e á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza E1 A maioría do profesorado busca recursos dixitais en Internet. Persoal docente Si
Fortaleza E2 A maioría do profesorado crea recursos dixitais para reforzar a sua labor de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza E3 A maioría do profesorado emprega contornos virtuais de aprendizaxe co alumando. Persoal docente Si
Fortaleza F1 A maioría do profesorado emprega recursos tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F3 A maioría do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F4 A maioría do profesorado leva a cabo actividades de aprendizaxe dixitais para motivar ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza G10 A maioría do profesorado emprega datos dixitais sobre alumnado concreto para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza C10 OP Hai 22 dispositivos portátiles propiedade do centro que o alumnado pode levar a casa. Persoal docente Si
Fortaleza Persoal non docente con boa formación, boa disposición e coñecemento das tecnoloxías dixitais. Persoal moi colaborativo. Persoal non docente Si
77 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1 Non se poden retransmitir as clases online. Non dispoñemos de sistemas de captura de son e vídeo nas aulas que permitan ao alumnado seguir as clases de forma non presencial. A conexión a rede non permite traballar con velocidade en todos os postos de traballo á vez. Non dispoñemos dunha aplicación informática corporativa para levar a cabo a xestión económica do centro. Non dispoñemos dunha aplicación informática corporativa para realizar os horarios ao comezo de curso. Administración educativa Si
Ameaza C5 A asistencia técnica externa no é operativa. Moito atraso na solución dos problemas comunicados. Non dispoñemos dunha aplicación informática corporativa interna de comunicación de incidencias en dispositivos dixitais. Administración educativa Si
Ameaza C14 OP Non existe cobertura WiFi na totalidade do centro. Administración educativa Si
Ameaza D4 Non dispoñemos dunha aplicación informática corporativa que permita enviar documentos aos titores legais do alumnado. Administración educativa Si
Ameaza Os dinamizadores TIC non teñen tempo material de cumprir coa súa carga de traballo. Administración educativa Si
Ameaza C2 Non hai dispositivos dixitais en número suficiente e apropiado en características. Os ordenadores están obsoletos na meirande parte. Administración educativa Si
Ameaza C3 Non existe cobertura WiFi na maior parte do centro e non se lle facilita ao alumnado. A conexión a Internet é por radio enlace e non sobrepasa os 100 Mb. O alumnado non dispón dunha conta de correo corporativa Administración educativa Si
Ameaza As familias non dispoñen dunha conta de correo corporativa. ANPA Si
Ameaza Fenda social. ANPA Si
Ameaza Fenda dixital. ANPA Si
Ameaza Carencia dun plan de formación corporativo para as familias. ANPA Si
Ameaza C11 30% do alumnado con problemas de cobertura dixital na súa casa. Contorna Si
Ameaza Poboación moi dispersa que dificulta a cobertura dixital. Contorna Si
Ameaza Orografía complexa que dificulta a cobertura dixital. Contorna Si
Ameaza Non dispoñemos de acceso a unha base lexislativa corporativa dixital permanentemente actualizada. Lexislación Si
Ameaza Pouco tecido empresarial. Outras Non
Oportunidade C1 Financiamento dos fondos europeos. Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidade de integración no programa Edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade Aposta da administración pola ensinanza dixital. Administración educativa Si
Oportunidade Incremento de ferramentas corporativas colaborativas. Administración educativa Si
Oportunidade Centro pequeno, pouco complexo para dotar de servizos. Administración educativa Si
Oportunidade Elaboración dun plan de formación dixital corporativo para as familias. ANPA Si
Oportunidade Vantaxes para o alumnado co programa Edixgal. ANPA Non
Oportunidade A pandemia puxo en evidencia as carencias dixitais da familias en canto a formación, recursos e conectividade. ANPA Si
Oportunidade Poboación moi dispersa que podería beneficiarse das tecnoloxías dixitais para achegarse entre eles (alumnado e familias) e ao centro (trámites administrativos, comunicacións, etc.). Contorna Si
Oportunidade Comezo da implantación de fibra ótica no Concello Contorna Si
Oportunidade Implantación do Plan Dixital. Lexislación Si
Oportunidade Concello con sede electrónica o que pode supoñer unha sinerxía á hora de facer presión para intentar mellorar a conectividade das vivendas do Concello. Outras Si
Oportunidade Empresariado (na meirande parte autónomos) afectado polos problemas de conectividade nalgunhas zonas co concello o que tamén pode supoñer unha sinerxía para premer sobre a obtención de melloras. Outras Non
Oportunidade Dirixentes do Concello en sintonía coa dirección política da Xunta o que pode axudar na solicitude de melloras en canto a conectividade. Outras Si
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO durante o curso 2021-2022 que permitiu o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilitou a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver durante o curso 2022-2023. Como queira que para elaborar o Plan Dixital deste curso a Consellería non dispuxo facer novos SELFIE, Test CDD, nin análise DAFO, o Plan Dixital deste ano realizarase cos datos do análise feito durante o curso 2021-2022, actualizando o DAFO en función dos obxectivos acadados no Plan de acción levado a cabo o curso pasado e dos cambios rexistrados durante o mesmo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar un sistema dixital de reserva das aulas de informática e implantar o seu emprego.
O02PD Elaborar un calendario dixital de actividades complementarias e implantar o seu emprego.
O03PD Dixitalizar impresos de tramitación de incumprimentos do NOF por parte do alumando e implantar o seu emprego.
O04PD Dixitalizar impresos de tramitación de ausencias e permisos do profesorado e implantar o seu emprego.
O05PD Dixitalizar o impreso de saída para actividades complementarias e implantar o seu emprego.
O06PD Trasladar os datos do inventario de dispositivos dixitais do centro ao novo sistema de rexistro que está a elaborar a Consellería.
O07PD Implantar o protocolo para garantir o respecto dos dereitos de autor e as licenzas de uso durante o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais e non dixitais, e establecer as medidas para facer o seu seguimento (A5 OP*: Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso).
O08PD Implantar o protocolo de préstamo de dispositivos dixitais ao alumnado, e establecer as medidas para facer o seu seguimento. (C10 OP: Dispositivos propiedade do centro para o alumnado).
O09PD Implantar o protocolo para para identificar dificultades do aprendizaxe mixto entre o alumnado, relacionadas co seu contexto socioeconómico, e establecer as medidas para facer o seu seguimento (C11 OP: Fractura dixital: medidas para identificar dificultades).
O10PD Dixitalizar máis tramites administrativos e dispoñelos na web do centro (C12 OP: FENDA dixital: Apoio para abordar dificultades. Trátase de facilitar, na medida do posible, a realización de trámites administrativos dependentes do IES ao alumnado e ás familias para evitar o desplazamento dos mesmos ao centro).
O11PD Acadar a total dixitalización das achegas de información por parte do profesorado ás titorías (40% restante) mediante o emprego da ferramenta corporativa AbalarPro (E4: Comunicación coa comunidade educativa).
O12PD Continuar a facer participe á comunidade educativa na estratexia dixital do centro (A2: Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Trátase de dar a oportunidade ao profesorado e a o persoal non docente de aportar, anualmente, obxectivos ao Plan Dixital do centro. As propostas serán depositadas nun apartado específico da Aula Virtual do centro, ao que terán acceso continuo).
O13PD Continuar co sistema de divulgación de novas tecnolóxicas entre o profesorado na Aula Virtual do centro (D2: Participación no DCP. Trátase de poñer a disposición do profesorado novas tecnolóxicas relacionadas co ensino e o aprendizaxe que poidan axudarlle ao seu desenvolvemento profesional).
O14PD Continuar a establecer repositorios, recursos ou bibliotecas en liña con materiais de ensino e aprendizaxe para profesorado e alumnado na Aula Virtual do centro (C16 OP: Bibliotecas / repositorios en liña. Trátase de poñer a disposición do profesorado e do alumnado, nuns apartados específicos da Aula Virtual do centro, aos que terán acceso continuo, repositorios, recursos ou bibliotecas en liña con materiais de ensino e aprendizaxe).
O15PD Continuar a establecer titoriais para o profesorado sobre ferramentas de ensino e aprendizaxe, na Aula Virtual do centro (D2: Participación no DCP. Trátase de poñer a disposición do profesorado titoriais relacionadas co ensino e o aprendizaxe que poidan axudarlle ao seu desenvolvemento profesional).

Seguimento

Procedemento

O seguemento da realización do Plan Dixital levarase a cabo de forma mensual para poder analizar a evolución do mesmo en canto ao cumprimento dos obxectivos do Plan de Acción e informarase do mesmo trimestralmente nos apartados establecidos nesta plataforma.

Para facilitar o seguimento elaborouse un calendario con asignación de tarefas e prazo de cumprimento por trimestres.

 

1º Trimestre

Acadáronse todas as accións previstas de cada obxectivo do Plan Dixital programadas para o primeiro trimestre:

  • O01PD  Acadadas: AO01.1, AO01.2, AO01.3 e AO01.4. Estase a a empregar o calendario (AO01.5) e a facer o seguimento do uso do mesmo por parte do profesorado (AO01.6).
  • O02PD  Acadadas: AO02.1, AO02.2, AO02.3 e AO02.4. Estase a a empregar o calendario (AO02.5) e a facer o seguimento do uso do mesmo por parte Coordinadora de Actividades Complementarias (AO02.6).
  • O03PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O04PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O05PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O06PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O07PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O08PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O09PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O10PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O11PD  Acadadas: AO11.1. Estase a facer uso da ferramenta AbalarPro por parte do profesorado para trasladar a información ás titorías (AO11.2) e a facer o seguimento do emprego da ferramenta AbalarPro por parte do profesorado para trasladar a información ás titorías(AO11.3).
  • O12PD  Acadadas: AO12.1, AO12.2. Estase a indicar propostas de obxectivos no apartado crado na Aula Virtual (AO12.3) e a revisar mensualmente o número de achegas e dinamizar a participación das persoas matriculadas (AO12.4).
  • O13PD  Acadadas: AO13.1, AO13.2. Estase a seleccionar novas tecnolóxicas de interese para o profesorado (AO13.3) e a divulgar as novas seleccionadas no apartado creado na Aula Virtual (AO13.4).
  • O14PD  Acadadas: AO14.1, AO14.2. Estase a seleccionar repositorios, recursos ou bibliotecas en liña, de interese para alumnado e profesorado (AO14.3) e a establecer repositorios, recursos ou bibliotecas en liña, de interese, nos apartados creados na Aula Virtual (AO14.4).
  • O15PD  Acadadas: AO15.1, AO15.2. Estase a establecer os titoriais no apartado creado na Aula Virtual (AO15.3).

Presentaronse os perceptivos informes do estado do Plan Dixital tanto na reunión do Claustro de profesorado celebrada o 31 de xaneiro de 2024 como na reunión do Consello Escolar celebrada o 6 de febreiro de 2024.

2º Trimestre

Acadáronse todas as accións previstas de cada obxectivo do Plan Dixital programadas para o segundo trimestre:

  • O01PD  Estase a a empregar o calendario (AO01.5) e a facer o seguimento do uso do mesmo por parte do profesorado (AO01.6).
  • O02PD  Estase a a empregar o calendario (AO02.5) e a facer o seguimento do uso do mesmo por parte Coordinadora de Actividades Complementarias (AO02.6).
  • O03PD. Acadadas as accións AO003.1, AO03.2 e AO03.3. Estase a facer uso dos impresos (AO03.4) e a facer o seguimento do emprego dos mesmos por parte do profesorado (AO03.5).
  • O04PD. Acadadas as accións AO004.1, AO04.2 e AO04.3. Estase a facer uso dos impresos (AO04.4) e a facer o seguimento do emprego dos mesmos por parte do profesorado (AO04.5).
  • O05PD. Acadadas as accións AO005.1, AO05.2 e AO05.3. Estase a facer uso do impreso (AO05.4) e a facer o seguimento do emprego do mesmo por parte do profesorado (AO05.5).
  • O06PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O07PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O08PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O09PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O10PD. Non había accións programadas para este trimestre.
  • O11PD. Estase a facer uso da ferramenta AbalarPro por parte do profesorado para trasladar a información ás titorías (AO11.2) e a facer o seguimento do emprego da ferramenta AbalarPro por parte do profesorado para trasladar a información ás titorías(AO11.3).
  • O12PD  Estase a indicar propostas de obxectivos no apartado crado na Aula Virtual (AO12.3) e a revisar mensualmente o número de achegas e dinamizar a participación das persoas matriculadas (AO12.4).
  • O13PD  Estase a seleccionar novas tecnolóxicas de interese para o profesorado (AO13.3) e a divulgar as novas seleccionadas no apartado creado na Aula Virtual (AO13.4).
  • O14PD  Estase a seleccionar repositorios, recursos ou bibliotecas en liña, de interese para alumnado e profesorado (AO14.3) e a establecer repositorios, recursos ou bibliotecas en liña, de interese, nos apartados creados na Aula Virtual (AO14.4).
  • O15PD  Estase a establecer os titoriais no apartado creado na Aula Virtual (AO15.3).

Presentaronse os perceptivos informes do estado do Plan Dixital tanto na reunión do Claustro de profesorado celebrado o 2 de maio de 2024 como na reunión do Consello Escolar celebrado o 8 de maio de 2024.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Plan terá unha avaliación procesual (cada trimestre) e unha avaliación final (ao remate do curso). A persoa encargada de realizar a avaliación será o dinamizador TIC.

Informa trimestral
O informe trimestral presentarase ao Claustro, á Comisión de Coordinación Pedagóxica e, si a dirección do centro o considera oportuno, ao Consello Escolar.
No informe trimestral recollerase:
    • Grao de cumprimento dos obxectivos fixados no Plan de Acción para cada trimestre.
    • Melloras que se poidan introducir para acadar próximos obxectivos similares.
    • No caso de non acadarse algún, motivo polo que non se acadou.
    • Cambios a realizar para acadalos.
    • Necesidade de suprimilos ou aprazalos.
    • Actuacións feitas non programadas.

Informe anual
O informe anual presentarase tamén ao Claustro, á Comisión de Coordinación Pedagóxica e ao Consello Escolar, incorporarase á memoria anual do centro e recollerá, como mínimo:
    • Os informes elaborados trimestralmente.
    • As propostas de novos obxectivos para a elaboración do Plan de Acción do seguinte curso recollidos no apartado a tal fin na Aula Virtual do centro (Obxectivo 1 do Plan de acción para o curso 2022/2023).
    • As suxestións aportadas polo alumnado.
    • As suxestións aportadas polas familias do alumnado.

Os aspectos de mellora detectados suporán o deseño de pequenos obxectivos que formarán parte do Plan de Acción do seguinte curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital por parte do Claustro e do Consello Escolar poñerase en coñecemento da comunidade educativa, por medio dun correo electrónico, explicándolles que se pretende facer, en que grao se verán implicados e onde poden atopar información, de maneira que se fomente a súa participación.

Crearase un espazo na Páxina Web do centro no que aloxarase o Plan Dixital.

Tamén recorrerase ao Consello Escolar, Comisión de Coordinación Pedagóxica, Claustro, Titorías, e reunións cos pais para dar información do Plan.

 

Ligazón ao Plan Dixital do IES de Cotobade: para acceder ao Plan premer sobre este texto