Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución
1.1. Datos básicos do centro
CPR Plurilingüe Bouza Brey
R/ San Xoán, 167 36206 Vigo
cpr.bouza.brey@edu.xunta.gal
www.colexiobouzabrey.com

Etapas educativas que se imparten: educación infantil, educación primaria e educación
secundaria obrigatoria.
*Alumnado: 276
infantil: 38
primaria: 133
secundaria:105

*Profesorado:26


1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro esta situado na zona periurbana de Vigo cun ambiente semiurbano. O contexto socioeconómico é de clase media.
Este plan súmase a:
-o plan abalar que leva funcionando no centro dende o curso 2010-11 (nas aulas de 5º, 6º de primaria e 1º e 2º de ESO);
-o proceso de dixitalización de todas as aulas
-o uso progresivo das ferramentas dixitais (aplicacións, teléfonos móbiles, ordenadores, tablets) no ensino diario tanto no desenvolvemento de materiais coma no uso da aula virtual do centro polo profesorado e o alumnado 

-o uso da app TokApp de mensaxería para a comunicación cos pais

-Uso das ferramentas que achega a GSuite for Education de Google para crear o entorno de Aula Virtual para as alumnas e alumnos do centro.

Este plan será incluído na programación Xeral Anual do curso 23/24


1.3. Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


1.4. Proceso de elaboración
O Plan dixital foi elaborado en colaboración ent
re o equipo directivo e o equipo tic tras analizar a situación do centro e tendo en conta:
-contexto
-experiencia dixital
-resultados do SELFIE realizado pola comunidade educativa
-DAFO
-asesoramento da consellería de educación a través da asesora Adix

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregamos o SELFIE o DAFO e o Test CDD. Os documentos están achegados como anexos

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Maiores dificultades canto máis pequenos e dependentes Alumnado Si
Debilidade Implica un gasto económico Dificultades para axudar desde casa canto máis pequenos por descoñecemento Familias Non
Debilidade Velocidade de conexión da zona Dispoñibilidade de enchufes eléctricos Capacidade para conexión simultánea de todo o alumnado Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade dunha continua actualización da tecnoloxía Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo no horario lectivo para a formación Organización de centro Non
Debilidade Carencias na estructuración das ferramentas dixitais coas que conta o centro. Organización de centro Si
Debilidade Carencias na organización do equipo TIC Organización de centro Si
Debilidade Falta de formación e de experiencias co ensino dixital Persoal docente Si
Fortaleza Moi motivado no uso de ferramentas dixitais Grande capacidade de adaptación Alumnado Non
Fortaleza Disposición para axudar Familias Non
Fortaleza Uso de Gsuite como aula virtual Aplición TokApp para comunicación cos pais Infraestrutura de cable e wifi en todo o centro Infraestruturas Non
Fortaleza Preparación e implantación dos cambios para o ensino con materiais dixitais Organización de centro Non
Fortaleza Boa disposición do profesorado Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de axudas económicas para a implantación dixital Administración educativa Non
Ameaza Burocracia excesiva Lexislación Non
Oportunidade Consellería interesada na elaboración do Plan Dixital de Centro Administración educativa Non
Oportunidade Anpa aberta a novas propostas ANPA Non
Oportunidade Imaxe do centro moderna e en continua renovación Contorna Non
Oportunidade Cambios constantes na normativa de educación Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Coñecer as ferramentas da GSuite de Google e como empregalas para desenvolverse na contorna virtual do colexio.
O2PD Mellorar a dotación das aulas con paneis interactivos
O3PD Mellorar a competencia dixital do profesorado CCD
O4PD Facer uso do Espazo Abalar para as comunicacións coas familias
O5PD Mellorar e aumentar a seguridade na comunicación, na participación e na coordinación entre o profesorado
O6PD Potenciar o uso dos recursos dixitais nas aulas de educación infantil
O7PD Crear un equipo TIC con representantes das distintas etapas educativas do centro.

Seguimento

Procedemento

-O proceso será avaliado como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar serán o avance das diferentes accións realizadas, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións e as propostas de mellora.

- A avaliación final  será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

30.10.23 - Visita de presentación da nova ADIX do centro. Revisión dos puntos a ter en conta para o novo Plan 23-24.

21.02.24 - Visita para seguimento do plan dixital por parte da asesora. 

Revisión dos obxectivos do 1º trimestre:

- ACADADOS

AO2.1 - Instalación de paneis interactivos nas aulas

AO5.1 - Uso de AbalarPRO para organizar os espazos de comunicación do claustro

AO7.1 - Formación do equipo TIC con representantes de cada etapa educativa do centro.

- EN PROCESO

AO5.2 - Mellora da organización da sala de profesores virtual en Classroom como espazo informativo.

2º Trimestre

10.04.24 - Comunicación da ADIX a través da Aula Virtual 

Revisión dos obxectivos do 2º trimestre:

ACADADOS

AO5.2 - Mellora da organización da sala de profesores virtual en Classroom como espazo informativo.

A04.1 -  Formación do profesorado no uso do Espazo Abalar

 

EN PROCESO

A03.1 Realización de formación ofertada pola administración para acadar a certificación oficial da Competencia Dixital Docente.

A04.2 Cambio do us da App TokApp cara Espazo Abalar

A05.1 Uso de AbalarPRO para organizar espazos de comunicación do claustro

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

-O proceso será avaliado como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar serán o avance das diferentes accións realizadas, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións e as propostas de mellora.

- A avaliación final  será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será presentado no Consello Escolar para o seu coñecemento e aprobación antes do 6 de novembro. Despois de aprobado o plan dixital será informado todo o claustro.

O proxecto farase público a través web do colexio para que poida ser coñecido por toda a comunidade educativa.