Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualizacion do Plan Dixital do centro e contribucion ao Proxecto Educativo do centro:

Colexio Rural Agrupado ubicado en Tomiño, consta na actualidade con 13 escolas, que atenden a alumnado en escolarización mixta de entre 3 e 6 anos na etapa de educación infantil. O equipo educativo está conformado por 26 docentes e dúas coidadoras.

O CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño alberga a familias principalmente de Tomiño, aínda que nos últimos anos produciuse unha crecente demanda por parte de familias que chegan da periferia do Concello principalmente. O nivel socio económico en xeral é medio-baixo.

O presente Plan Dixital está encamiñado a conseguir que as TICs se atopen máis integradas no día a día do Centro, xa que polas nosas características e a nosa metodoloxía, estas atopáronse habitualmente nun segundo plano, e relegadas ao traballo do propio profesorado, sen chegar en moitas ocasións ao alumnado.

Conscientes da importancia que na etapa que nos atopamos pensamos que merece o tratamento correcto desta temática, e froito da necesidade dunha correcta educación neste ámbito, unido á liña innovadora que o centro mantén dende hai anos, consideramos que este plan pode axudar a afianzar e establecer puntos comúns para que o tratamento das TIC sexan unha realidade no noso centro.

Por medio deste Plan Dixital agardamos en primeiro lugar establecer espazos de reflexión nos que o profesorado poña en común e comparta diferentes puntos de vista, e de cara a PXA do vindeiro curso, valorar a posibilidade da implementación de momentos de emprego manipulativo das TIC por parte do alumnado, entendendo a necesidade dunha boa formación neste aspecto, e tendo en conta que son parte da sociedade da que formamos parte, e que polo tanto o noso centro non pode dar as costas e traballar alleo á realidade coa que convive.

Proceso de elaboración:

Para a elaboración do presente Plan Dixital seguíronse as indicacións achegadas por medio da Consellería, creando un equipo encargado de levalo a cabo, composto polo equipo directivo na súa totalidade, a mestra coordinadora do equipo TIC así como a mestra coordinadora do PFPP, actuando o director do centro como coordinador do mesmo.

Para levalo a cabo seguíronse as pautas marcadas, levando a cabo actividades de recollida de información do centro durante o curso 2021-2022, así como formacións específicas e traballos conxuntos nos que expoñer a información obtida, cos que elaborar en último término o devandito plan.


A xustificación legal na que se sustenta este plan é a seguinte:

  • ART. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xun¿o de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xun¿o de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Autoavaliación SELFIE:

Seguindo as indicacións achegadas por parte da Consellería recollemos información do centro por medio do Selfie, aínda que os datos non puideron ser de gran utilidade, ao estar este aplicativo enfocado para as restantes etapas educativas, pero non para a Educación Infantil, que é a nosa.

Na elaboración do Selfie participou a meirande parte do profesorado definitivo do centro, e como punto a destacar, sinalar que a visio¿n que do centro por parte do profesorado como do equipo directivo foi similiar, polo cal comparten os mesmos puntos de vista ao respecto.

Desta análise evidenciamos algúns dos aspectos mencionados anteriormente: o profesorado considera que ten a posibilidade de empregar recursos tecnolóxicos para a súa labor docente, que teñen conexión estable a internet, empregan a rede para buscar recursos, comunícanse coas familias por medios tecnolóxicos... pero que o uso das TIC principalmente lévase a cabo sen implicar ao alumnado.

En canto ao test CDD, sucedeunos algo similar ao informe SELFIE, xa que novamente non estaba adaptado a¿ nosa etapa educativa, e polo tanto os resultados obtidos do mesmo non poden ser empregados para sacar conclusións fiables en canto á “Competencia Dixital do Profesorado”, que era o que se buscaba, xa que en moitas ocasións o obter un resultado baixo non dependeu tanto da falta de competencia do mestre, como da “intención pedagóxica” no seu traballo, ou a idoneidade do emprego deste tipo de temática en alumnado de educación infantil.

A modo de resumo sinalar que a meirande parte do profesorado tiña unha competencia dixital acorde ás necesidades coas que se atopaba no centro, e que na maior parte dos casos, e como se comentou, o non empregala co alumnado debeuse máis á falta de confianza no seu uso e os seus beneficios, que a unha falta de capacidade/competencia para facelo.

Para levar a cabo a análise DAFO final, empregouse asemade a información recollida durante os últimos anos por medio do equipo TIC de centro, así como a información que o equipo directivo tiña ao respecto, sendo coñecedores para poder desenvolver o seu proxecto de xeito eficiente, tanto da realidade do centro en canto a persoal como a infraestructuras, coma do resto da comunidade educativa e concello.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non é a etapa ideal para o seu traballo. Dificultade para facer un uso adecuado e sacarlle todo o partido posible. Alumnado Non
Debilidade Pouca importancia que lle dan a esta etapa. Falta de formación (tanto en canto a utilización como aos perigos/boas prácticas no seu uso) Familias Non
Debilidade Necesidade de actualización constante da formación para optimizar os recursos, equipamento xusto, vello e sen expectativas de mellora. Non hai dotación específica para TIC. Infraestruturas Si
Debilidade É preciso que o material se revise e organice constantemente. Oferta Si
Debilidade As TIC continúan sen estar totalemente integradas na aula. A propia idiosincrasia do centro, con espazos separados fan que haxa que multipliar recursos e dificulta a comunicación/formación (13 escolas) Organización de centro Si
Debilidade Non prioriza esta temática no seu labor docente, aínda que se amosa receptivo a recibir pequena formacións. O noso PE non prioriza as TIC. Falta de tempo para abarcalo todo. Persoal docente Si
Fortaleza Moi receptivo, todo o acollen con ilusión e todo lles motiva Alumnado Non
Fortaleza Moita confianza no centro, gran implicación. Teñen dispositivos dixitais (principalmente móbil con acceso a internet). A comunicación a reciben vía electrónica, non se emprega o papel con este propósito. Familias Non
Fortaleza Boa conectividade a internet, uso de dispositivos dixitais, asistencia técnica constante. Infraestruturas Si
Fortaleza Variados repositorios no centro e material para poder empregar polo profesorado. Oferta Si
Fortaleza Predisposición a innovar e mellorar. RRSS en funcionamento, ben organizadas e con moi boa acollida. Emprego das TIC co alumnado NEAE. Organización de centro Si
Fortaleza Utilización das TIC para buscar recursos. Utilización das TIC para comunicarnos e para traballo conxunto/colaborativo. Persoal xove, inquedo e con ganas de facelo cada vez mellor. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non se contempla a "figura" dos CRA. Non se contempla en moitas ocasións nin a propia etapa de infantil (no propio SELFIE por exemplo). Os programas ofertados polo tanto non nos teñen en conta, ou están pouco adaptados á nosa realidade. Estes programas non nos dotan de recursos nin dan a posibilidade de adquirir o material, polo tanto hai unha enorme dificultade para adquirir novo material inventariable TIC por medio dos distintos programas ofertados. Administración educativa Si
Ameaza Falta de formación. Cambios constantes na súa composición, e polo tanto imposibilidade de "consolidación" que axude ao seu avance. Necesidade de acompañamento durante o proceso. ANPA Si
Ameaza Falta de tempo para explorar as distintas posibilidades. Elevado prezo do equipamento Contorna Si
Ameaza Non é a etapa propicia para tratalo, non contempla aos CRA nin a etapa infantil en moitas ocasións. Enorme carga burocrática, falta de tempo nos prazos para realizalo e de persoal con disposición exclusiva nesta temática. Lexislación Non
Ameaza Seguimento do noso centro pero falta de colaboración Outras Si
Oportunidade Cantidade de programas ofertados. ESCOLAS NA NUBE, PLAMBE, POLOS CREATIVOS Administración educativa Si
Oportunidade Implicada e aberta a suxestións. ANPA Si
Oportunidade Mellorar e optimizar a nosa posición e visibilidade por medio do uso das RRSS. Contorna Non
Oportunidade Aposta cada vez maior polas TIC e nos últimos anos tratadas como unha prioridade. Lexislación Si
Oportunidade Compartir bidireccionalmente traballo conxunto/colaborativo. Cesión de material por parte doutras entidades. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o DAFO podemos observar como o centro conta a nivel xeral co material necesario para levar a cabo as actividades diarias, tanto no que a material inventariable como conectividade se refire, así como que o profesorado ten a competencia dixital necesaria para desenvolver o seu traballo na aula adaptándose á realidade coa que se atopa.

Por outra banda, hai unha clara desvinculación do traballo TIC co alumnado na práctica habitual no centro, así como unha falta de actividades relacionadas con esta temática pola pouca importancia que se lle da, posiblemente pola falta de información e coñecemento das posibilidades que poida aportar.

En canto ao material, aínda que suficiente, en moitos casos está obsoleto, desoraganizado, ou é preciso facer unha posta a punto cada vez que se emprega, polo que en moitas ocasións non se pon en uso.

Por último, sinalar que aínda que queda claro que dende a Consellería non se aposta pola figura dos CRA neste aspecto, (tanto a nivel de plans, programas, lexislación...), e que existe unha cantidade inxente de traballo e posibilidades que deixan mermada a posiblidade do avance no ámbito tecnolóxico, pero por sorte no noso centro existe unha clara predisposición ao cambio e a innovación, e un interese xeral por aportar experiencias o máis ricas posibles ao noso alumnado, explorando novas formas de traballo e coñecemento.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Planificar e realizar sesións de formación TIC no centro relacionadas cos paneis interactivos
O02PD Actualizar e ampliar a competencia dixital do profesorado do centro.
O03PD Analizar, revisar e organizar os materiais físicos para desenvolver a competencia dixital e ofertar o seu emprego nas escolas pertencentes ao CRA.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas e mellora.

 

1º Trimestre

A actividade do equipo TIC do CRA Mestre Manuel Garcés durante este primeiro trimestre do curso 23-24 foi moi intensa, xa que levamos a cabo a maior parte das accións programadas para todo o curso. Así, realizamos as 3 formacións impartidas polo equipo para o resto do claustro que versaron sobre as funcións e aplicacións dos paneis dixitais recén instalados no centro. Con isto, contribuímos tamén á mellora da CDD do profesorado.

Por outra banda, dende o equipo TIC engadimos as tablets en préstamo ao material xa ofertado a todas as escolas unitarias. A resposta das escolas foi excelente, xa que solicitaron o préstamo de diferentes dispositivos 3 das 4 escolas marcadas como obxectivo para o curso.

En vista dos bos resultados, seguiremos traballando nesta liña durante os vindeiros trimestres.

2º Trimestre

No segundo trimestre do presente curso o aumento do préstamo dos dispositivos dixitais aumentou considerablemente (impresoras dixitais, makey-makey, tablets...), polo que o obxectivo establecido que estaba pendente de consecución para este curso quedaría acadado. Por outra banda, o equipo TIC segue a levar a cabo as tarefas de supervisión e soporte dos materiais das diferentes aulas do CRA, así como o asesoramento no uso das dos diferentes dispositivos ou aplicacións que se empregan no día a día.

Continuaremos nesta liña nos próximos meses.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Levarase a cabo a avaliación tendo en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

  • Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
  • A avaliación da Competencia Dixital Docente.
  • A avaliación da Competencia Dixital do alumnado.
  • As xornadas de reflexión grupais marcadas dentro do propio plan, onde se levarán a cabo tanto sesio¿ns ao longo do proceso que nos axuden a encamiñar o traballo, como a última avaliación final ao final de curso.
  • A ferramenta de avaliación a través de enquisa a docentes e familias que axudará a recoller información para a avaliación final.

O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos con carácter procesual e final.

 

 

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para dar visibilidade ao plan este será presentado nunha sesión informativa tanto perante o Claustro de mestres coma no Consello Escolar onde están representadas todas as partes da Comunidade Educativa.

O Plan Dixital do CRA Mestre Garcés de Tomiño está visible libremente na aplicación EduCalidade, picando no menú da esquerda "Plans de centros" e agregando o nome escola ou ben o código do centro 36024045 ou ben picando no seguinte Enlace ao Plan Dixital