Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

Este documento está baseado na seguinte regulación:

·         Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

·         Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

·         Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

·         Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O desenvolvemento económico do concello de Silleda está ligado ao sector agrogandeiro, tanto no que respecta ao desempeño directo da actividade -permanecían en activo máis de 400 explotacións agrarias no ano 2020-, como á rede de servizos que se foi vertebrando arredor do sector. Non obstante, cómpre sinalar que nos últimos anos estamos asistindo a un proceso de diversificación que está a estender o impulso da actividade económica a novos ámbitos, entre os que destacan os relacionados co aproveitamento do potencial turístico da comarca. Estes novo campos de emprendemento piden, tamén, unha evolución tecnolóxica e dixital, é por eso que o centro necesita unha modernización nestes campos.

A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes galegos, establece que os plans dixitais deberán ter en conta estes tres grandes principios:

a)   A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.

b)   O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.

c)   A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Así pois, o Plan Dixital está chamado a ser un instrumento que debe favorecer e promover a uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto procesos de xestión do centro, sempre co fin último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por iso, debe ser un documento que estea integrado no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual.

Por outra parte, o Plan Dixital é un elemento que vai axudar a consolidar a traxectoria do centro no ámbito das “novas tecnoloxías”, unha liña pola que o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro leva apostando desde hai moitos anos. Neste sentido, somos un centro que se esforzou para ter unha dotación tecnolóxica que permitise traballar o mellor posible a competencia dixital e tecnolóxica, tanto co alumnado do réxime ordinario como coas persoas adultas (ofrecemos desde hai bastantes anos cursos de alfabetización dixital para persoas adultas).

Por último, o Plan Dixital deberá ser un elemento que se integre na vida do centro e que, en consecuencia, estableza un diálogo fluído con todos os plans e proxectos nos que o centro está implicado, tanto aqueles que parten da administración educativa (contratos-programa, PLAMBE, plan proxecta, clubs de lectura, CUALE, etc), como os que proceden de ámbitos tan diversos como as entidades municipais, a Deputación Provincial ou a Unión Europea (Erasmus).

O Plan Dixital é unha ferramenta que nos permite realizar unha análise exhaustiva de todos os aspectos relacionados coas tecnoloxías e a dixitalización e, por conseguinte, deseñar e despregar un plan de acción que propoña actuacións concretas de mellora. Así pois, o Plan Dixital é unha achega importante á dinámica do centro que formará parte da PXA dos cursos vindeiros, completando o apartado que ata agora lle dedicabamos ao Plan de integración das TIC.  

Proceso de elaboración.

Para a realización do Plan Dixital do centro, contouse cun grupo de traballo (20 h) formado por 9 persoas dentro dun plan de formación:

·         P2105074 - PFPP P2131053 Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital.

Ao longo deste tempo, o grupo de traballo, tivo a axuda do equipo ADIX de zona e 4 horas de formación para elaborar os apartados máis importantes deste documento.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise DAFO empregáronse varias ferramentas postas a disposición do centro. A primeira que se usou foi a enquisa SELFIE para secundaria, bacharelato e FP. Tanto equipo directivo como profesorado e alumnado, contestaron as preguntas de xeito anónimo obtendo resultados globais sobre as seguintes áreas:

A -Liderado

B- Colaboración e redes

C- Infraestruturas e equipos

D- Desenvolvemento profesional continuo

E- Pedagoxía: apoio e recursos

F- Pedagoxía: implementación na aula

G- Prácticas de avaliación

H- Competencias dixitais do alumnado

A segunda ferramenta que se usou foi o Test CDD. Este test dou diversa información sobre aspectos como a participación do profesorado segundo o seu perfil (definitivo, provisional, interino, substituto, outros), o nivel de competencia do centro con respecto ao nivel de competencia media da comunidade autónoma, o nivel de competencia do profesorado por ensinanzas con respecto ao nivel de competencia media obtida na comunidade autónoma ou a competencia do profesorado e a porcentaxe de cada un deses niveis (A1, A2, B1, B2, C1).

Interno
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A competencia dixital do alumnado pode optimizarse Alumnado Si
Debilidade Na organización dos distintos procesos, o centro podería empregar máis eficazmente os recursos tecnolóxicos dos que dispón. Organización de centro Si
Debilidade A adopción e uso da tecnoloxía, así como a seguridade no manexo da mesma por parte do persoal docente, son mellorables Persoal docente Si
Fortaleza O centro dispón dunha infraestructura dixital moderna e de equipamentos actualizados (tamén para ceder a alumnado en situación de vulnerabilidade) Infraestruturas Si
Fortaleza Para organizar de xeito óptimo os distintos procesos académicos e de xestión, o centro dispón de infraestructura e dispositivos dixitais adecuados. Organización de centro Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os programas oficiais non sempre axudan a mellorar a competencia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade As novas modalidades de ensino e o asesoramento da administración son ferramentas para a mellora no eido dixital. Administración educativa Non
Oportunidade As novas modalidades de ensino deben favorecer o desenvolvemento económico e social da contorna Contorna Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No tratamento estatístico, debido á elevada puntuación obtida en moitas das preguntas dos instrumentos de recollida de información previa, consideramos poñer como valor límite inferior a media de tódalas puntuacións obtidas (3,0). Deste xeito tódalas puntuacións inferiores consideraranse debilidades ou ameazas e tódalas puntuacións superiores consideraranse fortalezas ou oportunidades. Compre lembrar que as fortalezas ou debilidades están incluídas dentro dos factores internos e que as oportunidades ou ameazas están dentro dos factores externos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Contar cun equipo de traballo que preste asistencia técnica básica ao alumnado e ao persoal no centro (C5*)
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado (D1*, D2*, ATIC1*, UTIC1*)
O03PD Impartir formación ao alumnado sobre o manexo responsable de internet (ATIC1*, UTIC1*, SMT1*)
O04PD Mellorar a difusión e promoción de actividades, oportunidades e recursos por parte do equipo directivo (C10*)
O05PD Actualización do inventario de centro desde 2015 (ATIC1*, UTIC1*)

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual: realizarase con periodicidade trimestral. Cada unha das actuacións propostas neste plan conta con indicadores específicos que axudarán a determinar se se conseguiu o obxectivo proposto e se é necesario realizar algunha modificación.

Avaliación final: realizarase ao remate do curso académico. Elaborarase un informe de avaliación final no que constarán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Este documento será analizado nas sesións de final do claustro de profesorado e do consello escolar, respectivamente.

1º Trimestre

Realizouse o seguemento trimestral dacordo co planificado: comprobouse cada obxectivo, a execución das accións e os indicadores propostos.

- O O01PD está acadado (falta a folla de firmas que acredite a participación dos membros do equipo de mantemento)

- O O02PD está en proceso e prazo.

- O O03PD está en proceso e prazo (en esencia xa acadado).

- O O04PD está acadado.

- O O05PD está pendente e a expensas da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Todas as propostas de mellora que se recollan no informe de avaliación final serán incorporadas ao plan dixital na súa revisión anual. O prazo límite para realizar esta tarefa será o 31 de xullo.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Será necesario difundir o plan dixital e as súas actualizacións anuais a toda a comunidade educativa. Para poder facer iso, unha vez aprobado o plan e as sucesivas actualizacións, este será difundido por diversos medios. Primeiramente poñerase en coñecemento do claustro e enviarase por correo electrónico; así mesmo, colocarase o documento (en aberto, mediante a plataforma educalidade) inserto na web do centro, no lugar creado a tal efecto (Plan Dixital)