Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O IES Nº 1 da Estrada está situado na zona escolar do Concello da Estrada, ao lado dos outros dous institutos da vila, o Antón Losada Diéguez e o Manuel García Barros. É un centro de secundaria que ten adscritos os CEIP do Foxo, Codeseda, Oca e Vea; acolle, por tanto, alumnado procedente das aldeas e parroquias do medio rural, así como, excepcionalmente, alumnado da propia vila da Estrada. Por este motivo o centro conta cun servizo de transporte para a maior parte dos alumnos e alumnas.
O Plan Dixital supón a culminación do proceso de incorporar ao noso IES as novas tecnoloxías, que contribúen á mellora das competencias neste campo nos tempos en que as TIC forman un eixo fundamental no proceso de ensino-aprendizaxe.
Para comezar o proceso de incorporación das novas tecnoloxías, foise dotando o Centro da infraestrutura necesaria, como equipos informáticos e conectividade.
Con posterioridade, dotamos dúas aulas exclusivas con material informático, ademais da aula-taller de Tecnoloxía, na que se habilitou un espazo de computadores.
O curso 13-14 marcou unha nova liña de traballo no IES, coa nosa incorporación ao programa Abalar, que dotou ao alumnado de 1º e 2º da ESO co material informático achegado por ese programa. Así mesmo, o IES incorporou, para a comunicación coas familias, a aplicación Abalar-Móbil.
Xa a partir do curso 17-18, o IES engadiu material proveniente do proxecto KITS Dixitais (portátiles, canóns e encerados dixitais).
E no curso 20-21 foi aprobada en claustro a solicitude de participación no programa E-Dixgal, que dotaría de portátiles ao alumnado de 1º de ESO no curso 21-22, e que iría incorporando ao resto do alumnado nos cursos seguintes.
Con respecto aos distintos postos de traballo e Administración, no Centro contamos con equipamento informático e conectividade, que se van renovando en función das necesidades e da dispoñibilidade orzamentaria do centro.
A Biblioteca constitúe un espazo esencial na incardinación coas novas tecnoloxías. Grazas á súa incorporación á rede PLAMBE, foi dotada de medios informáticos modernos (tanto de xestión como de servizo ao alumnado) o que permitiu a xestión informatizada de todos os recursos dispoñibles. Cómpre sinalar, ademais, que somos un centro pioneiro na utilización do sistema Koha, que veu substituír o anterior sistema Meiga.
Tamén os Departamentos están dotados de infraestrutura necesaria para a conectividade, se ben os equipos que conteñen quedaron totalmente obsoletos, por falta de orzamento; en cambio, na sala de profesores foise investindo minimamente para cubrir as necesidades básicas do profesorado neste aspecto.
Canto a dispositivos ultraportátiles para aula móbil (con posibilidade de desprazamento a diferentes espazos), o Centro carece deste tipo de recurso.
Na actualidade, estamos á espera da implantación da fibra óptica no IES por parte de AMTEGA.
Este Plan Dixital constitúe un piar esencial na liña marcada no PEC un plan de integración das tecnoloxías da información e da comunicación que implique un cambio metodolóxico e unha adaptación á realidade para o mellor aproveitamento das posibilidades que as tecnoloxías da información e a comunicación ofertan.

  • Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital de Centro elabórase ao abeiro da seguinte normativa:Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para analizar a competencia dixital do centro empregáronse como ferramentas de avaliación e diagnose o Informe SELFIE e o Test CDD.

As táboas correspondentes cos resultados obtidos e a información recollida poden consultarse no Plan Dixital que está cargado na aplicación como un anexo.

 

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A1. O centro carece de estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade C5. Non existe unha asistencia técnica suficiente. Organización de centro Non
Debilidade A2. O equipo directivo non involucra ao profesorado no deseño da estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade G8. Non se facilita ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade C11. Non hai suficientes medidas para detectar e corrixir a fenda dixital. Organización de centro Non
Debilidade C14. Carecemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16. Non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade F5. A aprendizaxe colaborativa con ferramentas dixitais non está suficientemente traballada. Persoal docente Si
Debilidade G6. Non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Debilidade B1. Non existe certificación en competencias dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B3. A colaboración con outras entidades ten carácter puntual (radio municipal, biblioteca municipal) Persoal docente Non
Debilidade G1. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade A4. Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Non
Debilidade B2. Non existe reflexión sobre TIC¿s. Persoal docente Non
Debilidade D1. A formación en centro decídese a partir da consulta e acordo co profesorado. Persoal docente Non
Debilidade F1. A atención á diversidade con ferramentas dixitais merece máis atención. Persoal docente Non
Debilidade F3. O fomento da creatividade con ferramentas dixitais non é suficiente. Persoal docente Non
Debilidade F6. Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza C8. O centro dispón de dispositivos para uso do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza H3. É unha clara intención de centro, que se vai cumprindo. Alumnado Non
Fortaleza H7. Trabállase a valoración e recoñecemento da autoría de producións atopadas en internet. Alumnado Non
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C1. Infraestrutura. A infraestrutura facilita o traballo con apoio dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino. Todas as aulas contan con equipamento suficiente. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Acceso a internet. Contamos con boa conectividade. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. O centro dispón de dispositivos para uso do alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza A3 . O Equipo directivo facilita o ensino dixital. Oferta Non
Fortaleza D2. A DPC en centro desenvólvese a través de PFPP Persoal docente Non
Fortaleza E1. O profesorado está en constante actualización de contidos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A3. O Equipo directivo facilita o ensino dixital. Persoal docente Non
Fortaleza E4. AbalarMóbil, mensaxería da Aula Virtual e de E-Dixgal e a web do centro corporativa son as canles habituais de comunicación e contan con moito seguimento. Persoal docente Non
Fortaleza E5. Empréganse recursos educativos abertos. Persoal docente Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14. Faise necesario acondicionar máis espazos físicos que as aulas do proxecto E-Dixgal, atendendo á flexibilización de espazos e mobiliario. Administración educativa Non
Ameaza C16. A falta de repositorios ben organizados non é coherente co uso de contidos dixitais por parte do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza C5. Non hai asistencia técnica suficiente. Administración educativa Non
Ameaza C11. Non hai suficientes medidas para detectar e corrixir a fenda dixital. Contorna Non
Ameaza C7. No centro hai un sistema de protección de datos, que é necesario difundir entre o profesorado. Lexislación Si
Ameaza B3. A colaboración con outras entidades ten carácter puntual (radio municipal, biblioteca municipal). Outras Non
Oportunidade C1. Infraestrutura. A infraestrutura facilita o traballo con apoio dixital. Administración educativa Non
Oportunidade C2. Dispositivos dixitais para o ensino. Todas as aulas contan con equipamento suficiente. Administración educativa Non
Oportunidade C3. Acceso a internet. Contamos con boa conectividade. Administración educativa Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO xerado permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Cómpre ter en conta que na elaboración dos obxectivos partiuse da premisa de que foran realistas e alcanzables, así como relevantes e importantes dentro do contexto do noso centro educativo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Elaborar a estratexia dixital de centro
O2PD Formarse sobre a lexislación referida a protección de datos e difundila.
O3PD Crear repositorio de recursos
O4PD Incorporar ás NOFC do centro as normas relativas ao uso de tecnoloxías dixitais, especialmente as relacionados cos equipos do proxecto Edixgal.
O5PD Iniciar a nova acción educativa de "Polos ceativos".

Seguimento

Procedemento

O coordinador do Plan Dixital levará o seguimento da consecución dos obxectivos e accións propostos no plan, xunto cos responsables especificados para cada acción e de acordo coas datas previstas para a finalización das accións correspondentes.

1º Trimestre

Neste trimestre foron acadados ou realizadas os seguintes obxectivos e accións:

  • O obxectivo 01PD - Elaborar a estratexia dixital de centro foi acadado e completado na súa totalidade.
  • Do obxectivo 03PD - Crear repositorio de recursos foron acadadas as accións:
    • 3.1. Creación dun seminario ou grupo de traballo
    • 3.2. Solicitude a CFR de relator sobre repositorios
  • Do obxectivo 05PD - Iniciar a nova acción educativa de "Polos ceativos" foron acadadaa as accións:
    • 5.1. Creación dun grupo de traballo ou seminario
    • 5.2. Elaboración dunha actividade de formación dentro do PFPP do centro
2º Trimestre

Neste trimestre foron acadados ou realizadas os seguintes obxectivos e accións:

  • Do obxectivo 03PD - Crear repositorio de recursos foron acadadas as accións:
    • 3.3. Realización dun breve curso con docencia externa
  • Do obxectivo 05PD - Iniciar a nova acción educativa de "Polos ceativos" foron acadadaa as accións:
    • 5.3 Solicitude dun relator para docencia externa sobre as posibilidades educativas dos "Polos Creativos"

Están xa moi avanzadas as seguintes accións:

  • Do obxectivo 03PD - Crear repositorio de recursos:
    • 3.4. Realización dun seminario sobre curación de contidos e repositorios
  • Do obxectivo 05PD - Iniciar a nova acción educativa de "Polos ceativos":
    • 5.4. Realización dun itinerario de formación sobre as posibilidades educativas da acción "Polos Creativos"
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
- No contexto da avaliación procesual, o plan será avaliado unha vez ao trimestre Os aspectos a valorar serán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final,  o plan será avaliado unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do noso centro está dispoñible para toda a nosa comunidade educativa a través dunha icona permanente nun dos bloques da páxina web do centro, a través da seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/system/files/Plan%20Dixital%20do%20IES%20N1.pdf