Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.      Introdución  

1.1.  Datos básicos do centro

Nome do centro:CIFP Carlos Oroza, Avda. de Montececo, 16, 36161 Pontevedra, co correo electrónico cifp.carlos.oroza@edu.xunta.gal, e a páxina web: https://www.cifpcarlosoroza.gal

Etapa educativa: Secundaria Pos-obligatoria, Ciclos formativos de grado superior e medios de Hostelería e Turismo e de Industrias alimentarias, Formación dual, Acreditación de competencias, n.º de alumnado: 360,n.º de profesorado: 48, e 12 personal de Administración e Servizos.

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro (as podemos extraer do Proxecto Educativo).

O centro está situado na cidade de Pontevedra, dentro do recinto da Cidade Infantil Príncipe Felipe, e preto do Complexo Hospitalario de Montecelo. Foi creado no ano 1.996 mediante un convenio de cooperación educativa asinado entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra. A finalidade deste convenio foi dotar á provincia de Pontevedra dun centro educativo que dinamizase as ensinanzas da Familia Profesional de Hostalaría e Turismo nun sistema integrado de formación, mediante o establecemento dunha oferta educativa de ciclos formativos e accións formativas para o emprego, programas de acreditación de competencias profesionais, e a creación dun espazo de cooperación entre o centro educativo e as empresas do sector, sendo a Hostalería e o Turismo un dos principias sectores da economía de Pontevedra, posicionándose as Rías Baixas como un dos destinos turísticos referentes de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O presente DAFO realizouse tendo en conta as seguintes fontes de información:

  • Desenvolvemento do Plan Dixital no curso 2022-2023: melloras propostas, enquisas realizadas ao persoal docente
  • Propostas de mellora expostas pola coordinación TIC referidas ao curso 2022-2023
  • Información recollida a través das diferentes áreas, coordinacións, dinamizacións, departamentos e docentes
  • Datos da enquisa inicial SELFIE
  • DAFO recollido no PD 2022-2023
Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Descoñecemento da utilidade de algunhas das aplicacións dixitais corporativas Alumnado Si
Debilidade Falta conciencia sobre as implicacións dun mal uso dos dispositivos dixitais persoais Alumnado Si
Debilidade Descoñecemento do proceso de desenvolvemento dixital do centro, en equipamento e metodoloxías Familias Si
Debilidade Infraestrutura dixtial obsoleta nalgunhas aulas taller, aulas e espazos de uso común Infraestruturas Si
Debilidade Incidencias na conexión wifi en espazos de uso común e aulas Infraestruturas Si
Debilidade Incompleta dixitalización dos procesos en todas as áreas, departamentos e coordinacións do centro Organización de centro Si
Debilidade Insuficientes espazos e momentos de cooperación e intercambio de experiencias sobre o manexo de tecnoloxías dixitais na docencia Persoal docente Si
Debilidade Dificultade, en tempo, para estar ao día na utilidade das numerosas plataformas dixitais corporativas Persoal docente Si
Debilidade Falta de transmisión das necesidades de uso de equipamento dixital Persoal non docente Si
Fortaleza Motivación positiva ante o uso de contornas virtuais de aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza Adaptación positiva ás plataformas dixitais para a comunicación centro-familias Familias Si
Fortaleza Incremento na dotación de equipamento dixital nas aulas-taller e aulas polivalentes para este curso Infraestruturas Si
Fortaleza Disposición e modernización de espazos dixitais por mor da amplicación nas edificacións do centro Infraestruturas Si
Fortaleza Entornos virtuais de xestión consolidados en case todas as áreas, departamentos e coordinacións Organización de centro Si
Fortaleza Incorporación progresiva de recursos e ferramentas dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación positiva aos cambios dixitais implementados en cada curso Persoal docente Si
Fortaleza Disposición para a mellora da comunicación na detección de necesidades formativas dixitais Persoal non docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Competencias dixitais insuficientes entre o alumnado que chega ao centro Administración educativa Si
Ameaza Falta de sensibilización na sociedade sobre a necesidade de facer bo uso dos medios dixitais Contorna Si
Ameaza Falta de concreción lexislativa en relación ao uso de dispositivos dixitais persoais dentro do centro educativo Lexislación Si
Ameaza Parte do alumnado sen medios tecnolóxicos adecuados para a realización de tarefas educativas Outras Si
Oportunidade Plan de competencias impulsado polo goberno, en colaboración co sector tecnolóxico, para a formación profesional Administración educativa Si
Oportunidade Incorporación da participación das empresas na estratexia dixital do centro educativo Contorna Si
Oportunidade Implantación do módulo transversal de Dixitalización na nova Lei de FP Lexislación Si
Oportunidade Fomento, a través do equipo docente e non docente, do Intercambio de experiencias tecnolóxicas e a súa aplicación entre iguais e con outras entidades. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Dada esta situación exposta no DAFO, debemos estar en disposición de aplicar MELLORAS en:

.- modernizar ás infraestruturas (conexión wifi, espazos físicos) parar garantir a calidade no uso dos equipamentos dixitais

.- potenciar o uso das plataformas dixitais corporativas entre toda a comunidade educativa

.- xerar a cooperación e intercambio de experiencias no ámbito dixital 

.- fomentar un maior e mellor emprego da dixitalización nos procesos de ensino-aprendizaxe

.- xerar espazos e oportunidades de formación no eido dixital

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Xerar accións formativas enfocadas na mellora da competencia dixital da comunidade educativa
O02PD Incrementar a dotación de equipamento dixital para o centro, necesaria para xerar unha contorna dixitalmente competente
O03PD Fomentar o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

O seguemento trimestral realizouse segundo o planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital, fíxose estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos. 

Os obxectivos do PD correspondentes ao 1º trimestre desenvólvense segundo o programado: 

  • o obxectivo O01PD está en proceso e prazo
  • o obxectivo O02PD está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
  • o obxectivo O3PD está en proceso
2º Trimestre

O seguemento trimestral realizouse segundo o planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital, fíxose estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos. 

Os obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre desenvólvense segundo o programado: 

  • o obxectivo
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

1.      Comunicación e difusión do plan

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa do CIFP Carlos Oroza realizarase utilizando o enlace (URL) xerado unha vez o plan sexa validado pola dirección do centro, e que se compartirá a través de:  

  • Páxina web do centro
  • Aula virtual do centro
  • Correo electrónico
  • Correos das áreas e dinamizacións do centro.