Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital

A elaboración do presente Plan Dixital de centro queda plenamente xustificada segundo a lexislación vixente:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galiza para o curso 2021-2022

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O I.E.S. Antón Alonso Ríos está situado no municipio de Tomiño, comarca do Baixo Miño, ó sur da provincia de Pontevedra, fronteirizo con Portugal e aproximadamente a uns 45 quilómetros de Vigo. 

O centro creouse en 1994 para ofertar o ensino secundario aos mozos e mozas dos cinco colexios do concello que actualmente temos adscritos (CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, CEIP de Barrantes, CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, CEIP de Sobrada e CEIP Plurilingüe Tebra) e que antes tiñan que desprazarse aos concellos veciños. Tamén cabe salientar que nos cursos superiores hai un incremento de alumnos e alumnas procedentes doutras zonas da comarca (Tui, O Rosal, A Guarda).

Actualmente, no IES Antón Alonso Ríos impártense as seguintes ensinanzas:

  • Secundaria Obrigatoria (1º, 2º, 3º e 4º).
  • Bacharelato (1º e 2º): Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.
  • Formación Profesional Básica: Agroxardiñería e Composicións Florais; Electricidade e Electrónica.
  • Ciclos formativos de grado medio: Instalacións de telecomunicacións; Aproveitamento e conservación do medio natural.

A zona é rural e a meirande parte da súa poboación dedicase os labores agrícolas, aínda que nos últimos anos houbo incremento do sector servizos. 

Respecto ao profesorado, polo xeral, o claustro consta de 65 profesores e profesoras. A maioría do profesorado ten destino definitivo, inda que nos últimos anos soe haber unha renovación importante do claustro, debido á alta mobilidade no Concurso Xeral de Traslados.

A esencia do Proxecto Educativo do noso centro é a procura da renovación pedagóxica constante e a innovación docente, o traballo colaborativo e a participación nos diferentes proxectos da Consellería de Educación. É a partir desta base onde o Plan Dixital pode ser unha ferramenta fundamental para potenciar esta innovación e colaboración, mellorando as ferramentas e infraestruturas que permitan esta renovación dun xeito áxil e coordinado. Ademais, o centro caracterízase por terse involucrado en moitos plans no eido dixital, como son o Programa Abalar, o Programa E-Dixgal en todos os cursos da ESO, Polo Creativo e recentemente o Club de Ciencia.

Proceso de elaboración e seguimento

Para a elaboración e seguimento do presente Plan Dixital, contamos cun grupo de traballo específico que traballa indistintamente en reunións de grupo, online e sesións individuais para a redacción do mesmo. Equipo responsable de Dinamización do Plan Dixital: Héctor Lago Almeida (Director do IES), Rocío Veiga Villar (Coordinadora Plan Dixital e Polos Creativos), Ledicia Seoane , Santiago Sesar Buján, Óscar Saborido Fins.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información que tiña como fin completar o contexto DAFO mantivéronse os seguintes instrumentos: Informe SELFIE e Test de compentencia docente (TCDD) do curso 21_22, e analizáronse as propostas para o curso 22_23 contidas no PD 21_22 así como a valoración xeral alí recollida.

En anexos hai información sobre os instrumentos (Fontes empregadas para a análise DAFO). A incorporación do Polo creativo, o coñecemento da evolución do noso alumando e da contorna así como os constantes cambios tecnolóxicos e sociais ós que estamos expostos tamén se tiveron en conta a elaboración do contexto DAFO.

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H4. Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade H1. Comportamento seguro Alumnado Non
Debilidade H6. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Si
Debilidade C3. Acceso a internet Infraestruturas Non
Debilidade C5. Asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade C7. Protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade C1. Infraestrutura.ESO Infraestruturas Non
Debilidade A1. Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade A2. Desenvolvemento da estratexia cos profesores.ESO Organización de centro Non
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinarios Persoal docente Si
Debilidade F5. Colaboración do alumnado.Bach Persoal docente Non
Debilidade G5. Autorreflexión sobre a aprendizaxe.Bach Persoal docente Non
Debilidade B1. Avaliación do progreso Persoal docente Non
Debilidade D1. Necesidades de DPC Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade E3. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe.Bach Persoal docente Si
Debilidade G6. Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu Traballo.Bach Persoal docente Non
Debilidade E3. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe.CF Persoal docente Si
Debilidade F5. Colaboración do alumnado.CF Persoal docente Non
Debilidade G6. Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo.CF Persoal docente Non
Debilidade G5. Autorreflexión sobre aprendizaxe.CF Persoal docente Non
Debilidade F4. Inclusión do alumnado.ESO Persoal docente Si
Debilidade D3. Intercambio de experiencias.ESO Persoal docente Si
Fortaleza H3. Comportamento responsable Alumnado Si
Fortaleza H7. Creación de contidos dixitais Alumnado Si
Fortaleza H8. Aprender a comunicarse Alumnado Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para a ensinanza Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Infraestrutura.Bach Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Infraestrutura.CF Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensinanza Oferta Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado.Bach Organización de centro Non
Fortaleza B1. Avaliación do proceso.ESO Organización de centro Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado.CF Organización de centro Non
Fortaleza F1. Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza B3. Colaboracións Persoal docente Non
Fortaleza D2. Participación no DPC.Bach Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias.Bach Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
Fortaleza F3. Fomento da creatividade.Bach Persoal docente Non
Fortaleza G1. Avaliación das capacidades.Bach Persoal docente Non
Fortaleza B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía.Bach Persoal docente Non
Fortaleza F4. Implicación do alumnado.Bach Persoal docente Non
Fortaleza G3. Retroalimentación axeitada.Bach Persoal docente Non
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensinanza Persoal docente Non
Fortaleza F4. Implicación do alumnado.CF Persoal docente Non
Fortaleza G1. Avaliación de capacidades.CF Persoal docente Non
Fortaleza G3. Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Fortaleza D2. Participación no DPC.CF Persoal docente Non
Fortaleza F3. Fomento da creatividade.CF Persoal docente Non
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de concreción das restriccións ao uso das IA. Administración educativa Non
Ameaza Falta de recursos humanos para adicarse ao deseño do Plan dixital e a súa execución Administración educativa Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. ANPA Non
Ameaza Contexto rural que non conta con conexión a Internet de alto rendemento. Contorna Non
Ameaza Falta de lexislación no manexo das Intelixencias Artificiais. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración IES-Anpa para desenvolver proxectos formativos fora do horario lectivo. ANPA Si
Oportunidade Prestixio ao IES co fomento das TIC, obradoiros STEAM e IA. Contorna Si
Oportunidade A Estratexia de Galicia Dixital 2030 ofrece a oportunidade de promover e desenvolver as nosas capacidades dixitais. Lexislación Si
Oportunidade Posibilidade de introducir IA na metodoloxía educativa liderando o cambio dixital. Lexislación Si
Oportunidade Desenvolver accións participativas de pais e nais en actividades de formación e creación en colaboración co Concello. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No DAFO distínguense items asociados á ESO, Bacharelato ou Ciclos Formativos. No caso de non indicar ningunha especificación da etapa quere dicir que se trata dun ítem que afecta ao conxunto das etapas educativas do centro.

Polo que respeta ás fortalezas que presenta o centro podémolas agrupar de maneira xeral en dous ámbitos. Por unha banda, no que se refire ás infraestruturas e recursos que posee o centro para o desenvolvemento de iniciativas nas que os recursos dixitais xoguen un papel importante, tanto por parte do alumnado como por parte do profesorado. Por outra banda, a outra dimensión refírese ao desenvolvemento de iniciativas e novas formas de ensinanza que empregan as ferrramentas dixitais como vía para acadar aprendizaxes por parte do alumnado, así como tamén nos procesos de avaliación.

En canto ás debilidades, algunhas vincúlanse con cuestións técnicas e de infraestrutura como o acceso a internet, que nalgúns casos vese comprometido pola propia ubicación do IES. A maiores, cabe ter en conta que, pese as numerosas iniciativas educativas que empregan as ferramentas dixitais, o alumnado tería que xogar un papel máis central, sendo el ás veces o protagonista na creación de recursos dixitais para a aprendizaxe e non un mero receptor, potenciando así as metodoloxías activas para a aprendizaxe. Así mesmo, e dende un punto de vista organizativo, cabe establecer e aplicar liñas de actuación claras no eido dixital que afecten ao conxunto da comunidade educativa cuns obxectivos e indicadores de logro que sexan coñecidos e desenvolvidos pola comunidade.

En resumo, as melloras a acadar céntranse en 3 ámbitos: Infraestructuras, formación do profesorado e formación do alumnado.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o comportamento seguro en redes sociais e internet
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na aula
O03PD Optimizar o Polo Creativo.
O04PD Optimizar Aula Virtual: Doc Acollida a profesorado e familias/ Repositorio recursos/ Proxectos de centro.

Seguimento

Procedemento

O seguimento das actuacións establecidas no plan farase trimestralmente en reunión do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Asemade a coordinadora do PDC reunirase tamén  co responsable ADIX  e o Equipo Directivo alomenos unha vez por trimestre e rexistrará os avances na aplicación Educalidade.

1º Trimestre

Reunión co coordinador ADIX. 10/10/23. Sesión inicial de toma de contacto. Revísase a documentación na aplicaicón Educalidade. Solicítase a incorporación dun estado "borrador" para o actual plan dixital que se está revisando. Netes momento os plans están en aberto e visibles para todo o mundo, sen figurar que é un documento suxeito a revisión.

 

2º Trimestre

Reunión co coordinador ADIX. 16/01/24. Revisamos accións feitas ata agora e grado de cumplimento do Plan así como o rexistro dese seguimento na aplicación Educalidade. Infórmase da publicidade entre a Anpa para abrir o uso de Polos creativos ás familias.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual do presente PD levarase a cabo trimestralmente, por parte do equipo do Plan Dixital, en colaboración cos coordinadores Abalar e E-Dixgal e a dirección do centro, tendo en conta o plan de seguimento marcado no punto 3.1 do presente documento, no que se valorarán as accións desempregadas, a valoración dos resultados obtidos e as propostas de mellora de cara a vindeiros cursos. 

A avaliación final sumativa farase  no final do curso académico 2023-24, para a que se terán en conta os indicadores de obxectivo e os valores previstos para cada un deles, sinalados no punto 3.1 do presente documento. Esta avaliación será realizada por parte do equipo do Plan Dixital, e colaboración coa dirección do centro, e será presentada tanto no claustro final de curso coma no consello final de curso.

OBXECTIVOS -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------  INDICADORES

O01PD Mellorar o comportamento seguro en redes sociais e internet. -  ----------------------------------------------------------------- Porcentaxe do alumnado que coñece os perigos de internet e  mellora o seu uso responsable a través da realización de  tarefas que buscan transmitir os valores dun     uso seguro.

O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na aula.------------------------------------------------------------- Nº de recursos dixitais creados polo profesorado participante no PFPP.

O03PD Optimizar o Polo Creativo. --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Nº obradoiros feitos en Polos Creativos.

O04PD Optimizar Aula Virtual: Doc Acollida a profesorado e familias/ Repositorio recursos/ Proxectos de centro. ----------- Nº de novos cursos na AV.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez elaborado o PDC pasará polos órganos colexiados do centro para a súa validación. Este documento presentarase a todo o Claustro e será aprobado polo Consello Escolar

  • O plan dixital será público na seguinte ligazón que proporciona a aplicación EduCalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019751.

  • Na páxina web do centro e na Aula Virtual faremos accesible esta ligazón.

  • Informarase ás familias a través da aplicación Abalar Móbil.