Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS

Nome:   36019529 - IES Ribbeira do Louro

Dirección:   Rúa Ribeira s/n, 36410 Torneiros, O Poriiño, Pontevedra

Teléfono:   986333956

Correo electrónico:   ies.ribeira.louro@edu.xunta.gal

Páxina web:   https://www.edu.xunta.gal/centros/iesribeiralouro/

 

Oferta educativa:

  • Educación Secundaria Básica
  • Bacharelato
  • Ensinanzas Básicas Iniciais (I e II)
  • Educación Secundaria para adultos
  • Ciclos FP
    • Ciclo Básico
      • Servizos Comerciais
      • Electricidade e Electrónica
      • Reforma e Mantemento de edificios
    • Ciclo Medio
      • Xestión Administrativa
      • Instalacións Telecomunicacións
      • Pedra Natural
    • Ciclo Superior
      • Administración e Finanzas
      • Comercio Internacional

 

XUSTIFICACIÓN

Decretos autonómicos nos que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

  • DECRETO 156/2022, do 15 de setembro:
    • Artigo 37.1. Establece a ordenación e o currículo da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • DECRETO 157/2022, do 15 de setembro:
    • Artigo 35.1. Establece a ordenación e o currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o Plan Dixital de Centro (PDC a partir de agora), polo que se establecen no seguinte articulado as ordenacións e o currículo respectivamente da ESO e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.:

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro

 

Tomando como punto de partida:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ó alumnado para a vida presente e futura, consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento. Un PDC que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o IES Ribeira do Louro nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto dedunde en beneficio do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

 

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN Ó PEC

O centro conta desde o inicio do presente curso (2022-2023) cunha conexión a Internet por fibra óptica que proporciona arredor de 300mbps de baixada, máis de 50 mbps de subida cunha latencia media de 35ms. Neste momento conta con 2 liñas de respaldo, unha 4G (que era a principal ata a implantación da fibra óptica) e unha RDSI. O centro está cableado na súa totalidade, tanto en aulas como en espazos administrativos, contando cun número de conexións RJ45 suficiente. Tamén conta con puntos de acceso WiFi suficientes tanto da rede edu.xunta.es coma ABALAR.

Participamos nos seguintes Proxectos educativos no eido dixital ou STEM:

  • EDIXGAL. Actualmente en todos os cursos da ESO.
  • Polo creativo.
  • O noso centro conta con seis anos de experiencia no desenvolvemento de Plans de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) no eido das TIC.
  • Club de Ciencia.
  • Aulas Emprendemento. Departamento de Economía.
  • Erasmus+

O noso Centro é referencia na nosa contorna. Formamos parte da Rede Galega de Educación Dixital. Contamos cun docente membro da Rede galega DixitalGal (ADIX), mentor no ámbito xeográfico de Tui.

Ferramentas dixitais utilizadas:

  • ABALARMobil.
  • Aula Virtual Moodle.
  • ClassRoom.
  • Conta corporativa @iesribeiralouro.com.es
  • Servizo TeleImprime.

 

PROCESO ELABORACIÓN

Nunha reunión entre a Directora e o Equipo de Coordinación do Plan Dixital analizáronse os puntos fundamentais da Resolución 3 setembro 2021 sobre a elaboración do Plan Dixital para o curso 2023_24.

  • Presentouse no Claustro do 09 de outubro.
  • Púxose en marcha o PFPP con liñas no eido dixital.
  • Definiouse o Equipo responsable de Dinamización do Plan Dixital para levar a cabo a elaboración do documento integrado por.
    • Juana Rosa Muñoz Ibernón (Directora IES)
    • Mariña López Yunta (Coordinadora do Plan Dixital)
    • María Estrella Rial Pan (Coordinadora E-Dixgal)
    • Marcelino José Veiguela Fuentes
    • Jacob Seijas Cal (ADIX Rede DixitalGal)

O Equipo coordinouse para a elaboración do PDC e os futuros seguimentos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

En relación coa nosa infraestrutura todas as aulas, despachos e departamentos dispoñen de conexión cableada á rede e tamén proporcionamos conectividade sen fíos por medio de repetidores distribuídos polo centro tanto da rede ABALAR como a da edu.xunta.gal. Todo o equipamento TIC se está recollendo na aplicación Inventario, pois estamos levando a cabo a pilotaxe da aplicación como centro pertencente a rede DixitalGal. Nos apartado Anexos (Plano_Planta Baixa.pdf, Plano_1a Planta.pdf e Plano_2a Planta.pdf) presentamos os planos en planta das nosas instalacións nas que atopamos os espazos referenciados na aplicación.

Mantemos como instrumentos de recollida de información o Informe SELFIE e o TCDD realizados no curso 2021-2022, os resultados obtidos permitíronnos coñecer a realidade do centro educativo no eido dixital que deu paso a elaboración dunha análise DAFO facilitando a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. As experiencias dos 2 últimos cursos, a incorporación do Polo creativo, o coñecemento da evolución do noso alumando e da contorna así como os constantes cambios sociais ós que estamos expostos tamén se tiveron en conta a elaboración do contexto DAFO.

Interno
81 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade B2.- Non hai debate co profesorado sobre o emprego das tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade F4.- Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a colaboración. Alumnado Si
Debilidade H4.- Axudar a comprobar se a información de Intenet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade H8.- Necesidade de aprender a comunicarse empregando as TIC. Prácticas pouco saudables de comunicación a través das TIC. Alumnado Non
Debilidade Non é coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo. Alumnado Non
Debilidade F1.- Emprego das TIC motivadoras e adaptadas ás necesidades individuais do alumnado. Alumnado Non
Debilidade F3.- Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade. Alumnado Si
Debilidade E3.- Pouca experiencia no manexo de plataformas educativas E-Dixgal e outros recursos, o que ralentiza a execución de actividades formativas. Alumnado Si
Debilidade F5.- Ferramentas TIC que axuden á colaboración entre o alumnado. Alumnado Si
Debilidade G5.- Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a autoavaliación. Alumnado Si
Debilidade G6.- Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a coavaliación. Alumnado Si
Debilidade H13.- Escasa capacidade para resolver problemas técnicos que xorden no uso das tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade UTIC2.- Cando as leccións teñen lugar na casa coas tecnoloxías dixitais non teñen a ninguén que lles axude co software e as aplicacións. Alumnado Non
Debilidade G8.- Escasa utilización das tecnoloxías dixitais para fomentar a documentación da súa propia aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade H1.- Escasa procura de fontes de información seguras. Alumnado Non
Debilidade H10.- Desenvolvemento de habilidades dixitais en todas as materias. Ninguén lles deu información sobre como usar as tecnoloxías. Alumnado Non
Debilidade H11.- Necesidade de aprender a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade UTIC4.- Uso principalmente lúdico das ferramentas dixitais e Internet. Alumnado Non
Debilidade Durante as clases, están con xogos en liña e non atenden. Alumnado Non
Debilidade Temos caso de familias que non desexan que o seu fillo continúe no proxecto E-Dixgal. Familias Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade G3.- O centro non informa as familias sobre a evolución das aprendizaxes coa axuda das TIC. Familias Non
Debilidade As familias desconfían do emprego das TIC no ensino. Familias Non
Debilidade Non levamos á práctica a formación a través da cooperación coas familias. Familias Si
Debilidade Ausencia de accións coa participación de pais e nais xunto cos seus fillos e fillas en actividades de formación e de creación. Familias Si
Debilidade C2.- Equipos de aula e canóns de vídeo obsoletos. Infraestruturas Non
Debilidade C2.- Aulas que non dispoñen de EDI. Problemas de calibrado das EDI. Infraestruturas Non
Debilidade C14.- Insuficiencia de espazos físicos para alumnado BAC que facilite o ensino/aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade F1.- Precisamos na nosa oferta educativa de unidades didácticas sobre como usar as tecnoloxías, sobre como empregar as TIC adaptadas ás necesidades individuais do alumnado. Oferta Non
Debilidade Non contamos cun espazo para facer reunións e avaliar os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe coas tecnoloxías Dixitais. Organización de centro Non
Debilidade A4.- Falta de tempo para explorar como mellorar o método de ensino con estratexias dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C16.- Non temos repositorios en liña con materiais de ensinanza e aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade A1.- Non contamos cunha estratexia dixital. Persoal docente Si
Debilidade C12.- Axuda ó profesorado para o intercambio de experiencias dentro da comunidade educativa sobre a ensinanza con TIC. Persoal docente Si
Debilidade F3.- Non comprobamos que o alumnado desenvolva habilidades dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5.- Ferramentas TIC que axuden ao alumnado a reflexionar sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Profesores con competencias dixitais insuficientes. Persoal docente Si
Debilidade A2.- Falta de desenvolvemento dunha estratexia dixital en colaboración co profesorado. Persoal docente Si
Debilidade A4.- Falta de tempo. Persoal docente Non
Debilidade C18.- Baixo emprego de ferramentas de simulación. Persoal docente Non
Debilidade E2.- Baixa creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade F6.- Non fomentamos a participación en proxectos interdisciplinares co apoio da TIC. Persoal docente Si
Debilidade G1.- Prácticas de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade por parte do profesorado de actualización continua para o manexo e implementación dos novos recursos no currículo. Persoal docente Si
Debilidade Dificultades para dar continuidade ó emprego das TIC en posteriores niveis educativos. Persoal docente Si
Debilidade C16.- Non temos repositorios en liña con materiais de E/A. Persoal docente Si
Debilidade E3.- Baixo emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza E3.- Utiliza contornas virtuais de aprendizaxe, E-DixGal e a través do dominio Google Workspace (@iesribeiralouro.com.es) Alumnado Non
Fortaleza C3.- No centro dispoñen de acceso a Internet para desenvolver os seus estudos. Alumnado Non
Fortaleza F3.- Desenvolven proxectos e actividades de creación tanto na aula coma no centro. Alumnado Non
Fortaleza H8.- Contan con ferramentas dixitais para a comunicación e o traballo colaborativo (Foros, Videoconferencias,...) Alumnado Non
Fortaleza C10.- Contan con dispositivos portátiles que poden levar á casa (ESO) Alumnado Non
Fortaleza E4.- O centro só emprega servizos dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia, correo corporativo...) para difundir a información do centro e o ensino virtual. Familias Si
Fortaleza C1.- Dispoñibilidade de acceso a Internet ABALAR wifi e infraestrutura E-DixGal. Infraestruturas Non
Fortaleza C2.- Contamos cun equipo de son utilizado regularmente na organización de eventos no exterior e no Salón de actos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8.- Dispoñibilidade de dispositivos dixitais para o uso do alumnado (ESO) Infraestruturas Non
Fortaleza Ofrecemos desdobres nas materias do ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, matemáticas). Oferta Non
Fortaleza Participamos en proxectos de innovación do ámbito STEM nos que o alumnado acude en horario non lectivo. Oferta Non
Fortaleza Participamos no programa eduEmprende Idea 2022 (ciclos formativos grao medio). Oferta Non
Fortaleza A3.- O equipo directivo apoia ao profesorado e fomenta a exploración de novos métodos de ensinanza. Organización de centro Non
Fortaleza Centro de referencia na nosa contorna. Organización de centro Non
Fortaleza Formamos parte da Rede Galega de Educación Dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Contamos cun docente membro da Rede galega DixitalGal (ADIX), mentor no ámbito xeográfico de Tui. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo Directivo amosa o seu compromiso de establecer a dedicación precisa para atender ó Polo creativo por parte do equipo de dinamización. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros. Organización de centro Non
Fortaleza A4.- Apoio ó profesorado para que explore novos métodos de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza B2.- Debate sobre as vantaxes e desvantaxes do emprego de TIC. Persoal docente Non
Fortaleza E4.- Comunicarse empregando TIC. Persoal docente Si
Fortaleza G10.- Valoramos as habilidades dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza DPC3.- Formación a través da cooperación. Persoal docente Non
Fortaleza D2.- Desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Fortaleza E1.- Buscamos recursos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza F1.- Adaptación ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F4.- Favorecemos que o alumnado emprega ferramentas dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza DPC1.- Formación do profesorado presencial. Persoal docente Non
Fortaleza DPC2.- Formación do profesorado en rede. Persoal docente Non
Fortaleza E5.- Empregamos recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza F8.- Orientación e asesoramento internos. Persoal docente Non
Fortaleza Servizo TeleImprime. Persoal non docente Non
Fortaleza Na Conserxería teñen unha conta corporativa @iesribeiralouro.com.es Persoal non docente Non
Fortaleza O persoal de Secretaría encárgase da xestión da páxina web Drupal, informar da oferta educativa e Proxectos de innovación da Consellería nos que participamos. Persoal non docente Non
81 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4.- Falta de tempo para adicar va mellora dixital. Administración educativa Non
Ameaza Non existe nestes intres unha ANPA. ANPA Non
Ameaza Non ofertamos Escola de Pais. ANPA Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. ANPA Non
Ameaza Ausencia de tecnoloxías fóra do centro. ANPA Non
Ameaza As empresas non colaboran no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Contorna Non
Ameaza Contexto rural que non conta con conexión a Internet de alto rendemento. Contorna Non
Ameaza Emprego das tecnoloxías principalmente para o ocio. Contorna Non
Ameaza Vaivéns lexislativos. Lexislación Non
Ameaza Dificultades para dar continuidade ao emprego das TIC no Bacharelato: o currículo non contempla as prácticas de investigación e proxectos baseados na abordaxe de problemas reais, resulta demasiado teórico. Lexislación Non
Oportunidade A creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros ofertado pola Consellería. Administración educativa Non
Oportunidade Difusión de proxectos e experiencias innovadoras. Administración educativa Non
Oportunidade Oportunidade de integrar a rede de centros STEMGal. Administración educativa Non
Oportunidade Poderemos participar en accións formativas específicas. Administración educativa Non
Oportunidade Proporcionan ferramentas cada vez máis sofisticadas: EDI, tablets-PC, miniportátiles, libros dixitais, E-Dixgal, etc. Administración educativa Non
Oportunidade Otórgase prestixio ó IES que introduce as TIC. Administración educativa Non
Oportunidade Contribúe a minimizar a fenda dixital entre contextos. Administración educativa Non
Oportunidade Desenvolver accións que impliquen a participación de pais e nais en actividades de formación e creación. ANPA Non
Oportunidade Importante tecido industrial ao noso alcance con saída para o alumnado de Ciclos formativos. Contorna Non
Oportunidade O alumnado dixitalmente competente resulta máis atractivo para as empresas da nosa contorna. Contorna Non
Oportunidade Prestixio ao IES co fomento das TIC e obradoiros STEAM. Contorna Non
Oportunidade A Estratexia de Galicia Dixital 2030 ofrece a oportunidade de promover e desenvolver as nosas capacidades dixitais. Lexislación Non
Oportunidade As actuais modificacións impulsan a creación de rúbricas, repositorios, bibliotecas de recursos, nas Aulas Virtuais Moodle á disposición de todo o profesorado. Lexislación Non
Oportunidade Insuficiente orzamento para o mantemento dos equipos e a súa renovación. Outras Non
Oportunidade Centros de alta tecnoloxía da contorna (AIMEN) Outras Non
Oportunidade Contamos co apoio do Concello nas iniciativas que abordamos. Outras Non
Oportunidade Colaboramos con outros centros e organizacións a través das tecnoloxías dixitais. Outras Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pescudas pertinentes, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do PDC e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES (Nivel Interno) e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS (Nivel Externo) que aparecen recollidas no presente Análise DAFO. Esta observación é froito dunha revisión inicial de tipo CUANTITATIVO establecendo unhas prioridades que pasan a continuación por un filtro CUALITATIVO que identifica as PRIORIDADES que atenderemos en distintas TEMPORALIZACIÓNS. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN de ACCIÓN, convertendo os items en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte (Obxectivos).

A nosa análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

  • Infraestruturas:
    • Mellora da páxina web.
    • Optimización e aproveitamento da nosa Aula Virtual Moodle.
  • Formación do profesorado en:
    • Emprego de ferramentas dixitais.
    • Manexo da Aula Virtual.
    • Creación de Recursos Dixitais Abertos (REA). Implantación dun repositorio de recursos.
    • Utilización de ferramentas dixitais para avaliación.
  • Formación do noso alumnado:
    • Correcto uso académico das TIC... fiable e respectuoso cos dereitos de autor.
    • No uso doméstico das novas tecnoloxías, RRSS... seguro e respectuoso co resto de usuari@s.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Optimizar o Polo creativo. Fomentar a creatividade nun contexto de aprendizaxe competencial.
O02PD Formación continua do profesorado.
O03PD Mellora e Mantemento da páxina web Drupal do centro.
O04PD Estruturar a Aula Virtual Moodle do centro. Espazo de acollida de Cursos/documentación da comunidade educativa/Repositorio recursos...

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste Plan.

A persoa coordinadora do PDC reunirase como mínimo unha vez por trimestre coa persoa mentora ADIX do noso ámbito xeográfico, para realizar o seguimento do proxecto.

A persoa coordinadora do PDC terá acceso a ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

17/10/23 Reunión presencial co ADIX do noso ámbito xeográfico.

Xa temos acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).

Tamén comprobamos o acceso á aplicación EduCalidade con permisos de edición. Revisamos os distintos apartados da aplicación no PDC, facendo principal fincapé nos seguintes puntos:

  • Introdución

    • Data de aprobación do Consello

    • Data de aprobación/ información Claustro

  • Contexto DAFO

    • Revisión e actualización

  • Obxectivos

    • Procedemento de borrado

    • Procedemento para a creación de novos Obxectivos

    • Introdución das Accións

  • Comunicación e Difusión

    • Revisión e actualización

  • Seguimento

    • Borrado/Actualización dos cadros de texto

  • Avaliación

    • Borrado/Actualización dos cadros de texto

  • Anexos

Traslado a notificación recibida desde SSCC indicando que se amplía o prazo de aprobación do PDC 2023_2024 ata o 06 de novembro.

Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito público na aplicación EduCalidade.

O pasado 09 de outubro xa se celebrou o Claustro e o Consello Escolar para informar e aprobar o PDC para o vindeiro curso 2023-24 coa definición dos novos obxectivos. Tamén realizamos a actualización da lapela Vixencia e do seguimento das Accións que xa se levaron a cabo dentro dos distintos Obxectivos.

Revisamos a lexislación vixente aplicable ó actual PDC e o actualizamos na lapela de Introdución da aplicación de Educalidade.

Marcelino Veiguela como membro do EDPD transmite as seguintes consideracións en relación ós Obxectivos do noso PDC:

  • Un dos obxectivos podería ser a dispoñibilidade da wifi edu.xunta.gal para o 100% do profesorado, persoal non docente, alumnado de 2ºBAC, alumnado de CS e para os estudantes de intercambio ERASMUS. Unha das funcións do Equipo podería ser axudar neste proceso.

2º Trimestre

09/01/24 Reunión presencial co ADIX do noso ámbito xeográfico.

Nesta 2ª reunión, tras deixar o PDC correctamente trasladado á aplicación EduCalidade, o obxectivo principal é realizar o seguimento de cada un dos Obxectivos analizando as Accións particulares dos mesmos.

Na reunión seguimos a seguinte Orde do día:

  1. Sinatura da acta anterior.

  2. Corrección de posibles eivas do PDC na aplicación EduCalidade.

Revisado todo o trasladado na aplicación EduCalidade non se aprecia ningunha incidencia.

  1. Recollida das RRSS utilizadas polo centro educativo.

As RRSS utilizadas quedan recollidas nesta acta no apartado correspondente.

  1. Recollida da planificación de formación específica sobre competencia dixital (través dun PFPP).

A formación específica en competencia dixital solicitada no PFPP do centro queda recollida nesta acta no apartado correspondente. Tamén se achega no seguimento das Accións particulares os ANEXOS I e II que recolle os participantes, contidos, obxectivos... documentación necesaria para a súa solicitude.

  1. Revisión do estado dos Obxectivos O01PD, O02PD...

Recollemos na aplicación o estado actual de cada Obxectivo, trocando de Pendente, a Parcialmente ou Acadado no caso correspondente.

  1. Seguimento particular das Accións vencidas en cada obxectivo A01.1, A01.2...

Definimos as accións levadas a cabo e que recollen no seu seguimento particular a súa execución e, no caso de telas, as evidencias documentais:

AO1.1: Creación dun GT orientado á adquirir destrezas no manexo do Polo creativo. REALIZADO

AO1.2: Comunicación en Claustro presentando o espazo e promovendo a súa utilización. REALIZADO

AO1.3: Deseño actividades para favorecer o desenvolvemento das competencias dixitais.

AO1.4: Participación nas formacións específicas que se determinen.

AO1.5: Emprego do Polo creativo como infraestrutura esencial prevista no PDC.

AO1.6: Avaliación do Polo Creativo.

 

AO2.1: Comunicado ó profesorado sondeando as súas necesidades e intereses formativos. REALIZADO

AO2.2: Incorporación d@s interesad@s ós GT propostos no listado da Sala de Profesores. REALIZADO

AO2.3: Presentación na Consellería do PFPP do centro. REALIZADO

AO2.4: Formación do profesorado integrante dos GT creados segundo a programación das sesións.

AO2.5: Avaliación accións formativas.

 

AO3.1: Creación dun GT orientado á xestión e mantemento da páxina web do centro. REALIZADO

AO3.2: Comunicación ó Claustro presentando as modificacións. REALIZADO

AO3.3: Comunicación da actualización ás familias por ABALAR Mobil. REALIZADO

AO3.4: Reunións periódicas do GT analizando a páxina e programando melloras. REALIZADO

AO3.5: Depuración de Erros, actualización, mantemento e mellora continua do espazo web.

AO3.6: Avaliación do estado da Páxina web e propostas de mellora.

 

AO4.1: Analise do estado actual do espazo e determinación das necesidades.

AO4.2: Execución das modificacións plantexadas pola comunidade educativa.

AO4.3: Avaliación do estado e uso da Aula Virtual e propostas de mellora.
 

  1. Evidencias documentais para acreditar o cumprimento das nosas Accións (cando sexa posible) e que podemos achegar no seu Seguimento.

Se achegan as evidencias documentais existentes no seguimento particular de cada Acción na aplicación EduCalidade.

 

  1. Actualización na lapela Seguimento --> 1º trimestre e 2º trimestre.

Actualizamos o apartado 1º trimestre dentro da lapela Seguimento na aplicación EduCalidade, recollendo toda a actividade relacionada coa coordinación do PDC durante o primeiro trimestre.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación deste plan dixital realizarase cun seguimento, tanto do desenvolvemento do plan como da consecución dos obxectivos formulados. Trimestralmente, a persoa responsable de cada obxectivo fará un seguimento do avance de cada unha das accións para acadar os obxectivos propostos, e fará as modificacións oportunas (en canto a temporalización, axuste de indicadores...), que constará no seus seguimentos. Na avaliación sumativa, a persoa responsable indicará, en función dos indicadores, se o obxectivo foi realizado ou aprazado para o curso seguinte. Así mesmo, fará constar nas valoracións finais as modificacións realizadas e as posibles propostas de mellora de cara o curso seguinte.
 

Extracto punto 3.2: Obxectivos, indicadores e accións

  • Obxectivo: Optimización do Polo creativo organizado para fomentar a creatividade nun contexto de aprendizaxe competencial
    • Número de actividades TIC tipo obradoiro desenvoltas.
    • Indicador do obxectivo: Proxectos realizados no Polo creativo.
    • Responsable: Mariña Lopez
  • Formación continua do profesorado.
    • Indicador do obxectivo: Liñas do PFPP no eido dixital.
    • Responsable: Marcelino Veiguela Fuentes.
  • Mellora e Mantemento da páxina web do centro.
    • Indcador do obxectivo: Número de visitas.
    • Responsable: Marta Rey Mallén.
  • Estruturar a Aula Virtual Moodle do centro. Espazo de acollida de Cursos/documentación da comunidade educativa/Repositorio recursos...
    • Indicador de obxectivo: Estatísticas de utilización.
    • Responsable: Jacob Seijas Cal.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez elaborado o PDC pasará polos órganos colexiados do centro para a súa validación.

Este documento presentarase a todo o Claustro e será aprobado polo Consello Escolar

  • O plan dixital será público na seguinte ligazón que proporciona a aplicación EduCalidade https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019529.

  • Na páxina web do centro e na Aula Virtual faremos acciseble esta ligazón.

  • Informarase ás familias a través da aplicación Abalar Móbil.