Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
  • O índice socioeconómico e cultural é baixo, segundo reflicten os resultados da avaliación diagnóstico. Este índice é un elemento definitorio do contexto do centro e constrúese a partir de variables relativas ao nivel de estudo, á situación laboral e profesional das familias e aos recursos culturais e materiais no fogar.
  • No referente aos programas e accións educativas concretas, o centro involúcrase anualmente ao contrato programa para acadar a excelencia educativa. Tamén levamos anos traballando en contidos STEM que requiren de xeito intrínseco o uso das tecnoloxías dixitais. De especial importancia é a existencia na oferta educativa de FP Básica e Ciclos Medio e Superior da rama de Informática, fundamentais na contribución á redución da brecha social do noso alumnado rural con respecto ao das áreas urbanas.
  • Este Plan Dixital contribúe á Programación Xeral Anual do curso 23/24 ao pór en marcha a ampliación da formación do profesorado no uso das TICs, que directamente vai redundar no incremento por parte do alumnado do uso das mesmas. Doutra banda, o cambio lexislativo que implica novos e máis contidos STEM en certas materias como Tecnoloxía e Dixitalización, fan necesario un afondamento na dixitalización do centro en xeral.
Breve xustificación do mesmo 
  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Regulamento (UE)2021/241 del Parlamento Europeo y del Consejo de 12 de febrero de 2021 por el que se establece el Mecanismo de Recuperación y Resiliencia.
  • Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.
Proceso de elaboración
  • O equipo directivo dirixiu a elaboración do Plan Dixital, tamén solicitou a participación do resto da comunidade educativa cando precisou da súa opinión ou actuación, como cubrindo as enquisas, claustros, CCP ou Consellos Escolares.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida o curso pasado foi o informe SELFIE, o test CDD (Competencia Dixital Docente).

Este curso teremos en conta o xa realizado no curso 22/23, aínda que temos que ter en conta a alta mobilidade do profesorado do noso claustro.

 

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de criterio no uso das tecnoloxías e na información recibida: redes sociais, xogos, etc. Alumnado Non
Debilidade Descoñecemento de aplicacións de software libre para a elaboración de material dixital propio, especialmente para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo dos docentes. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado básicamente competente en ámbitos dixitáis. Alumnado Non
Fortaleza Boa cobertura de rede e aulas preparadas para a dixitalización. Infraestruturas Non
Fortaleza Boa resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Uso exclusivo de S.O. software libre en todo o centro. Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta FP da familia de Informática e Comunicacións: FP básica, ciclo medio e ciclo superior. Oferta Non
Fortaleza Equipo directivo competente e comprometido coa dixitalización do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Comunicación interna e compartición de recursos case exclusiva dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Uso de recursos dixitáis para observar e documentar os resultados académicos. Organización de centro Non
Fortaleza Profesorado preparado dixitalmente. Persoal docente Si
Fortaleza Realiza cursos de formación continua. Persoal docente Non
Fortaleza Adopción de innovacións educativas. Persoal docente Non
Fortaleza Transformación da práctica docente co uso de ferramentas dixitáis. Persoal docente Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Lentitude frente as solicitudes. Incertudume de cando vai actuar e falta de equipamento para departamentos que precisan como Tecnoloxía e Idiomas. Administración educativa Non
Ameaza Non se coñecen os plans de renovación de equipamento. Administración educativa Non
Ameaza Falta de material: recursos, actividades, contidos e exemplos online, NON cursos, para autoaprendizaxe rápido do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia e formalidades na formación. Administración educativa Non
Ameaza Non temos ANPA no centro. Dispersión rural, falta de competencia dixital. ANPA Non
Ameaza Contorna rural con cobertura de Internet e móbil deficiente. Contorna Non
Ameaza Cambio de goberno no Concello. Pouca interación con educación. Outras Non
Oportunidade Que actúen con celeridade e sexan resolutivos cando reciben unha solicitude do centro. Administración educativa Non
Oportunidade Formación en ferramentas para creación de actividades ou aproveitamento doutras existentes. Tamén en rexistros para facilitar índices de desempeño e realimentación. Administración educativa Non
Oportunidade Faría de intermediaria entre as familias e o centro. ANPA Non
Oportunidade Reforzar o uso de Abalar Móbil e Web do centro. ANPA Non
Oportunidade O uso da ferramenta Abalar Móbil polo profesorado para interactuar coas familias en titorías. ANPA Non
Oportunidade PLISAN que aínda non funciona. Contorna Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o contexto e a situación do centro exposta no punto anterior, a análise DAFO, revelou en qué aspectos o noso centro pode consolidar os logros acadados nestes últimos anos, e ir máis alá para sistematizar e sacar máis proveito ao uso das TICs na práctica docente.
Detectamos que o mellor xeito de levar a cabo esta tarefa, é dotando ao profesorado das competencias necesarias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente seguindo os principios DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será do seguinte xeito:

  • A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. En cada Claustro ordinario e Consello Escolar valoraranse: o estado da execución das accións, a análise dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No Claustro de fin de curso valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
1º Trimestre

Formación do PFPP para o curso tendo en conta os obxectivos que buscamos no curso actual.

Actas das reunións:

  • Reunión co ADIX do 27/10/23 (acta recollida nos anexos)

Actas ADIX

 

2º Trimestre

Realización por parte do profesorado da formación precisa para acadar os obxectivos (CFR).

  • Reunión co ADIX do 02/02/24 (acta recollida nos anexos)

 Actas ADIX

  • Formación H5P o 16/01/24
3º Trimestre

Levar a cabo as tarefas para acadar os obxectivos do curso actual. 

De non acadalos, propor as melloras ou modificacións necesarias para acadalos canto antes.

Actas da reunións Actas ADIX

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación do plan e da consecución de obxectivos será do seguinte xeito:

  • No contexto da avaliación durante o curso a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. En cada Claustro ordinario e Consello Escolar valoraranse: o estado da execución das accións, a análise dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Polo que no Claustro de fin de curso valorarase o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital estará pendurado na web do IES (dispoñible para toda a comunidade educativa): 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019402

Falarase e analizarase a situación do noso Plan Dixital tanto nos Consellos Escolares como nos Claustros Ordinarios.