Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O obxectivo do Plan Dixital é dotar ao centro dun instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa. Levouse a cabo tendo en consideración a seguinte normativa:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da L.O. 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (L.O.M.L.O.E.).

Obrigatoriedade de facer o PD:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro.

Estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro.

 

A contribución do Plan Dixital ao PEC e á PXA farémola desde a perspectiva de como reforzar este plan adecuándoo o uso das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa, xa que o centro participa no programa E-DIXGAL durante 4 cursos e o 2023/2024 será o cuarto. E sempre tendo en conta que a competencia dixital é unha das competencias chave nas que é necesario traballar co alumnado ao longo do seu paso por toda a etapa de escolarización obrigatoria e tamén tendo en conta que o noso novo alumnado, procede de CEIPs con programa E-DIXGAL.

O PLAMBE no que tamén está o centro, e que afecta de maneira transversal a todos os plans e programas forneceranse do Plan Dixital como unha oportunidade para concretar moitas das súas accións nun mundo virtual.

Por último, contribuirá a aumentar as relacións e establecer canles de comunicación fluídas coas familias, coa ANPA e co Concello do Grove e outras institucións creando un clima de convivencia positivo.

Para a elaboración do Plan Dixital a dirección do IES Monte da Vila estableceu un equipo de dinamización formado pola directora -Nuria Santiago- e o membro do claustro Pablo Gallego como coordinador.

No tocante á metodoloxía levouse a cabo unha fase de análise da situación do centro, para o que se usou a ferramenta SELFIE, deseñada pola Comisión Europea, que permite recoller a través de cuestionarios as opinións de alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o modo en que se emprega a tecnoloxía no centro educativo.

O profesorado tamén tivo a oportunidade de realizar un test de competencia dixital docente (Test CDD) baseado no marco DigCompEdu co que obtiña un informe individual coa valoración global do seu nivel competencial polas áreas deste marco. Con este test, o centro obtivo un informe de Centro onde se mostran os resultados que son representativos. Coa análise dos resultados obtidos do SELFIE o equipo de dinamización elaborou un informe sobre debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) que lle permitiu a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. No tocante á diagnose dos resultados do test CDD, permitiu planificar liñas de formación a través dos PFPP

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No tocante á metodoloxía levouse a cabo unha fase de análise da situación do centro, para o que se usou a ferramenta SELFIE, deseñada pola Comisión Europea, que permite recoller a través de cuestionarios as opinións de alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o modo en que se emprega a tecnoloxía no centro educativo.

O profesorado tamén tivo a oportunidade de realizar un test de competencia dixital docente (Test CDD) baseado no marco DigCompEdu co que obtiña un informe individual coa valoración global do seu nivel competencial polas áreas deste marco. Con este test, o centro obtivo un informe de Centro onde se mostran os resultados que son representativos. Coa análise dos resultados obtidos do SELFIE o equipo de dinamización elaborou un informe sobre debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) que lle permitiu a análise de situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. No tocante á diagnose dos resultados do test CDD, permitiu planificar liñas de formación a través dos PFPP

 

 

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6. No centro o alumnado non está suficientemente concienciado a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopou en Internet Alumnado Si
Debilidade H7. No centro o alumnado carece dunha aprendizaxe suficiente en torno á creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade A1. O centro carece dunha boa estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade D3. O equipo directivo non fomenta demasiado o intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B1. No centro non se avalía suficientemente os progresos do profesorado en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B2. No centro non se debate con suficiencia sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B3. No centro non se utiliza suficientemente as tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Debilidade F3. O profesorado non utiliza suficientemente as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F6. O profesorado non fomenta suficientemente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5. O profesorado non utiliza suficientemente as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G6. O profesorado non utiliza suficientemente as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo dos seus compañeiros e compañeiras Persoal docente Non
Fortaleza H3. No centro o alumnado aprende a actuar de maneira responsable en Internet. Alumnado Si
Fortaleza C1.No centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. O centro conta con dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza C3. Acceso a Internet. Infraestruturas Si
Fortaleza C7. O centro conta con sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. No centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando o precisa. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. No centro disponse de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Dende o equipo directivo apóiase ao profesorado á hora de probar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza E3. O profesorado utiliza contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza D1. No centro o profesorado debate sobre as súas necesidades de FPP no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D2. No centro o profesorado ten posibilidades de realización de FPP no relativo ao ensino e á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1. O profesorado busca recursos educativos dixitais en Internet. Persoal docente Si
Fortaleza E4. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza F1. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A non estabilidade laboral do persoal non docente pon en risco o bo funcionamento do centro. Administración educativa Non
Ameaza A condición socioeconómica da contorna inflúe de xeito negativo no labor a levar a cabo polo centro Contorna Non
Ameaza A participación das familias no día a día e actividades do centro é escasa. Contorna Non
Ameaza A relación con persoas que non forman parte da comunicade educativa é máis ben escasa. Contorna Non
Ameaza As actuacións que moitas veces leva a cabo a administración educativa sobre todo en materia lexislativa non está a favorecer o labor do centro. Lexislación Non
Ameaza A cambiante lexislación educativa e a cantidade de burocracia que debe levar a cabo o profesorado e a dirección non axuda a centrarse no seu labor educativo. Lexislación Non
Ameaza A lexislación non educativa que ten afección ao sistema educativo, sobre todo nos anos de pandemia, non favoreceu o labor no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade O centro recibe unhas achegas económicas que lle permite unha boa planificación. Administración educativa Non
Oportunidade O alumnado ten acceso a dispositivos dixitais fóra do centro educativo, grazas á dispoñibilidade de equipamento tecnolóxico que se pon á súa disposición máis aló do tempo que permanecen no centro. Administración educativa Si
Oportunidade A estabilidade laboral do persoal docente favorece o bo funcionamento do centro. Administración educativa Non
Oportunidade O centro conta cunha boa dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Oportunidade O centro e a ANPA levan a cabo unha estreita colaboración. ANPA Non
Oportunidade As actividades formativas que leva a cabo o centro e as condicións que oferta para a participación son boa oportunidade para a relación coa contorna. Contorna Non
Oportunidade O centro colabora con diversas institucións alleas sobre todo con fin de mellorar a formación e posibilidades laborais do alumnado. Contorna Non
Oportunidade O centro conta con colaboracións para levar a cabo proxectos externos. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO nos serve como análise para ver a situación actual e poder ver os elementos que nos poden axudar para conseguir unha mellor implantación do plan dixital. Son moitas aínda as ameazas e as debilidades que temos e que ao longo destes anos deben ser minimizadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Instar ao profesorado ao uso de ferramentas dixitais para fomentar a creatividade do alumnado
002PD Concienciar ao alumnado a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopa en Internet
003PD Pór a disposición do alumnado formación en torno á creación de contidos dixitais

Seguimento

Procedemento

No centro hai un equipo de promoción do plan dixital que se reúne mensualmente. 

O coordinador do plan realiza o seguimento do plan a través desta aplicación.

Este ano un equipo de ADIX, acude unha vez ao trimestre ao centro para a coordinación e seguimento e implantación do plan dixital.

1º Trimestre

Durante este primeiro trimestre, realizamos avances no desenvolvemento e implementación do noso Plan Dixital. A continuación, resúmense os puntos principais:

Reunións mensuais: Mantivemos unha serie de reunións mensuais para monitorizar o progreso do plan. Nestas reunións, tratamos temas relevantes e compartimos actualizacións sobre as diferentes iniciativas en curso.

Enquisa aos alumnos pendente: Elaboramos unha enquisa destinada a recoller feedback dos alumnos sobre as ferramentas e métodos dixitais utilizados. A súa distribución foi posposta ata xaneiro para evitar a coincidencia co período de exames e garantir unha maior participación.

Formación do profesorado con retraso: A formación prevista para o profesorado está a experimentar un retraso debido á planificación do PFPP. Estamos a traballar para resolver estes atrasos e asegurarnos de que o noso persoal docente reciba a formación axeitada no menor tempo posible.

Finalización do listado de ferramentas: Estamos a piques de completar o listado de ferramentas dixitais recomendadas. Este listado será un recurso valioso para orientar ao profesorado e aos alumnos na selección de ferramentas adecuadas para o seu traballo educativo.

Charla para familias realizada: Levamos a cabo unha sesión informativa para as familias, co fin de familiarizalas coas ferramentas educativas dixitais e fomentar unha maior colaboración entre o centro e os fogares dos nosos estudantes.

Próximos Pasos:

Distribución da enquisa aos alumnos en xaneiro.
Impulso das accións necesarias para acelerar a formación do profesorado.
Publicación e distribución do listado final de ferramentas dixitais.

2º Trimestre

Durante este segundo trimestre, continuamos avanzando no desenvolvemento e implementación do noso Plan Dixital. A seguir, resumíronse os puntos principais:

Reunións mensuais: Mantivemos unha serie de reunións mensuais para monitorizar o progreso do plan. Nestas reunións, abordáronse temas relevantes e compartíronse actualizacións sobre as diferentes iniciativas en curso.

Enquisa aos alumnos realizada: Elaborouse unha enquisa destinada a recoller retroalimentación dos alumnos sobre as ferramentas e métodos dixitais empregados. A enquisa realizouse en xaneiro, e elaborouse un informe baseado nos resultados obtidos.

Inicio da formación do profesorado: A formación para o profesorado xa comezou, e finalizará ao comezo do terceiro trimestre. Os docentes mostráronse moi satisfeitos coa formación recibida.

Listaxe de ferramentas: Completouse a listaxe de ferramentas adecuadas para o seu traballo, moitas delas baseadas en Intelixencia Artificial. Xa foi publicada nun curso dispoñible para todo o profesorado.

Próximos pasos:

Finalizar a formación.

Analizar os resultados da enquisa aos alumnos.

Continuar ampliando a listaxe de ferramentas dixitais.

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O equipo de dinamización do Plan Dixital levará a cabo un seguimento e avaliación continua das actividades que están recollidas no plan de acción. Para iso, reunirase cunha frecuencia mensual onde se valorará o estado de execución das accións, análise e valoración de resultados e, de ser o caso, as modificacións que resulten oportunas das accións así como propostas de mellora.

Antes de final de curso o equipo reunirase para a valoración do logro dos obxectivos e realizar as propostas de mellora que se detectasen.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital de centro atópase actualmente actualizado e colgado na web do centro. Plan Dixital | IES Monte da Vila (xunta.gal) Do mesmo xeito xa se comunicou na pertinentes reunións da comisión de coordinación pedagóxica que se está migrando ao portal educalidade.