Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
Os datos identificativos do centro educativo son os seguintes:

  • Denominación: C.E.I.P. Barrantes
  • http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarrantes/
  • Direccion: Mosteiro s/n. (Tomiño); CP: 36.749; Pontevedra
  • Código de centro: 36 019049
  • Teléfono e Fax: 986 62 26 51; Correo electrónico: ceip.barrantes@edu.xunta.gal; C.I.F. Q-8655050-B
  • Páxina web (enderezo):Web Educativa CEIP Barrantes

O centro conta con 3 unidaades de Educación Infantil e (4º, 5º e 6º) e 6 de Educación Primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º), con 110 alumnos/as e 19 mestres/as , dos cales 4 itineran con outros centros.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CEIP de Barrantes esta situado no Concello de Tomiño, localizado nunha a¿rea rural proxima ao centro do concello. No centro atopa¿monos inmersos en plena fase de adaptacion a unha nova docencia influida por todos estes avances tecnicos, introducindo entornos virtuais de aprendizaxe,  libros dixitais e o proxecto E-Dixgal entre outros. Ao longo dos últimos cursos, é fácil comprobar como a utilizacion das novas tecnoloxías é algo cada dia mais demandado por parte de todolos integrantes do claustro e os propios alumnos en canto a utilizacion de  plataformas educativas e recursos de Internet, aplicacions e manexo de equipos informaticos.

Os efectos do uso xeneralizado das novas tecnoloxías da información e da comunicación na sociedade actual manifestanse de forma especial no mundo educativo. E necesario, polo tanto, revisar a formacion basica que deben recibir o alumnado e o profesorado, o metodo de ensino- aprendizaxe e os medios utilizados, adecuandoo a educacion a¿ realidade social na que estamos inmersos no centro educativo.

Resulta preciso facer unha analise da situación xeral do noso centro neste momento para poder deseñar un Plan Dixital real, eficaz e permanente co obxectivo principal de dinamizar as novas tecnoloxias no noso centro, facelas presentes e proximas, partindo da analise da realidade dixital do centro e o alumnado para aplicar os recursos mais axeitados a dita realidade, creando obxectivos aplicables no noso centro.

O Plan Dixital tentará afrontar os retos educativos que proveñen das novas realidades sociais, non soamente dende unha perspectiva baseada na procura de información, empregando as novas tecnoloxías, senón tamén creando espazos de interacción social no eido do intercambio de ideas e experiencias educativas diversas no alumnado.
En liñas xerais, as TICS tentarán dar soporte ós diferentes procesos de ensinanza-aprendizaxe que se levarán a cabo nas aulas, incidindo activamente na propia PXA. Ademais tentaremos garantir que tódolos espazos e aulas do centro dispoñan de material informático útil para poder desenrolar o plan sen dificultades.

1.3. Xustificación lexislativa

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

 Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración.

O Plan Dixital foi elaborado conxuntamente polo equipo TICS do centro e o equipo directivo, en colaboración coas persoas asesoras externas encargadas de guiar e supervisar o procedemento para desenvolver o propio plan. Entre outras accións leváronse a cabo as seguintes liñas de proxecto:

  •  Elaboración do INFORME SELFIE
  • Realización do test de competencia dixital docente (CDD)
  • Análise DAFO do centro
  • Concreción do Plan de Acción (obxectivos)
  • Redacción do plan completo no presente documento.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ferramenta SELFIE

Para realizar este análise axudámonos da ferramenta SELFIE, unha ferramenta en liña gratuita que pretende axudar aos centros escolares a plantexarse cómo utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr un aprendizaxe efectivo e innovador. Os resultados dan a coñecer qué está funcionando ben, en qué aspectos se necesita mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso centro tendo en conta as opinións de profesorado, alumnado e equipo directivo. 

Test CDD
Outra ferramenta que empregamos foi o Test de Competencia Dixital, do Marco Europeo de Referencia para a Competencia Dixital docente, que nos ofrece datos da competencia do profesorado neste ámbito.

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Emprego recreativo das ferramentas dixitais en lugar do seu aproveitamento didactico Alumnado Si
Debilidade Reticencia ao uso das ferramentas dixitais corporativas Familias Si
Debilidade Equipamento dixital insuficiente e obsoleto para uso do profesorado de desenvolvemento da función docente Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de equipamento para o alumando nas aulas desde inf ata 4º E.P Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiencia de directrices a seguir Organización de centro Si
Debilidade Pouca competencia dixital no manexo operativo do sistema ofertado pola consellería Persoal docente Si
Debilidade Emprego de ferramentas dixitais non corporativas Persoal docente Si
Debilidade Descoñecemento das licenzas de propiedade intelectual e protección de datos. Persoal docente Si
Debilidade Baixa CD Persoal non docente Si
Fortaleza Interese na Educación dixital Alumnado Si
Fortaleza Boa competencia dixital Alumnado Si
Fortaleza Dispositivos individuais en 5º e 6º primaria Alumnado Si
Fortaleza Boa colaboración coas propostas educativas do centro Familias Si
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos dixitais na casa Familias Non
Fortaleza Conexión á rede Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a equipos informáticos con conexión á rede para as familias en horario de tarde Oferta Si
Fortaleza Participación no programa EDIXGAL Organización de centro Si
Fortaleza Baixa ratio do alumanado Organización de centro Si
Fortaleza Claustro pouco numeroso e implicado Organización de centro Non
Fortaleza Implicación docente nos proxectos do centro Persoal docente Si
Fortaleza Elevada porcentaxe de profesorado definitivo Persoal docente Si
Fortaleza Voluntariedade para a participación en diferentes activiades Persoal non docente Si
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo para desenvolvemento das funcións docentes e de coordinación do centro Administración educativa Non
Ameaza Limitación nas ferramentas dixitais corporativas Administración educativa Non
Ameaza Asociación moi pequena e cambiante cunha participación baixa de socios ANPA Non
Ameaza Entorno familiar con difícil acceso a Internet nalgúns barrios Contorna Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Si
Ameaza Uso inadecuado das novas tecnoloxías Contorna Si
Ameaza Diversas contradicións entre a dixitalización e a protección de datos Lexislación Si
Oportunidade Oferta formativa en CD Administración educativa Si
Oportunidade Fondos para a posta en marcha de determinados proxectos. Administración educativa Non
Oportunidade Outros centros educativos próximos cos que traballar de xeito colaborativo Contorna Non
Oportunidade Presenza da CD nos currículos Lexislación Si
Oportunidade Iniciativa no marco europeo para fomentar un PD dos centros Lexislación Non
Oportunidade Predisposición do concello a colaborar en diferentes propostas Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nós propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis  urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Alfabetización dixital básicsa do alumnado de Infantil e Primaria.
O02PD Uso correcto de Navegadores de Internet
O03PD Uso e coñecemento de apps educativas

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

En canto ao obxectivo 1 "Alfabetización dixital básicsa do alumnado de Infantil e Primaria", levouse a cabo a 1ª acción "Reunión do Equipo Directivo, coordinador do Plan Dixital co pofesorado para proporcionar guía de contidos TAC para levar a cabo nas aulas", proporcionado un aguía de contidos TAC. En canto á 2ª acción "Proporcionar guía con contidos TAC mínimos e táboa para a súa avaliación ao profesorado", proporcionouse unha guía inicial, que será actualizada neste 2º trimestre.

En canto ao 2º obxectivo "Uso correcto de navegadores de internet", levouse a cabo a 1ª acción "Facer listaxe de posibles Navegadores", proporcionando ao profesorado a listaxe citada.

En canto ao 3º obxectivo "Uso e coñecemento de apps educativas", acadouse a 1ª acción "Listaxe de recursos e apps educativas", proporcionando dita listaxe ao profesorado. 

2º Trimestre

En canto ao obxectivo 1 "Alfabetización dixital básicsa do alumnado de Infantil e Primaria" actualizouse a guía con contidos TAC mínimos.

En canto ao obxectivo 3 "Uso e coñecemento de apps educativas",  elaborouse e facilitouse ao profesorado unha pequena guía instructiva sobre algunhas apps.

3º Trimestre

O01PDAlfabetización dixital básicsa do alumnado de Infantil e Primaria.   En proceso. Iniciouse pero é preciso continuar nos vindeiros cursos.

O02PDUso correcto de Navegadores de Internet. En proceso. Cómpre para o vindeiro curso dar formación ao profesorado sobre licenzas CC e atribución de autoría.

O03PDUso e coñecemento de apps educativas. Acadado. O centro conta cunha base de datos a disposición do profesorado e do alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Os obxectivos plantexados foron deseñados en función ás necesidades do colexio, aínda que dous deles non foron acadados na súa totalidade, polo que cómpre seguir manténdoos. O profesorado participa activamente na aprendizaxe dixital para trasladar os contidos aprendidos á aula.

Proposta de mellora

Sería recomendable para o cvindeiro cursoretomar os seguintes obxectivos que quedaron iniciados pero non acadados totalmente.

- Alfabetización dixital básicsa do alumnado de Infantil e Primaria.  

- Uso correcto de Navegadores de Internet. 

- Aumento da formación á Comuinidade Educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do CEIP de Barrantes estará visible na plataforma Educalidade, escribindo o nome do centro na pestana Plans dos centros, ou ben picando directamente neste enlace: Enlace ao Plan dixital en Educalidade