Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Base legal:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

As técnoloxias dixitais aumentaron a súa presenza na vida cotiá de forma vertixinosa nos últimos anos.

Consideramos que na escola debemos preparar cidadáns competentes dixitalmente e que o uso das tecnoloxías dixitais non pode quedar en man da voluntariedade do profesorado senon que debe ser un obxectivo de centro. Por iso semella imprescindible contar con un Plan dixital de centro que, a partir das propias características, nos proporcione unha folla de ruta para acadar recursos, organizar ensino, modificar metodoloxias e axudar a acadar que o noso alumnado teña a adecuada competencia dixital.

Para a o deseño, a elaboración e a implementación do presente plan, leváronse a cabo as seguintes actuacións:

1. Análise da situación do centro, no que participou todo o profesorado do centro. O equipo directivo e o alumnado más maior e para o cal se utilizaron duas ferramentas:

a). Informe SELFIE

b). Test CCD de competencia dixital docente.

O equipo de dinamización foi o encargado de presentar e explicar as ferramentas SELFIE e o Test CDD, ao profesorado, despois de recibir a formación correspondente.

2. Diagnose da situación do centro en dous apartados:

a). DAFO. Informe sobre Debiblidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades, a partir dos resultados do SELFIE.

B). Planificación da formación persoal do profesorado para acadar a competencia dixital docente, partindo do informe individual do test CDD.

O equipo de dinamización en conxunto levou a cabo unha analise dos resultados da análise da situación do centro co fin de establecer cales son os puntos fortes e puntos máis débiles e poder establecer as DAFO como punto de partida para o Plan de Acción.

Así como o plantexamento dos obxectivos a acadar coa posta en marcha do Plan Dixital o vindeiro curso , para o cal se contou coa colaboración do persoal docente.

3. Elaboración do Plan Dixital. Seguindo os apartados propostos.

4. Aprobación por parte do Consello Escolar

5. Implementación do Plan o vindeiro curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información previa utilizamos como instrumentos o SELFIE e o Test CDD.

A información detallada pódese consultar no ANEXO INSTRUMENTOS DE INFORMACIÓN PREVIA.

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Boa competencia dixital entre o alumnado que participa en E-Dixgal. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado no proceso de avaliación (auto e coavaliación) Alumnado Non
Debilidade Non ter competencia en resolución de problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Non ter competencia na creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Dinámicas de reflexión sobre o uso da tecnoloxía e o uso dos recursos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Habilidades dixitais en cursos baixo de primaria Alumnado Non
Debilidade Escasa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Escaso acompañamento das familias no ensino dixital. Familias Non
Debilidade Inexistencia dunha biblioteca de repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Espazos fisicos dixitalizados insuficientes no centro. Infraestruturas Si
Debilidade Renovación e mellora de equipamentos actualizados (ordenadores, PDI,) Infraestruturas Si
Debilidade Limitación de idade no proxecto E-Dixgal. Oferta Non
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares. Oferta Non
Debilidade Existencia dunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade Adopción de innovacións educativas. Persoal docente Si
Debilidade Incorporación das tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Uso activo e creativo das aulas virtuais. Persoal docente Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Fortaleza Motivación do alumnado de cara ao aprendizaxe dixital. Alumnado Non
Fortaleza Valoración positiva das familias con respecto aos avances tecnolóxicos implementados. Familias Non
Fortaleza Programas educativos promovidos pola administración. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipamento E-Dixgal Infraestruturas Non
Fortaleza Boa resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Proxecto E-dixgal Oferta Non
Fortaleza Boa aceptación ás necesidades do alumnado. Oferta Non
Fortaleza Proxecto Radio na Biblio. Oferta Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación do equipo directivo. Organización de centro Non
Fortaleza Iniciativas para afondar necesidades de formación profesional. Persoal docente Non
Fortaleza Boa comunicación entre a comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Recoñecemento ao traballo alleo. Persoal docente Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Nula dotación de equipamento dixital fora do programa E-Dixgal. Administración educativa Non
Ameaza Aplicacións da consellería pouco intuitivas e prácticass para o uso diario. Administración educativa Non
Ameaza Redución da plantilla docente no centro. Contorna Non
Ameaza Escasez de colaboración entre centros. Contorna Non
Ameaza Pouca relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Contorna Non
Ameaza Dificultade para a dixitalización das familias no rural. Contorna Non
Ameaza Cambios constantes na normativa. Lexislación Non
Ameaza Textos lexislativos ambiguos e pouco claros. Lexislación Non
Oportunidade Financiación europea. Administración educativa Si
Oportunidade Participación en diferentes proxectos de ámbito educativo. Administración educativa Si
Oportunidade Moi boa colaboración e aportación de equipamentos por parte da anpa do centro. ANPA Non
Oportunidade Sensibilización coa necesidade dunha educación dixital. ANPA Non
Oportunidade A pandemia manifestou que un PD é un proceso necesario. Contorna Non
Oportunidade Centros próximos con boa sintonía e cos mesmos programas. Contorna Non
Oportunidade Colaboración con centros próximos (FP, facultades,...) Contorna Non
Oportunidade Está máis presente a competencia dixital. Lexislación Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de analizar os datos anteriores, tomamos como accións prioritarias para este curso 23/24 os seguintes:

Continuar co proceso de dixitalización das distintas xestións do centro, fomentando un uso responsable das TIC por parte do toda a comunidade educativa.

Actualizar o equipamento do centro.

Promover o emprego das AV e Edixgal.

Fomentar a formación contínua do profesorado e a participación en espazos colaborativos.

Impulsar a utilzación de novas ferramentas tecnolóxicas e motodoloxías que impulsen o traballo competencial do alumnado e a súa motivación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao profesorado no uso do material de polos creativos
O02PD Dotar a aula "Futuro" de material tecnolóxico para traballar co alumnado.
O03PD Realización de proxectos multidisciplinares onde se plasme o uso das novas tecnoloxías e se aplique a metodoloxía STEAM
O04PD Posta en marcha dunha aula informática móbil.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital farase a través de reunións periódicas do Coordinador do PD e a persoa Adix do centro.

Ademáis, tamén se realizarán reunións trimestrais do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

1º Trimestre

No primeiro trimestre acadamos totalemente o obxectivo da posta en marcha dunha aula móbil de informática, utilizando un dos carros aportados pola Consellería e os portátiles dotados durante a pandemia. Nestes momentos contamos cunha aula móbil con 23 dispositivos e 5 tablets.

Tamén comezamos a formación do profesorado, cunha sesión na que estivémos vendo como aplicar o traballo de impresiónn 3D para reforzar os contidos vistos na aula. Tivo moi boa aceptación por parte do profesorado do centro.

En canto á dotación da Aula Futuro con material tecnolóxico, seguimos á espera de que desde a Consellería nos envíen o material destinado ao Proxecto de Polos Creativos. De momento, contamos co carro de portátiles e con material que tiñamos de anos anteriores, como 5 caixas de Lego Wedo 2.0

A realización de proxectos interdisciplinares, estamos comezando a traballar nese ámbito.

2º Trimestre

No segundo trimestre, continuamos coa formación do profesorado. Neste trimestre estivemos vendo como traballar na aula cos kits de Robótica de TrueTrue e de Makeblock.

Como comentamos no trimestre anterior, a aula de infromática móbil está totalmente operativa e funcionando.

En canto á realización de proxectos interdisciplinares, xa hai algúns en marcha, como a elaboración dun sistema solar no que traballamos ciencias sociais, plástica, matemáticas,...

Tamén utilizamos a impresión 3D para a realizaicón de proxectos como o da Flotabilidade, onde os alumnos en grupos teñen que deseñar (aquí aplicamos a plástica) o seu propio barco que logo será impreso en 3D para ver cal deles soporta un peso maior sen afundirse, traballando desta forma ciencias naturais e a natureza dos materiais.

A dotación da aula Futuro segue no mesmo punto no que estaba xa que ainda non recibimos ningún material por parte da Consellería. Seguimos á espera.

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A final de cada curso e dentro da memoria final levarase a cabo unha valoración dos obxectivos propostos para cada curso, e o grao de cumprimento dos mesmos, así como das accións previstas para acadar cada un deles.

Realizarase unha valoración continua unha vez ao trimestre podendo modifcar as accións ou propostas de mellora de ser necesario.

Na avaliación final a final de curso teráse en conta o logro dos obxectivos de mellora propostos, para poder facer as modificacións oportunas cara a actualización de necesidades e propor novos obxectivos no Plan do seguinte curso.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez o Plan Dixital sexa aporbado polo Consello Escolar, realizaránse as seguintes accións para a súa difusión:

• Farase pública a través da web do centro, onde están publicados tódolos documentos oficiais de centro.

• Enviarase un Abalar ás familias anunciando a publicación do mesmo.

• Formará parte do PEC do centro

• Actualizarase cada ano na correspondente PXA.