Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Ceip Praza de Barcelos atópase no centro urbano da cidade de Pontevedra. É un dos centros de primaria da vila que conta cunha poboación aproximada de 85.000 habitantes, e a súa actividade básica está centrada no sector servizos.

A elaboración e implementación deste Plan Dixital ten como obxectivo favorecer o emprego habitual das TIC´s no proceso de ensino-aprendizaxe e na comunicación coa comunidade

educativa, de xeito que fomentemos a mellora da calidade da educación por medio da su¿a integración nos procesos educativos cotiás, fomentando a su¿a competencia dixital, tanto do

alumnado como do profesorado. É por iso que marcamos unha serie de obxectivos xerais para traballar en cada unha das especialidades, plans e proxectos que se inclu¿en na

Programación Xeral Anual do curso 22/23.

- Afondar no uso das TIC´s como recurso metodolóxico nas aulas.

- Dotar ao alumnado dunha competencia dixital axeitada ás súas idades.

- Fomentar o uso da web do centro como medio para compartir experiencias e información coa comunidade educativa, así como da aplicación AbalarPro.

- Elaborar material didáctico en formato dixital favorecendo a coordinación e implicación do profesorado do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Plan de Acción foi elaborado a partir da análise DAFO seguindo unha secuencia de pasos.

- En primeiro lugar foi necesario establecer as áreas prioritarias e determinar os obxectivos a conseguir. Para isto cada obxectivo debía ser específico, medible, alcanzable, relevante e axustadosa un marco temporal. Ademais os obxectivos foron contextualizados en áreas de mellora.

Definíronse tres obxectivos dentro das áreas de pedagoxía (apoios e recursos) e infraestrutura e equipamento.

- No seguinte paso determinouse ata onde se quere chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información ven reportada polos indicadores e os seus valores de partida e

de chegada. Para isto os indicadores debían ser claros e medibles e respostar a escalas nume¿ricas.

- Tras o establecemento dos indicadores, determináronse as accións para conseguir cada obxectivo. Así mesmo foi necesario elixir os responsables das mesmas, acordar unha temporización e determinar os recursos necesarios.

- Finalmente para cada obxectivo cumprimentouse unha táboa que recollía esta información. A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do

Plan.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado con competencias dixitais insuficientes Alumnado Non
Debilidade Centro con instalacións e servizos insuficientes. Infraestruturas Non
Debilidade Profesorado con competencia dixital mellorable. O Profesorado carece de tempo para desenvolver materiais para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado presenta umha gran motivación antes as tecnoloxías e os recursos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Actitude positiva por parte das familias nas actividades propostas polo centro. Familias Non
Fortaleza Grande variedade de materiais educativos efacilidades para atopalos Oferta Non
Fortaleza O profesorado participa en programa de denvolvemento profesional. O profesorado colabora no fomento do uso das tecnoloxías. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O centro carece de estratexias dixitais. Carga administrativa e burocrática excesiva nos centros. Administración educativa Non
Ameaza Falta de material que repercute negativamente en profesorado e alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de experiencias previas que dificultan a elaboración. Outras Non
Oportunidade Establecer cursos de formación para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Elevado interese por parte das familias na colaboración de todo aquello que ten que ver co centro. Alto grao de aceptación e colaboración nas propostas xeradas dende o centro. ANPA Non
Oportunidade Aproveitar espazos no centro que van quedando baleiros por mor da baixada de matrícula. Contorna Non
Oportunidade Proximidade a centros de interese como o Museo de Pontevedra, mercado, río Lérez... Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A elaboración do Plan Dixital estivo rexida polo establecido na Resolución de 3 de setembro pola que se dictan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, e

guiada e orientada polas pautas recibidas durante o PFPP realizado durante o curso 21/22 polo profesorado do centro. Contamos coa axuda do equipo ADIX e da asesora do CAFI.

A temporalización prevista cumpriuse aínda non sen dificultades xurdidas polo que a maior parte deste documento foi elaborado nos u¿ltimos meses do

curso 21/22.

O equipo de dinamización do plan dixital coordinou o traballo do grupo de profesorado para recoller neste documento as aportación de todos.

As actuacións levadas a cabo incluíron a reflexión persoal sobre o emprego das tecnoloxías

dixitais no centro e nos procesos de ensino-aprendizaxe mediante o cuestionario SELFIE e o Test de CDD, a realización da análise DAFO do centro, a realización do inventario TIC para

completar a análise dos medios e recursos tecnolóxicos do centro, a selección de obxectivos prioritarios e accións para acadar unha mellora da competencia dixital e o establecemento

dun procedemento de seguimento do plan.

As sesións do PFPP comezaron no mes de novembro e remataron en maio. Fixe¿ronse oito sesións de du¿as horas de traballo grupal e du¿as sesións de du¿as horas de traballo individual.

As sesións de traballo leváronse a cabo de xeito virtual con ordenadores conectados aInternet, empregándose diversas plataformas virtuais corporativas como Aula Virtual,correo electrónico...

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (B)
O02PD Actualizar o NOF do Centro (NOF)(E)
O03PD Promover o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado de primeiro e segundo ciclo de Ed. Primaria
O04PD Cumplimentar o inventario dixital do centro na aplicacion da xunta

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento periódico do Plan conforme marca a lexislación e co fin de garantir o seu cumprimento. A asesora Adix realiza visitas periódicas ao Centro ou ben de forma telemática para comentar aspectos relativos ao mesmo.

1º Trimestre
  •  O obxectivo  O01PD está acadado xa prácticamente. 
  •  Os obxectivos   O02PD  e  O03PD   están en proceso e en prazo
  •  O obxectivo  O04PD está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
2º Trimestre
  •  O obxectivo  O01PD está acadado xa prácticamente. 
  •  Os obxectivos   O02PD  e  O03PD   están en proceso e en prazo
  •  O obxectivo  O04PD está pendente da activación por parte de AMTEGA da aplicación Inventario.
3º Trimestre

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan será avaliada por un indicador de valoración que axudará a determinar si o obxectivo e¿ alcanzado ou si haberá que introducir algunha modificación.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos e¿ o seguinte:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da su¿a realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións,

a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano.Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo consello escolar, o Plan Dixital foi publicado e difundido entre toda a comunidade educativa mediante a súa publicación na páxina web do centro.