Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital.

 

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

 

O Plan Dixital de Centro ha de ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado. É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual (PGA) do presente curso.

 

Ao tratarse dun centro no que está implantado o plan Abalar desde 5º de Primaria ata 4º da ESO, o papel que xoga o Plan Dixital é de vital importancia para mellorar o desempeño, tanto do profesorado como do alumnado, no uso das novas tecnoloxías como ferramenta para a adquisición de novos contidos e o desenrolo de novas habilidades e competencias dentro do ámbito das novas tecnoloxías.

 

A súa aplicación implicará unha mellora substancial na rede de todo o colexio así como unha mellora das infraestruturas e medios, o que permitirá un mellor desenrolo dos contidos recollidos nas programacións das distintas materias e cursos.

 

Proceso de elaboración

O proceso de elaboración y coordinación do Plan Dixital segue unha estratexia baseada en tres fases ou momentos de desenvolvemento do mesmo: análise, desenvolvemento e avaliación: a análise lévase a cabo mediante ferramentas como o Test Selfie, o TestCDD e un informe DAFO; o desenvolvemento supón o seguimento das diferentes accións a realizar no presente curso; e, por último, a avaliación implica a recolección de datos e valoración dos resultados acadados.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As ferramentas empregadas nesta fase de análise foron:

Selfie: É unha ferramenta deseñada para axudar aos centros educativos a integrar as tecnoloxías dixitais na docencia, a aprendizaxe e a avaliación do alumnado. Pode poñer de relevo que é o que funciona, en que aspectos necesítase mellorar e cales deberían de ser as prioridades.

TestCDD: Documento creado para servir de axuda ao docente, que realiza o cuestionario para coñecer a súa competencia dixital.

 

 

Interno
64 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non aprende de maneira eficiente a creación de contidos dixitais, moitas veces distraido pola multitude de contidos que hai á súa disposición na rede. Alumnado Si
Debilidade Mostra certa reticiencia a traballar determinados contidos dixitais en combinación con outros medios. Alumnado Si
Debilidade Debido á pandemia, perda dunha base firme de coñecementos, así como das ganas de innovar e investigar na aplicación das novas tecnoloxías ao proceso educativo. Alumnado Non
Debilidade Uso dos equipos dixitais para actividades que nada teñen que ver con aspectos de aprendizaxe ou mellora de competencias. Alumnado Si
Debilidade Falta de interese nalgúns casos por mellorar as súas competencias en materia dixital para axudar aos seus fillos. Familias Si
Debilidade Algunhas familias non están afeitas ao uso das novas tecnoloxías como ferramenta educativa e mostran certa reticencia. Familias Si
Debilidade Descoñecemento en moitos casos de ferramentas como o "control parental" habilitable nos portátiles para protexer aos seus fillos dun mal uso das ferramentas dixitais. Familias Si
Debilidade O noso centro os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, pero estes son escasos e insuficientes, o que obriga a establecer unha rotación de quendas á hora do seu uso. Infraestruturas Si
Debilidade As dimensións do centro (edificio central de tres plantas, pavillón e zona axardinada con pistas) non axudan a ter unha rede wifi estable ou que alcance a todos os lugares necesarios. Infraestruturas Si
Debilidade Conexión a internet pouco estable pola falta de nodos de fibra directos ao centro, o que obriga a "solucións creativas" para obtela (tender un cable de fibra varios centos de metros desde o nodo máis próximo ao centro). Infraestruturas Si
Debilidade Sistema de repetidores wifi no centro parcheado constantemente por falta dun investimento adecuado. Infraestruturas Si
Debilidade Os diferentes medios e materiais usados obrigan a un constante mantemento da rede local e dos equipos docentes debido ás inestabilidade provocada na rede. Infraestruturas Si
Debilidade As aulas carecen dunha impresora conectada ao equipo da clase co que hai que recorrer á impresora de secretaría para as copias necesarias de distintos contidos para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de coordinación entre os distintos departamentos á hora de realizar proxectos interdisciplinares conxuntos. Organización de centro Non
Debilidade Pouca participación do Consello Escolar nas actividades lectivas do centro. Organización de centro Non
Debilidade No centro, a pesar de que hai unha estratexia dixital, esta está nas súas fases inciales e necesita ser desenvolta máis amplamente. Organización de centro Si
Debilidade No centro non se avalían os progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Algúns programas de recuperación son obsoletos e non teñen en conta as novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Debilidade Métodos tradicionais de avaliación que dificultan o uso do portfolio ou as rúbricas. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado atopa dificultades para utilizar as tecnoloxías dixitais á hora de avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O plan debería estar elaborado por todo o claustro de profesores, pero son moi poucos os que mostran certo interese niso. Persoal docente Non
Debilidade O uso de metodoloxías tradicionais por parte dunha parte profesorado non favorece a aplicación das novas tecnoloxías na aula. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non fomenta de maneira adecuada a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se usan de forma adecuada por parte do profesorado as tecnoloxías dixitais para facilitar unha retroalimentación eficiente ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O persoal non docente carece duns coñecementos amplios para poder crear ou traballar con recursos dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado pode usar distintos dispositivos dixitais que o centro posúe e pon á súa disposición en distintas aulas do mesmo (biblioteca, sala de informática e aulas). Alumnado Si
Fortaleza No noso centro vélase por que o alumnado aprenda a actuar dunha maneira segura na internet. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopou na internet. Alumnado Si
Fortaleza Non hai moita conflitividade no centro, o que facilita o desenvolvemento de todo tipo de actividades grupais. Alumnado Si
Fortaleza O centro asegúrase de que o alumnado desenvolva as habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza Boa vontade de traballo á hora de facer actividades grupais, participar en certames de distinta índole e que involucren ás novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza Moi boa aceptación por parte do alumnado da plataforma Classroom for Education, de Google, para desenvolver todo tipo de actividades e estar en contacto constante cos seus profesores e o centro. Alumnado Si
Fortaleza A maioría contan cunha conexión da internet en casa, o que favorece a continuación do traballo realizado nas aulas relativo ás novas tecnoloxías. Familias Si
Fortaleza As familias están abertas a unha comunicación constante e activa co centro en moitos casos. Familias Si
Fortaleza As familias móstranse interesadas en mellorar a comprensión do uso de ferramentas que involucran as novas tecnoloxías, tales com Abalar móbil. Familias Si
Fortaleza O compromiso de moitas familias de manter en bo estado o equipo portátil do alumno e traelo cargado de casa, o que facilita o desenvolvemento das clases. Familias Si
Fortaleza Hai un compromiso coas actividades realizadas no centro, chegando á colaboración activa en moitos casos. Familias Non
Fortaleza No noso centro existen medios de protección de datos de acordo á lei comunitaria sobre centros educativos. Infraestruturas Si
Fortaleza Disponse dun técnico en mantemento que presta asistencia cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais ao dispor do profesorado para o seu uso no ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza Póñense ao dispor do alumnado dispositivos dixitais que son propiedade do centro para que o alumno póidaos usar cando os necesite. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro pon ao dispor dos alumnos con necesidades educativas especiais tecnoloxías asistenciais adaptadas de forma individual. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro posúe ou administra dispositivos portátiles que o alumnado pode levar a casa no caso de que sexa necesario. Infraestruturas Si
Fortaleza A dirección apoia ao profesorado para que explore novas modalidades de ensino. O centro dispón ademais de servizo de comedor durante toda a semana, o que facilitica a conciliación familiar, contando tamén co Plan Madruga. Numerosas actividades extraescolares que abarcan multiples ámbitos como os idiomas (inglés e alemán), as artes plásticas (taller de pintura), actividades deportivas (karate e ximnasia rítmica), así como tamén a oferta en curso de Informática para Primaria e Róbotica para todos os niveis educativos. Oferta Si
Fortaleza O uso da plataforma Classroom como base para o traballo de aula virtual, tamén permite a asistencia ás clases daqueles alumnos que han de gardar corentena polo Covid a través da ferramenta de videoconferencia da propia plataforma. Esta caracterízase por unha gran estabilidade e a seguridade, evitando a filtración dos datos do alumnado fose da contorna educativa. Oferta Non
Fortaleza Todas as aulas contan cun computador para o profesorado e con taboleiro dixital, ademais de conexión Wi-fi. Oferta Si
Fortaleza Celébranse ao longo do curso actos relacionados coa convivencia como o Día da Paz, Dia da síndrome de Down, Día da muller, así como actividades relacionadas con festivos locais e nacionais (Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, etc.) que moitas veces involucran o uso de novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Concienciación do equipo directivo da importancia do uso das TICs e da realización dun Plan Dixital de Centro que sexa práctico e eficiente. Organización de centro Si
Fortaleza O centro conta con certificación ISO de calidade, o que modernizou e homoxeneizou gran cantidade de documentos do mesmo. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo involucra ao profesorado no desenvolvemento da súa estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Integración do Plan Abalar a partir de 5º de Primaria ata 4º da ESO. Organización de centro Si
Fortaleza O centro dispón dun histórico de datos sobre aspectos do funcionamento do mesmo (satisfacción medida a través de enquisas anuais, aprobados e materias impartidas...) o que facilita o establecemento de liñas de actuación obxectivas. Organización de centro Non
Fortaleza O noso profesorado usa de forma regular tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega, na medida do posible, contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso profesorado adoita buscar recursos dixitais en liña para enriquecer o proceso de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Facilítase o acceso á posibilidades do DCP no relativo ao ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado reforza o seu labor de ensino mediante a creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza As tecnoloxías dixitais úsanse para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado usa tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Tanto o orientador, como outros profesores auxiliares, teñen acceso e conta na plataforma Classroom para manter o proceso de ensino e aprendizaxe o máis actualizado posible. Persoal non docente Non
Fortaleza O persoal non docente participa de forma activa na inclusión do alumnado con NNEE ou discapacidades nas actividades grupais e colectivas, tanto a nivel de aula como de centro. Persoal non docente Non
Fortaleza O orientador do centro participa activamente, en colaboración co profesorado e a dirección do centro, na organización de charlas e eventos relacionados con aspectos craves de problemáticas social a través do uso das novas tecnoloxías: chalas, vídeos e conferencias sobre violencia de xénero, bullying, oportunidades laborais e futuro educativo, educación sexual, etc. Persoal non docente Non
64 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración educativa, a través da UAC, presta apoio para a resolución de problemas relacionados co correo e as credenciais do profesorado; no ámbito da aula virtual, aínda que tamén inclúe aos centros concertados, non lles presta soporte técnico. Administración educativa Non
Ameaza Esixencias de última hora relativas á necesidade de cambiar aspectos como os criterios de avaliación nas programacións, plans de reforzo e outros, que só cargan ao profesorado dun traballo extra cando xa está a piques de acabar o curso. Administración educativa Si
Ameaza A administración educativa non se involucrou de maneira activa en favorecer o acceso a internet do centro. Administración educativa Si
Ameaza Dificultade das familias para manter unha boa organización da ANPA debido ao pouco interese de moitas delas de forma parte desta asociación. ANPA Si
Ameaza É necesaria a implementación dun sistema que permita tomar medidas máis efectivas para identificar as dificultades no proceso de ensino derivadas do uso das novas tecnoloxías ligadas á contorna sociocultural do centro. Contorna Si
Ameaza Dificultades nos accesos ao centro, prexudicando isto ao desenvolvemento de certas actividades nas horas iniciais e finais da xornada educativa. Contorna Si
Ameaza Constante cambio nos plans educativos o que altera o bo desenvolvemento da actividade docente, obrigando a un esforzo por parte de profesorado para estar ao día constantemente ou cambiar as súas programacións segundo díteno as leis, mesmo a metade ou finais de curso. Lexislación Si
Ameaza No centro non se aplican o suficiente as novas tecnoloxías ao colaborar con outras organizaciones. Outras Non
Oportunidade Está en constante comunicación coa Dirección do centro para coordinar de forma efectiva calquera cambio no plan educativo ou as programacións, esixido polas novas leis educativas. Administración educativa Si
Oportunidade A través de subvencións, a administración educativa favoreceu en todo momento a mellora de instalacións e mobiliario do centro dentro duns límites razoables. Administración educativa Si
Oportunidade Mediante a incorporación do Plan Plambe, o centro puido levar a cabo una mellorar substancial, non só das instalacións da biblioteca, senón tamén dos materiais, contribuíndo a unha mellora do catálogo de libros e á súa modernización, así como á creación dun arquivo dixital dos mesmos. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa favoreceu a integración das novas tecnoloxías no proceso educativo promovendo o plan Abalar e o proxecto Edixgal para a dixitalización dos contidos e o acceso á información. Administración educativa Si
Oportunidade A Anpa pode dispoñer da biblioteca para realizar distintas actividades co alumnado ou coa inclusión dos pais e nais no proceso de ensino. ANPA Non
Oportunidade Elección de novos membros da Anpa este curso, cunha clara vontade de participar e involucrarse na vida do centro, ademais de moi receptivos ao uso das ferramentas dixitais. ANPA Non
Oportunidade Boa predisposición de moitos pais e nais (sobre todo en Primaria e Infantil) a participar en actividades de convivencia no centro cos seus fillos, así como outras actividades formativas en familia. ANPA Non
Oportunidade Gran interese do centro en incentivar e fomentar actividades formativas para o profesorado fóra das aulas. Contorna Si
Oportunidade Colaboración con Asociacións culturais ou Ong da localidade (asociación de nenos con NEE). Contorna Non
Oportunidade Aproveitamento das instalacións do centro para distintas actividades de extraescolares para adultos, tanto no pavillón (equipo de fútbol-salga, clases de zoa), como na biblioteca, en colaboración coa Anpa. Contorna Non
Oportunidade Mantemento dunha comunicación constante co concello para elaborar proxectos comúns. Contorna Non
Oportunidade Participación en proxectos doutros centros de forma colaborativa, establecidos a través de redes sociais. Contorna Non
Oportunidade No centro respéctanse os dereitos de autor e licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade Mediante o uso de contas de correo da plataforma Google for Education para todos os alumnos, persoal docente e non docente do centro, asegúrase a protección de datos, posto que esta plataforma conta cunha certificación europea nesa materia. Lexislación Si
Oportunidade Todos os datos relativos ás contas dos alumnos na plataforma Google for Education e, por extensión, en Classroom, só pódense usar no ámbito educativo e están protexidos ante calquera intrusión externa debido á propia configuración da ferramenta. Lexislación Non
Oportunidade Constante oferta cultural (moi limitada durante a pandemia) por parte de museos e institucións científicas, así como empresas de entretemento, desenvolvemento ecolóxico, etc. Outras Non
Oportunidade Colaboración con outros centros para o desenvolvemento de probas que permitan optar ao alumnado a certificacións noutros idiomas (preparación e probas KET, PET e FIRST con certificación da Universidade de Cambridge). Outras Non
Oportunidade Boa recepción e facilidades por parte da Universidade de Santiado para realizar visitas ás súas facultades, de maneira que o alumnado poida facerse unha idea de como funciona a educación a eses niveis. Outras Non
Oportunidade Colaboracións con Asociacións ou Ong que promoven a inclusión do alumnado con NEE ou problemas de mobilidade, na realización de actos para as familias e o alumnado que inclúen tamén a recadación de fondos ou alimentos. Outras Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Atendendo aos resultados do informe DAFO do centro, os obxectivos que deseñemos a partir deste momento deben estar encamiñados a mellorar aspectos relativos aos seguintes apartados:

- Mellora de instalacións a aparatos tecnolóxicos, posto que hai certas carencias neste sentido que deben ser arranxadas para desenvolver de xeito correcto as ensinanzas a través das novas tecnoloxías.

- Plan completo de formación do profesorado sobre a competencia dixital, debido á falta de coñecementos na materia da maioría dos docentes do centro (moitos cercanos a idade de xubilación). 

- Facer máis partícipe as institucións educativas neste proceso de cambio de cara ás novas tecnoloxías, conseguindo que se involucren de xeito máis activo no proceso de ensinanza. 

- Contar a tempo cunha lexislación educativa sólida, sen ter que depender de cambios de última hora que o único que fan e entorpecer a labor educativo do profesorado.

- Contar co concello para unha mellora dos accesos ao centro educativo, evitando as largas colas de espera á entrada e salida do centro. 

- Formar ás familias en aspectos básicos das novas tecnoloxías mediante cursos relacionados con temas como o control parental, protección antivirus, etc. Deste xeito mellorará o seu interese polo traballo dos seus fillos no Plan Abalar. 

- Buscar novas opcións para tratar de mellorar a conexión de internet ao centro educativo, sen ter que depender de ideas creativas que non aportan estabilidade á rede. 

- Habilitar novos espazos no centro para a ensinanza e uso das novas tecnoloxías dixitais. 

- Elaborar un plan de acción desde o novo departamento de TICs do centro, buscando mellorar a coordinación no uso das novas tecnoloxías entre os distintos departamentos.

- Actualizar os métodos de avaliación, adaptándoos aos novos tempos, en consonancia co avance das novas tecnoloxías.  

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar móbil. (A2)
O02PD Mellorar a adquisición de habilidades dixitais na creación de novos contidos dixitais por parte do profesorado. (D1)
O03PD Desenvolver un comportamento responsable no uso das novas tecnoloxías no proceso de aprendizaxe (H3)

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan a través da valoración do estado da execución das accións.

O seguimento trimestral quedará reflectido na aplicación Educalidade a que ten acceso a persoa coordinadora do PD de forma que queden rexistrados os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

A persoa mentora Adix realizará, como mínimo, unha visita por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do devandito plan Dixital.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan van guiadas por uns indicadores específicos que determinaran, a medida que avance o mesmo durante o curso, se os obxectivos foron alcanzados ou se é necesario realizar variacións no enfoque destas accións durante o curso para que as propostas feitas materialícense.

Levarase a cabo unha avaliación procesual na reunión do Departamento de Coordinación TICs que se fai ao finalizar cada trimestre, e será aquí cando se tomen as medidas correctores por si un obxectivo non se houbera alcanzando ou, sendo alcanzado, non logra o fin inicial proposto.

Ao final do curso académico levarase a cabo una avaliación final por parte do Departamento de Coordinación TICs, valorando os logros obtidos e realizando novas propostas de mellora para o curso seguinte. Tamén se elaborará unha enquisa de satisfacción entre o profesorado para comprobar como calaron as medidas tomadas.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital polo Consello Escolar, este será incluído no Plan Xeral de Centro e no Proxecto Educativo de CPR Plurilingüe Abrente, e tamén publicado na web oficial do colexio (www.colexioabrente.com) no apartado relativo á informacións do centro Info.

Do mesmo xeito, se fará chegar a todo o profesorado para dar a coñecer as actuacións que se levarán a cabo e así dar a coñecer aos responsables de cada acción.