Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

A Fundación Menela presta atención educativa a nenos e nenas diagnosticados con Trastorno do Espectro do Autismo no Centro de Educación Especial MENELA, en Bouzas-Vigo. O Centro está concertado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, estruturándose en 8 unidades educativas.

Situado en Alcabre, zona litoral e próxima á zona urbana de Bouzas e Coia. Ben comunicada co núcleo urbano tanto polo transporte público coma pola furgoneta do centro, o que facilita acceder a recursos e actividades que ofrece a comunidade.

Estas estanzas encóntranse encravadas nunha extensión de 3000 metros cuadrados.

Non se pode facer un encaixe socioeconómico, sociocultural, rural/urbano…xa que a elección do noso centro polas familias baséase no diagnóstico dos alumnos: TEA e discapacidade intelectual. Esta circunstancia non é asociada a ninguna característica que se poida concretar en un determinado agrupamento. En conclusión, a variedade e casuística de cada familia é completamente diferente de un caso a outro, o que condiciona un axeitamento en cada caso ás características da mesma.

O noso centro leva a cabo os seguintes plans e proxectos:

  • Proxecto “Voz Natura”

  • Plan de actividades deportivas, FEGADDI.

  • Plan de actividades complemetarias, de lecer e tempo libre.

  • Plan de formación do profesorado

  • Plan “Día Mundial do Autismo” no contexto educativo.

  • Obradoiros: Domésticos, xardinería, cociña, secretaría, elaboración de materiais adaptados, de suministros e reposición de materiais, reciclado de papel, plásticos e cartón.

    Contribuiremos co Plan Dixixtal na Programación Xeral Anual do curso 23/24.

Breve xustificación do mesmo

Para levar a cabo o Plan Dixital do noso centro seguimos a seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

Proceso de elaboración

A elaboración deste plan comezou no mes de setembro co nomeamento do coordinador por parte da Dirección do Centro. A continuación, nos claustros de mestres decidiuse a elaboración do PD realizando no tempo esixido as partes propostas polo mesmo.

Elabórase por tres mestres do centro que comunican periodicamente o resto do equipo os procesos realizados.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información levados a cabo foron: SELFIE e o test CDD. ( VER ANEXOS)

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H.6 Outorgar recoñecemento o traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade H.8 Aprender a comunicarse Alumnado Non
Debilidade H. 1 Comportamento seguro Alumnado Non
Debilidade H.3 Comportamento responsable. Alumnado Non
Debilidade H.4 Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade C.1 Infraestructura Infraestruturas Non
Debilidade B.1 Avaliación do progreso Infraestruturas Non
Debilidade C.2 Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Debilidade A2 . Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Debilidade A.1 Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade B.1 Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade F6 Proxectos interdisplinares Persoal docente Non
Debilidade B.3 Colaboracións Persoal docente Non
Debilidade G5 Autorreflexión do aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G.7 Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade D.2 Participación no DPC Persoal docente Non
Debilidade D.3 Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Debilidade E.3 Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G.3 Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Fortaleza C.3 Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza C.8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C.5 Asistencia Técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C.7 Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E4 Comunicación con la comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza F.1 Adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F.4 Inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza B.2 Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza F3 Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza F5 colaboración do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.1 Infraestructura Administración educativa Non
Oportunidade C.5 Asistencia Técnica Administración educativa Non
Oportunidade C.3 Acceso a internet Administración educativa Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

En base aos resultados obtidos no DAFO e as reunións do equipo docente mantidas plantexamos os obxetivos que se citan a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar a aula virtual ( Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe)
O02PD Fomentar o uso de tics na aula virtual(H.1 Comportamento seguro)
O03PD Utilizar de xeito adecuado as TICS( H.1 Comportamento seguro)

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento mantendranse reunións periódicas do equipo do Plan Dixital, así como reunións co mentor Adix.

1º Trimestre

- Martes 10 de outubro. Reunión co coordinador de Adix ( Rodri). Revisión e implantación  do Plan Dixital do curso 23/24.

- Martes 24 de outubro. Reunión do equipo do Plan Dixital. Solicitar o grupo de traballo e comezar a modificar os obxectivos do Plan Dixital.

- Martes 31 de outubro. REunión do equipo do Plan Dixital. Modificar datos do Plan Dixital.

2º Trimestre

- Martes 23 de xaneiro. Reunión co coordinador Adix( Rodri). Repaso do seguimento das accións do PD.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 A dirección do centro e o equipo de coordinadores do PD nas reunións que se celebren no claustro semanal, estblecerán un tempo determinado para tratar o tema PD.

 Os docentes de cada aula darán acceso aos asistentes técnicos educativos a implementación, uso e participación no PD.