Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O C.P.R. San José é un centro de titularidade privada que está situado na parroquia de Borreiros, no concello de Gondomar.
Sitúase no enderezo Barrio Telleiro, 12 Borreiros, C.P. 36378 Gondomar. O correo electrónico é cpr.sanjose.gondomar@edu.xunta.gal. Tamén conta con páxina web https://www.guarderiasanjose.com.
Trátase dun centro de doble línea que imparte a etapa de Educación Infantil. No curso escolar 2023/2024 conta con un total de 108 alumnos matriculado é disbribuidos en 6 unidades. O claustro está composto por 7 profesores. 
      
O C.P.R. de Educación Infantil San José, dirixido polas Misioneiras de María Mediadora, atópase situado na zona rural de Borreiros, o seu ámbito sociocultural é heteroxéneo, xa que polo seu enclave xeográfico, tres concellos conflúen no Centro: Gondomar, Baiona e Nigrán.O plan dixital é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.Para facer o noso Proxecto Educativo temos en conta que é un Centro único e exclusivamente de 1º e 2º Nivel de Educación Infantil, e desde esta realidade elaboramos o noso Proxecto e facemos todas as programacións. O Centro non pode permanecer á marxe das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Os nenos e as nenas conviven desde o seu nacemento con todo tipo de equipos tecnolóxicos, e é un feito que viven con máis interese as actividades escolares e que manteñen mellor a atención se na aprendizaxe empréganse medios tecnolóxicos: ordenador, Taboleiro dixital.… Polo tanto, a linguaxe audiovisual e as tecnoloxías da información e da comunicación presentes na vida infantil requiren un tratamento educativo que inicie aos nenos e ás nenas na comprensión das mensaxes audiovisuais e na utilización adecuada, identificando o papel que estas novas tecnoloxías teñen nas súas vidas.
      
Este Plan vai ser “o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado e profesorado”. Para iso é fundamental dar un enfoque ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo e  da Programación Xeral Anual para o curso 2023-2024.

O Plan Dixital está concibido como un documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida das súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.


A Educación é un recurso clave para asegurar a igualdade social, a promoción das persoas e máis xenericamente a mellora das condicións de vida de comunidades e persoas. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que a súa vez permitan aproveitar as oportunidades. Por outra banda, as organizacións educativas temos a necesidade de revisar as nosas estratexias co obxectivo de mellorar a capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.
Tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o uso xeneralizado das tecnoloxías da información
e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros.
Ademais da anterior lei mencionada para a elaboración do Plan tívose en conta a seguinte normativa:
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise inicial realizouse tendo en conta os seguintes aspectos:
Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e membros do equipo directivo) coa ferramenta SELFIE y TCC.
Análise dos recursos do alumnado.
Análise da infraestrutura, recursos e estado do centro.
Análise da situación actual.
Para a análise da situación e realizar seguimento do centro no ámbito da innovación escolleuse esta ferramenta, que organiza a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta avaliación:
• Liderado.
• Desenvolvemento profesional.
• Infraestrutura e equipamento.
• Prácticas de ensino e aprendizaxe.
• Prácticas de avaliación.
• Competencia dixital do alumnado.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca formación sobre as novas modalidades de aprendizaxe do uso das competencias dixitais. Pouco tempo para explorar novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Debilidade Escasa creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Boa relación e implicación nas tarefas escolares por parte das familias. Familias Non
Fortaleza Dispomos de dispositivos dixitais e internet en todas as aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo apoia ao profesorado para que probe novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. Oferta Si
Fortaleza Boa estratexia dixital. Dispomos de novas modalidades de ensinanzas. Organización de centro Si
Fortaleza Existe compromiso do claustro en contribuír ao desenvolvemento profesional docente e estan interesados na formación dixital. Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O Centro non recibe achegas económicas para a implantación das novas tecnoloxías. Administración educativa Non
Ameaza Problemas na conexión para acceder a Internet. Contorna Si
Oportunidade A administración impulsa o plan dixital. Administración educativa Si
Oportunidade A lei apoia a novas tecnoloxías nas aulas. Existe lexislación sobre licenzas e recoñecementos de autor, sobre a protección de datos. A lexislación vixente da pulo o plan dixital. Lexislación Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o Centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do Centro no eido dixital e facilita a elaboracióndas liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de Obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presenan os informes. Observanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente analísis DAFO.

A análisis DAFO indicanos que debemos mellorar en:

  • Dotar ao Centro dunha boa conexión a Internet
  • Procurar encontrar achegas económicas para a implantación de novas tecnoloxías.
  • Ofrecer formación  sobre as novas modalidades de aprendizaxe do uso das tecnoloxias dixitais.
  • Organizar tempos para poder explorar novas modalidades do ensino.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Crear recursos dixitais propios.
002PD Establecer un tempo determinado para explorar novas modalidades de ensino.
003PD Coñecer sobre os dereitos de autor, as licenzas creative commons e o dereito de cita.
004PD Manter e renovar os materiais dixitais.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará polo menos unha reunión por trimestre co mentor ADIX asignado, para valorar e asesorar a evolución deste plan dixital.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexitrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Respeto ao obxectivo primeiro de creación de recursos dixitais propios, comezamos a utilizar aplicación interactivas como Canva e incrementaremos o seu uso no segundo trimestre.

En canto ao obxectivo dous acordouse unha hora de reunión semanal para experimentar novas modalidades de ensino. Este obxectivo xa está acadado.

O terceiro obxectivo respecto ás licenzas de autor e dereitos de cita é unha continuación dun obxectivo do curso anterior. Está acadado e siguese recordando ao profesorado para un bo uso neste aspecto.

En canto ao cuarto obxectivo recibimos unha subvención de dotación dixital para renovar dispositivos. Solicitaremos máis dotación nun futuro.

 

2º Trimestre

No primeiro obxectivo, seguimos traballando coa aplicación Canva, icluso reliazando videos.

Anotamos no curso de "Xestión informatizada da biblioteca escolar co programa KOHA, e comezamos a coñecer e utlizar a plataforma PLATEGA.

O curso realizarase no terceiro trimestre.

O segundo e terceiro obxectivo xa estan acadados.

E o terceiro obxectivo seguiremos buscando financiación para rematar de equipar as aulas coas pantallas dixitais.

3º Trimestre

001PDCrear recursos dixitais propios.  Realizado 

002PDEstablecer un tempo determinado para explorar novas modalidades de ensino.   Realizado

003PDCoñecer sobre os dereitos de autor, as licenzas creative commons e o dereito de cita.  Realizado

 004PDManter e renovar os materiais dixitais. En proceso. Envianse solicitudes periodicas para renovar material.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O obxectivos deseñados da escola, se axustaron as necesidades da escola infantil.

O profesodo utiliza cada vez máis recursos dixitais na aula, grazas a formación recibida.

 

 

 

Proposta de mellora

Obxetivos a ter en conta para o futuro plan dixital:

Seguir coa formación do profesorado.

Renvación dos dispositivos dixitais da escola.

Emplear cada vez máis recursos dixitais nas aulas.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Comunicarase o Claustro o Plan Dixital, a parte de ser explicado e aprobado  se é o caso, polo Consello Escolar.
O Plan Dixital do CPR San José, de Gondomar, poderase visualizar libremente desde a plataforma Educalidade. Picando en "Plans de centro", no menú da esquerda e introducindo o nome de "CPR SAN JOSÉ" ou ben, escribindo o código do centro 36015949.