Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O alumnado do noso centro pertence en meirande parte á parroquia de San Xoán de Tirán, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe de procede doutras zonas de Moaña e incluso de Cangas. Unha boa parte do alumnado procede de familias con profesións vinculadas ao mar e ao sector secundario, cunha porcentaxe máis pequena adicada ao sector terciario. A maior parte dos fogares teñen acceso ás tecnoloxías dixitais con conexión a internet.

Este Plan Dixital vai axudar estruturar unha boa parte do traballo, en torno ás tecnoloxías dixitais, que xa se comezou a facer a raíz da situación sanitaria vivida coa chegada da Covid-19. No centro xa se dispón dunha boa infraestrutura dixital, tanto a nivel de conectividade como a nivel de dispositivos a disposición do profesorado e do alumnado, polo que xa se dispón dun bo punto de partida.

Coa súa posta en marcha preténdese afondar naqueles aspectos considerados como debilidades do noso centro e potenciar aquelas fortalezas, deseñando unha estratexia dixital que se integre na filosofía no proxecto educativo do centro e poida dispoñerse ao servizo dos demais plans e proxectos do centro. Esta estratexia pasará tamén a formar parte da Programación Xeral Anual do vindeiro curso.

O plan Dixital de Centro é un documento plenamente xustificado por unha serie de documentos normativos en materia de educación.

Na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no artigo 111 bis, recóllese, entre outras cousas, que as administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. Segundo o establecido neste artigo, no artigo 121 tamén se recolle que o proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro. 

Na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 establécese que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten. 

Finalmente, na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, dítanse instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Para a elaboración do Plan dixital creouse un grupo de traballo coas tres persoas integrantes do equipo directivo, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), baixo a liña “Plan Dixital. Integración das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital”, cun itinerario denominado O Plan Dixital de CEIP Plurilingüe de Tirán. O grupo de traballo contou cun total de 20 horas de traballo entre sesión de traballo en grupo, sesións de traballo individual e sesións de docencia a cargo dos mentores ADIX (asesores para a elaboración do Plan Dixital) correspondentes ao noso centro. Este grupo de traballo foi seguindo unha serie de pasos, nalgúns dos cales tamén participou o resto de profesorado e alumnado.
    • Autoavaliación SELFIE: unha ferramenta en liña que avalía o xeito de empregar as tecnoloxías para aprender e ensinar no centro, por parte do alumnado e profesorado.
    • Test de CDD: realizado polo profesorado facendo unha autorreflexión do seu nivel de competencia dixital.
    • DAFO: análise de aspectos externos e internos do centro analizando debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, por parte do grupo de traballo.
    • Deseño do Plan de acción: establecemento de obxectivos e plan para poñelos en marcha e avalialos, por parte do grupo de traballo
    • Redacción do Plan Dixital por parte do grupo de traballo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Primeiramente analizouse a situación de partida do noso centro en canto a equipamento, infraestrucutras e servizos dixitais. O noso centro pasou a formar parte da rede centros de Escolas conectadas, a través da cal se dotaba aos centros de boas conexións á rede. O noso centro ten unha velocidade de conexión duns 300 Mbps, segundo a media dos test de velocidade realizados. Todas as estancias do centro, aulas, despachos, biblioteca, comedor, etc., contan con conexións cableadas e sen fíos. Todas as aulas están dixitalizadas, con conectividade e con posibilidades de interacción e visualización, contando cando menos con equipo de sobremesa no posto do mestre, PDI e proxector. Desde o curso pasado, as aulas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria contan con monitor interactivo. Igualmente a aula de Lingua Extranxeira, a sala de mestres e a biblioteca. Agás as Aulas E-dixgal de 5º e 6º de E. Primaria, co seu equipamento propio de aula E-dixgal, todas as demais aulas contan con catro equipos de sobremesa para o alumnado no recanto TIC, procedentes da antiga aula de informática. Todos os postos administrativos e de xestión contan con equipo de sobremesa. A biblioteca conta ademais con tres tabletas e dous portátiles a disposición do alumnado, así coma unha mesa táctil interactiva para o alumnado de educación infantil. O centro tamén ten outros catro portátiles a disposición do centro e tamén conta con 4 Escornabots para iniciar ao alumnado en actividades de robótica e programación. Por outra banda temos a disposición do alumnado 26 equipos ultraportátiles e un armario de carga para conformar unha aula móbil de informática. O centro fai uso dos servizos dixitais educativos corporativos como a páxina web do centro (actualmente en remodelación), a aula virtual, E-Dixgal, o espazo Abalar, AbalarMobil e AbalarPro. Ademais conta cun servizo non corporativo de almacenamento na nube para o intercambio de datos e documentos entre o profesorado. A xestión do mantemento do equipamento do centro corre a cargo do coordinador TIC e da empresa RedTyrel que realiza unha visita semanal ao centro para comprobar que todo funciona con normalidade e solucionar calquera incidencia relacionada coas tecnoloxías dixitais.

Seguidamente, como instrumentos de recollida de información utilizáronse os seguintes:

  • Autoavaliación SELFIE: esta ferramenta en liña gratuíta, a través dunha serie de preguntas ao profesorado, equipo directivo e alumnado, avaliou o modo no que se empregan as tecnoloxías dixitais para aprender e ensinar no centro. As cifras que figuran a continuación amosan a media das respostas dos membros do equipo directivo, do profesorado e do alumnado, nunha escala de 1 a 5.
  • Test CDD: unha ferramenta que ofrece unha serie de resultados agrupados da autorreflexión do profesorado participante sobre o seu nivel de competencia dixital.
Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade B1 - Desaxeitada avaliación do progreso con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade A4 - Falta de tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Non
Debilidade A1 - Estratexia dixital débil Organización de centro Non
Debilidade A2 - Insuficiente integración do profesorado por parte do equipo directivo no desenvolvemento da estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Escasas sinerxias para a aprendizaxe híbrida Organización de centro Non
Debilidade C15 - Falta de tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade C11 - Estratexia pouco clara para abordar a fenda dixital Organización de centro Non
Debilidade C16 - Escasos repositorios en liña Organización de centro Si
Debilidade F3 - Pouco fomento da creatividade no alumnado Persoal docente Si
Debilidade B2 - Pouco debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Debilidade B3 - Uso mellorable das tecnoloxías dixitais na colaboración con outras organizacións Persoal docente Si
Debilidade F4 - Motivación do alumnado mellorable Persoal docente Si
Debilidade F6 - Pouco uso de proxectos interdisciplinares de avaliación mediante tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade G7 - Nivel pouco axeitado sobre prácticas de avaliación mediante tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza C5 - Axeitada asistencia técnica no centro Infraestruturas Non
Fortaleza C1 - Boa infraestrutura dixital Infraestruturas Si
Fortaleza C10 - Boa disposición de dispositivos portátiles para o alumnado Infraestruturas Si
Fortaleza C2 - Axeitada cantidade de dispositivos dixitais para a labor docente Infraestruturas Si
Fortaleza C3 - Bo acceso a internet no centro Infraestruturas Si
Fortaleza C8 - Axeitada cantidade de dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza A3 - Liberdade e apoio na exploración de novas modalidades de ensino dixital Organización de centro Si
Fortaleza D2 - Posibilidade de debater e participar no PFPP Persoal docente Non
Fortaleza E2 - Profesorado comprometido coa busca e creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza E3 - Bo uso das contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza F5 - Aceptable uso das tecnoloxías para facilitar a colaboración/cooperación do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza A3 - Liberdade e apoio na exploración de novas modalidades de ensino dixital Persoal docente Si
Fortaleza E4 - Uso axeitado das tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4 - Falta de tempo para explorar o ensino dixital Administración educativa Non
Ameaza OA - Baixa competencia dixital no profesorado, falta de esixencia da competencia no acceso á función pública Administración educativa Non
Oportunidade OA - Posta en marcha do Plan dixital nos centros Administración educativa Non
Oportunidade OA - Os PFPP nos centros Administración educativa Non
Oportunidade OA - A motivación do alumnado no uso das tecnoloxías dixitais Contorna Si
Oportunidade AO - Apoio e desenvolvemento das tecnoloxías dixitais na educación doutras entidades públicas e privadas Contorna Si
Oportunidade C7 - Axeitado sistema de protección de datos Lexislación Si
Oportunidade OA - Boa aceptación da consellería nas propostas de adaptación dos espazos físicos Lexislación Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO permite unha profunda reflexión de cara a establecer os obxectivos do plan de acción, que neste caso serán breves e concisos, pero permitirá ir establecendo outros nos diferentes cursos académicos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para verificar e analizar a fiabilidade da información.
O02PD Optimizar os recursos dixitais a disposición do alumnado para a mellora do desenvolvemento de habilidades dixitais nas diferentes materias.
O03PD Promover o uso da AV do centro por parte do alumnado dos cursos non EDixgal para desenvolver habilidades dixitais.
O04PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado e que teñan un comportamento seguro e responsable.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará, cando menos, unha xuntanza por tirimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará visitas por trimestre para analizar, xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á feramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan.

1º Trimestre

O asesor ADIX visita o centro o 4 de outubro para a súa presentación e a mentorización na implantación do Plan Dixital na aplicación Educalidade.

1. Obxectivo O01PD. Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para verificar e analizar a fiabilidade da información. Pendente, posto que hai accións a desenvolver no resto do curso.

  • AO1.1: Crear grupos de traballo na aula para analizar a información. Acción acadada.
  • O resto das accións son para realizar nos seguintes trimestres.

2. Obxectivo O02PD. Optimizar os recursos dixitais a disposición do alumnado para a mellora do desenvolvemento de habilidades dixitais nas diferentes materias. Pendente, posto que hai accións a desenvolver no resto do curso.

  • AO2.1: Aumentar o equipamento a disposición do alumnado no recanto TIC de cada aula non E-Dixgal. Acción acadada.
  • O resto das accións son para realizar nos seguintes trimestres.

3. Obxectivo O03PD. Promover o uso da AV do centro por parte do alumnado dos cursos non EDixgal para desenvolver habilidades dixitais. Pendente, posto que hai accións a desenvolver no resto do curso.

  • AO3.1: Actualizar e/ou crear cursos na aula virtual e matricular ao profesorado e alumnado neles. Acción acadada.
  • AO3.2: Publicar as actividades nos cursos correspondentes da AV do centro. Acción pendente, aínda sen completar.
  • O resto das accións son para realizar nos seguintes trimestres.

4. Obxectivo O04PD. Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado e que teñan un comportamento seguro e responsable. Pendente, posto que hai accións a desenvolver no resto do curso.

  • AO4.1: Solicitar as charlas do Plan Director relacionadas coas novas tecnoloxías para o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria. Acción acadada.
  • O resto das accións son para realizar nos seguintes trimestres.

 

 

2º Trimestre

O Asesor ADIX visita o centro o 10 de xaneiro para facer o seguimento do Plan Dixital, revisar a avaliación do 1º trimestre e acórdase enviarlle por correo os datos referidos aos PFPP do centro.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación do Plan Dixital farase a través dun proceso de seguimento do seu desenvolvemento e da consecución dos obxectivos, en base ás táboas anteriormente recollidas do Plan de Acción. Neste sentido, no contexto dunha avaliación procesual, farase un seguimento trimestral valorando o estado de execución das accións e a valoración dos seus resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións as propostas de mellora. Nun contexto de avaliación final tamén se fará unha valoración global do logro dos obxectivos do curso e unha proposta de mellora para os vindeiros cursos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes, neste caso claustro e consello escolar, será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do PD, neste caso a persoa directora, terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances dete plan.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36015378