Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

O plan dixital do centro (PDC) é o marco funcional da estratexia dixital que se implementará no centro ao longo dun período de vixencia dun curso académico. Concíbese como o documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais.  A partir desta análise  defínese un plan de actuación que inclúe os obxectivos a conseguir, as correspondentes actuacións específicas, a súa avaliación e difusión. É polo tanto a ferramenta para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, tanto no que respecta a competencia dixital do alumnado como no uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e, en fin, acadar a a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Debe ademais concretarse anualmente na programación xeral anual. Remitimos ao seguinte articulado, no que se concreta a estrutura, que debe conter o plan dixital

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

A administración educativa ven prestando atención específica á formación de cidadáns coas destrezas necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada (Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022. Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022. Resolución de continuidade dos centros da Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal) para o curso 2022-2023) así como o uso das tecnoloxías nas diversas prácticas educativas, entre otras medidas a través da certificación dixital docente (ORDE do 1 de xuño de 2023 pola que se regula o procedemento para a acreditación da competencia dixital docente no ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia)

As organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación e dos recursos educativos dixitais. A través deste plan se pretende:

Manter actualizada a análise da situación do centro en relación á innovación e as TIC para poder deseñar e emprender un proceso de transformación no centro.

Establecer obxectivos específicos, realistas e medibles, artellados mediante accións concretas para conformar a estratexia dixital do dentro a desenvolver neste curso académico

CONTEXTUALIZACIÓN DO CENTRO

O Centro: O IES Indalecio Pérez Tizón debe calificarse como semirural: atópase no casco urbán de Tui, sen embargo, a maior parte do alumnado procede das parroquias rurais próximas (Rebordáns, Guillarei, Caldelas, Baldráns...). Impártese ESO, bacharelato, FPB, CICLOS (rama de electricidade e de comercio) e ESA.

Contamos cun total de 382 alumnos/as, nos que predomina a diversidade cultural e a heteroxeneidade socioeconómica, con certo predominio dun estatus medio - baixo.

Destaca a alta porcentaxe de profesorado con destino definitivo e unha media de idade de entre 40 e 55 anos. En xeral o grao de implicación do profesorado é alto, cun crecente espírito emprendedor. Malia que perviven metodoloxías estritamente tradicionais,  á incorporación de medios e metodoloxías dixitais ao ensino é predominante. Contamos con tres aulas de informática, unha Biblioteca e un salón de actos con equipamento dixital, así como un aula de emprendemento. O centro está ademais incluido na Rede de Centros de Capacitación Dixital 

Por último, destaca e desenvolvemente neste curso de tres plans proxecta, un contrato -programa Innova, o programa EduResponsable, Erasmus+, CUALE, Plambe, Club de lectura e plan director. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A recollida de información para a  elaboración deste plan dixital realizouse ao longo do curso 2021-2022. Organizouse a partir do PFPP no que estaba inscrito o centro, dentro dunha liña de traballo específica para o Plan Dixital. En primeiro lugar, nomeouse a un equipo de traballo formado por: o director (Fernando Ángeles Pérez – Lozao Rodríguez), xefa de estudos diúrnos (Marta Vidal Salomón), xefe de estudos nocturno (Antonio Valén Fernández), o secretario (José Manuel Martínez Lamas), unha das profesoras da materia de tecnoloxía (Fátima Veiga Teijeira) e a vicedirectora (Olalla Aldazábal Elías), sendo esta última a coordinadora do equipo.
Ao mesmo tempo, ademais do CFR de Vigo, o equipo de traballo do Plan Dixital estivo asesorado en todo momento por ADIX Tui, especialmente por Jacob Seijas, profesor do IES Ribeira do Louro de Porriño. Dende a plataforma ADIX seguimos o plan de traballo que se nos propuxo:
- Realización por parte do profesorado, alumnado e equipo directivo da enquisa SELFIE, ferramenta de autoavaliación da da Comisión Europea, que proporciona un informe de situación do centro.
- Explicación ao equipo de traballo sobre como valorar os resultados da enquisa a través de video – conferencia.
- Elaboración dun informe DAFO, cunha análise, reflexión e valoración dos datos sobre a dixitalización do noso centro extraídos do SELFIE.
- Participación do equipo de traballo nunha video – conferencia onde nos explicaron como plantexar os obxectivos de cara a elaboración do plan de acción, a partir dos datos extraídos do SELFIE e do DAFO.
– Deseño do plan de acción a partir das debilidades e ameazas detectadas no informe DAFO.
- Redacción final deste plan dixital, no que se inclúe todo o anterior.
Paralelamente, dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, animouse ao profesorado do noso centro a participar nunha enquisa sobre Competencia Dixital Docente. Os resultados desta enquisa tamén se recollen nas liñas de actuación deste plan dixital.

O contexto DAFO é revisado en cada unha das convocatorias do Plan Dixital.

Interno
64 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxetivos
Debilidade O noso alumnado non aprende a facer un uso responsable de Internet Alumnado Si
Debilidade Xeralmente, o noso alumnado non aprende a crear contidos dixitais nin a comunicarse con tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade Os nosos alumnos/as non aprenden a resolver problemas técnicos que xurden ao usar as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade O noso alumnado non aprende a dar crédito ao traballo de outras persoas Alumnado Non
Debilidade O alumnado percibe que a competencia dixital do profesorado é insuficiente Alumnado Non
Debilidade O noso alumnado non aprende a comprobar se a información que hai en Internet é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade Non nos aseguramos de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias Alumnado Non
Debilidade O noso alumnado non aprende a actuar de forma segura en Internet. Alumnado Si
Debilidade Polo xeral, o noso alumnado non aprende a programar nin a codificar Alumnado Non
Debilidade Unha porcentaxe amplia do profesorado considera que a competencia dixital do alumnado é insuficiente. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital dalgunhas das familias Familias Non
Debilidade Falta de tempo no horario laboral do profesorado para un axeitado mantemento das aulas de informática. Infraestruturas Si
Debilidade Existencia de alumnado que, voluntaria ou involuntariamente, fai un uso incorrecto e/ou inaxeitado dos equipos informáticos. Infraestruturas Non
Debilidade Existencia de equipos informáticos obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade Escaseza de aulas de informática no centro, especialmente para o alumnado de ESO e Bacharelato. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro non hai asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade Comunicación ineficaz entre equipo directivo e o resto da comunidade escolar, en tanto que nin profesorado nin alumnado sabe que contamos con dispositivos portátiles que se poden emprestar ao alumnado para uso educativo tanto dentro como fóra do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai suficientes medidas para identificar os retos que xurden coa aprendizaxe mixta. Infraestruturas Non
Debilidade Non contamos cun plan para axudar ao profesorado a abordar os retos que xurden coa aprendizaxe mixta. Infraestruturas Non
Debilidade O equipo directivo non contribúe a intercambiar experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Non toda a comunidade escolar atopa a información que precisa na web do centro. Organización de centro Si
Debilidade É minoritario o número de docentes que teñen coñecementos técnicos cos que poidan resolver os problemas que xurden coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Non se debate sobre vantaxes e desvantaxes do ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non realiza actividades de aprendizaxe significativa de tipo dixital. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non soe empregar tecnoloxías dixitais para que o alumnado realice observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros/as. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non usa datos dixitais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non valora habilidades dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro. Persoal docente Non
Debilidade O equipo directivo non contribúe a usar tecnoloxías dixitais con fines de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non usa tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non usa tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Unha porcentaxe amplia do profesorado considera que a súa competencia dixital é insuficiente. Persoal docente Non
Debilidade Non avaliamos os nosos progresos en materia de ensinoaprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non hai debates no claustro sobre as súas necesidades de desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non dispón de tempo para explorar novas formas de aprendizaxe con tecnoloxías dixitais, nin se sinte apoiado por parte do equipo directivo e/ou administracións educativas para desenvolver dita exploración. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non soe usar tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non emprega con frecuencia as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non é habitual que o profesorado fomente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non usa tecnoloxías dixitais para avaliar capacidades do alumno/a. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non facilita que o alumnado use tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Conserxería conta cun ordenador portátil obsoleto. Este dispositivo non está conectado a ningunha fotocopiadora nin a Internet Persoal non docente Non
Fortaleza O noso alumnado recibe formación dende o propio centro e dende institucións externas (Plan Director) para realizar un uso responsable de Internet e para actuar na rede de forma segura Alumnado Si
Fortaleza Facilítase o acceso a Internet para o ensino - aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais para o seu uso no ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza Poseemos e administramos dispositivos dixitais portátiles que o alumnado pode levar a casa se é necesario. Infraestruturas Non
Fortaleza O noso centro conta con sistemas de protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza Existen dispositivos dixitais que son propiedade do centro e que están xestionados por el e que o alumnado pode empregar. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos posibilidade de colaborar con outros organismos (como o concello de Tui ou o CFR de Vigo) para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais, en tanto que xa colaboramos con estes noutros aspectos didácticos. Oferta Non
Fortaleza O centro emprega servizos dixitais corporativos para difundir informacións e para o ensino virtual. Organización de centro Si
Fortaleza O noso centro respalda o ensino - aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado ten certa experiencia no ensino en entornos virtuais. Organización de centro Non
Fortaleza No centro respétanse os dereitos de autor e as licencias de uso. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado é quen de facer un seguimento do alumnado a través da Aula Virtual. Organización de centro Non
Fortaleza Toda a comunidade educativa (profesorado, familias e alumnado) fai uso do servizo Abalar Móbil. Organización de centro Non
Fortaleza En xeral, a comunidade educativa pode atopar a información que precisa na páxina web do centro. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado ten acceso a posibilidades de desenvolvemento profesional continuo no relativo a tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O centro conta cun Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), con diversas liñas de formación, entre elas, a actualización no uso de ferramentas da Aula Virtual e aproveitamento de ferramentas da Aula Virtual. Persoal docente Si
Fortaleza O centro promove a creación e adquisición de coñecementos a través dunha PFPP. Persoal docente Si
Fortaleza Dende o centro promóvese a participación do profesorado en actividades formativas organizadas pola Administración Educativa para actualizar as competencias dixitais do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega recursos educativos de tipo dixital abertos. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado usa tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino a necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para comunicacións relativas ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e crea recursos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
64 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxetivos
Ameaza O alumnado usa en casa as tecnoloxías dixitais maioritariamente para o ocio. Contorna Si
Ameaza O uso das TIC para a aprendizaxe é minoritario. Contorna Si
Ameaza Unha porcentaxe significativa de alumnos/as, sobre todo das primeiras etapas da ESO, emprega as redes sociais e as tecnoloxías dixitais con fins ilícitos (bullying, difamacións, divulgación de imaxes e vídeos non autorizados...). Contorna Si
Ameaza O alumnado tende a distraerse cando ten que usar recursos dixitais nos seus estudos. Contorna Non
Oportunidade A preocupación da Administración Educativa por mellorar as TIC no ensino Administración educativa Non
Oportunidade Case ningún membro do profesorado nin do alumnado precisa dun software de pago para realizar o seu respectivo traballo dende a súa casa. Contorna Non
Oportunidade A mínima porcentaxe de alumnos/as que recoñecen ter problemas de acceso a dispositivos dixitais e a Internet fóra do centro. Contorna Si
Oportunidade Boa disposición doutras institucións, como o Concello de Tui, para contribuir ao desenvolvemento de actividades que favorezan o enriquecimento formativo do alumnado. Outras Non
Oportunidade Boa disposición doutras institucións, como o CFR de Vigo, para contribuir ao desenvolvemento de actividades que favorezan o enriquecimento formativo do profesorado. Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A valoración da matriz DAFO visibiliza un peso considerable do cauadrante das debilidades, especialmente no que respecta a infraestruturas e equipamento como na caracterización dos axentes implicados no proceso educativo. Non obstante como fortalezas destaca o esforzo do centro en xeral e do persoal docente en particular por incorporar ás TIC á práctica profesional. Por último conflúen unha serie de factores no marco das oportunidades que favorecen sen dúbida o emprendemento do plan dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxetivo Opcións
001PD Actualizar os equipos informáticos e dixitáis do centro
002PD Poñer en marcha a Radio Escolar
003PD Crear un repositorio online de recursos sobre educación emocional e creatividade.
004PD Concienciar á comunidade educativa da necesidade de empregar as redes sociais con responsabilidade.
005PD Mellorar a organización e visibilización de contidos da páxina web.
006PD Racionalizar a organización dos cursos da Aula virtual

Seguimento

Procedemento

Reunións períódicas con:

- Responsable ADIX

- Equipo Tic.

- Dirección.

Adecuación e revisión progresiva do plan na aplicación Educalidade.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación deste plan dixital realizarase cun seguimento, tanto do desenvolvemento do plan
como da consecución dos obxectivos formulados. Será a persoa responsable estipulada para
cada obxectivo a que ditaminará se este foi acadado ou non.
Trimestralmente, a persoa responsable fará un seguimento do avance de cada unha das accións
propostas para acadar os obxectivos propostos, e fará as modificacións oportunas (en canto a
temporalización, axuste de indicadores…), que fará constar nas valoracións finais.
Na avaliación final, a persoa responsable indicará se o obxectivo foi realizado ou aprazado
durante o curso 23-24. Así mesmo, fará constar nas valoracións finais as modificacións
realizadas e as posibles propostas de mellora cara ao curso seguinte.
 

Valoración xeral
Propostas de Mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será dado a coñecer a través de diversas plataformas a fin de conseguir a súa máxima difusión na comunidade escolar:
• Este documento será remitido por correo electrónico a todo o claustro.
• O plan dixital será publicado na páxina web do centro -en documentos de centro- e terá o
seu propio bloque dentro da web.

Poderá ser consultado na aplicación Educalidade, a través da seguinte ligazón:

 https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014544


• Enviarase unha mensaxe abalar ás familias, notificándolles a existencia deste plan dixital e
a posibilidade de consultalo na páxina web do instituto.