Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Reunións periódicas co equipo do Plan Dixital e co Mentor.
Reunión co Mentor o día 27/09/23, revisión en educalidade do Plan Dixital.
Reunións co equipo do PLan Dixital: 04/10/23, 20/11/23 e 11/12/23. Seguimento do Plan Dixital.
Reunión co Mentor o día 17/01/24, repaso dos seguimentos das accións do Plan Dixital en educalidade.
Reunións co equipo do PLan Dixital: 29/01/24 e 19/02/24. Seguimento do Plan Dixital.
Reunións co equipo do Plan Dixital: 08/04/2024 Seguimento do Plan Dixital.
Reunión co Mentor o día 22/04/24, revisión en educalidade do Plan Dixital.
Avaliación
Logrouse parcialmente o obxectivo 1, os traballos realizados no centro teñen en conta as licenzas e os dereitos de autor, pero non en todo o profesorado nin en todo o alumnado. Creación do equipo Plan Dixital a principio de curso, polo tanto, acadado o obxectivo 2. Obxectivo 3 parcialmente acadado, publicado na aula virtual do centro o recurso educativo propio realizado no PFPP o recurso foi elaborado conxuntamente por todo o profesorado participante no PFPP, destacar a participación de sete departamentos do centro no programa de Polos creativos. Acadouse parcialmente o obxectivo 4 referente a protección de datos en educación.
A valoración xeral é boa, aínda que non se alcanzaron totalmente todos os obxectivos, moito profesorado se está involucrando e está traballando satisfactoriamente.
Implicación de máis departamentos no Plan Dixital. Afondamento no recoñecemento da autoría da propiedade intelectual nos documentos e os materiais que se elaboren no centro. Formación sobre a protección de datos en educación estendéndoa a toda a comunidade educativa. Continuación cos obxectivos non acadados totalmente.
Comunicación e difusión
Ao comezo de cada novo curso se informará aos diferentes membros da comunidade educativa do IES sobre a existencia e os principais contidos do Plan:
• Claustro de Profesorado (Plataforma Educalidade).
• Consello Escolar
• Xunta de Delegados/as do alumnado.
• Información á comunidade educativa a través da páxina web do centro e abalar móbil.