Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Nome: Colegio Hogar Afundación

Dirección: Rúa Filipinas, 6, 36204 Vigo

Correo: cpr.colegiohogarafundacion@edu.xunta.gal

Páxina web: http://colegiohogar.afundacion.org/

Etapas Educativas: Ciclos formativos de Grao Medio e Grao Superior

Nº de alumnado: 600

Nº profesorado: 35

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Colegio Hogar atópase situado na cidade de Vigo. A comarca viguesa, cunha poboación aproximada de 300.000 habitantes, caracterízase pola preponderancia dunha economía diversificada vinculada á industria e aos servizos. Entre os motores da economía de Vigo están a industria automobilística, a construción naval e o sector pesqueiro en toda as súas vertentes.

Debido ao carácter industrial da cidade o índice socioeconómico das familias pode situarse dentro da clase media galega. A renda per cápita autonómica é a sétima mais baixa das comunidades autonómicas de España.

Os ciclos impartidos no centro forman parte de tres familias profesionais: Artes Gráficas, Electricidade/Electrónica e Fabricación Mecánica, de modo que estamos alienados coas necesidades do sector produtivo de Vigo.

O centro leva dende o curso escolar 2018/2019 facendo uso extensivo da Suite de Google, coa aposta e implementación xeralizada de gmail, classroom e drive, tanto para as comunicacións entre o persoal como para o desenvolvemento dos módulos e o acceso a determinada documentación interna de centro.

A situación pandémica en marzo de 2020, que obrigou ao peche total dos centros educativos, puxo de manifesto o acertado da elección pola Suite de Google, xa que nos permitiu poder continuar con clases online, ao menos cos alumnos que tiñan disposición de equipamentos e conexión adecuada nas súas casas para facer o seguimento das mesmas.

De cara ao curso 2020/2021 fíxose un reforzo na infraestrutura de rede cunha ampliación da conexión a internet, entregouse ao profesorado un portátil para uso individual, renováronse 3 aulas de informática, colocáronse puntos wifi para cubrir todos os espazos do centro, posibilitouse que o alumnado puidera acceder a rede do centro mediante equipos persoais, así como o acceso remoto aos equipos do centro para o alumnado confinado que non dispoñía de equipo adecuado para facer as tarefas asinadas polo profesorado.

De cara ao curso 2022/23 preténdese continuar nesta liña de crecemento tanto en infraestrutura como en uso de tecnoloxías dixitais para unha ensinanza e aprendizaxe máis útil, que posibiliten unha mellor competencia profesional por parte dos alumnos.

1.3. Breve xustificación do mesmo

Este plan dixital está contextualizado pola seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

Para a elaboración do plan dixital do centro, en setembro do 2021 constituíuse o equipo directivo como equipo dinamizador deste plan.

Os pasos dados foron acompañados por o mentor que a Xunta puxo a disposición de cada centro educativo. Deste xeito, pasamos por dúas fases:

Fase I: Análise e diagnose de situación do centro

  • Realización da enquisa SELFIE por parte do profesorado e o alumnado
  • Realización do testCDD por parte do profesorado
  • Realización do DAFO:
    • Recóllense ás aportacións do profesorado sobre a análise SELFIE
    • O Equipo Directivo formula o DAFO

Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital

  • O Equipo Directivo plantexa os obxectivos do plan de acción
  • O Equipo Directivo elabora o Plan Dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1.1. Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro ten unha infraestrutura dixital acorde as necesidades operativas. Deste modo,  o centro dispón de dúas liñas de R contratadas, con unha capacidade de 350/50 e 200/20 cada unha delas. Neste momento, estase a realizar unha modificación para reforzar esta conexión, cambiando a unha conexión principal de fibra máis un backup en outra tecnoloxía, de modo que non haxa tanta dependencia de R.

A rede do centro está formada mediante conexión cableada e mediante wifi. Os equipos de sobremesa, tanto de aulas informáticas, aulas técnicas, como de despachos están cableados. A maiores  disponse de conexión wifi para os equipos portátiles, tablets... tanto do profesorado como do alumnado. Calquera equipo para que poida ter conexión tanto a rede interna como a internet debe estar dado de alta nos servidores do centro.

Existen 8 aulas técnicas con equipamento informático de sobremesa para 30 postos de alumno e un posto de profesor. Ademais, hai 2 aulas para proxectos equipados con 20 postos cada unha de elas, así como dous talleres con equipamento informático de apoio con 15 postos. Cada profesor ten a disposición un equipo portátil para o seu uso persoal. Todos os despachos están equipados con pc’s de sobremesa.

O centro ten unha licenza educativa de Google, de modo que para a aula virtual utilízanse as diferentes ferramentas de Google, tales como Classroom, Gmail, Drive, Docs, Sheets, Forms... Cada alumno e profesor ten unha conta corporativa para acceder a todas estas ferramentas. O alumnado pode acceder a información de interese a través dunha clase común, creada en Classroom, para todos eles chamada “Documentos de Centro”, así como a documentación de seguridade de maquinaria e ferramentas utilizadas nos talleres.

Por parte do profesorado faise un uso estendido das ferramentas da Xunta tales como Xade e Programacións. Por outra banda moitos alumnos adoitan consultar tanto as notas como as faltas de asistencia por medio de Abalar.

O mantemento da rede e servidores do centro corre a cargo dunha empresa externa. O mantemento do equipo informático corre a cargo, en primeira instancia, do profesorado asinado as aulas técnicas.

O centro dispón de páxina web e da rede social intagram.

Autoavaliación SELFIE: A modo de resumo indícase as respostas por grupo en cada unha das áreas do informe SELFIE coa súa puntuación:

Areas/Grupos/Media das respostas

A -Liderado

Equipo Directivo: 2,7

Profesorado: 2,7

B- Colaboración e redes

Equipo Directivo: 2,4

Profesorado: 2,7

Alumnado: 3,2

C- Infraestruturas e Equipos

Equipo Directivo: 3,8

Profesorado: 3,3

Alumnado: 3,7

D- Desenvolvemento profesional continuo

Equipo Directivo: 2,7

Profesorado: 2,9

E- Pedagoxía/Apoio e Recursos:

Equipo Directivo: 3,6

Profesorado: 3,7

Alumnado: 4,5

F- Pedagoxía/Implementación na aula:

Equipo Directivo: 2,7

Profesorado: 3

Alumnado: 3,8

G- Prácticas de avaliación

Equipo Directivo: 2,7

Profesorado: 2,8

Alumnado: 3,5

H- Competencias dixitais do alumnado

Equipo Directivo: 2,6

Profesorado: 2,9

Alumnado: 3,7

 

Neste exercicio de auto-reflexión a participación de membros do equipo directivo, do profesorado e do alumnado foi como sigue:

Equipo Directivo: 100% (5/5)

Profesorado: 87% (27/31)

Alumnado: 62% (367/588)

 

Nos perfiles de Equipo Directivo e Profesorado, so se lles propuxo ao persoal con máis de 1 ano no centro.

Test CDD: A modo de resumo recollese a seguinte información en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD.

Participación segundo perfil do profesorado:

N.º profesorado que participa/ N.º profesorado total/ % participación

Definitivo: 30 / 33 / 93,75%

Substituto: 1 / 1 / 100%

 

Puntuación e nivel de competencia do centro:

Puntuación media do test (sobre 192): 86,9

Nivel de competencia: Integrador/a (B1)

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192): 80,3

Nivel de competencia en Galicia: Integrador/a (B1)

 

Distribución do profesorado por niveis:

Total profesorado no nivel de competencia / % de profesorado participante neste nivel

Explorador/a (A2): 7 / 22,6%

Integrador/a (B1): 13 / 41,9%

Experto (B2): 10 / 32,3%

Líder (C1): 1 / 3,2%

TOTAL: 31 / 100%

 

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 26. Comentarios entre alumnado sobre seus traballos 27. Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais 28. Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais 29. Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na internet 30. Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais 31. Diversidade da competencia dixital Alumnado Non
Debilidade 5D. Política de protección de datos 7D. Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Non
Debilidade 34. Esixencia moi alta de equipamento dixital Oferta Non
Debilidade 35D. Sinerxias para o aprendizaxe mixto 37. Existencia dunha estratexia dixital 38. Participación das empresas na estratexia 39. Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos 40. Tratamento das licenzas e dereitos de autoría 41. Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía Organización de centro Non
Debilidade 17. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais 18. Participación en proxectos interdisciplinais 19. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación 20. Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas 12D. Creación de recursos edu-cativos dixitais 21. Tratamento das licenzas e dereitos de autoría Persoal docente Non
Fortaleza 23. Empleo de entornos virtuales de aprendizaxe 24. Podo facer un seguimento das miñas tarefas a través da aula virtual do centro na maioría das materias 25. Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para a ensinanza 2. Acceso a internet 3. Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado 4. Resolución de incidencias técnicas 5F. Política de protección de datos 6. Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais 7F. Características do software ins-talado nos equipos Infraestruturas Non
Fortaleza 32. Tipoloxía da oferta educativa do centro 33. Ciclos cun requirimento alto de dixitalización Oferta Non
Fortaleza 35F. Sinerxias para o aprendizaxe mixto 36. Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro Organización de centro Non
Fortaleza 8. Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino 9. Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado 10. Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital 11. Transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais 12F. Creación de recursos educativos dixitais 13. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación 14. Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa 15. Características das plataformas e aplicativos online utilizados 16. Uso activo e creativo de aulas virtuais 22. Persoal con boas competencias dixitais no seu ámbito Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Achegas económicas que recibe o centro 2. Actuacións da administración educativa Administración educativa Non
Ameaza 5A. Existencia de proxectos externos 6A. Condicións socioeconómicas da contorna 7A. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación Contorna Non
Ameaza 3. Lexislación educativa 4. Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo Lexislación Non
Oportunidade 5O. Existencia de proxectos externos 6O. Condicións socioeconómicas da contorna 7O. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participa Contorna Non
Oportunidade 8. Estabilidade laboral do persoal docente 9. Colaboración con institucións alleas ao centro educativo 10. Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa 11. Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo 12. Dotación de equipamento tecnolóxico 12. Incorporación de equipamento dixital (xemelos dixitais, simu-ladores, realidade aumentada, realidade virtual¿) 13. Aproveitamento de infraestruturas externas (colaboracións) Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
1. Formarse en metodoloxías activas e competencia dixital
2. Poñer en práctica a elaboración de materiais respetando os direitos de autor e aplicando licencias Creative Commons
3. Adquisición de equipos para una docencia digital: tabletas digitalizadoras, Gemelo Digital
5. Renovación dos PCs da aula CNC e da aula TE6
4. Uso del diario de aprendizaje digital en los proyectos de ciclos de grado superior y proyectos de empresa en EIE

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento da consecución de obxectivos realizarase en dous momentos:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Esta avaliación quedará reflectida nas fichas respectivas, no apartado seguimento das accións.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Esta avaliación xunto coas propostas de mellora elevarase ao equipo directivo.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Equipo Directivo, ao finalizar o curso, analizará a avaliación final elevada por cada responsable dos obxectivos plantexados, deixando constancia neste apartado das melloras a incorporar no plan para o curso seguinte.

Valoración xeral

1.- Formación en metodologías activas y competencia digital

            Responsable: Coordinadora de Innovación

            Indicador/res: Nuevos profesores que hagan ABP, Colaborativo, Evaluación, Aula Invertida, Comptencia digital…

            Valor previsto: 4 profesores nuevos

 

2.- Poner en práctica la elaboración de materiales respetando los derechos de autor y aplicando licencias Creative Commons

            Responsable: Director

            Indicador/res: Número de profesores que elaboraron materiales propios bajo la licencia Creative Commons

            Valor previsto: 6 profesores

 

3.- Adquisición de equipos para una docencia digital: tabletas digitalizadoras (AA.GG.), Gemelo Digital (ELE)

            Responsable: Director

            Indicador/res: La compra de este material

            Valor previsto: 100%

 

4.- Uso del diario de aprendizaje digital en los proyectos de ciclos de grado superior y proyectos de empresa en EIE

            Responsable: Titores de curso e docentes de FOL

            Indicador/res: Número de alumnos que han utilizado el diario de aprendizaje

            Valor previsto: 100%

 

5.- Renovación de PC's del aula CNC (2023) y el aula TE6 (2024)

            Responsable: Director

            Indicador/res: La adquisión de este material

            Valor previsto:  100%

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral Anual, de modo que os seus obxectivos, xunto coas accións, se trasladen aos diferentes plans aos que afecte, como poden ser o Plan de mellora o Plan de Acción Titorial o Plan de Innovación o Plan de Formación...

O plan de acción presentarase ao claustro antes de comezar o curso. Ademais, publicarase no Site do centro e no apartado “Documentación” de Classroom, de modo que estea accesible a todo o profesorado e alumnado.