Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos

O colexio San Fernando atópase ubicado no centro urbano de Vigo moi preto da Praza de España. Trátase dun centro privado concertado formado por 13 unidades cunha única liña, nas tres etapas educativas de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, así como unha aula de Educación Especial_NEE. 

O claustro de profesores está formado por un total de 23 e neste momento o número total de alumnos matriculados no centro é de 197, repartidos nos diferentes niveis educativos, sendo grupos máis reducidos nas primeiras etapas educativas.

Outros datos de interese:

Dirección: Baixada á Salgueira nº 40 36204 Vigo

Email: cpr.sanfernando@edu.xunta.gal

Web: Https: //colegiosanfernandovigo.com

Contextualización do Plan dixital no centro.

O colexio San Fernando foi fundado no ano 1965 e está  nunha zona que nos últimos anos experimentou un incremento da construción de edificios, polo que as vivendas unifamiliares foron substituídas por outras plurifamiliales. En consecuencia, obsérvase un aumento de familias cun nivel socioeconómico e cultural medio, as cales traballan no sector industrial e de servizos. Podemos salientar, tamén que, nos últimos anos, incrementouse o número de estranxeiros especialmente de zonas de América do Sur. A relación familia colexio é, en termos xerais, boa. Demostran interese e colaboran na medida das súas posibilidades. Obsérvase cada vez máis, un cambio nos perfís familiares, con máis familias monoparentais, de pais divorciados, pero tamén un notable número de familias desestruturadas.

Dende o centro educativo preténdese desenvolver unha maior cultura dixital no ámbito das novas tecnoloxías e pretende ir transformando a institución nunha organización dixitalmente competente. A prioridade será participar en programas de innovación, mellorar a formación docente neste eido e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación e dos recursos dixitais cos que contamos no presente curso.

Contribución do PD á Progamación Xeral Anual do curso 2023/2024

Como principal contibución o PD baséase en desenvolver actividades enfocadas a satisfacer a demanda dun sector da poboación, que busca un modelo de escolarización capaz de formar ao alumnado para que se desarrolle como individuo na sociedade na que vive, de cara a un mundo global e laboral, cada vez máis dixitalizado. En consecuencia, o uso das tecnoloxías irá enfocado a cuestións organizativas pero, sobre todo ao proceso de ensinanza - aprendizaxe, así como a favorecer a integración de colectivos máis desfavorecidos. Deste xeito, implementaranse unha serie de accións encamiñadas a mellorar a competencia dixital en tódolos ambitos, pero especialmente no que se refire competencia dixital do noso alumnado.

Xustificación de PD

Para mellorar a competencia dixital da comunidade educativa o PD susténtase nos seguintes artigos de lei e resolucións:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Para o proceso de elaboración, partimos dunha análise individual e unha posta en común, determinándose as prioridades e necesidades. Tomando como referencia o plan anterior e seguindo as indicación do equipo Adix, reaxustamos os obxectivos e neste curso 2023/2024, pretendemos ser máis ambiciosos en canto a formación docente e a inversión en infraestrutura.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos para a recollida de información previa foron a ferramenta Selfie e o Test de Competencia Dixital Docente para posteriormente realizar a análise DAFO na que se baseou o deseño do Plan Dixital.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado aprende a crear en poucas ocasións contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Poucas familias dispoñen de dispositivos para ser utilizados na aula. Familias Non
Debilidade No centro carecemos de infraestructura dixital precisa para respaldar a ensinanza aprendizaxe de tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade Escasa posibilidade de crear espazos para compartir recursos educativos dixitais. Oferta Non
Debilidade No noso centro estamos en proceso de elaborar unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade No centro utilízanse esporadicamente tecnoloxías dixitais ó colaborar con outras organizacións. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado posúe un nivel básico de capacidades tecnolóxicas para adquirir competencias dixitais. Alumnado Non
Fortaleza No noso centros o alumnado pode traer os seus dispositivos e usalos na clase. Familias Non
Fortaleza Existencia de algún dispositivo dixital que é propiedade do centro e que os alumnos poden utilizar de forma ordenada. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica a través de servizos dixitais educativos corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza Para os casos de alumnado con necesidades educativas especiais empréganse tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para todas as comunicación entre comunidade educativa, familias e administración. Persoal non docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A dotación de equipamento tecnolóxico é escaso. Administración educativa Non
Ameaza Agardamos conseguir o apoio da AFA para a realización de actividades extraescolares no ámbito da competencia dixital. ANPA Non
Ameaza As condicións socioeconómicas da contorna son medio baixas. Contorna Non
Ameaza No centro tomamos concienca pouco a pouco de que é imprescindible respectar os dereitos de autor e as licencias de uso, cando empregramos a tecnoloxía para a apendizaxe e ensinanza. Lexislación Non
Ameaza Debemos deseñar nun futuro próximo un plan para axudar aos profesores a enfrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe dos alumnos e de seu contexto socioeconómico. Outras Non
Oportunidade Facilitar a oferta de actividades formativas en colaboración con outros centros educativos. Administración educativa Non
Oportunidade Boa colaboración por parte de AFA para colaborar e conseguir infraestructuras de cara a mellora da competencia dixital do alumnado. ANPA Non
Oportunidade O centro debe procurar as relacións colaborativas con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Contorna Si
Oportunidade Acceder a manuais concretos para o coñecemento e a difusión das licencias de uso. Lexislación Non
Oportunidade Existen varios proxectos externos dos que participa todo o centro como ferramenta da aprendizaxe e o uso da tecnoloxía dixital. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partires das fontes arriba citadas xenerouse unha análise DAFO que nos permite o coñecemento do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais en termos obxectivos e accións a desenvolver. Neste curso tratamos de concretar máis axeitadamente, ata onde queremos chegar, sendo realistas. Perfiláronse as accións para acadar cada obxectivo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover a comunicación entre titores de Secundaria e terceiro ciclo de Primaria coas familias mediante o uso de plataformas dixitais para facilitar a organización do estudo do alumnado.
O2PD Promover a competencia dixital do noso alumnado a través de charlas de formación orientadas a despertar o interese polas ferramentas e obxetos dixitais.
O3PD Actualizar os dispositivos dixitais nas aulas de secundaria e 6º de Ed. Primaria
O4PD Promover a formación do profesorado, no contexto de transformación dixital, para acadar unha competencia dixital docente non inferior a A2.
O5PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente en Educación Secundaria e no último ciclo de Primaria.

Seguimento

Procedemento

O equipo  de dinamización do PD realizará unha revisión mínimo cada mitad de trimestre, supervisada polo mentor do equipo Adix, especialmente atendendo ás datas establecidas para cada acción dos obxectivos e á consecución dos indicadores asignados a tal fin. 

Ao remate do trimestre a persoa coordinadora do PD realizará o seguemento a través da ferramenta Educalidade para que conste o grao de consecución das distintas accións.

 

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O proceso de avaliación terá como responsables ao equipo de dinamización do PD, en base a dous contextos:

No contexto da avaliación procesual: a persoa coordinadora revisará o estado da execución das accións polo menos unha vez ao trimestre, valorando os resultados, e de ser o caso, facer constar as posibles modificación e propostas de mellora.

No contexto da avaliación final: Realizarase unha valoración unha vez ao ano, e farase constar o estado do proceso segundo os criterios de "realizada", "aprazada" ou "pendente", e as causas nestes dous últimos criterios.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Despois de debatido no Claustro e aprobado polo Consello Escolar, procederase a dar difusión na comunidade educativa a través da páxina web do centro, facendo un anuncio ás familias para que poidan consultalo.