Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

O Plan Dixital, enmárcase dentro do actual marco normativo vixente. Seguindo unha orde de maior a menor rango, estaría rexidos polas seguintes leis:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

• Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O plan dixital do CEP PLURILINGÜE IGREXA VALADARES é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo do centro. A finalidade deste plan é o desenvolvemento da competencia dixital, así como, integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo de acadar o desenvolvemento pleno e integral do alumnado.

A Lei Orgánica, do 3 de maio, de Educación, establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro. Ademais, os equipos directivos promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe. Por outro lado, o currículo de educación primaria introduce un novo marco legal que concede un carácter preceptivo ao uso das TICS. Hai que dicir, que a competencia no tratamento da información e competencia dixital consiste esencialmente en disponer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformarla en coñecemento. Por tanto, o dominio e a alfabetización TIC debe converterse nunha técnica instrumental imprescindible, motivo polo cal, o Plan Dixital do Centro está vinculado estreitamente co ideario de centro recollido no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual. Dende ambos documentos contribúese ao desenvolvemento dos seguintes plans e proxectos:

  • Proxecto Lector do centro.
  • Plan de dinamización da Lingua Galega.
  • Plan de Atención á diversidade.
  • Plan de Convivencia.
  • Programas de innovación educativa: PLAMBE, PVAD, Plan XOGADE, Depoemprende, ARCO e PROA +.

Proceso de elaboración

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021 o proceso de elaboración do plan dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases:

1ª FASE: ANÁLISE DA SITUACIÓN

  • Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e miembros do equipo directivo) empregando a ferramenta SELFIE, ferramenta desarrollada pola Comisión Europea e que permite obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe Selfie). https://ec.europa.eu/education/schools-go-digital/how-selfie-works_es. Esta análise realizouse tamén a través do Test de Competencia Dixital Docente. Este test permite obter un Informe individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1-C-2) que será representativo sempre que sexa realizada por máis do 20 % do profesorado do Centro.
  • Análise dos recursos do alumnado a través do cuestionario enviado ás familias a inicio de curso.
  • Análise da infraestructura, recursos e estado do centro a través do estudo realizado para a solicitud do Proxecto E-dixgal iniciado no curso 2021-22 e DRD (Documento de recollida de datos a nivel xeral do Centro escolar)
  • Análise da situación actual consultando programas e experiencias que se están desenvolvendo a nivel autonómico e nacional.

2ª FASE: DIAGNOSE DA SITUACIÓN DO CENTRO

  • O Equipo de Dinamización do plan dixital elabora o informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (en adiante DAFO).

3ª FASE: ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL

  • O Equipo de Dinamización do plan dixital deseña o plan de acción.

No presente curso 2023/24 seguiremos mantendo o DAFO realizado no curso 2021/22 ademais da experiencia acumulada no Plan dixital do ano 2022/23 e as novas necesidades detectadas no presente curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO

Para elaborar a análise DAFO realizouse unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos derivados do informe extraído do test SELFIE. Observando o resumo das áreas, os distintos sectores da comunidade escolar que realizaron o test obtiveron os resultados que se reflicten nos seguintes ítems.

Neste curso 2023/24 seguimos mantendo o DAFO realizado no curso 2021/22.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C13.No noso centro o alumnado pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Alumnado Non
Debilidade H7.No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade C16.No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade C10.No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Debilidade C14.No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade C15.No noso centro o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso ás tecnoloxías de apoio. Infraestruturas Non
Debilidade C7.No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade A1.No noso centro temos una estratexias dixital. Organización de centro Non
Debilidade G8. Os nosos profesores facilitan aos estudantes o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade G5.Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade G6.O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para que os seus alumnos poidan facer observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade E2.Os nosos profesores crean recursos dixitais para reforzar o seu labor docente. Persoal docente Non
Debilidade G3.Os nosos profesores empregan tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade A4. No noso centro os profesores NON teñen tempo para explorar como mellorar o seu método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade B1.No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza H2.No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza H4.No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza H1.No noso centro o alumnado aprende a actuar con seguridade en internet. Alumnado Non
Fortaleza H8.No noso centro o alumndo aprende a comunicarse mediante as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H.10.Asegurámonos de que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza C.1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C.2.No noso centro existen dispositivos dixitais para o seu uso na docencia. Infraestruturas Si
Fortaleza C.5.A asistencia técnica está disponible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C.8.No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza A.2.Desenvolvemos a estratexia dixital do noso centro en colaboración co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza E3.Os nosos profesores utilizan entornos virtuais de aprendizaxe cos alumnos. Persoal docente Non
Fortaleza B.2.No noso centro comentamos as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D.2.O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza A.3.Apoiamos aos profesores a explorar novas formas de ensinar coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D.3.Axudamos ao noso profesorado a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E.1.Os nosos profesores buscan recursos educativos dixitais na rede. Persoal docente Non
Fortaleza E4.O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionada co centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza E5.Os nosos profesores utilizan recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza F1.Os nosos profesores utilizan as tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A5.No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza B3.No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. B4.No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de participar no Plan dixital. Posibilidades de mellorar a nosa formación a través do PFPP. Administración educativa Non
Oportunidade H11.No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar. ANPA Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permitiu o coñecemento da súa realidade no eido dixital e facilitou a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e acción a desenvolver. Para elo, levouse a cabo unha parametrización partindo da media obtida en cada área e, observando a desviación obtida en cada ítem con respecto á puntuación de referencia. Clasificáronse os aspectos internos dos diferentes ítems como fortalezas ou debilidades, e os aspectos externos como oportunidades ou ameazas. Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción ten conta os recursos materiais e humanos dispoñibles no momento de elaboración do Plan Dixital.

A partires dos resultados do DAFO e coa axuda da nosa mentora ADIX, o equipo de dinamización do plan dixital, despois de analizalos, debatilos e poñer en común os distintos puntos de vista, decidiu priorizar as necesidades detectadas nas diversas áreas do marco europeo dixitalmente competentes (en adiante DigCompOrg) e diagnosticou os diversos items a mellorar situándoos por orde de prelación do seguinte xeito.

A. LIDERADO E GOBERNANZA

B. COLABORACIÓN E REDES 

C. INFRAESTRUTURA E EQUIPOS

D. DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO

E. PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS

F. PEDAGOXÍA: IMPLEMENTACIÓN NA AULA

G. PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN

H. COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

A partires de esta reflexión se redactaron os obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal, é dicir, temporizados prioritarios:

1. Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.

2. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

3. Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.
O02PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
O03PD Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso.

Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora. - - Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Con esta finalidade achéganse as seguintes ítems: 

  • Escala de Likert en 4 niveis para a avaliación procesual. 
    1. Levouse a cabo con éxito.

    2. Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.

    3. Levouse a cabo sen éxito

    4. Non se levou a cabo

      Observacións

      (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)

  • Tres niveis de consecución para a avaliación final.
    1. Realizado
    2. Aprazado
    3. Pendente

Observacións

1º Trimestre

O01PD: Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.

A01.1. Formación. Solicitar formación ao CFR a través dun PFPP no uso equilibrado e responsable das tecnoloxías dixitais na aula (Cerebro e Pantallas). Realizada.

O02PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO

AO2.2 Creación de Inventario Dixital: Realizar unha táboa na que se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.

AO2.5 Participación en Programas de Innovación: Propoñer a participación en programas de Innovación que promova Consellería nos que se poida acadar equipamento tecnolóxico. Realizada.

O03PD: Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.

AO3.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo. Realizada.

AO3.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. Realizada en proceso do curso.

2º Trimestre

O01PD: Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.

A01.2.Realizada.

A01.3. Rúbrica realizada a falta de compartir ao resto do profesorado.

A01.4.Rúbrica realizada a falta de compartir ao resto do profesorado.

O02PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO

AO2.1.En proceso.

AO2.2. Creación de Inventario Dixital: Realizar unha táboa na qu e se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.

AO2.3. Avaliación de Espazos Tecnolóxicos: Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. En proceso.

AO2.4. Proposta de Renovación Tecnolóxica: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital. En proceso.

AO2.6 Avaliación de Obxectivos e Satisfacción: Realizar unha rúbrica para valorar se se cumpriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da c omunidade educativa. Rúbrica realizada pendente de cubrir polo profesorado.

O03PD: Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.

AO3.1. Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os profesores aprend an a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións. Pendentes de realizar a formación por parte do CFR de Vigo.

AO3.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo. Pendentes para cando realicen a formación por parte do CFR de Vigo.

AO3.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. En proceso.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A este plan dixital daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro dentro do bloque “O centro” no elemento do menú “Documentos””. na seguinte URL:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepigrexavaladares/

E  tamen no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010691