Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital de Centro.

1.1 Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O presente Plan Dixital desenvolverase no CEIP Eduardo Pondal de Vigo, que está situado no barrio de Sampaio en Vigo. É un centro educativo pequeno, actualmente conta con 6 unidades (2 de infantil e 4 de primaria) e cun total de 68 alumnos/as. O alumnado procede de familias de situación socioeconómica media-baixa. A maior parte do alumnado pertence a familias compostas de pai-nai e irmáns, en moitas familias o apoio do entorno familiar é moi frecuente, avós, tíos, etc. Incluso as vivendas, en moitos casos, son fogares nos que na mesma construcción conviven máis dunha unidade familiar. O entorno social é de barrio, o que implica unha forte socialización dos rapaces e rapazas que conviven moito con outros en espacios urbáns. Estos son fonte de relacións, de xogo e de normalización nos comportamentos.

1.1 Xustificación do Plan Dixital

Plan Dixital de centro é un documento a través do cal analizaremos a nosa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida, definiremos un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e a súa difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

Este Plan Dixital queda recollido nas leis e nos artigos que se citan a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

O noso Plan Dixital inclúese dentro do noso Proxecto Educativo, tal e como se establece na lexislación citada anteriormente, xa que este se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións. 

A partir do Informe SELFIE elaborado xa fai dous cursos, o centro poderá xerou unha análise DAFO que foi de utilidade para analizar a situación e para a elaborar as liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. Nestes obxectivos e actuacións temos en conta elementos como as infraestruturas tecnolóxicas, a competencia dixital docente e do alumnado e a actitude favorable cara ao uso das tecnoloxías como medio de mellora do proceso de ensino-aprendizaxe. 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Tal e como se establecía na Resolución de 3 de septiembre de 2021, de la Secretaría general de Educación y Formación Profesional, por la que se dictan instrucciones para el diseño, elaboración e implementación del Plan Digital en los centros docentes sostenidos con fondos públicos de la Comunidad Autónoma de Galicia para el curso 2021-2022, a análise da situación do centros realizarase a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

- Informe SELFIE: para a diagnose da situación en relación a competencia dixital, o centro usará a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE).

- Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD): o profesorado realiza o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencial (A1- C2),

 

 

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade Apoio técnico limitado. Infraestruturas Si
Debilidade Resolver problemas técnicos Organización de centro Si
Debilidade Empréganse algúns servizos educativos non corporativos Organización de centro Si
Debilidade Cración de recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Brecha dixital Contorna Non
Oportunidade Asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade Protección de datos Lexislación Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e do TCDD, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital; esta análise permítenos observar unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que forman parte do noso punto de partida para a redacción dos obxectivos. 

A análise DAFO indícanos

Factores internos que debemos mellorar:

  1. Resolver problemas técnicos
  2. Creación de contidos dixitais
  3. Intercambio de experiencias
  4. Creación de recursos dixitais
  5. Empréganse algúns servizos educativos non corporativos

Factores externos que debemos mellorar:

  1. Brecha dixital

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Contratar unha empresa externa para solventar problemas relacionados co equipamento dixital do centro.
O2PD Crear como mínimo, dous recursos dixitais ao longo do curso (cada docente) e compartilos co resto de profesorado
O3PD Integrar os portátiles e tabletas que hai no centro nas aulas e potenciar o seu uso
O4PD Promover a comunicación coas familias mediante o uso da ferramenta Abalar

Seguimento

Procedemento

O procedemento para o seguimento do plan será o seguinte:

1. O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan. Para poder valoralo, será necesario medir o grado de consecución dos obxectivos que nos marcamos. Tamén será necesario probar a efectividade das actuacións levadas a cabo. Para levar a cabo dita avaliación, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas: os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións. O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da memoria anual de centro.

2. A mentora Adix, realizará unha visita ó centro cando a mentora ou a coordinadora así o precisen. 

3. A coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan. 

 

 

 

 

1º Trimestre

Para este primeiro trimestre tiñamos programado acadar as seguintes accións: 

- Contratar unha empresa externa para solventar problemas relacionados co equipamento dixital do centro. ACADADO. Empresa de mantemento informáticoViagal. 

- Mover os portátiles dende a aula dixital á biblioteca do centro e facer un recuncho cos mesmos. ACADADO. Movéronse un total de 10 portátiles. 

- Levar un portátil a cada aula para que poidan empregar os alumnos e alumnas. NON REALIZADA. Decidiuse no claustro que preferían manter os equipos na biblioteca. 

- Comprobar que todas as familias teñan instalada a aplicación de Abalar Móbil. ACADADO. Enviouse unha enquisa en papel a todas as familias do centro. 

- Enviar enquisa para resolver posibles dificultades que teñan as familias coa aplicación de Abalar. ACADADO. Enviouse a enquisa e resolvimos as dificultades. 

- Xuntanza cada trimestre para coñecer novas aplicacións de creacións de recursos dixitais. ACADADO. Novas aplicacións: wordwall e pictotraductor, 

- Xuntanza cada trimestre para que cada mestre/a comparta co resto de claustro un recurso dixital (pode ser de elaboración propia ou non). NON ACADADO. Posponse para o seguinte trimestre.

2º Trimestre

Para este segundo trimestre tiñamos programado acadar as seguintes accións: 

- Xuntanza cada trimestre para coñecer novas aplicacións de creacións de recursos dixitais. ACADADO. Novas aplicacións: Quizizz, Educaplay. 

- Xuntanza cada trimestre para que cada mestre/a comparta co resto de claustro un recurso dixital (pode ser de elaboración propia ou non). ACADADO. Unha mestra compartiu un Genially a modo de Escaperoom polo Día da Paz. 

3º Trimestre

Para este terceiro trimestre tiñamos programado acadar a seguintes accións:

- Realizar dúas visitas mensuais por parte da empresa externa para solventar problemas relacionados co equipamento dixital do centro.

- Xuntanza cada trimestre para coñecer novas aplicacións de creacións de recursos dixitais

- Xuntanza cada trimestre para que cada mestre/a comparta co resto de claustro un recurso dixital (pode ser de elaboración propia ou non)

- Solucionar os problemas que teñen as familias coa aplicación de Abalar

- Potenciar o uso de ABALAR mediante o envío de notificacións periódicas

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Este Plan Dixital é un documento vivo que debe ser revisado e avaliado de forma continua. Se queremos alcanzar a excelencia na integración das tecnoloxías dixitais debemos definir unhas estratexias e ferramentas de avaliación que sexan fáciles de aplicar e rigorosas na súa aplicación. Decidimos construír unhas rúbricas cos indicadores de logro de cada un dos obxectivos establecidos no apartado anterior. É un instrumento idóneo debido a que permite diseccionar as tarefas complexas que conforman o Plan Dixital en tarefas máis simples distribuídas de xeito gradual e operativo. Ditas rúbricas deberán ser analizadas a principio de cada curso, podendo ser adaptadas á realidade da situación atendendo á actualidade do momento e aplicadas ao final do mesmo para avaliar os obxectivos alcanzados e propiciar o necesario feedback que nos permita adaptar o Plan ás necesidades e posibilidades do noso centro educativo. Ditas rúbricas xa están integradas nas táboas dos obxectivos o que vai facilitar esta tarefa.

Por outra banda cómpre indicar que a avaliación será procesual e final. No tocante a avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Segundo o establecido no Plan de Comunicación do Ceip Eduardo Pondal a estratexia que se define co fin de responder de maneira específica á publicidade e á súa difusión agruparanse en tres eixos de actuación:

1. Comunicación Interna: Entre os membros docentes e non docentes do CEIP Eduardo Pondal. Inclúe a difusión dos informes de avaliación intermedia e final do proxecto. Esta estratexia da Comunicación interna ten como obxectivo a sistematización e estruturación da información de forma que garanta unha xestión eficaz así como asegurar unha fluída e eficiente comunicación membros docentes e non docentes do centro a sistematización e estruturación da información de forma que garanta unha xestión eficaz e transparente do Plan dixital. Isto preténdese alcanzar mediante o uso das seguintes ferramentas:

  • Correo electrónico e telefonía móbil, sendo as ferramentas de xestión de intercambio de información máis usadas, podendo iniciarse a posibilidade do uso das videoconferencias para a súa difusión.
  • Reunións periódicas.

2. Comunicación Externa: Cos destinatarios directos e os potenciais beneficiarios dos resultados do proxecto. (Plataforma do equipo Adix).
3. Difusión Xeral: Informarase á sociedade en xeral a través da publicación na páxina web da realización do Plan Dixital e a través da Plataforma Educalidade.

Plan Dixital 2023/2024 enlazado na web do centro.