Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

O Plan Dixital é un instrumento de planificación que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital así como a integración das TIC como ferramenta didáctica no proceso de ensino-aprendizaxe. Con este plan, preténdese dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se convirta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dé coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. De esta maneira, para a elaboración desde plan tivemos en conta os seguintes apartados:

1.1. Datos básicos do centro

O centro educativo está formado por grupos mixtos nalgúns niveis, Durante o curso 2021/22 conta con 5 unidades: 1 unidade de infantil (4º,5º e 6º), e 3 unidades de primaria, grupo de 1º e 2º, grupo de 3º e 4º e grupo de 5º e 6º.  O número toral de alumnado é de 40 nenos e nenas e 13 profesores. 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao PEC

Centro ubicado na periferia de Vigo con notables diferencias entre os distintos núcleos de poboación. Distínguese unha zona de gran influencia rural e outra de suburbio industrial e situación de paro. O barrio de Cabral está catalogado como rural, xa que presenta unha gran masa de terreo agrícola, sen embargo esta actividade non é o principal medio de subsistencia, se non que se trata dunha actividade que implica ingresos complementarios. Hai abundancia de vivendas unifamiliares e está ben comunicado co centro de Vigo.

O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio-baixo. O Plan Dixital debe encaixar no contexto de centro e por iso está recollido no Proxecto Educativo polo que deben complementarse.

Dito Plan está relacionado con outros plans e proxectos do centro como: Plan Xeral Anual, Plan Tic, PLAMBE, así como naqueles programas de innovación como RADIO ESCOLAR, EDIXGAL, robótica, biblioteca creativa, aula virtual, Rede Abalar, asi como toda a formación do profesorado recibida o longo do curso. O centro está dotado por un aula de informática, por un aula Edixgal e por diferentes dispositivos nas diferentes aulas: portátiles, tablets, pizarras dixitais…

Este Plan Dixital contribúe na programación xeral anual do curso 23/24.

  1. Breve xustificación do mesmo

Para a elaboración deste Plan Dixital tómase como referencia legal o baseado nas seguintes leis educativas:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración

Para a elaboración deste plan, en primeiro lugar, fixemos uso da ferramenta SELFIE (véase epígrafe 2.2.), mediante unha enquisa, tanto do profesosado como do alumnado, na que os resultados axudáronnos a entender en qué punto atópase o noso centro e así desenvolver un plan de acción, partindo dos nosos puntos débiles e fortes con relación a dixitalización e as tecnoloxías.

En segundo lugar, realizamos o Test de Competencia Dixital Docente (véase epígrafe 2.2.) para coñecer o nivel de competencia nesta materia do noso equipo docente.

Unha vez elaborada esta enquisa, e tras asistir as formacións por videoconferencia WEBEX coa nosa mentora, mediante o análise do SELFIE do centro e os resultados do TEST CDD elaboramos o informe DAFO (véase epígrafe 2.3.) nunha sesión de grupo de traballo. O DAFO permitíunos coñecer as debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades do noso centro educativo, e reflexionar sobre a situación do centro a nivel dixital e desta maneira establecer os obxectivos do Plan de Acción (véase epígrafe 3.1.) de dito Plan.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2. Fontes empregadas para a análise DAFO

  • Autoavaliación SELFIE: inclúese a información do resumo das áreas do informe SELFIE da etapa de educación primaria nos anexos.

  • Test CDD: Inclúese a información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro. Tamén inclúese o recollido na táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD (ver anexos).

Interno
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Hai familias no centro que non contan con dispositivos dixitais ou wifi na casa. Alumnado Non
Debilidade Nivel socieconómico baixo-medio das familias. Familias Non
Debilidade Pouca habilidade no uso de dispositivos electrónicos. Familias Non
Debilidade Os dispositivos da aula de informática teñen unha capacidade mínima. Infraestruturas Non
Debilidade A instalación de rede e eléctrica é deficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Nivel baixo no uso de dispositivos ou entornos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Baixa estabilidade da plantilla docente. Persoal docente Non
Debilidade Pouca actualización no uso das TICs. Persoal docente Non
Fortaleza Contamos con aula de informática con 16 raspberries e 4 PCs. Infraestruturas Si
Fortaleza 10 tablets para uso do alumnado e o profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza Wifi no edificio. Infraestruturas Si
Fortaleza Aula Edixgal en 5ºEP durante o curso 21/22 con servizo PREMIUM e 17 dispositivos. Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta da asignatura de libre configuración de Robótica e Pensamento Computacional en 4º e 6º de EP. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego de EVA: aula virtual do centro e EDIXGAL en 5º de primaria. Persoal docente Si
Fortaleza Uso de ABALAR como medio de comunicación e Ofimática con Libre Office, Geogebra, GIMP... Persoal docente Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouco aval por parte da administración e dos protocolos no uso e desenvolvemento de aplicacións dixitais educativas. Administración educativa Non
Ameaza Pouca inscrición das familias na asociación. ANPA Non
Ameaza Pouca matrícula. Contorna Non
Ameaza Protocolo de protección de datos inexistente no centro. Lexislación Non
Oportunidade Colabora nas actividades de centro. ANPA Non
Oportunidade Ratio baixa de alumnado por aula. Contorna Non
Oportunidade Colaboración co Concello de Vigo, os corpos de protección do Estado, Universidade de Vigo... Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións.

 Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertindo os intems en obxetivos que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

A análise DAFO indícanos

Factores Internos que debemos mellorar:

  • Hai familias no centro que non contan con dispositivos dixitais ou wifi na casa.
  • Nivel socieconómico baixo-medio das familias. Pouca habilidade no uso de dispositivos electrónicos.
  • Nivel baixo no uso de dispositivos ou entornos dixitais. Pouca actualización no uso das TICs.
  • Baixa estabilidade da plantilla docente.

Factores externos que deberían mellorar:

  • Pouco aval por parte da administración e dos protocolos no uso e desenvolvemento de aplicacións dixitais educativas.
  • Pouca inscrición das familias na asociación.
  • Pouca matrícula.
  • Protocolo de protección de datos inexistente no centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1 Distribuir o equipamento da aula de informática para crear recunchos TIC en tódalas aulas que non conten cos equipos EDIXGAL.
O2 Priorizar os medios dixitais para a xestión burocrática e de comunicación interna do centro.
O3 Formarse no emprego de ferramentas educativas básicas e concretas co fin de mellorar a competencia dixital docente e establecer unha liña educativa dixital común.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A mentora do Adix realizará visitas ao centro á demanda da persoa coordinadora  para o correcto desenvolvemento do proxecto ou por necesidades puntuais de información da mentora.

A coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da directora.

1º Trimestre

AO3.1: Compartir as aplicacións básicas que debe empregar todo o persoal docente. Compártese mediante BOX. ACADADO.

2º Trimestre

AO1.3: Facer unha distribución equitativa dos equipos atendendo as necesidades de cada grupo/ aula. CREASE DOCUMENTO DE SOLICITUDE E FAISE CHEGAR AO PROFESORADO.

 

AO1.2: Crear unha aula audiovisual centralizando tódolos recursos e facilitando un recuncho de investigación na mesma. ACADADO.

AO2.1: Establecer o servidor nube a empregar así coma a organización do curso en carpetas compartidas. ACADADO.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento para o seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos propostos realizarase a través dunha avaliación de tipo procesual e unha avaliación final.

- A avaliación procesual será realizada de xeito trimestral a través das listas de cotexo que se atopan integradas nas táboas dos obxectivos do Plan Dixital (véase epígrafe 3). A persoa ou persoas coordinadoras de cada un deles serán os encargados de revisalo. Os aspectos a valorar incluirán o estado de execución das accións e a análise e valoración de resultados. De ser o caso incluiranse tamén as modificacións das accións e as posibles propostas de mellora.

- A avaliación final será realizada unha vez ó ano, a final de curso e valorarase o logro dos obxectivos segundo o cotexo das táboas de obxectivos polas persoas encargadas dos mesmos. Nunha das reunións do equipo valoraranse os resultados dos obxectivos e realizaranse entre todos as debidas propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O equipo directivo encargarase da difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa. Para iso realizaranse as seguintes accións:

- Ligazón PD en Educalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010101

- Publicarase o Plan Dixital na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiposello/node/509

- Farase chegar unha copia do Plan Dixital a todos os membros do claustro a través do correo electrónico corporativo.

- Custodiarase unha copia impresa no centro para consulta das familias que así o soliciten.