Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital do Centro foi acordado e elaborado polos membros encargados de dinamizar e mellorar a Competencia Educativa Dixital do centro, levándose a cabo a súa primeira versión no curso 2021/2022, implementándose durante o curso 2022/2023 e sendo cargado na plataforma Educalidade durante o curso 2023/2024, incluindo novos obectivos e accións plantexadas para dito curso así como mantendo aqueles que non foron acadados na súa totalidade o pasado curso. Dito Plan Dixital foi incluído no Proxecto Educativo do centro (PE) tras ser aprobado polo Consello Escolar, unha vez oído Claustro, nas datas sinaladas neste documento.

1.1. Normativa vixente referente ao Plan Dixital de centro: Son diversas as referencias lexislativas que recollen a normativa referida ao Plan Dixital, resultando de destacable relevancia como fonte de consulta os Decretos de currículo autonómicos, nos que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo do centro, establecendo que “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”. (DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia, e DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia).

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro: O CEIP Mosteiro-Bembrive constitúe un centro público de Educación Infantil e Primaria pertencente ao Concello de Vigo, emprazado na Entidade Local Menor de Bembrive, atopándose así nunha contorna mixta rural-urbana. Dito aspecto favorece que o alumnado poida nutrirse tanto da poboación próxima de Bembrive, na que se conservan aínda estruturas socioeconómicas de tipo mixto, como da poboación integramente urbana do casco urbano de Vigo, xerando unha maior riqueza de oportunidades para os nenos e nenas, que teñen na súa variedade unha das maiores vantaxes educativas. Cómpre sinalar que a meirande parte do alumnado provén de familias cun nivel sociocultural medio-alto, contando cunha comunidade educativa activa e participativa e unha ANPA que desenvolve un importante papel na vida do centro, aspectos que contribúen de xeito positivo á convivencia e á actividade cotiá no centro. As Novas tecnoloxías da información e da comunicación forman parte da nosa cultura e forma de vida, sendo cada día maior a súa presenza na sociedade, polo que a escola non pode quedarse ao marxe desta realidade comunicacional na que os nenos e nenas se desenvolven na súa vida cotiá. Nesta liña, o PLAN DIXITAL adquire unha relevancia esencial no desenvolvemento do proceso educativo no noso centro, poñendo de manifesta a relevancia deste conxunto de ferramentas relacionadas coa transmisión, almacenamento, procesamento e manipulación dixitalizada de información e contidos educativos, que estimulan e incrementan a calidade do proceso de ensino e aprendizaxe, residindo neles un alto valor educativo aproveitable desde todas as materias, áreas e niveis educativos.

1.3. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro: Este Plan Dixital converterase nun aspecto moi relevante dentro do Proxecto Educativo do centro e da Programación Xeral Anual, contribuíndo ao desenvolvemento de diversos plans e proxectos do centro, como son: Plan Xeral de Atención á diversidade, o Plan de Convivencia, o Plan de comunicación, o Proxecto lingüístico e o Plan de potenciación da lingua galega, o Proxecto lector e o Plan anual de lectura, resaltando ademais que potenciará directamente o Plan de educación dixital do centro, supoñendo un impulso para a implementación das NTIC no traballo diario no centro. Concretamente, desde o centro considerase fundamental promover todas aquelas actuacións de formación e capacitación na competencia dixital de alumnado, profesorado e familias, aportando deste xeito unha mellora significativa para o desenvolvemento sociocultural da comunidade educativa. É por iso que actualmente participamos nunha serie de iniciativas no ámbito das Novas Tecnoloxías que contribúen á adquisición dos obxectivos establecidos na Programación Xeral Anual:
             - Participación no programa E-Dixgal en 5º e 6º de Educación primaria.
             - Participación no programa Polos creativos, sendo considerados no curso 2023/2024 centro "Polo creativo Plus".
             - Dinamización da aula STEAM do centro.
             - Traballo coa plataforma da aula virtual do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar o análise DAFO realizouse unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos derivados do informe extraído do test SELFIE e do test CDD. Así, observando o resumo das áreas, os distintos sectores da comunidade escolar que realizaron o test obtiveron os resultados que se reflictirán máis adiante e que tomaremos como punto de partida para este curso escolar 2023/2024 ademais da experiencia acumulada nos pasados curso e ás novas necesidades detectadas. 

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H9. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade F5. No noso centro non empregamos a tecnoloxía para traballar en grupo. Alumnado Si
Debilidade C14. Os espazos físicos no centro non facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade F1. Non utilizo as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G3. Non emprego as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha Retroalimentación adecuada aos estudantes. Persoal docente Non
Debilidade G8. Os nosos profesores non facilitan aos estudantes o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G5. Non utilizo as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade F1. Non utilizo as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade B3. No noso centro non utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Debilidade F3. Non utilizo as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F6. Non fomento a participación do alumnado en proxectos. Persoal docente Si
Fortaleza H7. No noso centro aprendo a actuar con responsabilidade e a Respectar aos demais cando uso internet. Alumnado Non
Fortaleza C8. No noso centro hai ordenadores ou tabletas que podo utilizar. Infraestruturas Si
Fortaleza C10. No noso centro, hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. No noso centro teño acceso a internet para os meus estudos. Infraestruturas Non
Fortaleza D1. Comentamos co profesorado sobre as súas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D2. O noso profesorado ten acceso a posibilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Utilizo ambientes virtuais de aprendizaxe cos alumnos. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Busco recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creo recursos dixitais para reforzar o meu método de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Utilizo as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro. Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A5 OP. No noso centro non temos acadadas aínda as normas sobre o dereito de autor e licencias de uso. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de participar nun PFPP de liña dixital. Administración educativa Non
Oportunidade ¿ Posibilidade de formación relacionada co uso das NTIC. Administración educativa Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Analizado o DAFO, queda patente a necesidade de implementar unha serie de actuacións no centro dirixidas principalmente a potenciar a alfabetización dixital do profesorado e do alumnado, habilitando a toda a comunidade educativa a traballar de xeito dixital de xeito cada vez máis autónomo e enriquecedor. Nesta liña, se recollen a continuación unha serie de obxectivos con carácter xeral que se establecen para os vindeiros cursos escolares, priorizando as necesidades detectadas nas diversas áreas do marco europeo para organizacións educativas dixitalmente competentes (DigCompOrg):

A partires desta reflexión se redactaron os seguintes obxectivos específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal, é dicir, temporizados (en adiante obxectivos SMART) prioritarios:

  • Acadar a competencia dixital do profesorado para mellorar a proposta pedagóxica co aproveitamento das posibilidades que ofertas as NTIC.
  • Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao traballo das NTIC.
  • Crear un espazo físico para facilitar o acceso ás ferramentas TIC por parte do alumnado.
  • Empregar as ferramentas TIC como medio para crear e integrar contidos educativos, de cooperación e de expresión das propias ideas.
  • Utilizar programas e contornas dixitais que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.
  • Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento por medio de proxectos dixitais manipulativos e estimular a súa capacitación no tratamento da información e competencia dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro para facilitar o acceso e traballo con este tipo de recursos.
O02PD Fomentar o emprego de recursos dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado.
O03PD Empregar os recursos do centro para desenvolver a proposta interdisciplinar dos Polos creativos.
O04PD Incluir o traballo coa radio escolar como ferramenta didáctica no proceso educativo.
O05PD Integrar o uso do panel dixital interactivo para fomentar a aprendizaxe interactiva e mellorar a participación e comprensión do alumnado.
O06PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

Seguimento

Procedemento

Cómpre sinalar que o procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso, e polo tanto, estableceranse dous tipos de avaliación:

AVALIACIÓN PROCESUAL.

Realizarase ao final de cada trimestre e incluirá a avaliación de aspectos como:

- O estado da execución das accións.

- A análise e valoración dos resultados.

- Posibles modificacións das accións (e os motivos).

- Propostas de mellora.

AVALIACIÓN FINAL.

 Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos propostos e as propostas de mellora.

Para o desenvolvemento de dito proceso de avaliación, establécense as seguintes táboas que favorecen a comprobación e valoración da consecución dos obxectivos unha vez rematado o prazo para o que foi prevista a adquisición dos obxectivos propostos:

1º Trimestre

*O01PD. Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro para facilitar o acceso e traballo con este tipo de recursos.
AO1.1. Revisada. Realizada.
AO1.2. En proceso ao longo do curso. Comezou a formación no primeiro trimestre.
*O02PD. Fomentar o emprego de recursos dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado.
AO2.1. Revisada. Formación realizada.
AO2.2. En proceso ao longo do curso.
*O03PD. Empregar os recursos do centro para desenvolver a proposta interdisciplinar dos Polos creativos.
AO3.1. Revisada. En proceso ao longo do curso.
AO3.2. En proceso.
*O05PD. Integrar o uso do panel dixital interactivo para fomentar a aprendizaxe interactiva e mellorar a participación e comprensión do alumnado.
AO5.2. En proceso ao longo do curso.
AO5.3. En proceso ao longo do curso.

2º Trimestre

*O01PD. Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro para facilitar o acceso e traballo con este tipo de recursos.
AO1.1. Realizada.
AO1.2. En proceso ao longo do curso. Comezou a formación no primeiro trimestre.
*O02PD. Fomentar o emprego de recursos dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado.
AO2.1. Formación realizada.
AO2.2. En proceso ao longo do curso.
*O03PD. Empregar os recursos do centro para desenvolver a proposta interdisciplinar dos Polos creativos.
AO3.1.En proceso ao longo do curso.
AO3.2. Realizada.
*O05PD. Integrar o uso do panel dixital interactivo para fomentar a aprendizaxe interactiva e mellorar a participación e comprensión do alumnado.
AO5.2. En proceso ao longo do curso.
AO5.3. Realizada.
*O06PD. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
AO6.1: Realizada.
AO6.2: Realizada.
A0.6.3. En proceso ao longo do curso.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do Plan Dixital de Centro propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/2024. A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:
    1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto.
    2. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro.
    3. Iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran.

Cómpre sinalar que o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos. Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso, e polo tanto, estableceranse dous tipos de avaliación:
• AVALIACIÓN PROCESUAL . Realizarase ao final de cada trimestre e incluirá a avaliación de aspectos como:
- O estado da execución das accións.
- A análise e valoración dos resultados.
- Posibles modificacións das accións (e os motivos).
- Propostas de mellora.
• AVALIACIÓN FINAL . Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos propostos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez presentado e aprobado o Plan Dixital os seus contidos serán dados a coñecer á comunidade educativa a través dos medios dos que dispón o centro, cumprindo coas indicacións e criterios de comunicación establecidos no Plan de Comunicación do centro:

  • A través da labor dos órganos unipersoais e colexiados do centro e doutros medios. No Claustro, Consello Escolar, Comisións de pais e nais, Equipos de traballo, Representantes da ANPA, etc. pódese informar sobre o plan de actuacións para que chegue ao coñecemento de toda a comunidade educativa.
  • A través de diversas plataformas para que a información poida ser compartida nos fogares.
    • Enlace directo ao Plan dixitral de centro: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36009998
    • Páxina web (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirobembrive/)
    • Redes sociais: Facebook: https://www.facebook.com/profile.php? id=100057153231724, e Instagram: https://www.instagram.com/ceipmosteirobembrive/) Pax 23 de 24
    • Blogues (enlazados desde a web do centro).
  • A través do labor das titorías, como parte da comunicación habitual que manteñen os titores coas familias. Entre as outras informacións compartidas, tanto nas reunións iniciais como nas previstas ao longo do curso, poderán engadirse as referidas aos contidos e experiencias sobre as TIC que se realizan na aula e no centro.
  • Ligazón ao buscador de plans dixitais en EduCalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-buscar.action

PROTOCOLO OU ESTRATEXIAS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL

ACCIÓN

  • Difusión ao equipo docente
  • Difusión á comunidade educativa
  • Difusión ás familias

DESTINATARIOS

  • Claustro de mestres
  • Comunidade educativa
  • Familias

CANLE

  • Comisión de Coordinación Pedagóxica
  • Reunión TIC
  • Claustro
  • Na reunión xeral a comezo de curso informarase do proxecto e as accións nas que estarán implicadas as familias

RESPONSABLE

• Coordinador TIC

• Equipo de dinamización do Plan Dixital

• Inclusión no Proxecto educativo

• Difusión na web do centro

• Equipo directivo