Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O Plan Dixital do CEIP Coutada-Beade enmárcase dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Pax 7 de 32 Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132).
  • Neste marco lexislativo nacional, a Comunidade Autónoma de Galicia publicou a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022. Nesta normativa autonómica regúlase a elaboración por parte dos centros docentes durante o curso 2021/22 do Plan Dixital (Disposición adicional quinta).
  • Por último, a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do Plan Dixitalserá realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e outra persoa do claustro, que no caso do noso centro será a persoa coordinadora do equipo TIC.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo

O CEIP Coutada Beade atópase ubicado na parroquia de Beade nunha zona semirrural. Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE) leva experimentando un padrón de crecemento negativo desde 2015, contando na actualidade cunha poboación de 5.252 habitantes, dos cales 2.529 son homes e 2.723 son mulleres (datos de 2021). En canto ao nivel socioeconómico, dicir que a tasa de desemprego é dun 15,53% (datos de 2020). O presente Plan Dixital incardínase dentro da liña marcada no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual contribuíndo ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro:

  • Plans anuais de lectura, incluido o proxecto lector do centro.
  • Plan de dinamización da Lingua Galega.
  • Plan de atención á diversidade.
  • Plan de Convivencia.
  • Programas de innovación educativa: PLAMBE, ARCO e PROA+ Pax 6 de 32
  • Outros proxectos de centro vinculados ás actividades complementarias relacionadas coas conmemoracións escolares: Samaín, Magosto, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Día da Declaración dos Dereitos Humanos, Nadal, día da Paz, Entroido, Semana da Prensa, Día da Muller Traballadora, Día do Libro, Semana das Letras Galegas, Día Mundial do Medio Ambiente.
  • Contratos programa (Iguála-t, Convive-t, Inclúe-t, Emocióna-t).
  • EDU.Saúde, Sostibilidade, Innova.
  • Plan Proxecta (Aliméntate ben). Ademais, está previsto volver a participar no proxecto educativo de centro para o vindeiro curso, o cal supón un importante fío aglutinador de todos os proxectos que se levan a cabo no centro.
  • Por último, o Plan Dixital, que xa comezáramos a implementar o curso 2022/23 potencia directamente o antigo Plan de dinamización das TIC de xeito que supuxo un importante impulso para a implementación necesaria e definitiva das novas tecnoloxías na vida cotiá de toda a comunidade escolar.

Proceso de elaboración.

Seguindo as instrucións da resolución do 3 de setembro de 2021, o proceso de elaboración do Plan Dixital levado a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguiu as seguintes fases:

  • Fase de análise da situación do centro a través de 2 instrumentos:
    • Informe SELFIE.- con aportacións do equipo directivo, alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e todo o profesorado do centro. Non sabíamos que o alumnado de 4º non podía facer o cuestionario do SELFIE (pero como nas bases puña que estaban dentro da marxe de idade permitida acabaron facendo tamén o cuestionario), aínda que isto foi antes de ser asesorados polos mentores do Plan Dixital.
    • Test CDD.- Realizado por todo o profesorado do centro.
    • Fase de diagnose de situación do centro.
    • Informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (en adiante DAFO).- elaborado polo equipo de dinamización do Plan Dixital.
    • Fase de elaboración do Plan Dixital.
    • Deseño do plan de acción.- polo equipo de dinamización do Plan Dixital.
    • Elaboración do Plan Dixital propiamente dito.- equipo de dinamización do Plan Dixital.
  • Fase de implementación do Plan Dixital: Curso 2022/23:
    • Esta fase comezó a inicios do curso 22/23. Retomouse o plan dixital elaborado o anterior ano e comezouse a implementación no centro e nas áulas.
    • Tomamos contacto cos asesores de formación para comezar a que tiñamos establecidas en las liñas de acción do PD.
    • Comezamos a realizar as accións.
    • No 2º trimestre empregamos a ferramenta EduCalidade para introducir o PD, ao mesmo tempo que nos familiarizábamos coa mesma.
    • Unha vez rematada a subida de todo o plan dixital, realizamos a avaliación do mesmo e as propostas de mellora.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para elaborar a análise DAFO realizouse unha análise cuantitativa baseada nos resultados numéricos derivados do informe extraído do test SELFIE.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. O profesorado considera que o alumnado non ten a capacidade suficiente para realizar actividades de programación robótica. Alumnado Non
Debilidade H11. O profesorado considera que o alumnado non ten a capacidade suficiente para realizar actividades de programación robótica. Alumnado Non
Debilidade B4. No noso centro colaboramos pouco con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso de tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade A1. No noso centro non contamos cunha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade B2. No noso centro non comentamos asvantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade DPC7. No noso centro non realizamos visitas de estudo. Persoal docente Non
Debilidade PT. No noso centro, a porcentaxe de tempo dedicado á ensinanza dixital é escaso Persoal docente Non
Debilidade G6. Non adoitamos usar as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade DPC4. No nosocentro non existe un desenvolvemento profesional a través de redes profesionais. Persoal docente Non
Debilidade A4. No noso centro non temos suficiente tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Fortaleza C. O noso centro conta cunha infraestructura fiable, axeitada e segura. Alumnado Non
Fortaleza C8. No noso centro hai ordenadores ou tabletas que podo utilizar. Alumnado Non
Fortaleza C8. No noso centro hai dispositivos portátiles para levar a casa cando sexa necesario. Alumnado Non
Fortaleza C8.No noso centro existen dispositivos dixitais que son propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise. Infraestruturas Non
Fortaleza C1. No noso centro a infraestrutura dixital apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. No noso centro hai dispositivos dixitais que podo utilizar no meu traballo como docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. O noso centro ofrece acceso a Internet para o ensino e a aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza C7. No noso centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C10. No noso centro hai dispositivos portátiles propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa cando o precisen. Infraestruturas Non
Fortaleza C. O noso centro conta cunha infraestructura fiable, axeitada e segura. Organización de centro Non
Fortaleza B3. No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Fortaleza B1. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D1. O noso equipo directivo reflexiona connosco sobre as nosas necesidades de FPC en relación ao ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B2. No noso centro non comentamos asvantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza DPC7. No noso centro non realizamos visitas de estudo. Persoal docente Non
Fortaleza D2. O noso profesorado participa activamente en actividades de formación docente. Persoal docente Non
Fortaleza DPC4. No nosocentro non existe un desenvolvemento profesional a través de redes profesionais. Persoal docente Non
Fortaleza D3. O noso equipo directivo axúdanos a intercambiar experiencias dentro do centro sobre a docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F1. No noso centro usamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o meu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza A4. No noso centro non temos suficiente tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Fortaleza G6. Non adoitamos usar as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Fortaleza D2. No noso centro o profesorado ten posilidades de CPD en relación co ensino e a aprendizaxecoas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1. No noso centro o profesorado busca recursos educativos dixitais en internet Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non recibimos suficiente información acerca do programa Edixgal o que xenera dúbidas sobre a participación nese programa. Administración educativa Non
Ameaza Baixa matrícula por non dispoñer das mesmas infraestructuras de transporte e outros servizos ca outros centros da contorna. Administración educativa Non
Ameaza Non nos proporcionan infraestructuras suficientes para ter as mesmas oportunidades. Outras Non
Oportunidade 1. Posibilidade de participar no programa Edixgal. Administración educativa Non
Oportunidade 2. Posibilidade de participar nun PFPP da liña dixital do CFR de Vigo. Administración educativa Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras volver a analizar os resultados do noso DAFO, realizado en 2021 e coa experiencia acumulada de estes dous cursos, e as propostas de melloras recollidas no anterior PD, consideramos que este curso 23/24 imos a traballara para solventar as seguintes debilidades:

1º Continuar implementando e fomentando o uso da aula virtual do centro, involucrando ao maior número de docentes e alumnado/familias.

2º Traballar coa ferramenta Plotter de Polos Creativos.

3º Traballar na edición de vídeo e audio para facer curtas.

4º Uso dos paneis interactivos nas aulas de infantil e primaria.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar o uso da Aula Virtual entre toda a comunidade educativa, para mellorar a competencia dixital do alumnado e profesorado.
O02PD Implementar e empregar a ferramenta Plotter dos Polos Creativos como un recurso didáctico innovador no noso centro para fomentar a creatividade e as habilidades dixitais do noso alumnado.
O03PD Potenciar as habilidades técnicas e creativas do alumnado na edición de vídeo e a capacidade de narrar historias de forma efectiva e atractiva a través do medio audiovisual, coa finalidade de participar nun concurso de curtas con outros centros.
O04PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

O seguimento realizarase a través da valoración respecto das accións realizadas, xa sexa por medio dos seus indicadores asociados, como da execución ou non das mesmas. Polo tanto, ao final de cada trimestre realizarase unha valoración, propostas de mellorar e previsión da súa composición. Esta tarefa realizaraa o equipo de dinamización do Plan Dixital.

Con esta finalidade achéganse as seguintes escalas:

  • Escala de Likert en 4 niveis para a avaliación procesual.
  1. Levouse a cabo con éxito.
  2. Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
  3. Levouse a cabo sen éxito
  4. Non se levou a cabo

Observacións (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)

  • Táboa tricotómica para avaliación final.

Valor previsto en relación cos indicadores dos obxectivos:

  • Realizada
  • Aprazada
  • Pendente

Observacións  (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)

1º Trimestre

Revisión de accións do obxectivo 1:

    1. O01PD-AO1.1. Revisada. Formación realizada.
    2. O01PD-AO1.2. Revisada. En proceso de subida de contidos dixitais.REALIZADA
    3. O01PD-AO1.3. Revisada. En proceso. Algún docente implementou contidos elaborados na aula virtual.REALIZADA

Obxectivo 2:

  1. O02PD-AO2.1. Revisada. En proceso.REALIZADA
  2. O02PD-AO2.2. Revisada. Reunión feita para a planificación de actividades.REALIZADA
  3. O02PD-AO2.3. Revisada. Realizáronse varios obradoiros de Nadal, mediante os cales se crearon diferentes elementos decorativos.REALIZADA

 

2º Trimestre

O03PD Potenciar as habilidades técnicas e creativas do alumnado na edición de vídeo e a capacidade de narrar historias de forma efectiva e atractiva a través do medio audiovisual, coa finalidade de participar nun concurso de curtas con outros centros.

AO3.1. Formación: Proporcionar ao alumnado formación no uso de software de edición de vídeo e técnicas de cinematografía axeitadas ao seu nivel. REALIZADA
AO3.3. Producción: Supervisar a filmación da curta, asegurándose de que se sigan as mellores prácticas de seguridade e se respecten os dereitos de autor. REALIZADA

AO3.2. Planificación: Axudar ao alumnado a planificar a súas curtas, incluíndo o desenvolvemento do guión, a elección das localizacións e a planificación das tomas. REALIZADA
AO3.4. Edición: Guiar ao alumnado no proceso de edición, axudándolles a seleccionar as mellores tomas, engadir efectos especiais e axustar o son e a iluminación. REALIZADA
AO3.5. Presentación: Preparar ao alumnado para presentar o seu traballo no concurso, incluíndo a preparación de calquera material promocional necesario.REALIZADA.

O04PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado

AO4.1. Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os profesores aprendan a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións. REALIZADA

AO4.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía.REALIZADA

AO4.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo.REALIZADA

AO4.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo.REALIZADA

AO4.5. Avaliación: Realizar avaliacións regulares para medir a eficacia do panel na mellora do aprendizaxe e axustar o enfoque segundo sexa necesario.REALIZADA

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24.

A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:

  1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto. No noso caso, catro obxectivos (catro táboas).
  2. Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución: Acadado, parcialmente ou pendente.
  3. Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:
    1. Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?
    2. Manterase o obxectivo?
    3. Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?
    4. É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?
    5. É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?
    6. Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?

*Estas preguntas u outras que poidan ir xurdindo nos dará as pautas para realizar unha avaliación máis reflexiva e concisa que poderemos reflectir posteriormente nunha rúbrica.

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual.- Realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.

- Avaliación final.- Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A este Plan Dixital déuselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro na seguinte URL*: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoutadabeade, durante o curso 2022/23.

Para o presente curso 2023/24, ao estar realizado o Plan Dixital en Educalidade, as persoas interesadas en visualizalo deberán seguir a ruta indicada: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36009974

 

PROTOCOLOS OU ESTRATEXIAS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL

  • Difusión do Plan ao Claustro 
  • En CCP e na comisión de Coordinación TIC a través dunha presentación e unha reunión posterior Coordinador TIC 
  • Difusión á Comunidade Educativa.
  • Inclusión do Plan Dixital no PEC para a difusión do mesmo na web do centro*