1. Datos básicos do centro.
O colexio Plurilingüe La Inmaculada, sito na rúa Amado Garra nº 2 de Ponteareas, ten un carácter singular dentro do ámbito da educación ó tratarse dunha Fundación. É, polo tanto, un centro escolar privado-concertado pero sen ánimo de lucro, que naceu coa finalidade de prestar un servizo ó pobo de Ponteareas.
Ó tratarse dunha doazón que ten como única misión desenvolver un labor social, neste caso o ensino, o colexio está rexido por un Padroado. Este organismo é quen vela polo cumprimento desta función, ademais de ser de quen dependen todas as decisións que afectan ao funcionamento de centro, orzamentos, nomeamento do profesorado, etc. Este padroado está composto polos seguintes membros: Delegado de Educación de Pontevedra; como representantes do pobo: o Xuíz, o Notario, o Alcalde, o Párroco; como representante dos pais e do centro escolar: o Presidente/a da ANPA e a Directora do centro.
O colexio La Inmaculada é un centro escolar de Educación Infantil, Primaria e Secundaria que ten máis de trescentos alumnos, repartidos en trece aulas, cada unha dun nivel educativo.
O claustro de profesores está formado por vinte e catro docentes das diferentes niveis e especialidades.
O Colexio ten un Departamento de Orientación, conformado por tres especialistas.
A educación que se ofrece no colexio comeza aos tres anos e abarca ata 4º de ESO.
Máis datos de interese:
Correo electrónico: cpr.lainmaculada.ponteareras@edu.xunta.gal
Páxina web: www.colexioinmaculada.com
Facebook: @colexioinmaculada
Instagram: @colexioinmaculada
Twitter: @La_Inmaculada_
2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
· Os alumnos e alumnas que cursan os seus estudos neste Colexio proceden na súa maioría do centro urbano e de parroquias colindantes (o Colexio non dispón de transporte escolar e son os propios pais os que se encargan de traer os seus fillos). Debido os movementos de poboación hai unha pequena porcentaxe de alumnado que son inmigrantes.
Os alumnos e alumnas pertencen a unha clase media, conformada na súa maioría por asalariados, aínda que tamén hai persoas pertencentes a profesión liberais.
· Nunha sociedade na que a dixitalización é un motor de modernidade, a escola non pode manterse ao marxe deste proceso polo que o Plan Dixital é fundamental para que o proxecto educativo estea actualizado e contribúa ao mellor aproveitamento e coñecemento por parte tanto do profesorado como do alumnado, das novas ferramentas dixitais que están en continua evolución.
·
3. Breve xustificación do mesmo.
Normativa:
· Según os Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Os centros educativos deberán utilizar sistemas de información utilizados polas administracións educativas tanto para a xestión académica e administrativa como para o soporte á aprendizaxe.
As administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoveran o uso das TIC na aula como medio didáctico apropiado para levar a cabo tarefas de ensinanza e aprendizaxe do mesmo xeito que as entornas virtuais que facilitarán a consecución de obxectivos concretos do currículo
Proxecto Educativo do Centro recollerá todas as estratexias dixitais que afecten ao entorno educativo.
· Según a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, os centros docentes elaborarán no curso 2021-22 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
· Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
· Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
4. Proceso de elaboración
O equipo encargado da elaboración e dinamización do PD do noso centro, igual que o curso pasado, está formado pola Xefa de estudos: Mónica Carrera Martínez e a Directora do centro Rosa María García Otero.
O proceso de elaboración do PD foi o seguinte:
Novembro 2021: Primeiro contacto do coordinador ADIX Don José Emilio Gómez Fernández coa coordinadora do PD do centro.
Decembro 2021: Elaboración do Informe SELFIE.
Febreiro 2022: Realización do Test da Competencia Dixital Docente por parte do profesorado.
Marzo 2022: Recompilación de datos, reflexión e elaboración do análise DAFO.
Maio 2022: Definición de obxectivos e accións a seguir no noso Plan.
Xuño 2022: Elaboración da versión 1.0 do Plan Dixital.
Setembro 2023: Elaboración do Plan Dixital de Centro do curso 2023/2024 tendo en conta as propostas de mellora do curso pasado.