Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O IES Valle Inclán atende a unha poboación que reside maioritariamente no centro da cidade e que pertence, a grandes trazos, á clase media.

Non podemos facer referencia á contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo, xa que é un documento do Centro que está en fase de elaboración.

Si que podemos sinalar que a resposta de toda a Comunidade Educativa tanto das familias como do profesorado foi sempre de apoio aos diferentes plans de implantación das novas tecnoloxías da Consellería de Educación, comezando por Abalar e continuando con Edixgal, que está actualmente implantado nos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria.

Os obxectivos que marcamos co desenvolvemento do Plan Dixital estarán  integrados na Programación Xeral Anual do curso 2023-2024.

Breve xustificación do mesmo

A normativa relacionada co Plan Dixital queda concretada nos seguintes apartados:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

Proceso de elaboración

Tras o selfie dixital, o test CDD (test de competencia dixital docente), o informe DAFO (Debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades dixitais do Centro) e a elaboración dos obxectivos do Plan de acción, en xuño de 2022 obtivemos en papel o Plan Dixital do IES Valle Inclán. 

Ao longo do curso 2022-2023 implementamos o plan acadando oito dos 9 obxectivos plantexados. Este curso académico 2023-2024 decidimos concretar o plan en 6 obxectivos centrados na súa maior parte na formación dixital do alumnado e do profesorado.

Ao longo deste curso seguimos contando coa colaboración do mentor do Plan Dixital na zona de Pontevedra Diego Abarca Rodríguez e o equipo de dinamización do plan dixital estará formado polo director Daniel Mejuto Costa e os profesores do departamento de Tecnoloxía Alba Fuentes Sánchez e Fernando Vázquez García que exerce como coordinador.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos utilizados para recoller a información previa ao DAFO foron:

O informe selfie.

O test TCDD (test de competencia dixital docente).

Análise doutros aspectos do funcionamento do centro no ámbito dixital.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aínda temos unha porcentaxe importante de alumnado que necesita axuda para usar o software e as aplicacións (40%). (Alumnado) Alumnado Si
Debilidade O centro ao estar totalmente ocupado ten limitacións para a ampliación de aulas con ordenadores. (C14 Limitación espazo físico) Infraestruturas Non
Debilidade Necesítase un protocolo claro e eficiente para subsanar as deficiencias técnicas con rapidez. (Análise propia do Centro) Organización de centro Non
Debilidade É fundamental crear un equipo de traballo TIC con tarefas e tempos claros para a execución das mesmas. (Análise propia do Centro) Organización de centro Non
Debilidade No noso centro non temos tempo para explorar como mellorar o meu método de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. (A4 profesorado) Organización de centro Si
Debilidade A maior parte do profesorado comeza usar as tecnoloxías dixitais ao mesmo tempo que o resto dos seus compañeiros. (Profesorado adopción da Tecnoloxía) Persoal docente Si
Debilidade O equipo directivo non promove o intercambio de experiencias dentro do Centro sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. (D3 profesorado) Persoal docente Si
Debilidade Non hai un debate no Centro sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (B2 profesorado) Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. (F6 profesorado) Persoal docente Non
Debilidade O equipo directivo non axuda a utilizar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación. (G7 profesorado) Persoal docente Si
Fortaleza Moito alumnado sabe usar o software e as aplicacións sen axuda (60%). (Alumnado) Alumnado Si
Fortaleza No Centro hai dispositivos portátiles que o alumnado pode levar á casa se é necesario. (C10 alumnado ESO) Alumnado Non
Fortaleza Temos un bo acceso a Internet para o ensino e aprendizaxe. (C3 profesorado) Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo apoia que o profesorado explore novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. (A3 equipo directivo) Organización de centro Si
Fortaleza O alumnado afirma que o profesorado utiliza plataformas en liña ás que eles tamén poden contribuír. (E3 alumnado) Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten un nivel de competencia dixital superior á media de Galicia. (Test CDD) Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en Internet. (E1 profesorado) Persoal docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Intento pola Consellería de impoñer plans complexos cun exceso de carga burocrática en vez de plans sinxelos, claros e eficaces. Administración educativa Si
Ameaza O plan dixital ten que ser independente dos cambios lexislativos que imos ter nous dous vindeiros cursos académicos. Lexislación Non
Oportunidade Por subvencións da Unión Europea é bo momento para a renovación e adquisición de novo material dixital. Administración educativa Si
Oportunidade A ANPA está concienciada na promoción e apoio do ensino dixital. ANPA Non
Oportunidade A pandemia amosou a necesidade dun plan dixital de ensinanza tanto a nivel presencial no Centro, mixto e a distancia. Contorna Non
Oportunidade Concordancia entre os novos cambios pedagóxicos propostos na nova lei de educación e as liñas do plan dixital. Lexislación Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Proporcionar no primeiro trimestre ao alumnado de primeiro e segundo de ESO a través da materia de Tecnoloxía e dixitalización formación en recursos informáticos básicos (sistemas operativos, ofimática e edición multimedia) de tal xeito que contribúa ao bo desenvolvemento dixital de todas as materias.
O02PD Proporcionar no primeiro trimestre ao alumnado de primeiro e segundo de ESO a través da materia de Tecnoloxía e dixitalización formación en aspectos como seguridade informática, cumprimento dos dereitos de autor ou respecto aos demais na interacción nas redes sociais.
O03PD Implantar unhas xornadas dixitais no Centro destinadas ao profesorado
O04PD Mellorar o repositorio de recursos da aula virtual do Centro para profesorado e alumnado, facendo principal fincapé en edixgal, moodle e recursos para o alumnado.
O05PD Dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado crear unha liña de actuación "Contidos educativos dixitais" (competencia dixital) que se centrará en proporcionar unha formación de base do entorno virtual de aprendizaxe edixgal ao profesorado.
O06PD Realizar coa nova plataforma da Xunta de inventario TIC o inventario do material TIC proporcionado por AMTEGA nos últimos 5 cursos académicos.

Seguimento

Procedemento

Para realizar un seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos marcados o equipo TIC analizará a súa evolución nos seguintes intres:

Ao comezo do curso co fin de establecer un calendario resumido no que se marquen as datas e momentos claves ao longo do curso das accións que acadarán os obxectivos.

Na metade dos tres trimestres para poder analizar a evolución do plan co estudo da execución das accións e valoración de resultados e ter así, se fose necesario, unha marxe de modificación das accións co fin de acadar os obxectivos.

Ao remate do curso, no que se fará unha valoración final dos obxectivos alcanzados e formularase propostas de mellora para cursos vindeiros.

1º Trimestre

Neste trimestre teremos que estar pendentes especialmente do desenvolvemento das accións dos obxectivos 1 e 2 relacionados coa formación do alumnado, rematar a formación do profesorado do obxectivo 5 e comezar a desenvolver as accións dos obxectivos 3 (xornadas dixitais), 4 (mellora dos repositorios) e 6 (inventario TIC)

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos co seguintes resultados:

Os obxectivos O01, O02 e O05 xa están acadados. Nos obxectivos O01 e O02 acadouse amplamente a porcentaxe do 75% de avaliación positiva da materia de tecnoloxía e dixitalización  e compromisos dixitais asinados en 1º e 2º de ESO. No obxectivo O05 o 100% do profesorado contestou afirmativamente a que a formación recibida mellorou a súa competencia dixital e que a poido aplicar na realidade da aula.

O01PDProporcionar no primeiro trimestre ao alumnado de primeiro e segundo de ESO a través da materia de Tecnoloxía e dixitalización formación en recursos informáticos básicos (sistemas operativos, ofimática e edición multimedia) de tal xeito que contribúa ao bo desenvolvemento dixital de todas as materias.    

O02PDProporcionar no primeiro trimestre ao alumnado de primeiro e segundo de ESO a través da materia de Tecnoloxía e dixitalización formación en aspectos como seguridade informática, cumprimento dos dereitos de autor ou respecto aos demais na interacción nas redes sociais.

O05PDDentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado crear unha liña de actuación "Contidos educativos dixitais" (competencia dixital) que se centrará en proporcionar unha formación de base do entorno virtual de aprendizaxe edixgal ao profesorado.

O obxectivo O04 está en proceso, xa temos cinco novos titoriais no tema de edixgal para o profesorado e o obxectivo era incrementar 9 neste curso académico.

O obxectivo O03 está retrasado porque aínda non tivemos a primeira xornada de formación. Contamos realizala a mediados do segundo trimestre.

O obxectivo O06 non puido ser desenvolvido porque a Consellería non activou a ferramenta para realizar o inventario TIC dos centros.

2º Trimestre

Como xa sinalamos no seguemento do primeiro trimestre, os obxectivos O01, O02 e O05 xa están acadados.

Do obxectivo O03 (Xornadas dixitais) desenvolveuse a primeira sesión e quedan pendentes outras dúas para o finais de abril, maio ou comezo de xuño.

O obxectivo O04 segue en proceso, a maiores dos cinco novos titoriais de edixgal para o profesorado engadimos  dous mais relacionados cos paneis interactivos e o obxectivo era incrementar 9 neste curso académico.

O obxectivo O06 (Inventario TIC) non puido ser desenvolvido porque a Consellería non activou a ferramenta para realizar o inventario TIC dos centros.

 

3º Trimestre

Ao remate deste trimestre deberíamos ter acadado os tres obxectivos que se sumarían aos acadados no primeiro: 3 (xornadas dixitais), 4 (mellora dos repositorios) e 6 (inventario TIC)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do Plan Dixital
Seguimento do Plan de Acción
Para realizar un seguemento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos marcados o equipo TIC analizará a súa evolución nos seguintes intres: • Ao comezo do curso co fin de establecer un calendario resumido no que se marquen as datas e momentos claves ao longo do curso das accións que acadarán os obxectivos. • Na metade dos tres trimestres para poder analizar a evolución do plan co estudo da execución das accións e valoración de resultados e ter así, se fose necesario, unha marxe de modificación das accións
co fin de acadar os obxectivos.
• Ao remate do curso, no que se fará unha valoración final dos obxectivos alcanzados e formularase propostas de mellora para cursos vindeiros.
 

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Co fin de facer chegar o plan a toda a comunidade educativa do IES Valle Inclán, poderase acceder ao plan en Educalidade ao longo de todo o curso nunha ligazón nun sitio destacado na barra lateral dereita da páxina web do Centro http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvalleinclan.  As familias tamén recibirán unha mensaxe a través de abalar móbil na que se lle informará da publicación do plan dixital e a forma de acceso ao mesmo.