Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Mantivéronse reunións periódicas co asesor Adix onde se consultaron dúbidas, solventáronse pequenos problemas e incidencias que foron xurdindo.
Durante o primeiro trimestre acadaronse as seguintes accións:
- O1.3 Establecer un contador de visitas
- O2.1 Explicar o aceso a NAS e maneira de usalo
- O2.2 Comprobar que existe conexión desde todos os equipos.
- O3.3 Informar/formar ás familias sobre o uso do software libre a partir de 5º de E. P.
- O3.4 Incluír nos plan de formación do centro o uso de ferramentas dixitais e aplicativos LINUX
- O5.1 Incluír nos plan de formación do centro o uso de ferramentas dixitais e aplicativos LINUX
- O5.2 Dotar de máis dispositivos á aula de informática
- O7.2 Instalar máquina virtual en ordenadores para visualizar xogos educativos
As seguintes accións foron acadadas parcialmente porque se están a desenvolver a través dun grupo de traballo:
- O6.1 Formación sobre manexo dos novos paneis interactivos
- O6.2 Formación sobre o material dos polos creativos
- O6.3 Formación sobre novos programas educativos
O obxectivo 8 está sen iniciarse por non estar habilitado pola Consellería o aplicativo.
Realizouse o seguimento trimestral do plan dixital a través da revisión do nivel de execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
O obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre desenvolvense según o previsto:
- O O08PD continúa pendente de activación por parte de AMTEGA a aplicación inventario.
- Os obxectivos referentes a formación están en marcha e contamos que finalicen no mes de maio.
Realizouse o seguimento trimestral do plan dixital a través da revisión do nivel de execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
O obxectivos do PD correspondentes ao 3º trimestre desenvolvense según o previsto agás o obxectivo 8 porque segue sen activar por AMTEGA e as accións que se citan a continuación que quedan pendentes para o vindeiro curso:
- AO1.1PD: Cambiar a distribución das categorías da páxina web
- AO4.1PD: Coñecer o manexo básico dun ordenador (teclado, rató e outros periféricos)
- AO7.1PD: Renovar pizarras interactivas e proxectores de aula
- AO7.3PD: Dotar de materiais para iniciar ao alumnado no mundo da robótica
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Na mesma tamén buscarase que posibilidades existen de poder enfocar os seguintes obxectivos, baseándose no éxito ou no fracaso dos anteriores, e comprobar a partires desa avaliación posibles deficiencias ou necesidades, no proceso de ensinanza-aprendizaxe no centro que podan ser susceptibles de ser traballadas ou non precisan un enfoque tan directo.
Valoración positiva en canto a formación pero deficitaria en canto a dotación porque seguimos sen recibir o material de polos creativos.
Continuar traballando na formación do profesorado e completar a dotación pendente.
Comunicación e difusión
O centro daralle difusión ao Plan Dixital unha vez que sexa aprobado, a través dos medios que ven empregando para comunicarse cos membros da comunidade educativa:
- Na URL de educalidade https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006390
- Páxina web na que se creará un apartado específico
- Abalar Móbil a través do que se notificará a súa publicación
- Tríptico informativo distribuído ao inicio do curso entre as familias do alumnado
- A través do Consello Escolar e da ANPA