Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez é un colexio Público, a titularidade osténtaa a Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Está situado no lugar do Cruceiro, parroquia de Lérez.

No colexio temos as etapas de E.I. e E.P. Somos un centro dunha única liña dividido en tres unidades de E.I (4º,5º,6º) e seis de E.P.(1º,2º,3º,4º,5º,6º). O número de alumnado deste curso é de 29 alumnos/as de E.I. e de 93 en E.P.

Os integrantes do Claustro son 19 mestres/as. Catro delas son especialistas de E.I; unha delas é a figura de apoio. Na E.P hai cinco mestres/as titoras/es, 1 especialista en Inglés, unha especialista de música que fai a súa fez de secretaria do centro, dúas especialistas de E.F, xa que unha delas ten a redución de xornada e a outra ostenta o cargo de titora de 6º, unha especialista en P.T, 1 especialista en A.L e un orientador compartidos con outros centros, unha mestra de Relixión que tamén é a Xefa de Estudos, un mestre de francés que ademais é o director e unha mestra de apoio (PROA+).

Da plantilla 14 son definitivos e 3 provisionais.

 

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Dende o punto de vista económico e laboral das familias do alumnado, a situación é diversa, mentres que unas teñen un desenvolvemento baixo e un nivel cultural familiar tamén baixo, hai outras con cualificacións profesional, pequenas empresas ou funcionarios/as  que proporciónalles mellores ingresos e polo tanto un maior benestar económico e maior acceso á cultura.

Esta diversidade correspóndese, en certo modo, co desenvolvemento cultural das familiar e do alumnado. Cada vez con máis frecuencia preséntanse situación de separación conxugais, moitas veces traumáticas para os fillos/as e que nalgúns casos inflúen negativamente no seu desenvolvemento académico.

·       As posibilidades didácticas e pedagóxicas que ofrecenos o acceso e a xestión da información e do coñecemento, conceden ao Plan Dixital un peso específico como eixe transversal dentro da actividade docente. Todo isto afecta a globalidade do Proxecto Educativo de Centro nos seus aspectos metodolóxicos, organizativos, de xestión e curriculares.

·       Avaliarase a situación de partida e a normativa ao respecto e solicitarase a formación necesaria segundo as necesidades do Claustro con respecto a outros plans e proxectos.

·       Na PXA do curso 23/24 irá reflectida o uso da páxina WEB do centro como mecanismo para a participación activa da comunidade educativa do centro.

 

1.3 Breve xustificación do mesmo

Segundo o artigo 111a e o artigo 121 e o artigo 132 da LO/2006,   do 3 de maio:

Os entornos virtuais de aprendizaxe que se empleen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír a extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. Así mesmo promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para tódalas persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e entornas virtuais de aprendizaxe. O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111bis.5.

Os centros elaboraron no curso 2021/22 o seu plan dixital e fórono modificando nos cursos sucesivos de acordo coas instrucións que se ditan.

Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

 Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

1.4 Proceso de elaboración

O Coordinador das TICs xunto coa Xefa de estudos (ao non estar presente o Director), formou e dinamizou dende o comezo da elaboración do PD as tarefas de:

·     Difusión e análises do selfie.

·     Tarefas técnicas e resultados do CDD.

·    Cos datos obtidos do selfie e do CDD, elaboración do DAFO, no que participou o claustro.

·    O equipo das TICS, elaborou o plan de acción, os membro do equipo deseñaron uns obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa  para o análise DAFO , lévase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos :

 - Análise da competencia dixital do Centro ( alumnado , profesorado e membros do equipo directivo ) coa ferramenta SELFIE

- Análise dos recursos do alumnado

- Análise da infraestructura , recursos e estado do Centro.

Interno
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Os instrumentos de recollida de información previa  para o análise DAFO , lévase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos :

 - Análise da competencia dixital do Centro ( alumnado , profesorado e membros do equipo directivo ) coa

ferramenta SELFIE

- Análise dos recursos do alumnado

- Análise da infraestructura , recursos e estado do Centro.

ANÁLISE DA SITUACIÓN ACTUAL

Para o análise da situación actual e realizar o seguimento do Centro no ámbito da innovación escolleuse a

ferramenta SELFIE que organiza a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación :

- Liderazgo

- Colaboración e redes

- Infraestructuras e equipos

- Desenvolvemento profesional continuo

- Pedagoxía : apoio e recursos

- Pedagoxía : Implementación na aula

- Prácticas de avaliación

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Mellorar a Competencia Dixital do profesorado.
02PD Crear produtos finais co uso da tecnoloxía e coa participación do alumnado no proceso.
03PD Dinamizar a páxina Web do Centro.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan. A persoa mentora Adix realizará unha ou máis visitas por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto. A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

O.1. Crear un grupo de traballo. REALIZADO

O.1. Facer enquisa para saber as demandas de formación requeridas polo profesorado. REALIZADO

O.3. Crear un equipo de traballo. REALIZADO

2º Trimestre

O.2. Crear un grupo de traballo. REALIZADO

O.2Crear productos finais co uso da tecnoloxía. EN PROCESO

O.2. Subir á páxina web do centro as evidencias dos nosos productos finais. EN PROCESO

3º Trimestre

O.3 Creación dun grupo de traballo. REALIZADO

O.3. Elaborar un titorial sobre o uso da páxina web. EN PROCESO

O.3 Dinamizar a páxina web. REALIZADO

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión del Plan ao Claustro : En Claustro , na CCP e no Equipo de Dinamización TIC , mediante unha presentación e unha posterior posta en común.

Difusión á Comunidade Educativa : Inclusión do Plan Dixital no PEC para a difusión do mesmo na WEB do Centro.

Plan Dixital