Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.      Datos básicos do centro

 

·         Tipo de Centro: CEIP

·         Denominación oficial: CEIP A XUNQUEIRA 1

·         Titularidade: Colexio Público de Educación Infantil e Primaria dependente da Xunta de Galicia.

·         Código do Centro: 36006122

·         Situación: Campus da Xunqueira.

·         Provincia: Pontevedra.

·         Enderezo: Rúa Celso Emilio Ferreiro s/n

·         Código Postal: 36005

·         Teléfono: 886159026

·         Fax: 886159032

·         Pax web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxunqueira1

A matrícula do Centro é de 226 alumnos/as, repartidos en: 3 unidades de Educación Infantil e 10 grupos de Educación Primaria.

·         Número de profesores: 23

3.      Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

[

As características do alumnado que puideran exercer unha maior influenza no desenvolvemento da educación e do ensino son as seguintes:

·         Alumnado que proceden da propia cidade e da zona rural.

·         Contorna sociocultural e económica: Media.

·         Nivel formativo-instrutivo: Medio.

·         Con transporte escolar: un terzo dos alumnos aproximadamente.

·         Nivel de disciplina e convivencia: bo, sempre se pode e debe mellorar.

·         Asistencia: Alta e con regularidade. Intentaremos mellorar o problema da puntualidade, en parte debido aos problemas de tráfico e accesos da zona, e en parte ás familias.

 

·         Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro:

O Centro participou no Proxecto Abalar desde o curso 2011/12.

En EDIXGAL desde o curso 2018-2019

Plan de innovación: Plan Proxecta “Aprendo Programando”, Charlas Navega con Rumbo, Plan Director.

- Webs dinámicas como recurso educativo 2010/11

- Robótica: liña PPFP desde o curso 2019/2020 ata 2021/2022.

 

·         Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24:

- Ao igual que no presente curso, para o vindeiro teremos operativas a Aula Virtual do Centro para o alumnado dos dous primeiros ciclos de Educación Primaria, e EDIXGAL, para 3º ciclo. Educación Infantil continuará co uso a Aula Virtual, desenvolvendo recursos para esa etapa.

 

4.      Breve xustificación do mesmo

 

·         Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·         Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

 

·         Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

5.      Proceso de elaboración

Metodoloxicamente, partindo da análise de resultados dos test SELFIE e CDD, o equipo de Dinamización do Plan Dixital contrastou a información cara a elaboración do DAFO, a partir do cal se obtivo o Plan de Acción que rematou na súa plasmación no presente documento.

Organizativamente, realizouse a partir dunha liña do Plan de Formación Permanente do Profesorado no noso Centro, co nome de actividade: P2105100 PFPP P2131073 Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital.

Na memoria da antedita actividade, poden observarse os tempos e accións desenvolvidas.

No curso 2023/2024, solicitáronse dous contratos proxecta:

  • PVAD: proxectos de vida activa e deportiva
  • Meteoescolas.

E dez contratos programa: 5 INNOVA e 5 INCLÚE.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e atendendo que a principal misión da escola é formar ao alumnado para a vida presente e futura, así como á normativa vixente, consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento, Plan Dixital de Centro que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o CEIP A Xunqueira I nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto redunde en beneficio do noso alumnado, en particular, e da sociedade en xeral.

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP, así como a creación do Equipo de Dinamización do PDC integrado pola Directora, a xefa de estudos  e o coordinador. O grupo de traballo creado celebrou diversas sesións formativas, nas que se fixeron traballos en relación a SELFIE, T-CDD, análise DAFO e Obxectivoos do Plan de Acción.

Unha vez elaborado o PDC pasou polos órganos colexiados do centro para a súa validación.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aprender a programar ou codificar. Alumnado Si
Debilidade Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Retroalimentación necesaria ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. Persoal docente Si
Debilidade Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación utilizando tecnoloxías dixitais (mensaxería AV e EDIXGAL) Alumnado Si
Fortaleza Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza Aula de informática. Infraestruturas Si
Fortaleza PDI nas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a Internet en todo o centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Disposición de tabletas. Infraestruturas Si
Fortaleza Equipos EDIXGAL (3º ciclo) e aula de informática (2º ciclo) de EP. Infraestruturas Si
Fortaleza O equipo directivo fomenta a reflexión sobre as necesidades de DPC tecno-dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Apoio do Equipo Directivo para probar novas formas de ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Implicación do alumnado. Persoal docente Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sistemas de protección de datos mellorable. Lexislación Si
Ameaza Equipos ABALAR obsoletos (máis de 10 anos). Outras Si
Ameaza Baixa competencia dixital dalgunhas familias. Outras Si
Oportunidade Participación previa durante anos no proxecto ABALAR. Administración educativa Si
Oportunidade E-Dixgal: quinto curso desde a implantación do libro dixital no noso centro. Administración educativa Si
Oportunidade Aprender a codificar ou programar: oferta da actividade extraescolar de Programación e Robótica. ANPA Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno, e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo, que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuacion en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO, dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nos propoñemos atender en diferentes TEMPORALIZACIÓNS. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboradacioón do PLAN DE ACCIÓN, convertendo os items en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do viendeiro curso mendiante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte (OBXECTIVOS).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dixitalización dos procesos de comunicación, tanto coas institucións e familias, coma intracentro (co propio profesorado e demais persoal non docente do centro)
O02PD Incluir actividades na Aula Virtual
O03PD Potenciación dos espazos TIC (aula de informática e outros)
O04PD Facer inventario de material informático para a súa inclusión no INVENTARIO de AMTEGA.

Seguimento

Procedemento

O equipo de de Dinamización do PD realizará alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar, xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Traballos desenvolvidos polos mestres na súa práctica diaria coa Aula Virtual. Aportacións e preguntas por parte do profesorado.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez avaliado e aprobado polos órganos colexiados competentes, será publicado na páxina web do Centro.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do Centro.