Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A finalidade da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

O Plan Dixital de centro é o documento a través do cal o noso  centro analiza a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida, se define un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión.

           

            A elaboración do Plan dixital se fundamenta na seguinte normativa:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Para a elaboración deste Plan Dixital constituiuse un equipo formado por:

•    José Víctor Couce Pérez ( Coordinadora)

•    Trinidad González Sobral

•    Jose María Gómez Villaverde

•    María Fanjul González   

            O Plan foi elaborado seguindo as instruccións dos equipos Adix  e do curso de formación Adix 2 Pontevedra. As fases de realización foron as seguintes::

•    Fase I: Análise e diagnose da situación do centro (curso 2021-2022)

                        Realización do Selfie

                        Realización do test CDD

                        Realización do  DAFO

•    Fase II: Deseño e elaboración do Plan Dixital (2022-2023 e curso actual 2023-2024)

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE e Test CDD

Interno
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H3 Comportamiento responsable (2,9) Alumnado Si
Debilidade H4 Verificar la calidad de la información (2,5) Alumnado Si
Debilidade H6 Otorgar reconocimiento al trabajo de los demás (2,3) Alumnado Si
Debilidade H7 Creación de contenidos digitales (2,3) Alumnado Si
Debilidade H10 Habilidades digitales para diferentes materias (3) Alumnado Non
Debilidade H1 Comportamiento seguro (2,6) Alumnado Si
Debilidade C7 Protección de datos (2,9) Infraestruturas Si
Debilidade A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado (2,7) Organización de centro Non
Debilidade A1 Estratexia dixital (2,3) Organización de centro Si
Debilidade B1 Avaliación do progreso (2,6) Organización de centro Non
Debilidade B4 Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia (2,4) Organización de centro Non
Debilidade C16 Bibliotecas/repositorios en liña (2,1) Organización de centro Non
Debilidade G7 Avaliación dixital (2,9) Organización de centro Non
Debilidade Baixa estabilidade do profesorado e alta porcentaxe de Profesorado próximo á xubilación. Persoal docente Non
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares (2,8) Persoal docente Si
Debilidade G1 Avaliación das capacidades (2,8) Persoal docente Si
Debilidade G3 Retroalimentación axeitada (2,8) Persoal docente Non
Debilidade B3 Colaboracións (2,5) Persoal docente Si
Debilidade G6 Comentarios a outros/as sobre o seu traballo (2,5) Persoal docente Si
Debilidade G8 Documentación do aprendizaxe (2,7) Persoal docente Non
Debilidade G5 Autorreflexión sobra a aprendizaxe (2,7) Persoal docente Non
Debilidade G9 Empleo de datos para mellorar o aprendizaxe (2,9) Persoal docente Non
Fortaleza C10 Dispositivos para o alumnado (3,9) Alumnado Non
Fortaleza H8 Aprender a comunicarse (2,8) Alumnado Non
Fortaleza Comunicación ás familias (Abalar, correo, aula virtual e blogs) Familias Non
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para a ensinanza (3,5) Infraestruturas Si
Fortaleza C8 Dispositivos dixitales para a aprendizaxe (3,7) Infraestruturas Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensinanza (3,8) Organización de centro Si
Fortaleza C15 Tecnoloxías asistenciales (3) Organización de centro Non
Fortaleza D2 Participación en el DPC (4) Persoal docente Non
Fortaleza B2 Debate sobre o uso da tecnoloxía (3,1) Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en línea (4,3) Persoal docente Si
Fortaleza F3 Fomento da creatividade (3,4) Persoal docente Non
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado (3,2) Persoal docente Non
Fortaleza D1 Necesidades del DPC (3,8) Persoal docente Non
Fortaleza E3 Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe (3,5) Persoal docente Si
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias (3,8) Persoal docente Non
Fortaleza E2 Creación de recursos dixitais (3,8) Persoal docente Si
Fortaleza E4 Comunicación coa comunidade educativa (4,1) Persoal docente Non
Fortaleza E5 Recursos educativos abertos (3,8) Persoal docente Non
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado (3,4) Persoal docente Non
Fortaleza F4 Implicación do alumnado (3,6) Persoal docente Non
Fortaleza G10 Avaliación das capacidades desenvolvidas fóra do centro (3,5) Persoal docente Si
43 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14 Espazos físicos (2,5) Administración educativa Non
Ameaza C3 Acceso a internet (2,9) Administración educativa Si
Ameaza C1 Infraestructuras (3) Administración educativa Si
Ameaza C5 Asistencia técnica (2,9) Administración educativa Si
Ameaza C11 Fenda dixital: medidas para identificar retos (2,9) Contorna Si
Ameaza C12 Fenda dixital: medidas para abordar dificultades (2,4) Contorna Si
Oportunidade Proposta e axuda da administración para a realización do PDC. Administración educativa Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno, e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO, dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nos propoñemos atender en diferentes TEMPORALIZACIÓNS. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar no longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte (Obxectivos)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Sinalar nas publicacións dixitais as fontes dos recursos, alleos ao centro, empregados
O02PD Coñecer o estado da fenda dixital das familias do centro ( PC e wifi)
O03PD Continuar con Edixgal no terceiro ciclo
O04PD Incrementar o número de proxectos Interdisciplinares no centro
O05PD Empregar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado.
O06PD Creación de contidos dixitais
O07PD Formación ás familias sobre o control parental nas TICs.

Seguimento

Procedemento

O equipo de Dinamización do PD realizará alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso, iniciouse o obxectivo O01PD que consiste en: Sinalar nas publicacións dixitais as fontes dos recursos, alleos ao centro, empregados. Están realizadas as accións AO1.1: Reunión informativa sobre normas e dereitos de autor e licenzas de uso; AO1.2: Determinación dos aspectos mínimos de cada publicación referenta á autoría; e AO1.3: Elaboración das pautas de actuación sobre os dereitos de autor e licenzas de uso.

O02PDCoñecer o estado da fenda dixital das familias do centro ( PC e wifi) coa súa correspondente acción : AO2.1:Realización dunha enquisa ao alumnado novo que entra ao centro por primeira vez (4º de educación infantil e alumnado doutros cursos que chegan ao colexio) está acadado.

En relación co O03PD: Continuar con Edixgal no 3º ciclo (5º e 6º),  están realizadas as accións AO3.1: Formación do profesorado de 3º ciclo; AO3.2: Información e Formación ás familias sobre Edixgal, e AO3.3: Uso de Edixgal (esta última acción lévase a cabo durante todo o curso académico)

O obxectivo O04PD: Incrementar o número de proxectos Interdisciplinares no centro, está iniciado, tendo acadada a acción AO4.1: Posta en funcionamento dunha Aula Virtual para favorecer os proxectos.

O obxectivo O05PD: Empregar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado, está iniciado. temos acadada a acción AO5.1: Creación de grupos de traballo para a aprendizaxe de ferramentas dixitais de avaliación. e a acción AO5.2: Emprego de ferramentas dixitais de avaliación, vai sendo realizada por varios mestres/as desde o inicio de curso.

O obxectivo O06PD:Creación de contidos dixitais, está en marcha. As accións AO6.1: Formación do alumnado e AO6.2: Realización de recursos, iniciouse nos cursos do terceiro ciclo, para ir ampliando ao resto do alumnado durante o segundo e terceiro trimestre.

O obxectivo O07PD: Formación ás familias sobre o control parental nas TICs, xa está cumprido. A acción AO7.1: Información ás familias dunha formación sobre o control parental das TICs, e AO7.2: Realización de xornadas de formación para as familias sobre o control parental das TICs.está acadada xa que á volta das vacacións de nadal, fíxose no centro a xornada para as familias superando o 10% do valor do obxectivo previsto no indicador do mesmo.

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital cree que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

No segundo trimestre continuouse co obxectivo O01PD que consiste en: Sinalar nas publicacións dixitais as fontes dos recursos, alleos ao centro, empregados. Estamos coa realización da acción AO1.4: Adaptación de recursos ás normas de dereitos de autor.

O02PDCoñecer o estado da fenda dixital das familias do centro ( PC e wifi) xa está cumprido.

En relación co O03PD: Continuar con Edixgal no 3º ciclo (5º e 6º),  continuamos coa acción AO3.3: Uso de Edixgal (esta última acción lévase a cabo durante todo o curso académico)

O obxectivo O05PD: Empregar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado, a acción AO5.2: Emprego de ferramentas dixitais de avaliación, vai sendo realizada por varios mestres/as desde o inicio de curso.

O obxectivo O06PD:Creación de contidos dixitais. Deste obxectivo, as accións AO6.1: Formación do alumnado e AO6.2: Realización de recursos, continuouse nos cursos E-dixgal no terceiro ciclo e iniciouse no segundo ciclo.

O obxectivo O07PD: Formación ás familias sobre o control parental nas TICs, xa está cumprido.

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital cree que o proceso vai por bo camiño.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Durante o curso avaliarase a través da observación e con documentos fotográficos o traballo realizado polo profesorado e alumnado en relación aos diferentes obxectivos e accións.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital será a través do Claustro e do Consello Escolar.
Informarase ás familias a través de Abalarmóbil de que hai a súa disposición unha copia do mesmo publicada na páxina web do Centro.