Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. DATOS XERAIS DO CENTRO

DATOS DO ALUMNADO:

4º EI:-12   5º EI-10    6ºEI-9     1º EP-11     2º EP-18      3º EP-18     4º EP-16     5º EP-18      6º EP-23          TOTAL CENTRO: 135 ALUMNOS /AS

DATOS DO PROFESORADO:

  • Ana B. Garcés Domínguez: Titora 6º EI- Direccción / Comedor Escolar.
  • María Belén Sánchez Veiga: PT- Xefatura de Estudos/ Coordinadora equipo convivencia e Responsable de Benestar Emocional .
  • Hortensia Peralba Penedo: Titora 5º EP- Secretaria /EDIXGAL.
  • Iván Fernández Alfonso: Orientación/  Itinerante.
  • Ana Belén Álvarez González: titora de 4º EI.
  • Lorena Fernández Pazos: titora de 5º EI- Coordinadora EI.
  • Sofía González Cordero: Titora 1º EP.
  • Álvaro Gómez Fernández: Titor 2º EP- Coordinador Biblioteca.
  • José Ramón Castro Paredes: Titor 3º EP.
  • Elías Domínguez Pereira: Titor 4º EP.
  • Carla Cabrera Alonso: Titora 6º EP- EDIXGAL/ Coordinadora PFPP
  • Francisco Rodríguez Sobrino: EF-Voz Natura-Proxecta +/ Coordinadora do Equipo TICS/ Coordinador do Plan Dixital.
  • Rosa Muñiz Vidal: Especialista en Inglés Primaria/ Infantil/ EDIXGAL.
  • Raquel Baldonedo López: PT.
  • Andrea Bua Aguín: mestra de educación artística/ coordinadora de actividades complementarias e extraescolares.
  • Alicia González Hermida: Relixión- EDIXGAL/ intinerante.
  • Maria Luz Domínguez Ruzo: mestra de PROA- media xornada.

2. OBXECTIVOS DO PLAN DIXITAL

Entre os obxectivos xerais do Plan Dixital

a) Facilitar a integración e o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos que optimice a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

b) Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.

c) Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa . para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

LEXISLACIÓN VIXENTE APLICADA

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Neste articulado consrétase a estructura que ten o noso PD, Este articulado ademáis desenvolve a normativa dos decretos:

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A elaboración deste Plan Dixital correu a cargo do equipo de plan dixital integrado polo equipo directivo. A elaboración do mesmo seguiu as seguintes fases:

a) Realizar a análise da situación do centro que inclúe:

  • Informe SELFIE para a diagnose da situación en relación á competencia dixital do centro.

  • Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD) que permitiu obter un Informe Individual coa valoración global do nivel competencial (A1-C2) da competencia dixital docente.

b) Realizar a diagnose do centro:

  • Modelo DAFO: a partir do Informe SELFIE, o equipo do Plan Dixital elaborou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) para a análise da situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

  • Análise do informe Individual do test CDD co fin de recoller información sobre as competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital. Así mesmo, o informe de centro permitiu planificar a liña de formación a través dos PFPP.

c) Redacción do Plan Dixital organizando toda a información recollida.

d) Presentación ao Clautro de profesores.

e) Aprobación no Consello Escolar.

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Verificar a calidade da información 2. Uso e tratamento da información. 3. Descoñecemento dos ricos e normas de internet. 4. Distracción no uso das tecnoloxías. 5. Problemas puntuais a nivel de convivencia no entorno dixital. Alumnado Si
Debilidade 1. Competencia dixital mellorable. 2. Organización no seguimento da actividade académica por medios dixitais: pouca consulta da páxina web. 3. Canalización da información polas vías axeitadas. 4. Descoñecemento da lexislación en materia de protección de datos. 5. Asistencia ás incidencias técnicas e tecnolóxicas dos seus nenos/as. Familias Si
Debilidade 1. Mala situación das caixas de conexións e puntos de internet. 2. Aproveitamento e organización de espazos. 3. Falta de cobertura wifi nalgunhas zonas do centro. 4. Velocidade de conexión insuficiente. 5. Xestión das incidencias de forma máis organizada. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Uso coordinado da aula virtual e aplicación Edixgal. 2. Aproveitamento da aula de informática. 3. Programa progresivo de desenvolvemento tecnolóxico ao longo da educación primaria. 4. Distribución dos recursos nas distintas aulas. 5. Aproveitamento dos recursos. Oferta Si
Debilidade 1.Debate sobre o uso da tecnoloxía. 2. Competencias dixitais mellorables a nivel de centro. 3. Programas de desenvolvemento profesional adaptado as etapas do centro. 4. Estratexia e organización dixital mellorable. 5. Definir obxectivos e actuacións a nivel dixital na EP. Organización de centro Si
Debilidade 1. Intercambio de experiencias. 2. Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe de forma coordinada. 3. Desenvolvemento de proxectos interdisciplinares 4. Comentarios a outros alumno/as sobre o seu traballo. 5. Profesores con competencias dixitais con necesidade de actualización. Persoal docente Si
Debilidade 1. Debate sobre o uso da tecnoloxía. 2. Falta de tempo para unha maior implicación no centro. 3. Escaseza de persoal non docente. 4. A non existencia de conserxe. 5. A non existencia de administrativo/a. Persoal non docente Si
Fortaleza 1.Habilidades dixitais para diferentes materias. 2.Uso sinxelo da aula virtual/Edixgal 3. Motivación polos entornos dixitais. 4.Tempo para o uso das tecnoloxías. 5. Axuda para o desenvolvemento de actividades académicas. Alumnado Si
Fortaleza 1.Recepción de información a través de abalarMóbil. 2. Centro con pouco alumnado e con coñecemento individualizado e próximo ás familias. Familias Si
Fortaleza 1. Dispositivos dixitais para a ensinanza. 2. Asistencia técnica externa de equipos. 3. Inversión en equipamentos e infraestruturas. 4. Espazos suficientes. 5. Inversión en mobiliario. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensinanza. 2. Actividades formativas do centro a nivel informacional e dixital. 3. Recursos cos que conta o centro. 4. Desenvolvemento de programas e proxectos vinculados coa tecnoloxía. 5. Boas estratexias comunicativas de centro. Oferta Si
Fortaleza 1. Avaliación do progreso. 2.Documentación da aprendizaxe. 3.Difusión de información e seguimento da actividade académica mediante servizos dixitais. 4.Información na web do centro. 5. Formación e colaboración entre compañeiros. Organización de centro Si
Fortaleza 1. Participación no DPC. 2. Uso de recursos educativos en liña. 3. Fomento da creatividade. 4. Apoio e complemento dos elementos dixitais na aula. 5. Acceso ao uso da tecnoloxía nas aulas. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Amosan compromiso e colaboración. 2. Coidado das infraestruturas e do equipamento. 3. Apoio e axuda cando se precisan. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Tempo para explorar a ensinanza dixital 2.Ausencia de apoio no centro para incidencias dixitais. Fata de profesorado. 3.Ausencia de persoal administrativo que xestione datos e rexistros dixitais 4.Conexión a internet pouco fiable ou lenta. 5. Tempo de resposta na solución de incidencias técnicas que deben ser resoltas no propio centro. Administración educativa Non
Ameaza 1. Mellorar o coñecemento do funcionamento interno dun centro educativo. 2. Mellorar o coñecemento dos mecanismos de participación. 3. Mellorar o coñecemento da normativa en material dixital. ANPA Si
Ameaza 1.Verificar a calidade da información. 2. Contrastar a veracidade da información. 3. Conexión a internet pouco fiable ou lenta. 4. Descoñecemento dos mecanismos e órganos internos de funcionamento dun centro. 5. Pouca colaboración cos centros da contorna. Contorna Si
Ameaza 1.Lexislación sobre adquisición de equipamento informático. 2. Exceso de burocratización dos trámites educativos e dixitais. 3. Ausencia de modelos e guías reducidas que faciliten o traballo. 4. Resumo lexislativo visual e agrupado en materia dixital. 5. Volume excesivo de aplicacións educativas desligadas e non centralizadas nunha soa ferramenta. Lexislación Non
Ameaza 1. Tempo para a xestión e organización das súas colaboracións. 2. Oferta masiva de actividades difíciles de filtrar e incluír nas programacións. Outras Non
Oportunidade 1.Dispositivos dixitais para a ensinanza. 2.Formación de competencias dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade 1. Implicación da ANPA correcta. ANPA Si
Oportunidade 1. Instalacións e arquitectura do centro. 2. Acceso a dispositivos fóra do centro. 3. Colaboración do concello. Contorna Si
Oportunidade 1. Simplificación da lexislación e documentos burocráticos dentro do marco da propia autonomía do centro. Lexislación Non
Oportunidade 1. Boa colaboración das entidades do contorno. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

ÁREAS PRIORITARIAS

  • H- Competencias dixitais do alumnado

  • B- Colaboración e redes.

 

OBXECTIVOS

 

  • Fixar unha liña progresiva e lonxitudinal de acción no uso das TICS na EP.

  • Usar a plataforma ELBE.2 para o préstamo de libros en formato dixital.

  • Potenciar e canalizar a comunicación coas familias a través da páxina web do centro.

 

INDICADORES DE LOGRO

  • Actividades realizadas do itinerario de tarefas TICS da Educación Primaria.(Instrumento: listaxe de cotexo).

  • Nº de préstamos realizados mediante a plataforma ELBE.2 en cada aula. (Instrumento: listaxe de cotexo).

  • Nº de accións desenvolvidas na páxina web presentes no plan de comunicación do centro. (Instrumento: listaxe de cotexo).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fixar nha liña progresiva e lonxitudinal de acción no uso das TICS na Educación Primaria.
O02PD Usar a plataforma E-LBE.2 para o préstamo de libros en formato dixital.
O03PD Potenciar e canalizar a comunicación coas familias a través da páxina web do centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase da seguinte forma:

- No contexto da avaliación procesual realizarase unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora a través do apartado seguimento da acción (Valoración da acción e estado) presente nas táboas 1, 2 e 3 do Plan de Acción.

1º Trimestre

10/10/23 Reunión presencial Encontro con Fran recentemente nomeado Coordinador (a partir de agora CPD) do Plan Dixital de Centro (a partir de agora PDC). Primeira toma de contacto, Fran non pode atenderme pois se atopa en horario lectivo me indica que os martes a primeira hora (09:40- 10:30) pode ser un bo momento para reunirnos. Envío por correo o documento pdf cos primeiros pasos en EduCalidade e trato de explicar o máis detalladamente posible o proceder durante estas primeiras semanas en todo o relacionado co PDC do centro. En todo caso quedo pendente de realizar unha nova visita para atender as súas necesidades. Temos de prazo ata o vindeiro 06 de novembro para pechar a elaboración do PDC 2023-24, previa información/aprobación en Claustro e a aprobación en Consello Escolar.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1 - ITINERARIO TICS

AO1.1: Realización dun inventario de recursos TICS do centro. 

AO1.2: Previsión nos horarios e apoios para o desenvolvemento do itinerario TIC. 

A01.3: Axuste e redistribución de recursos TICs no centro/ aulas. 

A01.4: Elaboración do itinerario TICS de EP. 

A01.5: Presentación do itinerario TICs ao profesorado de EP. 

A01.6: Aplicación do itinerario TICS no curso 22-23 nas aulas de primaria. 

A01.7: Avaliación da aplicación do itinerario TICS. 

OBXECTIVO 2 - ELBE.2

AO2.1: Elaboración dun programa de uso da plataforma ELBE.2.

AO2.2: Presentación do programa aos titores de primaria. 

A02.3: Impartición da formación sobre o uso da plataforma ao alumnado de 5º e 6º EP. 

A02.4: Préstamo de libros de Nadal 5º-6º EP. 

A02.5: Posta en marcha do mecanismo de préstamo en 4º EP (posibilidade doutros cursos de EP). 

A02.6: Avaliación dos préstamos na plataforma. 

OBXECTIVO 3- PLAN COMUNICACIÓN

AO3.1: Actualización do plan de comunicación do centro. 

AO3.2: Presentación do plan de comunicación ao profesorado e familias. 

A03.3: Actualización e organización da interface e seccións da páxina web. 

A03.4: Establecemento e comunicación das pautas de publicación na páxina web para profesorado e ANPA. 

A03.5: Aplicación das accións e pautas de publicación da páxina web. 

3º Trimestre

OBXECTIVO 1 - ITINERARIO TICS

AO1.1: Realización dun inventario de recursos TICS do centro. 

AO1.2: Previsión nos horarios e apoios para o desenvolvemento do itinerario TIC. 

A01.3: Axuste e redistribución de recursos TICs no centro/ aulas. 

A01.4: Elaboración do itinerario TICS de EP. 

A01.5: Presentación do itinerario TICs ao profesorado de EP. 

A01.6: Aplicación do itinerario TICS no curso 22-23 nas aulas de primaria. 

A01.7: Avaliación da aplicación do itinerario TICS. 

OBXECTIVO 2 - ELBE.2

AO2.1: Elaboración dun programa de uso da plataforma ELBE.2. 

AO2.2: Presentación do programa aos titores de primaria. 

A02.3: Impartición da formación sobre o uso da plataforma ao alumnado de 5º e 6º EP. 

A02.4: Préstamo de libros de Nadal 5º-6º EP. 

A02.5: Posta en marcha do mecanismo de préstamo en 4º EP (posibilidade doutros cursos de EP). 

A02.6: Avaliación dos préstamos na plataforma. 

OBXECTIVO 3- PLAN COMUNICACIÓN

AO3.1: Actualización do plan de comunicación do centro. 

AO3.2: Presentación do plan de comunicación ao profesorado e familias. 

A03.3: Actualización e organización da interface e seccións da páxina web. 

A03.4: Establecemento e comunicación das pautas de publicación na páxina web para profesorado e ANPA. 

A03.5: Aplicación das accións e pautas de publicación da páxina web. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos realizarase da seguinte forma:

- No contexto da avaliación procesual realizarase unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora a través do apartado seguimento da acción (Valoración da acción e estado) presente nas táboas 1, 2 e 3 do Plan de Acción.

- No contexto da avaliación final realizarase ao final de curso para incorporala as diferentes memorias de centro. Empregaranse os intrumentos de avaliación seguintes:  listaxes de cotexo e observación.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN OBXECTIVO 1:

  • Realizouse un inventario de recursos TICs.
  • Constan nos horarios previsións para o traballo coas TICs.
  • Redistribuíronse os recursos TICS polas diferentes aulas.
  • Elaborouse o documento de itinerario TICS na EP.
  • Presentouse o itinerario TICs ao conxunto de docentes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN OBXECTIVO 2:

  • Elaborouse un documento programático para o uso da plataforma ELBE.2
  • Presentouse o programa de uso da plataforma ELBE.2 aos titores de EP.
  • Levouse a cabo a formación no uso da plataforma no curso de 5º EP.
  • Levouse a cabo a formación no uso da plataforma no curso de 6º EP.
  • Iniciouse ao 70% do alumnado de 4º EP en polo menos un préstamo na plataforma.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN OBXECTIVO 3:

  • Actualizouse o apartado web do plan de comunicación do centro.
  • Presentouse o plan de comunicación ao profesorado e familias.
  • Actualizouse a interface da web do centro.
  • Ordenáronse as seccións e apartados da páxina web do centro.
  • Elimináronse publicacións obsoletas e actualizáronse datos.
  • Establecéronse pautas de comunicación e publicación na web.
  • Cumpríronse máis dun 70% das accións presentes no apartado web do plan de comunicación.
Valoración xeral

Introduciranse máis adiante. 

Proposta de mellora

A contemplar a final de curso trala valoración final. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do CEIP Mestre Manuel García estará publicado na web do centro no apartado de documentación, sendo totalmente público o seu contido.

No momento da súa entrada en vigor informarase á comunidade educativa a través dun Abalar trala súa aprobación no consello escolar e posterior entrada en vigor.

Aqueles aspectos relacionados coa publicidade e mecanismos de comunicación presentes no Plan Dixital estarán incardinados e coordinados no marco do Plan de Comunicación de Centro nos seus apartados 4 e 5 relacionados coa comunicación externa e interna do centro

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36006067