Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

O plan dixital de centro, é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, según recolle a LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, punto 62, apartado 1 “O proxecto educativo do centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111 bis.5.”, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais.

Este plan debe construirse ca participación de todos os sectores da comunidade educativa de modo que se convirta nun proxecto compartido. De igual modo, conforme a disposición adicional décima da mencionada ley, o Plan de Continxencia para situacións de emerxencia conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as fendas dixitais de acceso e uso, e as previsións para a revisión dos elementos do currículo e das programacións didácticas centradas nos aspectos máis competenciais do mesmo.

Durante os curso 2021/2022 cada centro elaborará o seu plan dixital, según as instruccións que se diten, tal e como recolle a resolución do 17 de xuño de 2021 na súa disposición adicional quinta da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. E na resolución do 18 de xuño de 2021 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022.

Perane este curso escolar tómanse como referencia os seguintes artículos lexislativos nos que xustificar a elaboración do presente plan:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

 

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

PROCESO DE ELABORACIÓN

Si ben o plan dixital comezou a súa elaboración nos cursos anteriores, no presente curso concrétase a súa aplicación para o presente curso escolar.

Agosto-setembro: planexamento e formulación dos obxectivos do plan para o curso escolar

Setembro: Deseño do plan de acción prestando atención aos novos obxectivos

Outubro: Concreción do plan e aprobación en Claustro e Consello

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para recoller información foron o test CDC e o informe SELFIE

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Nivel competencial baixo. Non hai un compromiso activo por parte do alumnado coa súa capacitación dixital. Non se desenvolve unha estratexia de centro de capacitación do alumnado Alumnado Si
Debilidade Mala dispoñibilidade de redes en certos fogares Baixa competencia dixital Familias Non
Debilidade Baixa calidade dalgúns equipamentos Infraestruturas Non
Debilidade Utilízanse moi poucas ferramentas da Consellería. Non se realiza un uso creativo das aulas virtuais Oferta Si
Debilidade Inexistencia dunha estratexia dixital clara. Incomprensión das labores non pedagóxicas do equipo TIC. Falta de tempos para organizar a inclusión das TICs no día a día. Organización de centro Si
Debilidade Baixo nivel de formación. Baixo nivel de implicación no uso da tecnoloxía. Baixo interés do profesorado no uso das tecnoloxías emerxentes (ausencia de creación de recursos, falta de innovación, falta de comunicación para a reflexión sobre TICs). Baixo interés na mellora competencial. Ausencia de avaliación. Persoal docente Si
Fortaleza Boa intencionalidade para o uso da tecnoloxía con carácter pedagóxico Alumnado Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade de recursos Familias Non
Fortaleza . Espacios dispoñibles Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñibilidade de recursos variados. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñibilidade económica Infraestruturas Non
Fortaleza Boa conexión a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Amplo abano de recursos existentes Oferta Si
Fortaleza A etapa de infantil conta cunha estratexia clara de formación dixital para o alumnado Organización de centro Non
Fortaleza Existe parte do profesorado con moitos coñecementos. Persoal docente Si
Fortaleza Buenas intenciones colaborativas y existencia de diálogo de colaboración Persoal docente Si
Fortaleza Iniciativas de formación interna Persoal docente Si
Fortaleza Parte do profesorado integra as TICs nas labores de atención educativa e avaliación. Persoal docente Si
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Variación dunha parte importante do profesorado anualmente (especialmente na etapa de infanti) Administración educativa Si
Ameaza Existen limitacións no acceso a internet nalgún lugares da contorna Non existen oportunidades formativas Contorna Non
Ameaza Práctica inexistencia de entidades tecnolóxicas Contorna Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Existencia de diversos plans de inclusión das TICs Administración educativa Si
Oportunidade Sempre disposta a axudar e colaborar coas intencións do centro. Moi boa relación da AMPA co centro ANPA Non
Oportunidade Maior colaboración co servizo de apoio técnico do centro Contorna Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez feita a análise e analizado os factores internos e extrernos tomouse a decisión de comezar polos seguintes obxectivos para o presente curso 2022-2023. 

 

 

Formar ao profesorado en ferramentas audiovisuais

Formar ao alumnado do terceiro ciclo en ferramentas de deseño e impresión 3D

Crear un banco de recursos aberto
 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar a formación necesaria para mellorar o uso das tecnoloxías presentes no centro
O02PD Implementar no centro a impresión 3D como algo cotiá
O03PD Utilizar os medios dixitais dispoñibles no centro destacando o aproveitamento da radio e a robótica

Seguimento

Procedemento

Mensual: iranse revisando os obxectivos e, sobre todo, as accións educativas que se deben ir desenvolvendo así como reaxustando a súa temporalización en caso necesario.

Trimestral: o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora, para axustar a realidade todos os factores indicados anteriormente que están en permanente evolución.

Anual: a avaliación do desenvolvemento do proxecto e do nivel de consecución dos obxectivos previstos realizarase paralelamente á Memoria Anual. Terase en conta as aportacións dos equipos docentes interniveis e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara o curso seguinte.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación inicial: ao inicio do curso que ben revisarase o plan para analizar o punto de partida dos distintos elementos que o compoñen, durante o seu desenvolvemento

Avaliación formativa: para detectar fallos e/ou resultados por debaixo das expectativas previstas co obxecto de introducir as modificacións que se consideren oportunas.

Avaliación sumativa: ao final do programa para ver en que medida se conseguiron os obxectivos e a maneira en que o plan axudou a integrar a tecnoloxía no día día do centro, se a metodoloxía empregada foi adecuada, se se fixo partícipe do programa a toda a comunidade educativa...

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, despois de estar aprobado en data 30/06/2022 polos órganos colexiado correspondentes, está dispoñible para  asúa consulta na páxina web do centro. 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36003832

A persona coordinadora do plan terá acceso á plataforma EDucalidade para realizar as modificacións que se consideren tras a súa consulta co Claustro e Consello.