Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
Ceip Plurilingüe Chano Piñeiro
Rúa Pousa de Fontán S/N
Correo electrónico: ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal
Páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipchanopinheiro/
Centro que imparte Ed. Infantil e Ed. Primaria
N.º de alumnado: 266 alumnos e alumnas.
Profesorado do centro: 27 mestras e mestres.
 


Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O Plan Dixital do CEIP Chano Piñeiro de Gondomar, enmárcase dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Pax 7 de 32 Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132).
  • Neste marco lexislativo nacional, a Comunidade Autónoma de Galicia publicou a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022. Nesta normativa autonómica regúlase a elaboración por parte dos centros docentes durante o curso 2021/22 do Plan Dixital (Disposición adicional quinta).
  • Por último, a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do Plan Dixitalserá realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e outra persoa do claustro, que no caso do noso centro será a persoa coordinadora do equipo TIC.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que
permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas
fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.
VER CADRO RESUMO NO SEGUINTE ENLACE 

 


 

 

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade o alumnado contempla que non se fala sufiente co profesorado sobre as vantaxes e desvantaxes do uso das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade O alumnado mostra preocupación por aprender máis programación. Alumnado Non
Debilidade As familias teñen moito descoñecemento do uso das teecnoloxías dixitais como por exemplo compartir materiais, búsqueda de información, etc. Familias Si
Debilidade O profesorado e o equipo directivo non conta co tempo suficiente para explorar novas metodoloxías con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado necesita establecer unha forma de intercambiar experiencias dixitais dentro do propio centro e compartir máis os materiais. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado descoñece que o centro colabora con outros centros para apoiar o uso das novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado é responsable á hora de utilizar internet. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado conta na casa con internet que facilita o traballo con Edixgal. Familias Non
Fortaleza O acceso a internet é moi bo no noso centsro e contamos con equipos suficientes. Infraestruturas Non
Fortaleza Respetamos as licenzas de autor e as licenzas de uso. Oferta Si
Fortaleza O profesorado conta co apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensinanza dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta cunha infraestrutura dixital definida. Organización de centro Non
Fortaleza O centro utiliza tecnoloxías dixitais de comunicación coas familias ou outros organismos. Organización de centro Si
Fortaleza O profesorado colabora coa estratexia dixital do centro. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado crea e busca recursos e emprega entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado avalía utilizando as novas tecnoloxías. Persoal docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O horario do profesorado no centro non contempla tempos para preparar actividades dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Determinadas zonas do entorno de Gondomar non contan con rede wifi de boa calidade. Contorna Non
Oportunidade O centro e a ANPA colaboran para enviar todo tipo de notas e comunicados a través da páxina web do centro e o aplicativo ABALAR. ANPA Non
Oportunidade O centro conta con servicio técnico de reparación e mantemento de equipos informáticos. Outras Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD  e outras fontes, o centro xenerou unha analise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nós propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis  urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

  • Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás contornas Virtuais de Aprendizaxe.
  • Amplicar o numero de recurso REA á disposición do profesorado e do alumnado
  • Coñecer a valoración da comunidade educativa en relación  a EDIXGAL
  • Mellorar a retroalimentación nas actividaes do alumnado
  • Que a comunidade educativa use Internet de xeito seguro e responsable
  • Mellorar a protección de datos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Presentar as novidades da biblioteca mediante os soportes dixitais que temos en diferentes puntos do centro.
O02PD Empregar na aula e na biblioteca do centro libros dixitais para fomentar a lectura e mellorar a comprensión lectora.
O03PD Alfabetizar ao profesorado no uso de ferramentas corporativas da consellería e subir arquivos usando a web do centro.
O04PD Formación no uso de apps educativas escolares para a súa posterior aplicación na aula.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.

A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.

A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Dentro dos obxectivos programados no Plan Dixital acadaronse neste primeiro trimestre  as seguintes accións

1.-Presentar as novidades da biblioteca mediante os soportes dixitais que temos en diferentes puntos do centro.

Creouse  un sub-apartado na páxina web do centro, dentro do apartado de Biblioteca para dar difusión ás novidades da biblio. Xa se subiron algunhas novidades.

2.-Empregar na aula e na biblioteca do centro libros dixitais para fomentar a lectura e mellorar a comprensión lectora.

Actualizaronse os 4 libros dixitais e engadironse 5 exemplares de libros de lectura en cada un dos equipos.

3.-Alfabetizar ao profesorado no uso de ferramentas corporativas da consellería e subir arquivos usando a web do centro.

Formouse ao profesorado en Aula virtual, subir contido  audiovisual na páxina web e compartironse algúns documentos do centro en Agueiro.

4.-Formación no uso de apps educativas escolares para a súa posterior aplicación na aula.

Pendente de consecución.
 

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que marcamos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo
e o desenvolvemento do plan. Así pois, no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Por outra banda, no contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do Ceip Chano Piñeiro estará visible libremente na plataforma Educalidade ( edu.xunta.gal/educalidade) ou picando no seguinte enlace directo:PLAN DIXITAL CHANO PIÑEIRO 23-24