Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • O IES castro de Baronceli é un centro de ensino secundario situado no concello de Verín. É un centro receptor dos diferentes CEIP da comarca, tendo adscritos ao alumnado de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Rios e Vilardevós. Ademais, recibimos alumnos dalgúns dos centros de Verín.
    O noso alumnado procede na súa maioría de zonas rurais cun nivel sociocultural medio-baixo. Os núcleos de poboación están moi dispersos e ofrecen moi poucos servizos ce carácter cultural. Dáse tamén unha alta porcentaxe de desemprego, con familias de baixos recursos económicos e dificultades na conectividade e no acceso a recursos dixitais.
    O noso é un centro que só imparte a ESO. En total contamos con 7 unidades. Unha delas é un aula específica e temos o programa ABALAR.
    A metodoloxía máis utilizada no centro é a tradicional. Ademais, utilizamos metodoloxías inclusivas .
    O centro conta con 12 aulas para alumnado, unha delas dobre, que pode ser usada como salón de actos. Temos ademais aulas de Plástica, Música,  Tecnoloxía e 2 de Informática. Dispomos tamén de Biblioteca, Laboratorio e Ximnasio.
    Todas as aulas contan con ordenador do profesorado, canón e pantalla dixital. O alumnado de 1º e 2º conta ademais cos ordenadores do equipamento ABALAR, se ben o seu estado de uso no é o mellor, dados os anos que levan xa no centro.
    O centro conta con 21 profesores/as, contando os concedidos por PROA+. O número de persoal non docente é de 7.
    Os recursos do cento non están infrautilizados e responden perfectamente ás necesidades que se presentan.

    O centro dispón de oito titorías que funcionan de xeito normal. Ao ser un centro pequeno, as relacións co alumnado son moi boas en xeral. Cada titoría dispón da súa aula, e o alumnado desprázase ás diferentes aulas que lle corresponden segundo a materia: Música, Plástica, Educación Física, TICS, optativas...
    As relacións internas no centro e o clima en xeral e bo. A maioría dos departamentos son unipersoais. Só 3 departamentos son pluripersoais, e neles as relacións son boas. A colaboración, tanto dentro dos departamentos como no claustro é moi boa, respondendo sempre as demandas que se presentan.
    As relacións entre profesorado e alumnado son boas. Non existe unha conflitividade fóra do que pode considerarse como aceptable. É moi raro que durante o curso teñamos que abrir algún procedemento corrector. As relacións da dirección co profesorado tamén son boas, cun clima de traballo apropiado para desenvolver satisfactoriamente as nosas funcións. As relacións da dirección co alumnado son tamén boas, ao ser un centro pequeno existe a posibilidade de comunicación directa con todo o alumnado.  As relacións coas familias son boas, aínda que se bota de menos un maior achegamento das familias ao centro. Por exemplo, non temos ANPA a pesar de intentar contactar con grupos de pais/nais todos os cursos.
    En definitiva, o clima de convivencia en xeral é moi bo, con apenas algún conflito importante entre os membros da nosa comunidade educativa.
    As relacións institucionais con outras entidades son tamén boas. O centro intenta dar resposta adecuada a todas as solicitudes de colaboración que as entidades do noso entorno nos presentan.

  • Respecto á lexislació n aplicable hai que anotar o seguinte:

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O proceso de elaboración consistiu na creación dun grupo de traballo a partir do Equipo de Dinamización do Plan Dixital que procedeu primeiro á implementación da ferramenta SELFIE e do Test de Competencias Dixitais Docentes para dos seus resultados elaborar un DAFO co que preparar os obxectivos SMART para a elaboración final deste documento.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comportamento seguro e responsable en internet. Verificar calidade da información en internet. Habilidades dixitais mellorables. Alumnado Si
Debilidade 1.O 90% dos ordenadores que usa o alumnado teñen máis de 10 anos de vida. 2. Acceso limitado do alumnado a dispositivos dixitais. 3. Problemas derivados das compatibilidades das plataformas editoriais coa maqueta corporativa. 4. Problemas de software derivados do uso de software privativo. 5. Non hai dispositivos portátiles administrados e propiedade do centro que todos os alumnnbos poidan levar a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Si
Debilidade 1.Falta de acceso a recursos dixitais en liña ben organizados. Oferta Si
Debilidade Mellorable práctica reflexiva sobre o uso das tecnoloxías. Organización de centro Si
Debilidade 1.A colaboración do profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro é mellorable. 2. Dependencia dos recursos e plataformas das editoriais. 3. Pouco uso da maqueta e ferramentas corporativas a nivel particular. 4. Falta de traballo cos conceptos e procesos do pensamento computacional como parte da competencia dixital docente. 5.Modificar e compartir recursos dixitais respectando autoría. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Uso habitual das TICs como medio de apoio e recursos. Alumnado Non
Fortaleza 1.Vontade de solventar as incidencias que xurdan o antes posible e do xeito máis eficiente. 2. Uso da tecnoloxía para a comunicación organizativa e coa comunidade 3. No noso centro existen sistemas de protección de datos. 4. Medios para identificar a fractura dixital e as necesidades educativas. Organización de centro Non
Fortaleza 1.Uso da tecnoloxía para a colaboración profesional entre o profesorado. 2. Uso da tecnoloxía para contribuír dun xeito positivo e ético ao mundo dixital, tendo en conta as prácticas dixitais seguras e responsables. 3. Uso das tecnoloxías para a aprendizaxe profesional. 4. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 1.Uso da tecnoloxía para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal non docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Inasumible e absurda acumulación de protocolos, informes e demáis papeles que complican moito máis que axudan. 2.Falta de solucións eficientes e reais en moitos casos por mor do punto 1, e noutros polas sinerxias derivadas de externalización de servicios a empresas privadas. 3. Falta de coraxe para a instauración exclusiva e definitiva do software libre a pesar dos perigos do privativo. 4. Necesidade de Tecnoloxías asistenciais e asistencia técnica eficiente. 5. Mellorable adaptación dos espazos físicos. Administración educativa Non
Ameaza 1.Baixa competencia dixital das familias. 2.Acceso limitado do alumnado a unha conexión estable de internet. Administración educativa Non
Ameaza 1. Condicións socioeconómicas da contorna pouco desenvoltas. Contorna Non
Ameaza 1. Lexislación educativa tan complexa ciscada e enciclopédica que precisaría unha rama do dereito para ela soa. 2. Aprobación tardía das concrecións das normas precisas para levar a cabo normativa superior. Lexislación Non
Ameaza 1. Cambios no software que bloquean aprendizaxes e recursos anteriores. Outras Non
Oportunidade 1. Oferta de actividades formativas Administración educativa Non
Oportunidade 1. Cercanía a Portugal para desenvolver actividades conxuntas. Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Modernizar infraestructuras e equipamento
O02PD Fomentar a ampliación do emprego de entornos virtuais de aprendizaxe
O03PD Mellorar a colaboración do profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro.
O04PD Mellorar o comportamento responsable e seguro do alumnado en internet.

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual. A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspecctos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

 

-Formación e asesoramento ao profesorado no emprego de PROENS para a elaboración das programacións LOMLOE do centro.
-Adaptación da aula de Informática I ao novo curso.
- Actualización das maquetas en 3 ordenadores da Sala de Profesores e nos que é preciso na sala de Informática I.

- Cambio de disco duro do ordenador de 3ºA que fallou e reinstalación da maqueta.

-Continuación do foro para o profesorado a fin de recabar posicionamentos ao respecto do emprego de libros de texto en papel ou dixitais e da contorna dixital educativa, na liña de organizar as actividades reflexivas previstas no obxectivo
no.2 do plan dixital
-Continuación e actualización do board para compartir os recursos segundo o previsto na acción 03.1 do plan dixital
-comunicación do acordo de claustro para  esixir ao alumnado as fontes nos traballos

Acta Compdiigedu- Acta de visita a Centro Educativo- Acordos adoptados con accións recomendadas: 4.10.2023:11:40h:

- Acceso correcto á Aula Virtual do PDC

- Trasladado a Educalidade o PDC do curso 22-23 con éxito.

- Pendente a revisión do PDC para o presente curso.

Planificou formación específica sobre competencia dixital( A través dun PFPP)-----> Non hai previsto de formación.

 

Convocatoria de Claustro Extraordinario para o 24-10-23. Único punto da orde do día: Polos creativos, creación dun grupo de traballo.

Creación do grupo de traballo para a participación nos Polos creativos.

Presentación de posibles proxectos para os Polos.

2º Trimestre

ACTA #COMPDIGEDU/ADIX DE VISITA A CENTRO EDUCATIVO
Data e hora da visita 06 / 02 / 2024 – 12 h 25 min

- Modificados os indicadores para que figuren anuais.
- Realizando o seguimento das acción dos obxectivos.
- En revisión o aparatado do 1º trimestre en relación co seguimento do
PDC.
- Trasladada a necesidade de visibilidade na web do centro do PDC
anterior e actual co acceso público a EduCalidade.
- Infórmase da próxima apertura de novos plans en EduCalidade.
- Faise saber a necesidade de ir realizando seguimento das
programacións en Proens.
Recollida de boas prácticas innovadoras
- Traballando en Música, Tecnoloxía e actividades, como medicións
acústicas, trasladando os resultados á web e publicando paneis
acústicos.
Planificou formación específica sobre competencia dixital (a través dun PFPP)
- Realizando formación relacionada con Polos Creativos, pendentes dotipo de material a recibir para concretar.
 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación final. A frecuencia da sua realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para a publicidade do plan dixital ante a comunidade educativa, ademáis da aprobación no seu caso polo claustro e consello escolar, consistirá na publicación do mesmo na páxina web así como a ligazón ao mesmo dende a Aula Virtual.

Ligazón ao Plan Dixita 2022-2023

Ligazón ao Plan Dixital 2023-2024