Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

¿ IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ

¿ Rúa Vicente Risco, s/n, 32350 A Rúa

¿ Tel.: 988 310 833 Fax: 988 311 166

¿ https://www.edu.xunta.gal/centros/iescosmelopez/

¿ www.iescosmelopez.org

¿ CÓD: 32016637

¿ Etapas educativas: ESO, Bacharelato, FP

¿ Número alumnado: 200

¿ Número profesorado: 34

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto

Educativo do Centro

O IES Cosme López Rodríguez é un centro público no que se imparten ensinanzas de

ESO, Bacharelato e FP, que está situado na localidade de A Rúa, no nordés ourensán, a

100 Km da capital de provincia. O concello ten unha extensión de 35,9 Km e unha

poboación de 4094 habitantes. Recibe alumnado dos concellos de Petín, Larouco, O Bolo

e Vilamartín, concellos formados por pequenos asentamentos de población.

O territorio da contorna está vertebrado por unha infraestrutura de transporte

caracterizada por redes lentas, de trazados antigos, sinuosos e deficientemente

dotadas en medios técnicos, que comunican núcleos de poboación moi dispersos no

espazo. Máis da metade do alumnado ten que facer uso do transporte escolar, o que

condiciona a organización de todo tipo de actividades, sobre todo extraescolares.

A estrutura agraria caracterízase por: avellentamento da poboación, crecemento

vexetativo negativo, perda de iniciativas motivada por unha emigración secular,

dispersión dos asentamentos de poboación, elevado número de explotacións agrarias

que funcionan en réxime de autoconsumo, agricultura minifundista de policultivo

tradicional. Destaca o cultivo arbustivo da vide, que xera unha importante industia

vitivinícola na zona cun total de 21 adegas repartidas polos municipios de A Rúa, Petín,

Larouco e O Bolo; a vide compleméntase con cultivos de horta explotados en réxime

familiar de autoconsumo e algunha plantación de froiteiras dispersas no espacio.

A maioría das economías familiares, ainda que ubicadas nun medio rural, reciben

ingresos de rendas xeradas fóra da actividade agraria, fundamentalmente dun sector

servicios tradicional con empresas de tipo familiar e pequeño comercio cun área de

influencia reducida aos núcleos de poboación do municipio.

O I.E.S. Cosme López Rodríguez é un centro formativo aconfesional que pretende que

participe toda a comunidade educativa no control da súa xestión. Intégranse diferentes

niveis de educación secundaria: ESO e Baharelato (Ciencias, Humanidades e Ciencias

Sociais), un ciclo de Formación Profesional Básica: Informática de Oficina; e un ciclo de

Formación Profesional de grao Medio: sistemas Microinformáticos e Redes.

O presente Plan Dixital será incluído no Proxecto Educativo do IES Cosme López

Rodríguez, e relacionado con todos os documentos do centro, por recoller actuacións

encamiñadas á integración, aplicación, fomento e uso innovador das tecnoloxías dixitais

como ferramenta esencial para os procesos de ensino e aprendizaxe, así como para a

xestión e a administración, co fin de alcanzar un desenvolvemento pleno e integral do

alumnado.

Trátase dun instrumento de planificación concebido como un documento vivo que

contén os acordos acadados no que respecta a obxectivos, estratexias de dinamización,

accións e xestión de recursos dixitais.

Como documento de centro, supón, en definitiva, un compromiso por parte de todos os

integrantes da nosa comunidade educativa.

 

A contextualización normativa do noso Plan Dixital é a seguinte:

¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e

Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e

implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos

públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

1.4. Proceso de elaboración

O presente Plan Dixital foi elaborado polo Grupo do Plan Dixital, o Equipo de

Dinamización do Plan Dixital e a súa coordinadora. O proceso o foi o seguinte:

- Preparación e realización do cuestionario SELFIE.

- Realización do test de competencia dixital docente.

- Análise de datos do informe SELFIE e do TCDD.

- Elaboración do DAFO entre os membros do Equipo do Plan Dixital.

- Elaboración do Plan de Acción.

- Redacción do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Informe SELFIE

- Test de Competencia Dixital Docente

- Intercambio de información e de opinións entre os membros do claustro de profesores e do grupo do Plan Dixital.

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H3. O alumnado non aprende a actuar de forma responsable en Internet Alumnado Non
Debilidade H1. O alumnado non aprende a actuar con seguridade en Internet Alumnado Non
Debilidade H7. Escasa creación de contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade H13. Dificultade por parte do alumnado para resolver problemas técnicos de fora autónoma Alumnado Si
Debilidade C3. O centro, aínda que ofrece acceso Internet para o ensino e a aprendizaxe, conta con una conexión que en ocasións resulta insuficiente Infraestruturas Non
Debilidade C5. Falta de estratexia organizativa de asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade C16. No centro non existen repositorios en liña Infraestruturas Non
Debilidade C16. No centro non existen repositorios en liña Organización de centro Non
Debilidade C5. Falta de estratexia organizativa de asistencia técnica Organización de centro Non
Debilidade A2. Pódese mellorar o desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Debilidade A4. Falta de tempo do profesorado para mellorar o método de ensino con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade B1. Non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade G3. Non hai retroalimentación adecuada aos estudantes por falta de tempo Persoal docente Non
Debilidade B1. Non avaliamos o noso progreso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade A4. Falta de tempo do profesorado para mellorar o método de ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade F5. Escasa utilización de tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Persoal docente Non
Debilidade F6. Escaso traballo interdisciplinar Persoal docente Non
Fortaleza C10. No centro hai dispositivos propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa Alumnado Non
Fortaleza C8. No centro existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro que pode usar o alumnado Alumnado Non
Fortaleza H10. Os alumnos desenvolven habilidades dixitais para as diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza C13. O alumnado pode levar os seus propios dispositivos ás clases Alumnado Non
Fortaleza E4. Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Familias Non
Fortaleza C1. A infraestructura dixital do centro apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C7. No centro existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C2. No centro hai dispositivos dixitais para a docencia Infraestruturas Non
Fortaleza C8. No centro existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro que pode usar o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza C13. O alumnado pode levar os seus propios dispositivos ás clases Infraestruturas Non
Fortaleza C14. No centro os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza C10. No centro hai dispositivos propios e xestionados pola escola que os alumnos poden levar a casa Infraestruturas Non
Fortaleza F8. Utilizamos tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional Organización de centro Non
Fortaleza D2. O profesorado ten acceso a formación para o ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E4. Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza E1. Búsqueda e utilización de recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creación de recursos dixitais para reforzar o método de ensino Persoal docente Si
Fortaleza E3. Usamos contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza E5. Utilizamos recursos educativos abertos Persoal docente Non
Fortaleza F4. O profesorado utiliza actividades que motivan ao alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F8. Utilizamos tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional Persoal docente Non
Fortaleza E4. Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal non docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. Falta de estratexia organizativa de asistencia técnica Administración educativa Non
Ameaza C3. O centro, aínda que ofrece acceso Internet para o ensino e a aprendizaxe, conta con una conexión que en ocasións resulta insuficiente Administración educativa Non
Ameaza F, G, H. Ratio profesorado/alumnado elevado Administración educativa Non
Ameaza C. Recortes presupuestarios Administración educativa Non
Ameaza A4. Falta de tempo do profesorado para mellorar o método de ensino con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Ameaza F. Exceso de tarefas burocráticas Administración educativa Si
Ameaza B, C, E, F, H. Dificultades para o acceso ás tecnoloxías dixitais e a Internet por parte das familias debido a factores xeográficos, sociais e económicos Contorna Non
Ameaza B, C. Medios de comunicación alleos ao centro (ex. grupos de WhatsApp entre as familias) Contorna Non
Ameaza C3. O centro, aínda que ofrece acceso Internet para o ensino e a aprendizaxe, conta con una conexión que en ocasións resulta insuficiente Contorna Non
Ameaza A, D, F, G. Modificacións constantes do marco lexislativo Lexislación Non
Oportunidade C1. A infraestructura dixital do centro apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Non
Oportunidade C14. No centro os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Oportunidade C2. No centro hai dispositivos dixitais para a docencia Administración educativa Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Dar a coñecer os recursos dos Polos Creativos entre o profesorado para a súa aplicación nas aulas: Aprender a manexar o Láser de Corte.
02PD Dar a coñecer os recursos dos Polos Creativos entre o profesorado para a súa aplicación nas aulas: Aprender a manexar a máquina de chapas.
03PD Dar a coñecer os recursos dos Polos Creativos entre o profesorado para a súa aplicación nas aulas: Aprender a manexar a impresora 3D.
04PD Poñer a punto a web do Centro actualizando os apartados e ligazóns obsoletos.
05PD Desenvolver competencias dixitais básicas no alumnado de 1ºESO

Seguimento

Procedemento

O seguimento da implantación do Plan Dixital do centro realizarase con caráter mensual. Asimesmo, trimestralmente realizaráse unha análise en profundidade e un balance, coa axuda do noso mentor de centro.

Para coñecer o grado de implantación úsanse os seguintes recursos:

- Observación directa

- Entrevistas con membros da comunidade educativa

- Elaboración e interpretación de follas de rexistro, documentos informativos, estatísticas e enquisas.

1º Trimestre

Neste trimestre leváronse a cabo segundo a temporalización prevista as seguintes accións:

  • OBXECTIVOS 01PD, 02PD E 03PD: Realizouse una reunión do PFPP O233118 Descubrindo o Polo creativo, onde se falou sobre a posibilidade de facer unha docencia sobre o Láser de Corte, prevista na acción A01.2., a posibilidade de facer unha formación sobre a máquina de chapas, prevista na acción A02.1., e a posibilidade de facer una formación sobre a impresora 3D prevista na acción A03.1.
  • OBXECTIVO 04PD: Revisouse a web do centro para detectar elementos sen actualizar previsto na acción A04.1. do plan.
  • OBXECTIVO 05PD: Non se realizou ninguna acción deste obxectivo neste trimestre.
2º Trimestre

Neste trimestre leváronse a cabo segundo a temporalización prevista as seguintes accións::

  • OBXECTIVO 01PD: Realizouse unha actividade de gravado na láser de corte co alumnado de Ciclo Medio, aínda que aínda non se fixera a formación prevista na acción A01.2.
  • OBXECTIVO 02PD: Realizouse unha actividade ca máquina de chapas co alumnado de Ciclo Medio, previsto na acción A02.2.
  • OBXECTIVO 03PD: Realizáronse 2 sesións de formación do  PFPP O233118 Descubrindo o Polo creativo orientadas ó manexo da impresora 3D, previstas na acción A03.1.
  • OBXECTIVO 04PD: Mantívose actualizada a Web, seguindo a acción A04.2.
  • OBXECTIVO 05PD: Non se realizou ninguna acción deste obxectivo neste trimestre.

 

3º Trimestre

Neste trimestre leváronse a cabo segundo a temporalización prevista as seguintes accións:

  • OBXECTIVO 01PD: Realizouse unha sesión de formación do  PFPP O233118 Descubrindo o Polo creativo orientadas ó manexo da cortadora Láser, prevista na acción A01.2.
  • OBXECTIVO 02PD: Realizouse unha sesión práctica cos docentes do  PFPP O233118 sobre o manexo da máquina de chapas, prevista na acción A02.2. e realizouse unha actividad ca máquina de chapas para PROXECTO COMPETENCIAL, previsto na acción A02.2.
  • OBXECTIVO 03 PD: Realizáronse diversos traballos na impresora 3D para as materias de EPVA, TECNOLOXÍA E PROXECTO COMPETENCIAL, previsto na acción A03.2.
  • OBXECTIVO 04 PD: Mantívose actualizada a Web, seguindo a acción A04.2.
  • OBXECTIVO 05 PD: Traballáronse as competencias dixitais cos alumnos de 1º da ESO mediante diversas actividades realizadas na asignatura de EPVA, prevista na acción A03.1. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para coñecer o grado de implantación úsanse os seguintes recursos:

- Observación directa

- Entrevistas con membros da comunidade educativa

- Elaboración e interpretación de follas de rexistro, documentos informativos, estatísticas e enquisas.

Valoración xeral
  • A valoración xeral é positiva, sobre todo cas sesións de formación nas ferramentas dos polos, que van usándose cada vez mais e por mais docentes. 
  • Os alumnos tamén son bastantes receptivos a estas ferramentas, pero bótase en falta un espacio mais adecuado á realidade das aulas, ya que é inviable levar a un grupo numeroso ós Polos Creativos, e só ponden ir grupos reducidos. 
Proposta de mellora
  • Tentar ampliar o espazo dos polos cunha nova sala adicada ó audiovisual.
  • Seguir formándonos nas ferramentas dos polos creativos.
  • Conseguir cada vez mais implicación de toda a comunidade educativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado, o presente Plan Dixital será difundido entre os membros da comunidade educativa na web de educalidade.