Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

NOME DO CENTRO: CEIP de Sandiás

DIRECCIÓN: Campo San Nicolás s/n  CP:32692 -  Sandiás  - Ourense

CORREO: ceip.sandias@edu.xunta.es

PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal/centros/ceipsandias/

ETAPAS EDUCATIVAS: Infantil e Primaria

NÚMERO DE ALUMNADO: Infantil: 15 -  Primaria: 19

PROFESORADO: 1 mestra Infantil, 1 mestra música, 1 mestra inglés, 1 mestre EF, 1 mestra PT- Primaria, 1 mestra itinerante relixión, 1 orientadora itinerante.

1.1.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:

O CEIP de Sandiás está situado no pobo de Sandiás e ten actualmente unha matrícula de 34 alumnos/as procedentes na súa maioría de familias da contorna.

Sandiás é un concello pertencente á comarca da Limia, dista 2 Km de Xinzo de Limia, cabeceira da comarca, que funciona como centro de comercio e servicios.

O concello ten un poboamento disperso, de tal xeito que hai núcleos de poboación nos que apenas quedan nenos e nenas en idade escolar. Polo tanto, o colexio é o lugar máis axeitado para que os nenos poidan convivir con outros da súa mesma idade e onde poidan e deban aprender e practicar as normas básicas de convivencia social e se lle poida iniciar na adquisición de valores coa axuda de todos os que formamos a comunidade educativa.

A oferta cultural é escasa; hai poucas actividades e en especial para a xente nova.

 

O Plan Dxital será incorporado no Proxecto Educativo e na Programación Xeral anual do curso 23/24.

 

1.2.  Breve xustificación do mesmo

O plan Dixital foi elaborado segundo a normativa vixente:

 

1-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

2- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

3-  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

4-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD , analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto ca reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, observanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO sinaladas a a maior parte delas cunha puntuación en base a cal,  de xeito cuantitativo, establácense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de  prioridades as que nos propoñemos aatender en difernentes temporalizacións. Aquelas que son de atención más urxente, serán as que  nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convertindo os items en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1 O alumnado non ten formación ou instruc-cións da tecnoloxía para a aprendizaxe 2.Non dispoñen de dispositivos dixitais para unha aprendizaxe mixta 3.Insuficente comportamento seguro e res-ponsable do alumnado 4.Non aprenden a comunicarse usando tecno-loxías dixitais 5.O alumnado non aprende a a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade 1.Non dispoñen de dispositivos dixitais así como redes ou mala conectividade 2.Falta de competencias dixitais sobre todo relacionadas coa escola 3.Disparidade entre o entorno sociocultural e económico das familias Familias Non
Debilidade 1.Non están actualizados e son insuficientes os equipamentos e as redes 2.Falta da infraestructura dixital para docentes e alumnado 3.Insuficiente política protección de datos baseada na lexislación 4.Insuficiente asistencia técnica e ás veces só por teléfono 5.Escasez de dispositivos para facilitarlles os alumn@s en caso de que o necesiten Infraestruturas Si
Debilidade 1.Excepticismo cara proxectos dixitais e ac-tividades didácticas ( Edixgal, Robótica¿) Oferta Non
Debilidade 1.Non existe unha estratexia dixital no cen-tro 2.Débese mellorar os canles de comunicación internas e organización entre as diferentes etapas do centro 3.Non existen estratexias de comunicación debido as características do centro ( horarios, grupos mixtos..) Organización de centro Si
Debilidade 1.Formación docente non axustada ás nece-sidades que xurdiron a raíz da pandemia 2.Reticencia do profesorado a explorar o en-sino dixital 3.Insuficiente debate sobre o uso da tecnoloxía xa que temos un alumnado de pouca idade 4.Falta de seguridade do profesorado para a creación de recursos dixitais 5.Non se utilizan as tecnoloxías dixitais par adaptar o método de ensinanza as necesida-des individuais do alumnado Persoal docente Non
Debilidade 1.Non existen canles de comunicación inter-nas corporativas entre o persoal docente e non docente Persoal non docente Non
Fortaleza 1.O alumnado está implicado nunha aprendi-zaxe mixta 2.Gustaríalle dispor e empregar mais dispositi-vos dixitais no centro 3.Alumnado interesado e motivado na aprendi-zaxe de competencias dixitais Alumnado Si
Fortaleza 1.Predisposición das familias para manter unha colaboración co centro en relación a formación e posta ó día nas tecnoloxías dixitais 2.Necesidade de afrontar e mellorar a calidade educativa 3.Uso xeralizado de Abalar Móbil como ferra-menta de comunicación entre o centro e as familias. Familias Non
Fortaleza 1. Dispomos de espazos para facilitar a en-sinanza - aprendizaxe con tecnologías dixitai Infraestruturas Non
Fortaleza 1.O centro participa na Rede DixitalGal pro-movida pola Administración Oferta Non
Fortaleza 1.Solicitar os diferentes plans de apoio edu-cativo( Arco e Proa) para atender as necesida-des individuais do alumnado no que se combi-ne unha aprendizaxe mixta 2.Implicación do profesorado por pertencer a rede DixitalGal Organización de centro Non
Fortaleza 1. Os docentes estamos motivados en for-marnos coa Administración educativa en com-petencias dixitais 2.O centro conta con persoal definitivo que pode involucrarse no desenvolvemento de competencias dixitais Persoal docente Si
Fortaleza 1.Persoal novo e estable para poder implicalo nas tecnoloxías dixitais 2.Coordinación entre o persoal docente e non docente para a difusión de información as familias Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Descoñecemento sobre que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases porque non son equipamentos corporativos Administración educativa Non
Ameaza 1.Falta de implicación das familias coa aso-ciación por causas diversas ANPA Non
Ameaza 1.Entorno socioeconómico que non está moi involucrado e motivado para levar a cabo unha formación e un cambio atendendo as necesi-dades dixitais que se nos presentan Contorna Si
Ameaza 1.Falta de continuidade nas leis educativas relacionadas no eido dixital Lexislación Non
Ameaza 1.Escasa difusión por parte do Concello das actividades relacionadas co centro educativo Outras Non
Oportunidade 1.A administración aposta e apoia a trans-formación educativa a través das tecnoloxías dixitais 2.Solicitar soportes informáticos a institucións locais ou empresas para que poidan colaborar 3.Uso dunha ferramenta corporativa (tipo Aba-lar¿) e inmediata como canle de comunicación interna entre o profesorado Administración educativa Si
Oportunidade 1.Facer partícipe a ANPA no desenrolo de es-tablecer canles de comunicación tanto no centro como coas familias utilizando as tecno-loxías dixitais 2.Promover e participar en cursos de formación atendendo as necesidades e posta o día nas novas tecnoloxías ANPA Non
Oportunidade 1.Poder participar con outras entidades lo-cais en diferentes proxectos ( biblioteca, mu-seos..) e complementando así a nosa labor educativa Contorna Non
Oportunidade 1.Ter en conta a lexislación para levar a cabo unha estratexia dixital axustada as característi-cas e necesidades do noso centro Lexislación Non
Oportunidade 1.Poder participar e estar dispostos a partici-par en proxectos externos no eido dixital 2.Implicar o Concello na formación e aportación tanto de equipamentos informáticos necesarios para atender as demandas das familias así como as necesidades individuais do alumnado Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Mellorar a formación do profesorado en Competencia Dixital
O2PD Inventariar, manter operativos e en bo estado os recursos materiais dixitais do centro.
O3PD Coñecer e respectar os Protocolos de Protección de datos

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.

A persoa mentora ADIX realizará, dúas visitas anuais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital , o desenvolvemento do mesmo.

A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

No primeiro trimestre levouse a cabo principalmente o seguinte obxectivo:

O3PD: Coñecer e respetar os Protocolos de Protección de datos.

Líñas de actuación:

  • Elabourese un protocolo de protección de datos de forma de decálogo visible para toda a comunidade educativa a través de Abalar e a páxina web do centro.

 

2º Trimestre

Os obxectivos pendentes non poden ser incluídos nun trimestre en concreto pois levaránse a cabo durante todo o curso escolar mantendo unha aprendizaxe activa e continua dos mesmos:

  • O1PD: Mellorar a formación do profesorado en Competencia Dixital.
  • O2PD: Inventariar e manter operativos en bo estado os recursos materiais dixitais do centro.

Plans e líñas de actuación:

  • Realizaronse sesións presencias do curso PFPP para formar ao profesorado en competencia dixital.
  • Actualización da páxina Web con pequenas modificacións.
3º Trimestre

Os obxectivos que plantexamos para este curso escolar teñen que estar acadados o finalizar pero iso non quita de que o profesorado se comprometa a introducir o aprendido na súa labor como docente e que se vexa reflexado.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o plan, farase un seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos por parte do/a coordinador/a e/ou do equipo directivo, da seguinte maneira:

- Unha avaliación procesual, cunha frecuencia dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Unha avaliación final, cunha frecuencia dunha vez ao ano (final do curso). Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A avaliación foi moi satisfactoria  na cal acadamos dous obxectivos que nos plantexamos no Plan Dixital e quédanos pendente a Elaboración de recursos dixitais para traballas co noso alumnado e con atención a diversidade.

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso propomos:

-Recibir formación nos paneis dixitais que chegaron o noso centro.

-Seguir coa elaboración de materiais e recursos dixitais para reforzar a nosa labor educativa.

- Utilizar as diferentes ferramentas dixitais que temos co noso alumnado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Dito plan será presentado o Claustro e aprobado no primeiro Consello Escolar deste curso con data 25 de setembro de 2023. Despois da súa aprobación estará a disposición de toda a comunidade educativa no centro e publicarase na páxina web do centro.