Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

•    A Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE) destaca, no seu preámbulo, a importancia da competencia dixital para reforzar a equidade e a capacidade inclusiva do sistema. En concreto a disposición adicional décima da LOMLOE establece que “conterá as medidas que garanticen a competencia dixital do alumnado e profesorado, reducindo no posible as brechas dixitais de acceso e uso, e as previsions para a revisión dos elementos do currículo e das programacions didácticas centradas nos aspectos máis competencias do currículo. 

•     Na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 recóllese que os centros elaborarán o seu plan dixital dacordo cas instruccións que se dicten.

•     Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 recolle En liña coas orientacions establecidas no Plan de Recuperacion e Resiliencia da Union Europea e no marco do Plan de Accion de Educacion Dixital (2021-2027), a Conselleria de Cultura, Educacion e Universidade (en diante, a conselleria) persegue a transformacion dixital dos centros educativos de Galicia como organizacions a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestion e de relacion o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se debera recoller nun Plan Dixital do Centro como organizacion.

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O plan dixital contribúe ao PE :

•  A atender ás necesidades de formación do profesorado e mellorar a súa competencia dixital a través da solicitude de PFPP.•  Mellorar o equipamento do centro e solicitar unha mellora nas infraestructuras na procura de ampliación de espazos.•  Mellorar a competencia dixital do alumnado e favorecer a creación de contido a través da participación en actividades innovadoras ( robótica, club de ciencias, digicraft impresión en 3D, biblioteca creativa…)•  En colaboración co Plan de Convivencia potenciar a ciberseguridade e protección de datos  nas redes a través do plan director, charlas...•  Participar en actividades dixitais en colobaración co programa de biblioteca creativa e club de ciencias..•  Dominar a  xestión e administración de biblioteca a través do KOHA.•  Potenciar a participación e implicación da maioría do profesorado  no programa de enriquecimiento curricular  a través da RADIO na escola.•  Favorecer a comunicación , información e colaboración mediante as tecnoloxías entre a comunidad educativa con outras institucións  e coa  administración.•  O plan dixital contribúe á mellora dos programas de innovación levados a cabo no centro : robótica educativa, digicraft , biblioteca creativa, club de ciencias, impresión en 3D, radio na escola.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual 

•  Contribúe a adaptar as programacións para introducir as tics no proceso de ensino aprendizaxe e avaliación.•  Contribue a introducir novas ferramentas de avaliación a través da aula virtual.•  Favorece unha comunicación maís rápida e eficaz coas familias a través da abalarMobil.•  Oferta actividades innovadoras a través das que se traballan as diferentes áreas ( matemáticas con impresora 3d, experimentos de ciencias con scratch, makey makey e robótica, línguas a través de programas de edición de texto e imaxe, kahhot, quiver, quizziz,•  Posibilita que os mestres coñezan, axuden e desenvolvan e avalíen a competencia dixital do alumnado.•  Axuda a mellorar a competencia dixital para usar recursos dixitais nas tarefas docentes.•  Influe para que se produzca un cambio metodolóxico no uso dos medios  e recursos.•  utilizar as tecnoloxías para facilitar o aprendizaxe colaborativo e inclusivo •  Potencia o uso de entornos virtuais para a continuidade da aprendizaxe fóra das aulas•  Axuda a coñecer e usar distintas ferramentas para a creación e diseño de contido dixital ( canva, genialy, pooowtoon, prezi, soundcloud, audicity, kahoot, socrative, exelearnig...)

Proceso de elaboración

 O equipo TIC é o encargado do proceso de elaboración e modificación do Plan Dixital.

Dende  principio de curso revisan o PD do ano anterior e , atendendo á valoración e as propostas de mellora do mesmo, redactaron o plan dixital actual para o curso 23-24. O coordinador do equipo que foi o guía do proceso segundo as instrucción recibidas nas  reunións establecidas  pola persoa mentora de ADIX 1 asignada ao noso centro. ( ver Anexos do PD).

Para un correcto  desenvolvemento dos programas do centro ,  debemos incluir en cada un deles aspectos salientables do plan dixital para acadar os seus obxectivos. Este curso o lema do Proxecto Documental Integrado , sobre o que xirarán todas as actividades do centro , será " A banda deseñada no Benchoshey".

 

.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Autoevaluación SELFIE

- Test CDD

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso da tecnoloxía como ocio non pedagóxicamente. Alumnado Si
Debilidade Creación de contidos dixitais. (H7) Alumnado Si
Debilidade Comportamentoseguro e responsable do alumnado coas tics (H1,H3) Alumnado Si
Debilidade Necesidade de mellorar a estratexia dixital. (A2) Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente tempo para a xestión de repositorios propios.(A4) Organización de centro Non
Debilidade Debate do uso das tecnoloxías B2 Persoal docente Non
Debilidade Adaptar o método de ensino as necesidades do alumno F1 Persoal docente Non
Debilidade Uso de entornos virtuales da aprndizaxe E3 Persoal docente Si
Debilidade Fomentar a colaboración, implicación e creatividade do alumno (F3,F4,F5,F6) Persoal docente Si
Debilidade Mellorar nas prácticas de avaliación incorporando as tecnoloxías (G1,G3,G5,G6) Persoal docente Si
Debilidade Competencia dixital e tempo do que dispón o mestre para novas modalidades do ensino. (A4OP) Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado está motivado por os recursos tics e aula virtual como complemento de aprendizaxe.(H10) Alumnado Si
Fortaleza Facilidade para o acceso a internet.(C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de dispositivos dixitais mercados por o centro para o ensino c2,c8 Infraestruturas Non
Fortaleza Robótica educativa. Oferta Non
Fortaleza Aula de educación especial.(A3) Oferta Non
Fortaleza Biblioteca creativa e radio escolar Oferta Si
Fortaleza Club de ciencias. Plurilingüismo e bilingüismo.Comedor e transporte escolar. A3 Oferta Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado(A2) Organización de centro Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensino coas tecnoloxías(A3) Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta cunha estratexia dixital(A1) Organización de centro Non
Fortaleza Uso das tecnoloxías para colaborar con outras organizacións B3 Persoal docente Non
Fortaleza Búsqueda e creación de recursos dixitais para o ensino (E1,E2) Persoal docente Non
Fortaleza Formación interna e implicación do profesorado na formación. Persoal docente Non
Fortaleza Diferentes canles de comunicación entre etapas.E4 Persoal docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Infraestructuras C1 Administración educativa Non
Ameaza Dotación de equipamento tecnolóxico por parte da administración para o ensino. C2 Administración educativa Non
Ameaza Falta de espazos físicos.( C14OP) Administración educativa Non
Ameaza Fondos económicos adicados as tics Administración educativa Non
Ameaza Demora no apoio técnico C5 Administración educativa Non
Ameaza Diversidade socioeconómica para o acceso a dispositivos dixitais. Contorna Non
Ameaza Conectividade intermitente debido á situación xeográfica (C10)(C15) Contorna Non
Oportunidade Asistencia técnica.(C5) Administración educativa Non
Oportunidade Ampliación e mellora de formación en rede(A2) Administración educativa Non
Oportunidade Implicación da ANPA nas actividades do centro (B3) ANPA Non
Oportunidade Participación das familias B3 Contorna Non
Oportunidade Existencia dun sistema de protección de datos C7. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con outras entidades, concello, cruz vermella, outros centros...(B3)(B4). Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O análise DAFO mostra cun plan dixital ten o potencial de mellorar a aprendizaxe dos estudantes e mellorar a imaxe do centro educativo. Tamén presenta desafíos que se deben considerar para maximizar o uso das ferramentas dixitais, a capacidade do profesorado e a seguridade dos datos. É importante avaliar a situación interna e externa e considerar tanto as fortalezas como as debilidades do plan para logra un impacto positivo na aprendizaxe dos estudantes.

 

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Usar as tecnoloxías pedagoxicamente e non como ocio
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado para o uso de entornos virtuais (E3) e das prácticas da avaliación ( G1,G3,G5,G6)
O03PD Apoiar ao alumnado na creación de contidos dixitais con seguridade .
O04PD Dinamizar actividades de innovación educativa en colaboración coa biblioteca ( robótica, Steam, impresora 3d, escornabot)
O05PD Fomentar a colaboración e o traballo en equipo entre o alumnado, a través de actividades e situacións de aprendizaxe entre iguais que empreguen as tecnoloxías dixitais de colaboración dispoñibles no centro, aplicando os protocolos de protección e seguridade do seu uso.

Seguimento

Procedemento

Para facer o seguimento anual dun PD levamos a cabo os seguintes procedementos:

- Realizar unha avaliación inicial para determinar que áreas precisan melloras.

- Establecer obxetivos claros e sinxelos e revisalos ao longo do curso.

- Revisar os indicadores de ditos obxetivos.

- Axustar o plan dixital  a realidade do centro.

- Mellorar a  competencia dixital do profesorado realizando cursos de formación.

 

 

1º Trimestre

- Informamos sobre a actualización do plan dixital ao claustro, ao consello e ás familias nas reunións de aula que se fixeron a  principio de curso. Tamén explicamos que está visible na aplicación educalidade aportando o enlace correspondente, do mesmo xeito hai un bloque específico do PD 23-24 na web do colexio. 

- Inscrición nun PFPP cunha liña específica en competencia dixital para traballar con aplicacións de edición , elaboración e avaliación  de contidos dixitais. Valoramos positivamente el gran número de profesorado apuntado ao PFPP, mostrando as súas inquedanzas en materia dixital.

- Este curso entramos no programa Polos Creativos. Estamos na etapa de formación , esperando que chegue o material para realizar actividades.

- Integración nas programacións de aula de  ferramentas dixitais para a elaboración de actividades, contidos, avaliación.

2º Trimestre

- Actualización da páxina web do colexio e da aula virtual.

- Segue a formación en Polos Creativos .

- Conferencias do Plan Director sobre cyberacoso e os perigos en internet.

- Activación do Punto laranxa na web do centro e creación da conta de correo para "convivencia".

-  Realización de actividades STEAM organizadas e coordinadas polo equipo de biblioteca levadas a cabo no tempo de lecer.

- Elaboración de podcast de radio para distintos concursos e celebracións.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxetivo proposto foi acadado e si é preciso realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

-    Levarase a cabo unha avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

-   Unha avaliación final ao rematar o curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado enviarase o Plan Dixital a través do correo coorporativo a todo o profesorado e publicarase na páxina web do centro . Así mesmo, haberá unha copia na aula virtual, no espazo creado para o plan dixital de centro, onde se recolle toda a información e documentación do Plan.

Para a súa difusión empregaremos o enlace para esta aplicación: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32016029