Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. INTRODUCIÓN

1.1. Datos básicos do centro O Centro de Educación Especial Miño (en adiante, CEE Miño) é un centro educativo sostido con fondos públicos, o cal oferta as etapas educativas de infantil, primaria e programa formativo básico, dirixidas a aquel alumnado no que concorran necesidades educativas especiais que non poden ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios. Así mesmo, ofrece servizo de internado para aqueles alumnos/as que o necesitan, segundo as súas circunstancias persoais.

No presente curso 2021/2022, o CEE Miño ten matriculados 35 alumnos/as, atendidos polos seguintes profesionais:  Persoal docente 21. Coidadores e auxiliares coidadores 17 Persoal de cociña e limpeza 3+5 Subalternos 2 Gobernante 1 Administrativo 1 Persoal sanitario (médico, enfermero/a, fisioterapeutas) 1+1+2 Adxunto de taller 1

Os datos identificadores e de contacto do centro son:  Nome: Centro de Educación Especial Miño . Dirección: Rúa Juan Fernández Gres 13, 32960, Santa Marta de Velle (Ourense) . Teléfono: 988 23 85 50 . Correo electrónico: cee.mino@edu.xunta.gal . Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceemino/.

1.3. Breve xustificación do mesmo.

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, constitúe o marco legal que ampara a introdución das Tecnoloxías da Información e Comunicación nos centros sostidos con fondos públicos, tales como os centros de educación especial, categoría na que se adscribe o CEE Miño. E, en concreto, o apartado 5 do citado artigo sinala que: “Las Administraciones educativas y los equipos directivos de los centros promoverán el uso de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en el aula como medio didáctico apropiado y valioso para llevar a cabo las tareas de enseñanza y aprendizaje.” Así mesmo, " o proxecto educativo do centro recollerá a estratexia dixital do centro , de acordo co establecido no artigo 121 da citada LO 2/2006, sendo unha das funcións da dirección exercer o liderado pedagóxico, impulsando plans para a consecución deste (artigo 132 da LO 2/2006).

No plano autonómico, a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (Xunta de Galicia), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2023-2024, cita, entre as liñas xerais a seguir, a mellora da competencia dixital do alumnado. Na Disposición adicional quinta desta resolución recóllese a obriga de que todos os centros elaboren o Plan Dixital durante o presente curso, segundo as instrucións que se diten.

As instrucións a seguir para a elaboración do Plan Dixital aparecen recollidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Seguindo as referencias deste documento, baixo a supervisión dos asesores asignados, elaborouse o presente Plan Dixital.

1.4. Proceso de elaboración.

En todo o proceso de elaboración de Plan Dixital participou o equipo TIC, composto por catro membros do claustro e unha coordinadora, e en permanente colaboración cos membros do equipo Directivo. Durante estes meses de elaboración, a asesora dixital asignada pola Consellería mantivo comunicación coa coordinadora TIC, quen, a súa vez, foi a encargada de informar ao claustro dos pasos que se ían dando. A intención foi que todos os mestres/as do centro participasen facendo as súas achegas ao proxecto. Este aspecto é de suma importancia, xa que as características especiais deste centro esixen un alto nivel de coordinación entre o profesorado, superando a organización por materias de xeito independente como noutros contextos educativos. É o caso, por exemplo, da comunicación no alumnado que non conta con linguaxe oral, un aspecto que atinxe a todos os profesionais e non só os de Audición e Linguaxe ou ao titor/a. Se o alumnado necesita recursos tecnolóxicos para mellorar a súa comunicación,  estamos ante unha ferramenta que se empregará en todas as áreas e tamén nos tempos de recreo, comedor ou internado.

PARTICIPANTES:

Coordinadora TIC: Coordinación, comunicación ca asesora dixital.

 Equipo TIC: Discución e elaboración.

Equipo Directivo: Supervisión.

Claustro: Achegas funcionais.

Asesora Dixital: Asesoramento a través da coordinadora TIC.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1.1.  Fontes empregadas para a análise DAFO

Partindo da autoavaliación a través da ferramenta SELFIE (Comisión Europea), podemos extraer información relativa a diferentes áreas, a cal ofrece unha visión global da situación dixital do centro. Os resultados fíltranse igualmente por grupos, diferenciándose a avaliación dos membros do equipo directivo, do profesorado e do alumnado. Cómpre sinalar que o alumnado no noso centro non realizou a enquisa, tendo en conta as súas características e o seu grado de discapacidade.

 

 

 

 

Ensinanzas

Areas

Grupos

Educación

Especial

A -Liderado

Equipo

3.3

Profesorado

3.9

Alumnado

 

B- Colaboración e redes

Equipo

3.3

Profesorado

3.3

Alumnado

 

C- Infraestruturas e

Equipos

Equipo

3.7

Profesorado

4.2

Alumnado

 

D- Desenvolvemento

profesional continuo

Equipo

3.7

Profesorado

3.7

Alumnado

 

E- Pedagoxía:

Equipo

4.3

 

 

Apoio e Recursos

Profesorado

4.1

Alumnado

 

F- Pedagoxía:

Implementación na aula

Equipo

3.4

Profesorado

3.4

Alumnado

 

G- Prácticas de avaliación

Equipo

2.3

Profesorado

2.6

Alumnado

 

H- Competencias dixitais

do alumnado

Equipo

4

Profesorado

2.7

Alumnado

 

 

Tamén resulta de utilidade recoller neste documento a información extraída do TEST CDD, sobre formación do profesorado. Segundo as porcentaxes obtidas nesta avaliación, cada docente obtén un nivel de competencia (de A1, o máis inicial, ata o máis avanzado, o C2). Os resultados obtidos no curso 2021/2022 arroxan a seguinte realidade no CEE Miño:

1.3. Participación segundo perfil do profesorado:

DEFINITIVO 10/13 76,9%,PROVISIONAL 3/ 4 75%,NTERINO 3/ 4 75%,SUBSTITUTO 1/ 3 33,3%.

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro:

75,5% Integrador (B1) 76,4% Integrador (B1).

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas:

PRIMARIA: 76,8% Integrador (B1,) 77% Integrador (B1).

F.P: 90,2% Integrador (B1) 77,4% Integrador (B1).

2.3. Distribución do profesorado por niveis:

A2: 6. 35,3%.

B1:6. 35,3%.

B2: 5. 29,4%.

TOTAL: 17. 100%

 

 

 

 

 

 

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O centro dispón de asistencia técnica limitada Infraestruturas Si
Debilidade 1. O centro non conta cunha estratexia dixital 2. A estratexia dixital non se realiza implicando a todo o profesorado Organización de centro Non
Debilidade 1. O profesorado non coñece as posibilidades de DPC no ámbito dixital 2. O profesorado non emprega contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza 1. O alumnado aprende a comunicarse utilizando recursos dixitais Alumnado Non
Fortaleza 1. O centro conta con infraestrutura dixital suficiente 2. O centro conta con dispositivos dixitais para o seu uso no proceso de ensino-aprendizaxe. 3. No centro facilítase acceso a Internet Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Reflexiónase sobre as necesidades de un DPC no ámbito dixital 2. Prodúcese intercambio de experiencias dentro da comunidade educativa 3. Búscanse recursos educativos en liña e créanse recursos educativos dixitais 5. Empréganse tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro 6. Utilízanse as tecnoloxías para adaptar o ensino ao alumnado, favorecendo a motivación e a inclusión do mesmo Persoal docente Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. O profesorado percibe falta de tempo para formación e accións de DPC 2. As visitas e programas acreditados para mellorar a competencia dixital da comunidade educativa non están suficientemente desenvolvidos Administración educativa Non
Ameaza 1. A competencia dixital das familias é moi baixa 2. O profesorado percibe dificultades para implicar ao alumnado en actividades para desenvolver a competencia dixital Contorna Non
Oportunidade 1. O profesorado colabora con outras organizacións especializadas Outras Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise DAFO Tomando como punto de partida a información extraída do informe SELFIE, e tendo en conta tamén os resultados do test CDD, deseñouse un cadro DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) para reflectir a realidade do centro no eixo dixital. O criterio para determinar que áreas debían ser consideradas debilidades e amezas, e cales debían clasificarse como fortalezas e oportunidades, foi de tipo cuantitativo; é dicir, valorouse a puntuación numérica da autoavaliación. Tendo en conta que a práctica totalidade dos apartados superaban o 2,5 (a barreira do 50% para considerar aprobado o suspenso dito ítem) tivemos que aplicar a maiores un criterio cualitativo. Aqueles apartados nos que a puntuación superaba o 3,5 valoráronse como positivos, mentres que os que non superaban esta cifra, clasificáronse negativamente; aínda que este criterio numérico, nalgúns casos, tendo en conta as características do noso centro, non se aplicou estritamente.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a infraestrutura e asistencia dixital do centro
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado que non pertence ao equipo TIC
O03PD Empregar a páxina web do centro como canle de comunicación e recursos

Seguimento

Procedemento

Durante o curso 2023/2024 están programadas reunións mensuais co equipo TIC, unha reunión trimestral co equipo directivo e dúas reunións ao trimestre ca asesora ADIX.

 

1º Trimestre
  • No mes de setembro o centro anotouse no proxecto "Escuelas Visuales" da Fundación Orange, como parte da acción A.02.1 Localizar aqueles centros de educación educativos e entidades con prácticas educativas trasladables ao noso alumnado. O día 26/09/2023 foi o peche das candidaturas e o 27 houbo un encontro on-line dos centros candidatos ao que asistiu a Dirección do noso centro. Desafortunadamente non fomos seleccionados para este curso. https://www.escuelasvisuales.com/ 
  • Con data  18/10/2023  reuniuse o equipo directivo e a coordinadora do PD para informar:

-Das novas accións para este curso

-De información relevante da aprobación do novo PD. 

   Nunha carpeta compartida para todo o claustro recollemos a acta de dita xuntanza celebrada o día 18/10/2023.

  • O día 24/10!2023 celebrouse a 1ª reunión da coordinadora do PD ca asesora ADIX. Informouse dos cambios nos obxectivos do novo PD,asi como das accións programadas para este curso. A asesora resolveu as dúbidas xurdidas neste novo PD, recordatorio da aprobación do PD no claustro e CE, as formacións que levaremos a cabo no centro, quedando pendente as datas de celebracións das mesmas. A acta de dita reunión queda arquivada na carpeta compartida do centro.
  • O día 27 de outubro dase a coñecer  o novo PD enlazado na web do centro,nunha reuníón xeral de todo o equipo docente e o día 3 de Novembro se aproba no CE. 
  • O día 14/11/23 tivemos unha reunión informativa ca asesora ADIX sobre cambios nos indicadores dos obxectivos e aspectos a modificar no PD actual.
  • Neste primeiro trimestre se pecharon as datas da formación " Protección de datos" cun total de 9 h e con datas: 15,22 e 29 de xaneiro.

 

2º Trimestre

No segundo trimestre o equipo docente recibiu:

- Formación presencial en PROTECCIÓN DE DATOS. os días 15, 22 e 29 de xaneiro en horario 17:00 a 20:00. Desta formación a coordinadora do PD elaborará un documento resumo para compartir co equipo docente e cas familias. como parte dunha das accións do PD (A.03.3).

-Formación presencial en REALIDADE VIRTUAL, os días 8 e 22 de febreiro en horario 17:00 a 20:00.Desta formación o equipo TIC ca colaboración do equipo docente elaborarán un percorrido virtual polos espazos do centro como parte da acción do PD (A.03.5)

Pecháronse as datas da formación online de SAAC( linguaxe natural asistido) para o mes de abril ( 9,16,23)

 

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para que o presente Plan Dixital acade un grado óptimo de efectividade, cómpre deseñar unha folla de ruta para avalialo. Neste punto podemos diferenciar dous niveis de avaliación:

·       A avaliación procesual.

·       A avaliación anual

Unha vez ao trimestre, o coordinador TIC deberá revisar as liñas do Plan de Acción e reunirse co equipo directivo para valorar de xeito individual cada acción concretada no plan, de cara a introducir durante dito curso académico medidas de axuste ou organizativas. Así, por exemplo, se non se realizaron as revisións dos equipos máis antigos do centro (A01.1) por falta de dispoñibilidade horaria, deben introducirse axustes temporais para cumprir coa planificación ao final do curso.

Anualmente, todos os membros do equipo TIC reuniranse nunha sesión específica para valorar o logro de todos os obxectivos e facer achegas de mellora, que deberán ser redactadas por escrito, de cara a seren introducidas no seguinte curso.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Do presente Plan Dixital, de acordo coa lexislación vixente, darase conta ao claustro e a consello escolar do CEE Miño. Na páxina web do centro publicarase unha nota informativa dirixida á comunidade educativa, recollendo a aprobación deste novo documento de centro. Toda acción proxectada no mesmo, de utilidade para as familias, será exposta nas titorías e demais reunións informativas.

Enlace ao aplicativo EduCalidade : https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015463

 

Enlace ao PD:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceemino/system/files/PLAN%20DIXITAL_1.pdf