Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.    Datos básicos do centro
CEIP O Castiñeiro
Rúa Castiñeiro Nº 1, Laza – 32620 – Ourense 988 42 20 14
ceip.castinheiro@edu.xunta.gal www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastinheiro
Oferta Educativa:Eucación Infantil e Educación Primaria Número de alumnado: 27
Número de profesorado: 4 mestres/as, 1 mestra PROA+, 1 mestra especialista AL (itinerante), 1 orientadora (itinerante) e 1 mestra de relixión (itinerante)

1.2.    Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
- Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

No marco socioeconómico atopámonos en Laza, un concello de carácter rural, no que as actividades tradicionalmente incluídas nos sectores secundario e terciario teñen escasa importancia, limitándose a algunhas industrias artesanais de explotación familiar.

No eido cultural, cabe reseñar as carencias: non hai biblioteca pública, non hai ximnasio nin clubs federados, non existen centros para continuar estudos...

Cabe destacar o fondo arraigo de tradicións ancestrais como o Entroido ou festas coma as do Santo Cristo .

-  Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa.


No noso centro existe dende hai bastantes anos un consenso de toda a comunidade escolar, impulsada dende a dirección, de introdución das TIC na práctica educativa cotiá do centro. Este consenso levounos a levar adiante accións en tres frontes para acadar un uso normalizado das mesmas. Nun primeiro lugar para ter unha dotación de equipamentos suficiente, tanto a nivel de adquisicións propias (PDI, ordenadores e proxectores en cada aula, dotación dunha sala de recursos para profesorado...) como participando en diversos programas de innovación educativa como Abalar dende a súa creación. Dende a Biblioteca Escolar se realizouse unha importante achega de recursos, aínda que se deu de baixa o PLAMBE que imos solicitar para o vindeiro curso (tablets, ordenadores de sobremesa...) e se acadaron doazóns de institucións (ANPA) que nos permitían, agora xa non, contar cunha dotación suficiente na aula de informática. Nun segundo plano fomentouse a formación do profesorado no emprego das novas tecnoloxías. Neste eido subliñar os traballos realizados dende hai máis de 20 anos, con Clic 2.0, Jclic, EdiLIM, Ardora, HotPotatoes, eXelearning, Moodle, etc. A participación na formación do profesorado sempre foi maioritaria e permitiu ir avanzando aos poucos na elaboración de produtos educativos propios e na incorporación destes na práctica educativa cotiá. A pandemia incrementou o compromiso coa formación do profesorado e o uso que se fai no centro da aula virtual. Tamén nestes últimos anos e á calor das necesidades de comunicación xeradas polo confinamento, fíxose evidente a necesidade do uso das canles corporativas para evitar o emprego de mensaxerías comerciais, feito que se viu reflectido na elaboración e aprobación dun plan de comunicación no curso 20-21. O terceiro eudo no que se ten traballado é na creación dun espazo web e un perfil en redes sociais (Facebook, Instagram) que achegue unha imaxe dinámica do centro, amose as súas actividades dun xeito aberto e democrático, permitindo a todos os usuarios coñecer os nosos documentos, programacións e actividades. Os programas relacionados coas novas tecnoloxías nos que particia o noso centro son Abalar e distintas actuacións relacionadas coa biblioteca escolar, como son os programas de Radio Escolar, a robótica, programación.

Programas de innovación nos que participa:
- Proxecta+: Aliméntate ben (modalidades: Xermoliño-Xermolón, Froita na escola) e Proxectos de vida activa e deportiva – PVAD (Milla diaria).

- Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.
O Plan Dixital de Centro, sen dúbida, vai influír en diferentes aspectos na Programación Xeral do vindeiro curso, xa que nel van reflectidos distintos compromisos de formación e de actuacións que terán que ter a súa cabida na PXA, en tanto serán eidos primordiais das actividades de formación do vindeiro curso académico. Por outra banda, cada ciclo terá que determinar, tal e como se verá nos obxectivos deste plan dixital, os contidos a traballar co alumnado para a realización do itinerario de formación básica en contornos dixitais. Estes contidos serán integrados nas Programacións de Aula e farase referencia a eles na propia PXA coma obxectivos de ciclo.
 
1.3.   Contextualización normativa o Plan Dixital do noso centro:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro,polo que se establece a ordenación e o currículo da  educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade  Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4.    Proceso de elaboración
Esta revisión do Plan Dixital foi elaborado pola Coordinadora e membros do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1.- Informe SELFIE

2.- TestCDD de centro

3.- Outras fontes empregadas:

      a) Análise cuantitativa

      b) Análise cualitativa

      c) Análise dos "3 porqués"

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade DISPOSITIVOS PARA O ALUMNADO Alumnado Si
Debilidade RESOLVER PROBLEMAS TÉCNICOS Alumnado Si
Debilidade COMPORTAMENTO RESPONSABLE Alumnado Si
Debilidade APRENDER A CODIFICAR OU PROGRAMAR Alumnado Non
Debilidade DISPOSITIVOS PARA O ALUMNADO Infraestruturas Si
Debilidade PROTECCIÓN DE DATOS Infraestruturas Si
Debilidade BRECHA DIXITAL (APOIO PARA ABORDAR RETOS) Infraestruturas Si
Debilidade ASISTENCIA TÉCNICA Infraestruturas Si
Debilidade EXPERIENCIA DIXITAL Organización de centro Si
Debilidade BRECHA DIXITAL (APOIO PARA ABORDAR RETOS) Organización de centro Si
Debilidade TEMPO PARA EXPLORAR O ENSINO DIXITAL Persoal docente Si
Fortaleza HABILIDADES DIXITAIS PARA DIFERENTES MARERIAS Alumnado Non
Fortaleza ACCESO A INTERNET Infraestruturas Si
Fortaleza NOVAS MODALIDADES DE ENSINO Oferta Non
Fortaleza NOVAS MODALIDADES DE ENSINO Organización de centro Non
Fortaleza DOCUMENTACIÓN DA APRENDIZAXE Organización de centro Si
Fortaleza NOVAS MODALIDADES DE ENSINO Persoal docente Si
Fortaleza INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS Persoal docente Si
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ASISTENCIA TÉCNICA Administración educativa Si
Ameaza BRECHA DIXITAL (APOIO PARA ABORDAR RETOS) ANPA Non
Ameaza APRENDER A CODIFICAR E PROGRAMAR Contorna Non
Ameaza PROTECCIÓN DE DATO Lexislación Si
Ameaza BRECHA DIXITAL (APOIO PARA ABORDAR RETOS) Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A   partir   do   Informe   SELFIE   e   TCDD,   o   centro   xenerou   unha   análise   DAFO   que permite   o   coñecemento   da   realidade   do   centro   no   eido   dixital   e   facilita   a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Adoptar metodoloxías activas facilitadas polo uso das TIC (Aprendizaxe baseado en proxectos, aprendizaxe cooperativa, traballo colaborativo)
O02PD Aumentar dispositivos que poidan ser usados en cualquera espazo do centro
O03PD Promover a formación para evitar incumprimentos en la Lei Orgánica de Protección de Datos de carácter persoal
O04PD Realizar un inventario do equipamento tecnolóxico o máis actualizado posible.

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, aplicarase:
- Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre. Valorarase o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

 

 

2º Trimestre

 

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- Unha avaliación a final de curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación e difusión do Plan Dixital será a través do seguinte enderezo web https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015165 que estará colgado na web do centro https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastinheiro/