Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome do centro: IES Cidade de Antioquía

Enderezo: Avenida de Ourense 186 Xinzo de Limia CP32630

Correo electrónico: ies.cidade.antioquia@edu.xunta.gal

Enderezo web: www.edu.xunta.gal/centros/iescidadeantioquia

Ensinanzas que imparte: ESO, Bacharelato, FP Básica de electrónica, FP de grao medio e superior da familia agraria en réxime ordinario e dual, e educación secundaria para adultos ESA.

Alumnado por etapas:

·         ESO: 188 alumnos/as.

·         Bacharelato: 66 alumnos/as.

·         FP Básica: 8 alumnos.

·         FP Grao medio: 33 alumnos/as.

·         FP Grao superior: 51 alumnos/as.

·         ESA: 0 alumnos/as.

Profesorado:

·         PES: 55 profesores/as.

·         Mestres: 5 mestras.

Breve xustificación do mesmo

A lei orgánica 2/2006 de educación do 3 de maio, establece:

No artigo 111 bis. Tecnoloxías da información e a comunicación:

• As administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na aula como medio didáctico axeitado e valioso para a realización das tarefas de ensino e aprendizaxe.

• O Ministerio de Educación e Formación Profesional elaborará e revisará, previa consulta ás comunidades autónomas, os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nas escolas e nas aulas.

• As Administracións Públicas velarán polo acceso de todo o alumnado aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos os nenos e nenas en igualdade de condicións.

No artigo 121 . Proxecto educativo:

• O proxecto educativo do centro incluirá [...] a estratexia dixital do centro.

No artigo 132. Competencias do director ou directora:

• Exercer a xestión pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para acadar os fins do proxecto educativo do centro.

• Promover a experimentación, as innovacións pedagóxicas, os programas educativos, os plans de traballo, as formas de organización, etc.

A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, dita as instrucións a seguir para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, contempla:

No seu primeiro artigo “Obxecto e ámbito de aplicación” :

• Débense “Establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos”

OS DECRETOS 156/2022 e 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen respectivamente a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria e o bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, nos seus artigos 37 e 35 , aliña 1 din:

• Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións.

 

A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolven os Decretos 156/2022 e 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e os currículos da educación secundaria obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa, di nos seus artigos 18 e 21 respectivamente:

O plan dixital concíbese como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e incluirá, como mínimo, os seguintes elementos:

a) Introdución, cunha breve contextualización do plan no centro e unha xustificación del.

b) Análise do contexto, recollerá, como mínimo, a situación de partida no centro respecto do uso das tecnoloxías dixitais.

c) Obxectivos, dos cales se especificarán indicadores.

d) Procedemento de seguimento, avaliación e modificación do plan e, de ser o caso, de

difusión.

 

As Resolucións do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 e do 18 de xuño de 2021, para as ensinanzas de FP, establecen nas súas disposicións adicionais quinta e terceira, respectivamente:

Plan dixital de centro:

    • Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

 

Proceso de elaboración

Para a elaboración deste plan definíronse os seguintes obxectivos:

    • Avaliar a competencia dixital do centro atendendo ás dimensións pedagóxica, tecnolóxica e organizativa para poder emprender un proceso de transformación, facendo uso das ferramentas de avaliación e diagnose: enquisa de autoavaliación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

    • Realizar a diagnose de situación do centro, que foi concretada na análise DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades).

    • Deseñar accións específicas encamiñadas á mellora da competencia dixital do centro e da comunidade.

    • Establecer un procedemento de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado, no que se recollen obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión dos mesmos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregáronse diferentes instrumentos para a recollida de información: as enquisas SELFIE e os Tests CDD cos que se realizou unha análise DAFO.

Interno
61 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non existe unha base de datos de empresas que ofrecen prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación. Alumnado Non
Debilidade Non hai dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio etc). Alumnado Si
Debilidade O alumnado non conta con dispositivos dixitais que son propiedade do centro (ou están xestionado por el) para a súa aprendizaxe no centro. Alumnado Non
Debilidade Insuficientes dispositivos para o alumnado que poida levar á casa en caso de que sexa necesario. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non trae o seus propios dispositivos portátiles para utilizalos durante as clases. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non aprende suficientemente a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxía. Alumnado Si
Debilidade Insuficiente participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non adquire suficientes habilidades dixitais nas diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Hai pouca participación das familias en aspectos xerais de actividades do centro. Familias Non
Debilidade Escasa participación das familias nos órganos de goberno do centro educativo. Familias Non
Debilidade Non hai ANPA constituida. Familias Non
Debilidade Non hai un acceso xeneralizado do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Familias Non
Debilidade Insuficiente infraestrutura dixital para apoiar o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Insuficientes dispositivos dixitais que son propiedade do centro (ou xestiona o centro) e que o alumando pode utilizar para a súa aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes dispositivos portátiles que o alumnado pode levar á casa en caso de que sexa necesario. Infraestruturas Non
Debilidade Insufientes espazos físicos que facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais no noso centro. Infraestruturas Non
Debilidade Os espazos dixitais proporcionados pola administración educativa son pouco intuitivos. Infraestruturas Non
Debilidade Insuficientes características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Insuficientes características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Non
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non hai asistencia técnica no centro cando xorden problemas coa tecnoloxía. Organización de centro Non
Debilidade Insufientes espazos físicos que facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais no noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Non hai participación das empresas no desenvolvemento da estratexia dixital do noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Non hai un plan para axudar ao profesorado a abordar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Si
Debilidade Non hai medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Si
Debilidade O alumnado non trae o seu propio dispositivo portátil por medo a perdelo. Organización de centro Non
Debilidade Non hai repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Organización de centro Si
Debilidade Insuficiente colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non fomenta suficientemente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non debate sobre o uso da tecnoloxía dixital Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Non hai unha avaliación das habilidades dixitais desenvolvidas fóra do centro polo alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Insuficiente tempo do profesorado para explorar a ensinanza dixital e mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non avalía o progreso do proceso ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade Non hai dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio, etc). Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse. Alumnado Si
Fortaleza Existen dispositivos dixitais que os docentes poden utilizar na súa labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Si se resolven as incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Suficiente política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen espazos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Si hai novas modalidades de ensino con tecnoloxías dixitais no noso centro. Oferta Si
Fortaleza Si hai novas modalidades de ensino con tecnoloxías dixitais no noso centro. Organización de centro Si
Fortaleza Si se facilita ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Si
Fortaleza Existen colaboracións con outras entidades. Persoal docente Non
Fortaleza Si se utilizan recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza Existen novas modalidades de ensino con tecnoloxías dixitais que son apoiadas polo equipo directivo. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente participación no DPC. Persoal docente Non
Fortaleza Existen oportunidades de DPC. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes buscan recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Os docentes crean de recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente comunicación coa comunidade educativa utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai inclusión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Si se utilizan tecnoloxías dixitais para a avaliación das habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Si se utilizan plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai un uso activo e creativo de aulas virtuais. Persoal docente Si
Fortaleza Si hai unha inclusión do alumnado polo personal non docente. Persoal non docente Non
61 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non hai repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino e aprendizaxe. Administración educativa Si
Ameaza A infraestrutura dixital que apoia o ensino e a aprendizaxe no noso centro é insuficiente. Administración educativa Non
Ameaza Non hai asistencia técnica cando xorden problemas coa tecnoloxía. Administración educativa Non
Ameaza Os espacios físicos onde se desenvolve o ensino e a aprendizaxe son insuficientes para o alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Escasa dotación de equipamento tecnolóxico para o centro ou o alumnado, ou está suxeito a determinadas condicións. Administración educativa Non
Ameaza Non hai ANPA constituida. ANPA Non
Ameaza Escasa participación das familias nos órganos de goberno do centro educativo. Contorna Non
Ameaza Existencia de fenda dixital. Contorna Non
Ameaza Pouca participación das familias en aspectos xerais de actividades do centro. Contorna Non
Ameaza Pouco acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Ameaza Falta de formación sobre lexislación educativa e non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Si
Ameaza As empresas non participan na estratexia dixital do noso centro. Outras Non
Ameaza Non hai medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Outras Si
Ameaza Non hai un plan para axudar ao profesorado a abordar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. Outras Non
Ameaza Non existe unha base de datos de empresas que ofrecen prácticas remuneradas ou non e outras posibilidades de formación. Outras Non
Oportunidade O centro percibe achegas económicas por parte da administración. Administración educativa Non
Oportunidade Hai oferta de actividades formativas para o profesorado e as condicións facilitan a participación. Administración educativa Si
Oportunidade Existe diferente oferta educativa do centro para FP. Administración educativa Non
Oportunidade Existe colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Existe lexislación educativa que regula o seu funcionamento. Lexislación Non
Oportunidade Existe lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Oportunidade Existen normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade Faise un adecuado tratamento das licenzas e dos dereitos de autoría. Lexislación Non
Oportunidade Hai colaboracións con outras organizacións. Outras Non
Oportunidade Hai estabilidade laboral do persoal non docente. Outras Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Coñecer a situación dixital do centro e da súa comunidade
O02PD H.10 Mellorar as competencias dixitais do alumnado
O03PD H.10 Mellorar as habilidades dixitais para diferentes materias
O04PD Actualizar os equipos informáticos do centro
O05PD C.12 Deseñar procesos de ensino-aprendizaxe mixto
O06PD Utilizar plataformas dixitais de lectura
O07PD Mellorar o espírito crítico da información que o alumnado recibe a través de Internet

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións das accións deste plan (avaliación procesual). Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A persoa mentora ADIX realizará visitas ao centro para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

 

1º Trimestre

Relación de accións realizadas no 1º trimestre:

OBX1: Insuficiente información sobre a situación dixital do alumnado e do profesorado.

  • AO1.1: Definir e realizar unha enquisa para conñecer a situación dixital do profesorado.
  • AO1.2: Definir e realizar unha enquisa para coñecer a situación dixital do alumnado. → feito para o alumnado da ESO e dos ciclos de FP.

OBX2: O alumnado de 1ºESO ten coñecementos ofimáticos básicos.

  • AO2.1: Formación ofimática básica.
  • AO2.2: Creación dun documento de texto.
  • AO2.3: Creación dunha folla de cálculo.
  • AO2.4: Exportación de diferentes documentos a formato PDF.

OBX3: O alumnado de 1º ESO usa as ferramentas da Aula Virtual.

  • AO3.1: Programación de formación en Aula Virtual.
  • AO3.2: Automatrícula no curso correspondente.
  • AO3.3: Utilización dun foro na Aula Virtual.
  • AO3.4: Entrega dunha tarefa.

OBX4: Os 30 ordenadores do centro están actualizados ou son cambiados.

  • AO4.1: Comprobación do estado dos ordenadores das aulas.
  • AO4.2: Actualización de equipos.

OBX5: O profesorado emprega a aula virtual do centro.

  • AO5.1: Solicitar formación específica de funcionamento da Aula Virtual.

OBX6: O alumnado do club de lectura emprega a plataforma E-LBE2.

  • AO6.1: Achegamento da nova ferramenta (E-LBE2).

OBX7: O alumnado de 2º ESO recibe formación sobre AMI (Alfabetización Mediática Informacional).

  • AO7.1: Análise de destrezas AMI previas.
2º Trimestre

Relación de accións realizadas no 2º trimestre:

OBX1: Insuficiente información sobre a situación dixital do alumnado e do profesorado.

  • AO1.3: Definir mecanismo de comunicación para o profesorado ou alumnado que precise resolver dúbidas sobre o emprego de ferramentas dixitais.

OBX6: O alumnado do club de lectura emprega a plataforma E-LBE2.

  • AO6.2: Ler un libro en formato dixital na plataforma E-LBE2. --> adiado para o 3º trimestre.

OBX7: O alumnado de 2º ESO recibe formación sobre AMI (Alfabetización Mediática Informacional).

  • AO7.2: Formación básica AMI nas titorías.

  • AO7.3: Achegas de especialistas sobre AMI (búsqueda de obradorio) --> posible formación adiada para o curso que vén por non atopar un relator/a.

3º Trimestre

Relación de accións realizadas no 3º trimestre:

OBX5: O profesorado emprega a aula virtual do centro.

  • AO5.2: Dar a coñecer os recursos dispoñibles na Aula Virtual.
  • AO5.3: Empregar o foro ou outras ferramentas da aula virtual como retroalimentación e/ou comunicación co alumnado.

OBX6: Utilizar plataformas dixitais de lectura.

  • AO6.2: Ler un libro en formato dixital na plataforma E-LBE2.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

NOTA: como o Plan Dixital está pechado para seguemento, non se pode actualizar o apartado de "Procedemento para a avaliación", por eso vai ser engadido aquí.

PROCEDEMENTO PARA A AVALIACIÓN

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións das accións deste plan (avaliación procesual). Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A persoa mentora ADIX realizará visitas ao centro para analizar, xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

VALORACIÓN XERAL

En xeral podemos falar dunha valoración positiva na realización e consecucións das accións previstas dentro do Plan Dixital para este curso, acadando os obxectivos previos plantexados.

Proposta de mellora

Propostas para a realización do Plan de Acción para o curso 2024/2025.

Incluirase un obxectivo para coñecer a situación dixital do centro e da súa comunidade, esto parece importante para situarnos nas necesidades reais do centro.

Seguiremos ca formación do alumnado de 1º ESO en destrezas ofimáticas básicas e funcionamento de aula virtual (Moodle).

Seguiremos co obxectivo de manter os equipos informáticos actualizados.

Seguiremos cun obxectivo referido á formación en funcionamento de aula virtual para o profesorado xa que vimos que é unha formación demandada por este.

Seguiremos tamén cos obxectivos referidos á Alfabetización Mediática Informacional (AMI), xa que é algo moi importante na actualidade para poder ser críticos/as ca información que atopamos en Internet.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa publicarase na páxina web do centro e estará a disposición de todos/as os/as traballadores/as do mesmo en formato dixital ou mesmo en papel, se fose necesario.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iescidadeantioquia/system/files/32014801_IESCidadeAntioqu%C3%ADa_PlanDixital_V1.0_10062022.pdf

Ligazón ao portal EduCalidade:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32014801