Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para realizar un correcto seguimento de como evoluciona a implementación do Plan Dixital, o Equipo de Dinaminación do PDC xuntarase unha vez ao mes para ir vendo a evolución na aplicación dos plantexamentes reflectidos e, deste xeito, ter a ocasión de ver a maneira de ir solventando os atrancos que se vaian presentando.
O mentor Adix reunirase, cando menos, unha vez por trimestre coa persoa coordinadora de forma presencial para ir comentando os avances e consultar as dúbidas que poidan ir xurdindo para, así, avanzar nos chanzos para que a avaliación das accións resultantes se vaian axustando o máis posible aos plantexamentos do PDC.
Baixo a supervisión da dirección do centro, a persoa coordinadora vai ter acceso á ferramenta EduCalidade para ir reflectindo o proceso evolutivo da implementación do PDC ao longo da temporalización pevista no mesmo, contando con permiso de Edición, outorgando permiso de Consulta ao resto dos integrantes do equipo.
Avaliación
Realizarase ao finalizar do proceso, ao tentar interpretar, valorar e xulgar os resultados alcanzados en función dos obxectivos marcados na planificación xeral do Plan de Acción. Permitiranos razoar sobre os obxectivos levados a término, o grao de satisfacción das necesidades establecidas, ver os puntos positivos e negativos para tentar darlles solución. Permitirá determinar os obxectivos culminados ou en proceso de desenvolvemento nun momento determinado.
Non vai constituír un acto illado, independente ou último do proceso, senón que vai forma parte dunha actuación continua en conexión coa avaliación procesual. Establecerase unha investigación preto da práctica, unha cuantificación e cualificación que se reflectirá no período posterior.
Comunicación e difusión
A primeira comunicación da existencia do PDC será, como se di na norma, o coñecemento por parte do Claustro, dado que hai que informalo e darán a súa opinión sobre a idoneidade do mesmo. A continuación, pasará ao Consello Escolar, a quen se lle fará un achegamento do mesmo, presentándolle o produto final xurdido de todo o proceso e que terán que emitir a súa opinión e voto que, de ser favorable, resultará aprobado para o seu desenvolvemento e aplicación.
Superados os trámites anteriores, a difusión do plan levarase a cabo a través da páxina web do cole, cando se informe ao claustro de mestres e sexa aprobado polo consello escolar, así como nas reunións de principio de curso coas familias e aos novos membros do claustro.
O enlace para o acceso ao PDC en EduCalidade é o seguinte:
Ao longo do curso tamén se difundirá a través doutros medios como dípticos, carteis e outras actuacións a través da rede que irán dando a coñecer as partes máis importantes do PDC para que todos os membro da comunidade educativa o sintan como propio.